á de onte sabado a SD voltou a demostrar a sua superioridade, e nun encontro que mais parecia un amistoso que un choque copeiro, goleou ó conxunto local que novamente alineou un xogador de campo, Alvaro, de porteiro ante a temprana lesión do titular Romaní. UD MONTELOURO - Romaní (Alvaro 10´), Juan, Canote, Pablo, Chema, Edu (Dani 46´), Tono Rama (Xavi 81´), Gabri, Riki, Raul e Pepiño
S.D. SOFAN - Jose R., Roberto Souto (Pensado 55´), Gende, Gustavo, Oscar Pardo, Manolo Varela, Adrian, Diego, Eloy, Bertin e Jacobo.
ARBITRO: Rivas Rodriguez
GOLES:
0-1 8´Adrian 0-2 12´Eloy 0-3 27´Adrian 0-4 35´Eloy 0-5 51´Eloy 1-5 62´Canote 1-6 67´Pensado 1-7 78´Jacobo 1-8 85´Gustavo 1-9 88´Adrian 2-9 90´Xavi de penalti
Os de Louro sairon a competir dignamente, pero a sua proposta de xogar coa defensa adiantada facilitou moito as cousas ós de Baña, que case sen querelo sentenciaron o encontro no primeiro cuarto de hora. A les
ión de Romaní fixo que o defensa Alvaro se puxera de central, e a pesar dos goles encaixados sacou algunha man de merito. O Montelouro tentou chegar tocando con pacencia pero os seus dianteiros marraron as poucas ocasións das que dispuxeron.
ión de Romaní fixo que o defensa Alvaro se puxera de central, e a pesar dos goles encaixados sacou algunha man de merito. O Montelouro tentou chegar tocando con pacencia pero os seus dianteiros marraron as poucas ocasións das que dispuxeron.O segundo tempo foi mais do mesmo, un tramite no que os dous equipos tentaban disfrutar xogando ó fútbol. Serviulle ós de Baña para que Pensado volvera tras a sua lesión, pensando xa na eliminatoria de octavos de final. A relaxación propia dun partido destas caracteristicas fixo que se viran ocasións en ambas porterias, e ainda que a SD xogou co freno de man botado a goleada foi de escandalo. Agora toca esperar á resolución da eliminatoria Dumbria - Soneira para coñecer ó noso rival na seguinte ronda.