lunes, mayo 24, 2010

COPA DA COSTA: S.D. SOFAN 2 - DUMBRIA C.F. 3

A SD está eliminada da Copa da Costa. É un feito despois dunha intensa eliminatoria culminada na tarde de onte nun gran encontro. Baixo un sol abrasador, uns 250 espectadores viron a dous equipos que ofreceron o mellor de si mesmos. Bo fútbol, goles, polémica e un xusto vencedor, o Dumbria, que hoxe por hoxe é un dos mellores conxuntos dos ultimos anos na liga da Costa. Ambas afeccions despediron con unha cerrada ovacións os dous conxuntos. XA SE PODE VER UN RESUMO DO ENCONTRO EN http://quepasanacosta.com/copadacosta/
S.D. SOFAN - José R., Roberto Souto, Miniño Juanjo, Pensado, Mario, Alemán, Adrián (Jacobo, min.55), Eloi, Berti (Diego, min.60), Bertín (Suso Docampo, min.55).
DUMBRIA C.F. - Juan Purrúa, Tantán, Iván Pequeño, Nico, Rubén, Angeliño (Guardiola, min.60), Aarón, Iago, Mackay (Jesús, min.70), Brais (Fer, min.65), Piri (David Carreira, min.35).
Goles: 0-1, min.8: Mackay aproveita o desconcerto da defensa local unha vez que o árbitro asistente levanta o banderín pero o colexiado deixa seguir e o dumbriés remata a gol;
1-1, min.47: Berti remata un centro atrás de Eloy tras unha boa xogada persoal deste por banda; 1-2, min.52: Mackay remata na liña de gol tras un toque de cabeza a unha falta colgada por Nico 1-3, min.70: Mackay de cabeza tras un córner que peina Aarón;
2-3, min.73: Eloy dende a frontal.

Expulsión: Rubén, min.40.
Lesionados: os dumbrieses Rubén (na mesma xogada da súa propia expulsión) e Piri, cun hinchazón no xeonllo.
Saiu a SD a por todas, tendo a primeira ocasión do encontro nunha falta que lanzou Eloy alta. Pero a xogada clave do encontro produciuse cedo. Un fora de xogo que sinala o linea no ataque dumbries non é ratificado polo colexiado principal. A defensa da SD desconcertase e cando van a sacar o fora de xogo Adrian Mackay aproveita e marca. A polemica estaba servida. Os animos caldearonse e a SD poñiaselle a remontada case imposible. Os sofanistas, espoleados por unha grada que non deixou de animar, atacaron con impetu pero non tiveron sorte de cara a gol. Mario rematou frouxo na area pequena. Miniño disparou de volea pero ahi estaba un gran Juan Purrua mostrando a sua categoria. O Dumbria expoñia todos os seus argumentos pero as defensas gañaban a partida ós ataques. Ivan Pequeño xogando de central era un valladar, e no outro lado a liña defensiva da SD rallaba a gran altura. Berti pelexou moi ben en punta pero diate habia un equipo moi experimentado e dificil de superar. A expulsion de Ruben a pouco do descanso parecia dar aire ó conxunto local, que realizara un gran despliegue fisico e emocional no primeiro acto.

A rabia toda e a emoción da eliminatoria concentrouse no primeiro cuarto de hora do segundo tempo. A SD atopou o camiño, Eloy fixolle un traxe a Nico e serviu para que Berti levantara ó graderio cun golazo. Parecia que o miragre era posible. Chegaron as ocasións en marea. Mario estrelou un balon no longueiro, e Eloy marrou outra clarisima ocasión. Cando a SD bordaba o futbol chegou o gol que matou a eliminatoria. O tocado polos deuses Adrian Mackay aproveitaba unha cesion de Aaron para finiquitar a situación. Ainda con todo a SD non aminorou o ritmo, seguiu acosando, ante un Dumbria que buscaba a contra e mostraba a sua calidade en cada accion. O publico disfrutou de media hora de bo futbol de unha eliminatoria que chegou demasiado cedo nesta Copa da Costa. Adrian e Suso tiveron claras ocasións para reducir diferencias, pero foi Eloy o que marcou o definitivo 2-3.
Non mereceu a SD as duas derrotas infrinxidas polo Dumbria, pero queda claro que os Iago, Angeliño, Pequeño, Purrua, Aaron, Adrian, Piri e cia son o equipo referencia na costa agora mesmo. Vaise da copa a SD e cerra unha gran tempada, que rematou co 3º posto ligueiro e esta gran eliminatoria copeira.

lunes, mayo 17, 2010

COPA DA COSTA: DUMBRIA C.F. 2 - S.D. SOFAN 0

Gran encontro copeiro o vivido onte no Conco diante duns 200 espectadores. A SD dou a cara en todo momento pero tivo a diosa fortuna de costas nos momentos claves, e isto ante un conxunto da calidade do Dumbria págase caro. Está costa arriba a eliminatoria, e terá que aparecer toda a maxia do campo do Carral para que os sofanistas pasen á seguinte ronda. Toca chamar á porta da épica.

DUMBRIA C.F. - Tolo, Iván Pequeño, Ruben García (David Carreira, min.83), Nico, Pablo Conde (Guardiola, min.27), Schuster (Tantán, min.76), Angeliño, Piru, Iago, Brais (Llanero, min.66 (Isma, min.66)) e Adrian Mackay.

S.D. SOFAN - Jose R., Roberto Souto, Miniño, Juanjo, Pensado, Mario, Eloi, Alemán, Jacobo (Berti, min.62), Bertín (Suso Docampo, min.79) e Diego (Adrián, min.62)

GOLES:
1-0 45´Gran pase en profundidade de Guardiola a Adrian que tras driblar a Jose R. marca a porta valeira
2-0 91´Penalti de Pensado a Adrian que o propio xogador transforma.

Comenzou a SD moi ben plantado no campo, presionando a saida de balón dos dumbrieses con eficacia. Asi os primeiros disparos foron visitantes: Jacobo de volea parando Tolo, Diego e Miniño fora. A ocasión mais clara foi de Bertin, que tras recibir un gran envio longo de Miniño disparou fora. A lesion de Pablo Conde fixo que Iago se situase de central e Guardiola ocupase a mediapunta. O fisterran foi dos mellores e polas suas botas empezou a xerarse futbol, tendo él a mellor ocasion do Dumbria ó rematar alto unha cesion de Adrian Mackay. Cando o partido se encamiñaba ó tempo de lecer chegou o xerro de auga fría en forma de gol, nunha indecisión da defensa da SD que aproveitou Adrian Mackay coa sua calidade.

O Dumbria dominou o balón no inicio do segundo acto, mostrando a calidade que atesoran todos os seus xogadores. A SD, sen embargo, atopouse mais comoda xogando á contra, e asi un remate de Bertin de volea precediu a unha gran intervención de Tolo a lanzamento de falta de Eloy. As xogadas de calidade sucedianse, e na area da SD tivo opcions de marcar primeiro Adrian nunha combinación con Piri, e despois Llanero, respondendo Jose R. con axilidade. O propio Llanero enganchou un tremendo disparo que saiu lamendo a escadra do meta sofanista antes de lesionarse. Tras unha falta lanzada por Nico e detida con seguridade por Jose chegaron os momentos claves e que poden decidir a eliminatoria. Unha internada de Roberto Souto acabou en penalti, pero Tolo realizou un paradón para neutralizar o disparo de Pensado. Acto seguido, cando o partido esmorecia, tocou o turno na outra area, e Adrian Mackay non marrou a pena máxima poñendo moi dificil o pase ós de David Baña.

* Fotos de Oscar Santos.

viernes, mayo 14, 2010

O DOMINGO ÁS 17:30 Dumbria - S.D.Sofán no Conco




Xa está aqui o partidazo de octavos de final da copa da costa, un Dumbria - Sd Sofán, no que os pronosticos da maioría da parroquia futbolistica costeira se decantan a favos dos Pequeño Boys, loxicamente. A SD prepara a conciencia o enfrontamento sabendo do tremendo potencial dos dumbrieses, un equipo feito para ascender a Preferente e que se quedou a un paso do seu obxectivo.

En todas as suas liñas teñen xogadores de calidade: o tremendo porteiro Juan Purrua, ex do Santa Comba, na defensa Nico, Ivan Pequeño ou Ruben, eses magnificos centrocampistas que son Iago, Aaron ou Schuster, e no ataque reunen tamen nomes dos mais prestixiosos no futbol costeiro: Llanero, Piri, Adrian Mackay, Tasky ou Angeliño. Un gran equipo sen dubida.

Os homes de Baña son conscientes de que hai que rendir ó máximo nivel para traer un bo resultado para o Carral, sabendo que no noso feudo arroupado pola apaixoada afeccion sofanista todo pode pasar. Conta o mister da SD con todo o plantel disponible, e nun bo estado de forma pois a SD acabou a competición ligueira a un gran nivel. Partido dos que fan afición o deste domingo no Conco.
* Imaxe da paxina oficial do Dumbria http://www.cfdumbria.com/

lunes, mayo 10, 2010

UNION VIMIANZO 1 - S.D. SOFAN 1

Rematou a tempada en canto ó que se refire ó torneo ligueiro, con un intrascendente encontro no Municipal de Vimianzo para a SD, non así para o equipo local que se xogaba o descenso. Tremendo temporal de auga o que caiu sobre o sintetico vimiancés que fai que o mérito dos 35 afeccionados do Sofán que se desplazaron ó encontro sexa doble.

UNION VIMIANZO - Damián, Amarelle, Martín, Ribeiro, Iván de Treos, Adrián, Iván de Baiñas (Sergio Quintáns, min.46), Jaime, Lagoa (Fran Pioto, min.52), Javi Suárez e Arán (Sergio Vilaseco, min.67)

S.D. SOFAN: Jose R., Gustavo (Roberto Souto, min.55), Oscar Pardo, Gende, Miniño, Diego, Manolo Varela (Juanjo, min.62), Pizo, Eloi (Jacobo, min.55), Suso Docampo (Adrián, min.60) e Berti.

Goles:
0-1, min.75: Berti tras un centro de Adrian
1-1, min.78: Sergio Quintáns de disparo dende fora da area.

Primeiro tempo de dominio de balón da SD, sen apenas profundidade. Os sofanistas dedicaronse a tocar e manter a posesión, e as veces que buscaron as bandas entraron con certo perigo. Damian estivo moi afortunado a disparos de Eloi e Berti. Na outra porta Jose R. respondia o seu colega vimiances con dous paradóns a disparos de Aran e Javi Suarez. Foille anulado un gol a Ribeiro por suposto fora de xogo.

O segundo tempo foi soporifero. A SD co vento en contra dedicouse a capear o temporal, nunca mellor dito. A xogada que puido ser clave foi o penalti marrado por Jaime no minuto 65. Pouco despois anotou a SD e encenderonse as alarmas para os de Vimianzo, que coa derrota vianse abocados a rezar para salvar a categoria, pero o gol de Sergio Quintans deixou a todos contentos e ben mollados.

Toca esperar a apaixoante eliminatoria de octavos de final da Copa da Costa, ainda que todavia non se coñece o rival, Dumbria ou Soneira.

* Fotos cedidas por Oscar Santos.

domingo, mayo 09, 2010

COPA DA COSTA: U.D. MONTELOURO 2 - S.D. SOFAN 9

Repetiuse o increible resultado da ida no campo de Agra da Filgueira. Ante escasos 30 espectadores, na mañá de onte sabado a SD voltou a demostrar a sua superioridade, e nun encontro que mais parecia un amistoso que un choque copeiro, goleou ó conxunto local que novamente alineou un xogador de campo, Alvaro, de porteiro ante a temprana lesión do titular Romaní.

UD MONTELOURO - Romaní (Alvaro 10´), Juan, Canote, Pablo, Chema, Edu (Dani 46´), Tono Rama (Xavi 81´), Gabri, Riki, Raul e Pepiño

S.D. SOFAN - Jose R., Roberto Souto (Pensado 55´), Gende, Gustavo, Oscar Pardo, Manolo Varela, Adrian, Diego, Eloy, Bertin e Jacobo.

ARBITRO: Rivas Rodriguez

GOLES:
0-1 8´Adrian 0-2 12´Eloy 0-3 27´Adrian 0-4 35´Eloy 0-5 51´Eloy 1-5 62´Canote 1-6 67´Pensado 1-7 78´Jacobo 1-8 85´Gustavo 1-9 88´Adrian 2-9 90´Xavi de penalti

Os de Louro sairon a competir dignamente, pero a sua proposta de xogar coa defensa adiantada facilitou moito as cousas ós de Baña, que case sen querelo sentenciaron o encontro no primeiro cuarto de hora. A lesión de Romaní fixo que o defensa Alvaro se puxera de central, e a pesar dos goles encaixados sacou algunha man de merito. O Montelouro tentou chegar tocando con pacencia pero os seus dianteiros marraron as poucas ocasións das que dispuxeron.

O segundo tempo foi mais do mesmo, un tramite no que os dous equipos tentaban disfrutar xogando ó fútbol. Serviulle ós de Baña para que Pensado volvera tras a sua lesión, pensando xa na eliminatoria de octavos de final. A relaxación propia dun partido destas caracteristicas fixo que se viran ocasións en ambas porterias, e ainda que a SD xogou co freno de man botado a goleada foi de escandalo. Agora toca esperar á resolución da eliminatoria Dumbria - Soneira para coñecer ó noso rival na seguinte ronda.

miércoles, mayo 05, 2010

COPA DA COSTA: S.D. SOFAN 9 - U.D. MONTELOURO 2

Disputouse o pasado sábado en horario matutino a ida de dezaseisavos de final da Copa da Costa. Rendia visita ó campo do Carral o Montelouro, e como ocorreu no partido ligueiro, o resultado foi abultado a favor do equipo local, quedando a eliminatoria virtualmente sentenciada. 150 espectadores se acercaron ó coliseo sofanista en mañan perfecta para a practica do fútbol.

S.D. SOFAN - Carlos Tojeiro (José R. 46´), Manuel Varela, Gende, Gustavo (Miniño 55´), Óscar Pardo, Mario Casal (Jacobo 70´), Pizo, Diego (Eloy 65´), Adrián Varela, Berti e Suso Docampo.

MONTELOURO - Fran Figueroa, Juan (Denís 50´), Canote, Chema, Isma (Adrián 75´), Tono, Edu, Raúl, Pepiño (Geiko 70´), Riki e Aitor

ARBITRO: Brun Pintor

Goles: 1-0 min.10 Adrián; 2-0 min.15 Suso Docampo; 2-1 min.27 Chema; 3-1 min.36 Diego; 4-1 min.50 Berti; 5-1 min.58 Berti; 6-1 min.68 Miniño; 7-1 min.74 Eloy; 8-1 min.82 Berti; 8-2 min.86 Chema; 9-2 min.90 Gende.

Dende o principio o dominio foi local, o Montelouro acusou a falta de gardameta e cos 2 primeiros goles parecia que a goleada podia ser de escandalo, pero un arreon de orgullo visitante puxo contra as cordas á SD, que viu como Carlos sacaba unha tremenda man a tiro de Tono, e o posterior 2-1 sembrou a incertidume nas filas locais.

Tras o descanso a resistencia dos de Louro veuse abaixo e a goleada puido incluso ser maior. Os locais xogaron a placer, baixaron o ritmo e deixaron pasar os minutos vendo como caian os goles. Unha vez mais foi Berti o protagonista anotando tres tantos. O dianteiro sofanista tenlle verdadeiramente tomada a medida ó Montelouro.

lunes, mayo 03, 2010

S.D. SOFAN 5 - C.D. BAIO 1

Asegurou a 3ª praza ligueira a SD nunha magnifica tarde de futbol no Carral, onde uns 150 espectadores disfrutaron co xogo despregado polos locais, e cun Baio plagado de rapaces que lle augura un gran futuro á entidade presidida por Diego Diaz. O impecable tapete do coliseo sofanista presenciou goles de bela factura, xogadas de moito mérito e ata un penal marrado por Guillermo Rilo. A nota negativa foi a lesión na mandibula do bo lateral baies Jose Antonio.

S.D. SOFAN - Jose R., Juanjo, Miniño, Roberto Souto(Gende 65´), Diego, Alemán, Mario Casal, Pizo (Manolo Varela 78´), Bertín (Suso Docampo 55´), Jacobo (Berti 55´), Eloy (Gustavo 70´).

C.D. BAIO - Angel Martín, José Antonio (Ramón 60´), Andrés, Diego Diaz, Eloy, Sergio Pensado (Valentín 70´), Borja, Mario, Canai, Guillermo, Kevin (Rubio 57´).

ARBITRO: Souto Budiño, que amonestou a Jose R., Miniño, Diego e Mario Casal por parte local, e a Jose Antonio por parte visitante.

GOLES:
1-0 12´Taconazo de Jacobo para Eloy que define diante do meta visitante
2-0 21´ Centro dende a liña de fondo de Eloy que Jacobo remacha na area pequena
3-0 27´Mario remata no segundo pao un gran centro de Jacobo
4-0 30´Bertín revolvese de maneira maxistral dentro da area e marca.
4-1 51´Mario de gran lanzamento de falta directa
5-1 80´Suso a porta valeira tras un erro do meta visitante

O xogo no primeiro tempo do equipo local foi para enmarcar. Recuperando rápido o balón no centro do campo e saindo con velocidade liquidou o partido en media hora máxica. O talento dos homes de arriba saiu a relucir, e Jacobo, nunha tarde de inspiración, participou nos tres primeiros goles. Bertin marcou un gran tanto e aportou moito en banda dereita. A liña defensiva contivo os envites dun bullicioso Guillermo, que tivo a mala sorte de marrar un penalti a pouco do descanso.

O golazo de Mario na reanudacion dou alas ó Baio pero o conxunto local pronto se fixo outra vez co mando. O segundo acto foi mais relaxado ainda que os dous equipos seguiron ofrecendo un bo espectáculo ó graderío. Lamentar a lesión do lateral baies nunha xogada fortuita e resaltar a proposta vistosa e ofensiva do conxunto de Tono, que gustou no seu trato co balón ainda saindo goleado do Carral, pero e que parece que os de Baña acaban a liga como motos e co punto de mira afinado.

lunes, abril 26, 2010

CASTRIZ C.F. 2 - S.D. SOFAN 3

Está a rematar a SD a competición en gran forma, e onte durante 70 minutos foi moi superior ó Castriz no seu temible campo de San Pedro. A pájara final serviu para darlle emoción a un partido que tivo un dominador claro e no que o Sofán se levou unha xusta victoria. Moito publico visitante animando ós seus xogadores en tarde soleada.

CASTRIZ CF - Angel, Ruben (Victor Pazos 74´), Torreira (Martin 57´), Koeman, Alex (Damian 50´), Bruno, Cilindro, Noli, Sebas, Ovidio e Dani.

SD SOFAN - Jose R., Roberto Souto, Oscar Pardo, Miniño, Juanjo, Aleman (Manolo Varela 54´), Pizo, Eloy, Jacobo (Adrian 54´), Berti (Gustavo 70´) e Bertín (Diego 59´).

ARBITRO: Candal Regueira, que amonestou a Torreira por parte local e a Adrian e Roberto Souto por parte visitante.

GOLES:
0-1 31´pase longo de Miniño, Berti rouballe a carteira á defensa e ó porteiro local e marca a porta vacia
0-2 37´Servicio de Berti a Jacobo, este recorta na area e espeta o balón na escadra da meta de Angel
0-3 52´Berti recibe en punta, espera a chegada de Eloy en carreira e este marca con calidade.
1-3 70´Centro de Noli dende a dereita e Sebas aproveita un pequeno barullo na area visitante para marcar.
2-3 77´Novo centro á area, producese un rexeite e de novo Sebas coa caña anota.

Bonito encontro o disputado na tarde de onte, con dous equipos querendo practicar un futbol vistoso e de calidade. A presión da SD na primeira liña local foi determinante nos primeiros 45 minutos. Os constantes roubos e as conseguintes saidas rápidas crearonlle infinidade de problemas os de Huelvis, e a SD anotou dous tantos e marrou 4 claras ocasións de gol. Bertin estivo moi activo nos primeiros minutos por banda esquerda e creou un par de ocasións que non deron definido os atacantes. Berti mostrou todas as suas virtudes, xogando ben de espaldas e coa caña preparada. O atacante marrou unha clara ocasión nunha vaselina a Angel pero de seguido desquitouse anotando o primeiro tanto. O segundo chegou pronto e antes do descanso tivo Eloy a ocasión para sentenciar. Solo Sebas por parte local cun remate ó longueiro de cabeza inquedou a Jose R.

No segundo tempo o tempraneiro tanto de Eloy noutra boa contra auguraba unha tarde tranquila para a Sd, pero cos cambios baixouse na intensidade do xogo, o Castriz pasou a ter un claro dominio do balón arriscando un pouco mais, e se ós rossoneri lles deixas a iniciativa crean perigo con facilidade. Así as ocasións e os goles foron caendo, e incluso lle foi anulado un tanto a Ovidio por claro fora de xogo. A SD defendeuse como gato panza arriba e mantivo o resultado como puido nuns ultimos minutos de agobio inxustificado tal e como se producira o partido ata eses intres.

Mantén a 3ª posición a SD, en visperas do fin de semana mais longo do campeonato, onde polo Carral pasarán o Montelouro a disputar a Copa da Costa, e o Baio en partido de liga.

lunes, abril 19, 2010

S.D. SOFAN 1 - XALLAS C.F. 0

Quizais se vira onte o mellor partido da tempada no Carral, con dous equipos xogando ó límite das suas posibilidades e demostrando o por que están situados entre os tres mellores da liga. O Xallas apurou as últimas opcións de non quedar descolgado do Zas, pero atopouse con unha SD extramotivada que realizou un gran encontro e se levou o triunfo a pouco do final. 210 espectadores no campo en tarde perfecta para a práctica do fútbol, con un terreo de xogo impecable.

S.D. SOFÁN - Jose R., Roberto Souto, Miniño, Juanjo, Pensado, Alemán, Mario Casal, Eloy (Oscar Pardo 89´), Adrian García (Diego 77´), Bertin (Gustavo 83´) e Jacobo (Suso Docampo 72´).
XALLAS C.F. - Cheli, Sergio Pose (Lobo 50´), Ivan Forjan (Ismael 71´), Carteiro, Alvaro (David 89´), Ricardo (Toni 53´), Pepe, Jaime (J.Angel 60´), Ruben, Jesus e Ventura.
ARBITRO: Hermo Alonso, que amonestou a Mario, Carlos, Dieto e Oscar por parte local, e a Lobo por parte visitante
GOL:
1-0 77´Saque de banda de Diego que peina Roberto Souto e remacha baixo paos Eloy.

Arrancou o Xallas con ímpetu e Jose R. tivo que responder con grandes intervencións a tiros de Ruben e Jesus. Ventura realizou unha gran xogada individual e disparou ó pao e pouco despois lanzou Alvaro unha falta de 30 metros que se foi alta por pouco. A SD despertou con un Jacobo moi activo creando perigo constante, e así un lanzamento del ó pao foi recollido por Bertin, que anotou pero o colexiado anulou o tanto por fora de xogo. Unha gran xogada de Adrian por banda non foi rematada por Eloy por pouco. O partido era loitado de poder a poder, e o gol rondaba ambas porterias. Tivo Jose outra tremenda parada a tiro de Jaime, e Jesus marrou dende o borde da area cando se atopaba solo. Un gran primeiro tempo que inxustamente chegou sen goles ó seu remate.
No segundo tempo o Xallas sacou a súa segunda oleada, con Toni, Lobo e Jose Angel á cabeza. Ruben lanzou unha falta ó borde da area á barrera, e na contra Jacobo realizou unha gran xogada pero Cheli detivo o seu disparo. No corner seguinte Roberto Souto rematou alto por pouco. Eran os mellores momentos da SD, corroborados con un tremendo disparo de Eloy que dou no pao longueiro. O Xallas era consciente de que non lle valia o empate, e tivo primeiro Jesus e despois Ventura a ocasión de levarse o partido, pero Juanjo estivo moi fino abortando as duas claras ocasións. A presencia no mediocampo de Toni doulle outro aire os xalleiros e unha gran xogada súa rematouna Jose Angel ás mans de un Jose R. inspiradisimo toda a tarde. Cando parecia que o partido podia caer do lado xalleiro chegou o gol ante o delirio da afección local. A SD aguantou os últimos minutos cunha liña defensiva inexpugnable e levouse uns sabrosos tres puntos.

lunes, abril 12, 2010

CAMARIÑAS C.F. 1 - S.D. SOFAN 2

Por vez primeira na súa historia foi gañar a SD Sofán ó histórico Hermanas Patiño camariñán. Nun partido moi disputado e bronco a Sd tiróu de saber estar e personalidade e levouse os tres puntos, vitales para a loita polo 3º posto. Pouco público no recinto palilleiro en tarde de forte calor e vento.

CAMARIÑAS C.F. - Rubén Santos, Pesqui , Gerardo, Antelo, Maikel, Alberto Ogando (Nico 75´), Moriño, De la Sierra, Roco (David 66´), Brais Triñanes e Javi.

S.D. SOFAN - Carlos Tojeiro, Oscar (Diego 73´), Miniño, Juanjo, Pensado, Aleman, Mario, Eloy, Jacobo (Gende 83´), Bertin (Adrian 61´) e Suso Docampo (Berti 77´).

ARBITRO: Ramos Lopez, que amonestou a Pesqui, Antelo, Maikel, De la Sierra, Alberto Ogando, Roco e Papi por parte local, e a Mario, Jacobo e Suso Docampo por parte visitante. Cometeu o erro de non expulsar ó xogador local Roco no min. 65 tras mostrarlle o seu segundo carton amarelo.

GOLES:
0-1 11´Jacobo arranca en posicion dubidosa, e dende unha posición algo escorada bate a Ruben con un disparo axustado á escadra.

1-1 37´Falta de entendemento entre Carlos e Pensado nun saque de porta que aproveita Javi para marcar a porta valeira.

1-2 63´Eloy de falta directa dende o borde da area.

Saiu a SD sorprendendo ós locais, ainda xogando co vento en contra. Jacobo mostrouse moi activo nestes instantes iniciais e tivo un par de boas ocasións antes do gol. Co resultado a favor a Sd seguiu dominando o encontro sen moitas dificultades. Moriño tentou de organizar a ofensiva local, e Roco e Javi eran os homes mais incisivos nos de Papi. Unha boa xogada de Roco non foi rematada por Javi de milagro. O gol do empate, o mais raro da tempada, levou a incertidume ó bando da SD, que pasou por uns minutos de desconcerto saldados co merecido descanso.

No segundo tempo o encontro volveuse mais bronco. Suso Docampo mandou un disparo dende o borde da area ó longueiro, e Jacobo pouco despois non definiu un man a man ante a saida de Ruben. A SD obtivo o xusto premio co gol de Eloy. A partir de ahi o Camariñas tentouno mais con garra que con fútbol. O partido estivo continuamente interrumpido por faltas e disputas entre os xogadores. Carlos mostrouse moi seguro nestes momentos de acoso detendo varios remates dos dianteiros camariñáns e poñendolle candado á porteria da SD. O acoso final xa con Maikel de dianteiro centro non lle serviu ós locais e a SD levouse unha gran victoria que os situa 3º antes da visita do poderoso Xallas ó Carral.

sábado, abril 10, 2010

SORTEO DA COPA DA COSTA: S.D. SOFAN - U.D. MONTELOURO

Vense de producir na tarde - noite de onte no pavillón de Baio o sorteo da edición 2009/2010 da mítica Copa da Costa, e o bombo deparou en sorte un enfrontamento en 16º de final entre a SD e o Montelouro.

Como todos os anos foi unha reunion presidida pola polémica. O ente federativo tentou poñer orden na situación, pero a falta de acordo entre os clubes da Costa é eterna. O maior descontento centrouse nas datas propostas para o inicio da competencia, pois son coincidentes co final da liga en 2ª e 1ª Autonómica. Isto obligará os clubes a disputar os seus partidos de copa os sabados ás 3 da tarde e os de liga os domingos ás 5 da tarde, na eliminatoria previa e na de 16º.

A SD tivo a sorte de quedar exenta da ronda previa, e enfrontarase a un vello coñecido, o Montelouro, primeiro no Carral e cerrando a eliminatoria no dificil campo de Agra da Filgueira. Os duelos entre os de Louro e os de Sofán veñen sendo apaixoantes dende que hai 5 tempadas se disputaran en dura pugna o título de 3ª Autonómica, caendo a balanza para os de Sofán en aquel ano. Nesta tempada os resultados foron claros para os de Baña, que venceron en Louro por 0-2 na xornada inaugural de liga, e por 7-0 no Carral nun día que ata nevou no coliseo rojillo.

A data do primeiro encontro é a do sábado 1 de maio, no campo do Carral. O resto de eliminatorias queda como segue:
Vencedor Porteño - Dumbria vs Vencedor Soneira - Baio
SD SOFAN - Montelouro
At. Pereiriña - Corcubión
Mazaricos - Corcoesto
Outes - Cerqueda
Malpica - Sp.Zas
Corme - Cabana
Fisterra - Carnota
San Lorenzo - Coristanco
Lira - Nantón
Muros - Ponteceso
Esteirana - Alcaian
Muxia - Buño
O PIndo - Cee
Club do Mar - Castriz
Vimianzo - Camariñas

martes, marzo 30, 2010

PUBLICOUSE A REVISTA DA S.D. SOFAN

Un ano mais ven a SD de sacar á calle a súa revista anual, onde se da conta a socios e simpatizantes das actividades que se veñen desenrolando ano a ano. Ten vocación histórica esta publicación, pois tenta reflexar os feitos mais sobranceiros da tempada pasada para que as futuras xeracións sepan o que ocorria por estas datas no mundo futbolístico sofanista.

Asi relátase un detallado resumo do sucedido na tempada 2008/2009, incluidos por suposto os datos estadísticos que a tanta xente lles gusta. Queda constancia asi mismo do plantel completo que está a competir cas cores da SD durante esta campaña. En portada e paxinas interiores refléxanse varios feitos salientables, como foron o Premio de Radio Nordes á mellor directiva da Costa, a doacion do clube para as víctimas de Haiti, e o bo facer do noso equipo de veterans.

Agradecendo sen mais a todos os patrocinadores que a fixeron posible, instámosvos a facervos con un volumen, totalmente gratuito, solicitandollo a calquera dos directivos da SD ou recollendoo no mesmo campo do Carral un día de partido.

domingo, marzo 28, 2010

S.D. SOFAN 1 - MUROS 1

Partido intenso e disputado no Carral, ante 110 espectadores, con un terreo de xogo moi irregular que non permitiu ver o despliegue técnico que prometen estos dous equipos. A SD dominou o encontro e tivo ocasións para levarse os tres puntos, pero atopouse con unha actuación tremenda do porteiro visitante Ruben, que demostrou a súa categoría.

S.D. SOFAN - Costa, Roberto Souto, Miniño, Juanjo, Diego, Mario, Pizo, Aleman, Eloy, Bertín (Berti 65´) e Suso Docampo (Adrian 58´).

MUROS - Rubén, Ivan, Paki, Teo, Adan (Gael 46´), Varito, Gelo (Jaro 85´), Edu (Mingos 80´), Pesco (Piti 78´), Kiko e Sexo.

ARBITRO: Souto Budiño, que amonestou a Dieguito por parte local, e a Ruben, Teo e Kiko por parte visitante.

GOLES:
1-0 12´Gran pase de Eloy en profundidade a Suso Docampo, que cruza ante a saida de Rubén.
1-1 31´Saque de banda hacia a area visitante, producese un barullo e Gelo anda listo para meter a perna e igualar o encontro.

Saiu a SD moi metida no partido, con Mario e Suso formando parella de dianteiros. Eloy, que tivo o día clarevidente e xogou un partidazo, enviaba balóns á espalda da defensa visitante, creando perigo constante, e nunha desas xogadas produciuse o gol local. O propio Eloy lanzou de maneira maxistral unha falta respostada por Ruben cunha tremenda parada, e o rexeite rematao Diego en plancha fora por pouco. O Muros buscaba con rapidez a velocidade dos seus homes punta, sobre todo a Sexo, pero Roberto anulouno ben. Outro dos puntos fortes dos muradáns, as xogadas de estratexa, foron as que crearon mais perigo, e asi chegou o empate e outra clara ocasión de Varito tras unha saida dubitativa de Costa. Pola contra foi Mario o que tivo un clarisimo remate de cabeza sacado na misma liña de gol por un defensa, e Miniño lanzou unha falta que respostou o meta visitante con outra gran parada. Para finalizar un intenso primeiro tempo Kiko tivo a súa pero non precisou a vaselina ante Costa.

O segundo tempo foi de dominio claro local, con un Muros aguantando o chaparron e defendendo o marco con solvencia. Eloy seguiu creando perigo coas suas internadas, e o acoso produciu xogadas a balón parado que nunca foron culminadas polo equipo local. Unha falta ó borde da area saiu fora de milagro, golpeada por Eloy, e na seguinte foi Diego o que lanzou forte, e o balon dou entre o pao e Berti e saiu fora. Non era a tarde dos locais ante o marco, que o tentaron ata o final con constancia sabedores da importancia dos puntos. A mellor ocasión visitante foi un gran lanzamento de Mingos que respostou Costa cunha axil intervención.

domingo, marzo 21, 2010

LIRA C.F. 0 - S.D. SOFAN 4

Tarde soleada no irregular campo de Portocubelo. Uns 70 espectadores presenciaron unha goleada do equipo visitante, que xa na primeira media hora tiña sentenciado o encontro. Gardouse un minuto de silencio pola nai do dianteiro visitante Berti.

LIRA - Santi, Angel (David 71´), Isma (Toniño 83´), Chindo (Ancho 33´), Herminio, Paco, Marco Antonio, Javi, Victor (Juan 57´), Suso Patachin, Suso Perico.

S.D. SOFAN - Costa, Roberto Souto, Miniño, Juanjo, Gende, Aleman (Manolo Varela 46´), Pizo, Mario (Adrian 66´), Bertin, Diego (Eloy 61´) e Suso Docampo.

ARBITRO: Castaño Diaz

GOLES:
0-1 7´Xogada de Diego por banda esquerda que finaliza con un pase atras perfectamente rematado por Suso ó fondo das mallas.
0-2 14´Falta de entendemento da defensa do Lira que aproveita Mario para bater a Santi na sua saida.
0-3 25´Suso adiantase á saida de Santi, faille un sombreiro e marca a porta valeira.
0-4 32´ Gran centro de Bertin ó segundo pao que remacha Mario en boca de gol.

Sorprendeu Baña de saida con esa parella de dianteiros, Suso - Mario, que foi totalmente efectiva de cara a gol. O primeiro tanto desmoronou as opcions do Lira, que saira con defensa de 5 tratando de conter o previsible dominio visitante. A verdade é que non tivo rival a SD, pois os lirachos deixaron mover con comodidade o balón o mediocampo da SD, onde Pizo e Aleman xogaron moi comodos. Á media hora o partido estaba sentenciado, é só unha gran parada de Costa a lanzamento de falta de Suso Patachin, inquedou o banquiño visitante.

O segundo tempo foi un tramite, cos dous equipos xogando a un ritmo moi baixo e sen apenas ocasions de gol. O forte calor reinante influiu neste aspecto e a SD non fixo mais sangue na ferida, a pesar de producirse dous claros penaltis en area local que o colexiado pasou por alto. Con este triunfo o Sofán manten a sua loita pola terceira plaza, codo con codo con Carnota e San Lorenzo.

jueves, marzo 18, 2010

GUSTAVO, SANCIONADO CON 1 PARTIDO

Foi sancionado Gustavo Eiris, o defensa da SD, con un encontro pola expulsión sufrida o pasado domingo no encontro contra o Pindo. É baixa polo tanto para o partido a disputar en Portocubelo o domingo ás 16:30 horas, Lira CF-SD Sofán. Tampouco poderá disputar o encontro o gardamallas local, Kike, que foi asimismo sancionado con un encontro.


Ten varias dubidas David Baña para confeccionar o once inicial que saltará ó historico recinto liracho, pois o extremo Adrian ten un problema derivado nun golpe nun hombro, e ata última hora non se saberá do concurso de Berti, tras unha triste semana polo pasamento da súa nai. O xogador foi acompañado neste momento de dor pola familia sofanista e por xente vinculada á liga da Costa.


O encontro é trascendental para a SD na súa loita por manter a 3ª plaza, que está mais disputada que nunca. Os enfrontamentos desta xornada son apaixoantes neste senso, destacando o partido a disputar o sabado Castriz - Malpica, e o tremendo Camariñas - San Lorenzo do domingo.

lunes, marzo 15, 2010

S.D. SOFAN 1 - O PINDO C.F. 1

Incrible igualada do Pindo no Carral, nun mal encontro dos locais que se atoparon co marcador a favor mediada a segunda parte pero que cederon un empate no treito final ante un conxunto o de Sil que se comportou con heroicidade: Hugo lesionado todo o segundo tempo esperando o "gol do coxo", Julian de porteiro sendo un dos mais destacados do partido, e sen ningunha substitución para paliar o evidente cansancio dos seus homes.

S.D. SOFAN - Carlos Tojeiro, Roberto Souto (Gustavo 80´), Diego (Miniño 69´), Juanjo, Pensado, Manolo Varela (Eloy 46´), Alemán, Pizo, Adrián (Gende 85´), Bertín (Jacobo 66´), Suso Docampo

O PINDO C.F. - Julián, Ángel, Jose, Álex, Cote, Piquero, Rafa, Víctor, Paulo, Hugo e Pablo.

ARBITRO: Romero Lago, que amonestou a Gende por parte local, e a Julian, Alex, Victor e Pablo por parte visitante. Expulsou a Gustavo con carton vermello directo no min. 89´

GOLES:
1-0 75´Centro longo de Miniño que remata Jacobo de volea á rede.
1-1 84´Roubo de Victor, que cede a Piquero só dentro da area, e este bate de tiro cruzado a Carlos

Tarde soleada no Carral, e mal primeiro tempo do cadro local ante os 120 espectadores que se achegarón ó coliseo rojillo. Baña plantexou un centro do campo de forza, pero nunca se puido impoñer un alto ritmo de xogo para desarbolar a un Pindo que saiu con moitas precaucions defensivas. Julian realizou unha gran parada no primeiro corner botado polo conxunto local. A partir dos 20 minutos o Pindo estirouse un pouco, principalmente por medio de Hugo e Victor, os seus homes mais perigosos. Un gran tiro de Victor foi respostado por unha magnifica intervención de Carlos. Adrian e Roberto entraron ben por banda neste acto pero os seus centros nunca atoparon rematador. Suso estaba moi so no ataque, e de pouco lle serviu á SD ter o balón a maior parte do tempo.

Os cambios no segundo tempo e o baixon fisico do Pindo fixo que o dominio dos locais fose total e absoluto, encerrando ós de Sil na sua area. A pesar de non practicar un bo futbol, as ocasións foron caendo: Eloy rematou alto un gran centro de Roberto, o propio Roberto non foi quen de remachar unha gran ocasión na area pequena e Julian sacoulle unha man milagrosa a Suso Docampo. Foi Jacobo quen abriu a lata e parecia que o partido tiña dono, cando nunha incrible xogada o Pindo se atopou co empate. A saida de Gende como dianteiro creou un par de boas ocasións incluido un remate de cabeza do central que saiu fora por pouco, pero o empate foi inamovible.

lunes, marzo 08, 2010

CORME C.F. 0 - S.D. SOFAN 2

Partido aburrido o disputado onte pola SD no Pinguel de Ponteceso ante escasos 100 espectadores. O bo fútbol brillou pola sua ausencia e o mais positivo para os sofanistas foron os 3 puntos. Gardouse un minuto de silencio polo pasamento da abuela do xogador da SD Alemán.

CORME C.F. - Suso, Adolfo, Alejandro, Pandi, Martinciño, Abel (Enrique 60´), Gonzalo (Iago 60´), Lentejo (Pipo 76´), Martin Torrado, Lucas e Diego (Adrian 87´).

S.D. SOFAN - Jose R., Manolo Varela (Diego 56´), Miniño, Juanjo, Gende (Pizo 56´), Pensado (Gustavo 75´), Mario Casal, Adrian, Bertin, Jacobo (Berti 75´) e Suso Docampo.

ARBITRO: Grañas Martinez, que amonestou a Lentejo e Diego por parte local, e a Berti por parte visitante.

GOLES:
0-1 52´Falta lateral botada por Miniño e Manolo Varela acerta a meter a perna tras varios rexeites.
0-2 71´Disparo que rexeita Suso de maneira defectuosa e Mario Casal remacha coa cabeza na boca de gol.

Non lle sentou ben o desterro do Pinguel ó Corme, que en ningún momento inquedou á SD. Os visitantes levaron o control do balón pero sen apenas profundidade e precisión, o que se traduxo nun primeiro tempo sen apenas ocasións de gol. Unicamente un balón desviado por un defensa cormelán hacia a porteria de Suso que se estrelou no logueiro puxo a incertidume no graderío. A Sd lanzou 7 corners pero con un aproveitamento nulo. O ritmo de xogo era baixo mais propio dun partido de pretempada.

O segundo tempo comezou cunha SD un pouco mais metida no encontro, e o gol inicial xa terminou por sentenciar o encontro. O Corme era un querer e non poder, e ainda que se estirou un pouco coa saida de Iago, a portería defendida por Jose non pasou excesivos apretos. Nas contras puido matar antes o partido o Sofan, e co 2º gol tivo que ser Suso o que salvou ó seu equipo dun resultado mais abultado cun par de meritorias paradas. A saida de Pizo dou mais criterio na posesión do balón os de Baña, que cortan unha xeira negativa de 2 derrotas.

viernes, marzo 05, 2010

JOSE, UN GARDAMETA DE FUTURO, SINCERASE

Traemos a este blog a un dos homes mais carismaticos do noso vestiario, o xoven gardameta de Coristanco Jose R. Rodriguez Fariña. Chegado fai 3 anos procedente do equipo xuvenil do Bergantiños, pronto se asentou como a referencia na portería e pasa por ser un dos xogadores mais queridos polos compañeiros e afición. Porteiro de extraordinarias cualidades e persona de trato cariñoso e afable, Jose respondenos con sinceridade ás nosas preguntas, e de paso confirmanos a súa continuidade no clube para a tempada 2010/2011.

¿Que tal te encontras este ano?

- a verdad é que non me encontro todo o ben que quixera, a falta de entrenamento acábase notando pero tampouco o fixen tan mal penso, ainda que está claro que hai cosas que mellorar.

¿Que opinas da traxectoria do equipo?

- Non estou descontento pero un pouco decepcionado, xa que esperaba que poideramos ter máis posiblidades de estar arriba a estas alturas do campeonato pero o partido do Zas foi decisivo e escapousenos unha boa oportunidad de poder competir cos 2 favoritos da liga

¿Crees que había equipo para pelexar mais arriba?

- estou seguro de que si que hai,pero como dixen antes,este ano non creo que vaia a ser posible pero mantendo o equipo e con un ou dous fichajes creo que o ano que ven somos un dos favoritos pa ascender como tamén o noso veciño, o San Lorenzo, o Carnota e o Camariñas sin contar o Xallas ou o Zas.

¿Que opinas da familia sofanista no teu 3º ano no equipo?

- Estou moi contento con todos.Neste equipo nadie se pode queixar porque hai unha directiva excelente, que fai todo o que esta na sua man para satisfacer os xogadores sin poñer ningún tipo de problema a hora de pedirlle material ou calquera cousa. Despois está a afición que lle teño moito cariño porque siempre están ahí pa motivar tanto en Sofán como en calquer sitio da Costa,algo que se ve moi pouco nesta liga. E cos compañeiros estou moi a gusto co bo ambiente que hai entre todos, esto motiva a un a intentar facelo ben. Personalmente gustaríame ganar algun título por toda esa boa xente que hai no club.

¿Como te levas coa competencia na portería, Costa e Carlos Tojeiro (na foto)?

- Ben, ademais creo que non podo consideralos competencia senon compañeiros.

¿Que esperas para o futuro, para cando un título no Carral?

- agora que a liga é cousa de dous espero que poidamos quedar na terceira posición e facer un bo papel na copa e mismo sendo optimista ganala. Po ano seguinte seguirei aquí en Sofán aínda que o meu obxectivo é poder estar nunha categoría superior, pero como este ano non vai ser habrá que intentar mellorar moitas cousas pa poder conseguilo.

¿Que che quedou do teu paso polo Bergantiños, queda moi lonxe esa etapa da tua vida?

- Do Bergantiños sólo me quedaron compañeiros e algúns entrenadores como Emilio, Chema ou Elduayen. Pero do club en sí non gardo bo recordo de él por como me trataron o ultimo ano, decindo unha cousa e logo facendo outras. e coma min creo que uns cuantos máis. a verdad é que foi unha pena non ter fichado polo Sofán sendo juvenil (risas).

lunes, marzo 01, 2010

ESTEIRANA 2 - S.D. SOFAN 1

Derrota da SD en Miraflores ante a Esteirana, que xogou un partido moi serio en defensa e aproveitou as suas ocasións cando o encontro esmorecía. O Sofán levou o peso do xogo, creou ocasións suficientes para levar os puntos pero non estivo afortunado ante Luqui, un dos mellores do encontro.

Esteirana: Luqui, Fran do Español, Mingos, Roi, Chispi, Uru, Simón (Cajulo, min.60), Álex (Tarujo, min.76), Alberto, Pepiño, Guerra.

S.D. Sofán: José Ramón, Diego, Miniño, Juanjo, Mario, Manolo Varela (Gende, min.73), Adrián (Jacobo, min.60), Pensado, Berti (Bertín, min.60), Eloy, Suso Docampo.

Arbitro: Nuria Lopez Rodriguez, que amonestou a Simón e Pepiño por parte local, e a Mario e Carlos Tojeiro, este no banco, por parte visitante.

Goles:
1-0, 75´ Miguel Guerra controla un balón o borde da area e sen deixalo caer engancha unha preciosa volea que sorprende a Jose
2-0, 80´ Libre indirecto na area sofanista, o rexeite chega a Uru que marca de forte disparo que bate en Diego
2-1, min.87: Suso Docampo aproveita un balón morto na area.

O primeiro tempo foi de dominio visitante, que tivo o balón en todo momento pero non atopou o camiño da meta de Luqui. A Esteirana buscaba as contras con balóns longos o rapaz Guerra, moi incisivo toda a tarde e que foi un verdadeiro dolor de cabeza para a defensa da SD. Tivo Berti a primeira clara ocasión, pero o seu remate na area pequena foi rexeitado por Luqui en acertada intervención. Pouco despois Adrian atopouse con un balón morto na area da Esteirana pero rematou por enriba do longueiro. Tivo a súa a Esteirana no límite do descanso, tras unha gran xogada de Alex que non acertou a definir cando se atopaba só ante Jose R.

O segundo tempo seguiu polos mesmos derroteiros, e si cabe á SD costoulle mais atopar ocos na magnifica e animosa defensa local. O futbol dos visitantes volveuse predecible e as contras locales eran as que tiñan mais pinta de gol. Ainda así Berti dispuxo de outra boa ocasión pero non foi quen de regatear ó gardameta do equipo local. No momento clave do partido chegou o gol da Esteirana, e tras unha discutida decisión arbitral, o segundo que sentenciaba o partido. O arreon final da SD serviu para que Suso anotara un novo gol, e no tempo de desconto Luqui salvou milagrosamente un remate de Eloy, e o posterior rexeite estrelouno Jacobo na cruceta da meta azulgrana, co cal os puntos se quedaron na casa.

viernes, febrero 26, 2010

A CELEBRACION DO ESTEIRANA - S.D. SOFAN ESTA NO AIRE

Nunca mellor dito, os ventos huracanados que se aproximan á costa galega teñen en vilo ós xogadores que competirán este fin de semana nos campos de fútbol da nosa terra. A SD, que se tiña que desplazar a Muros para xogar coa Esteirana, todavía non ten comunicación oficial da suspensión do partido, pero todo apunta a que a xornada non se disputará. Estamos todos esperando novas por parte da Federación Galega de Fútbol, que xa suspendeu os encontros de categorías base a xogar na tarde de mañá sábado.

Saldría perxudicada a SD polo temporal, un mais nas últimas datas, pois a Esteirana ten tres xogadores sancionados para esta semana, Adelino, Picholeiro e Maceiras, mentres que a SD só perdería a Aleman, expulsado no encontro contra o Zas e que de non xogarse a xornada, non podería ser alineado contra o Corme no próximo partido.