lunes, abril 12, 2010

CAMARIÑAS C.F. 1 - S.D. SOFAN 2

Por vez primeira na súa historia foi gañar a SD Sofán ó histórico Hermanas Patiño camariñán. Nun partido moi disputado e bronco a Sd tiróu de saber estar e personalidade e levouse os tres puntos, vitales para a loita polo 3º posto. Pouco público no recinto palilleiro en tarde de forte calor e vento.

CAMARIÑAS C.F. - Rubén Santos, Pesqui , Gerardo, Antelo, Maikel, Alberto Ogando (Nico 75´), Moriño, De la Sierra, Roco (David 66´), Brais Triñanes e Javi.

S.D. SOFAN - Carlos Tojeiro, Oscar (Diego 73´), Miniño, Juanjo, Pensado, Aleman, Mario, Eloy, Jacobo (Gende 83´), Bertin (Adrian 61´) e Suso Docampo (Berti 77´).

ARBITRO: Ramos Lopez, que amonestou a Pesqui, Antelo, Maikel, De la Sierra, Alberto Ogando, Roco e Papi por parte local, e a Mario, Jacobo e Suso Docampo por parte visitante. Cometeu o erro de non expulsar ó xogador local Roco no min. 65 tras mostrarlle o seu segundo carton amarelo.

GOLES:
0-1 11´Jacobo arranca en posicion dubidosa, e dende unha posición algo escorada bate a Ruben con un disparo axustado á escadra.

1-1 37´Falta de entendemento entre Carlos e Pensado nun saque de porta que aproveita Javi para marcar a porta valeira.

1-2 63´Eloy de falta directa dende o borde da area.

Saiu a SD sorprendendo ós locais, ainda xogando co vento en contra. Jacobo mostrouse moi activo nestes instantes iniciais e tivo un par de boas ocasións antes do gol. Co resultado a favor a Sd seguiu dominando o encontro sen moitas dificultades. Moriño tentou de organizar a ofensiva local, e Roco e Javi eran os homes mais incisivos nos de Papi. Unha boa xogada de Roco non foi rematada por Javi de milagro. O gol do empate, o mais raro da tempada, levou a incertidume ó bando da SD, que pasou por uns minutos de desconcerto saldados co merecido descanso.

No segundo tempo o encontro volveuse mais bronco. Suso Docampo mandou un disparo dende o borde da area ó longueiro, e Jacobo pouco despois non definiu un man a man ante a saida de Ruben. A SD obtivo o xusto premio co gol de Eloy. A partir de ahi o Camariñas tentouno mais con garra que con fútbol. O partido estivo continuamente interrumpido por faltas e disputas entre os xogadores. Carlos mostrouse moi seguro nestes momentos de acoso detendo varios remates dos dianteiros camariñáns e poñendolle candado á porteria da SD. O acoso final xa con Maikel de dianteiro centro non lle serviu ós locais e a SD levouse unha gran victoria que os situa 3º antes da visita do poderoso Xallas ó Carral.