lunes, octubre 31, 2011

S.D. SOFAN 3 - ESTEIRANA 1

Está a Sd a recuperar a liña de xogo de pasadas tempadas, e o sabado impuxose con xustiza no Carral a un sempre dificil rival, a Esteirana. Escasos 100 espectadores presenciaron un encontro de dominio local, e por fin viron unha victoria da Sd no seu feudo.




S.D. SOFAN - Luis de la Peña, Adrian, Miniño, Juanjo, Juan Rabuñal, Pensado -Diego 89´-, Jacobo - Manolo Varela 75´-, Suso Docampo, Abel, Ivan Rey -Edu 63´- e Berti - David Pensado 80´-.



ESTEIRANA - Ramon, Fran Maceiras, Jose Varela, Dani Rama, Chispi, Picho - Adrian 65´-, Simon, Uru, Adelino, Andel - Alex 57´- e Iago - Cajulo 57´-.



ARBITRO. Vazquez Suarez, que amonestou a Miniño e Suso Docampo por parte local, e a Simon, Adelino, Iago e Alex por parte visitante.



GOLES.

1-0 32´Tras duas clarisimas ocasións diante de Ramon, o balon chega a Ivan Rey, que saca un gran centro ó segundo pao e Abel, chegando en carreira, marca.

1-1 43´Falta que mete Simon pola escadra.

2-1 45´Corner que remata Miniño no segundo pao

3-1 49´Contra da Sd que remacha Berti.



A victoria en Fisterra dou confianza á Sd, e demostrouse levando o peso do partido en todo momento contra a Esteirana. O balón circulaba con precisión e as ocasións non tardaron en chegar. Berti marrou unha clarisima a porta vacia tras unha gran xogada de Adrian. Adelino respostou pero Luis detivo a sua clara ocasión. Posteriormente Abel falla un man a man con Ramon, e o rexeite non foi capaz de marcalo Berti. Menos mal que na mesma xogada chegou o 1-0, pois a parroquia local xa se desesperaba. A Esteirana, que ata ese momento estivera ben controlada, estirouse un pouco, creou perigo nun par de balons parados, e igualou con un golazo de Simon. Unha vez mais repetiase a historia no Carral, pero encargouse Miniño de revertila na seguinte xogada, moi oportuno no segundo pao, para desfacer o empate.



O mazazo definitivo para a Esteirana chegou a pouco do inicio do segundo acto, aproveitando Berti unha boa xogada de Abel para batir a Ramon. Relaxouse un pouco a Sd neses intres despois do gol, e tivo que facer unha tremenda parada Luis a tiro de Uru, que podia meter a Esteirana no partido. A Sd recobrou o mando, tocou ben o balón, e dominou o xogo ante unha Esteirana que baixou os brazos. As contras da Sd crearon bastante perigo, destacando unha gran xogada de Edu que non acabou en gol de milagro.

viernes, octubre 28, 2011

Ivan Rey, convocado coa selección da Costa.


O xogador da SD IVAN REY foi convocado para o amigable que disputará a selección da Costa en Santa Comba o vindeiro martes 1 de novembro, contra a Selección Galega Sub-18, ás 16:30h. Este combinado costeiro será dirixido por Huelvis, e acollerá a un futbolista de cada clube costeiro na Preferente, 1º e 2ª Autonómica, e buscará amosar o potencial dos máis novos futbolistas da zona.

A selección é casi na súa totalidade sub-23, coa única excepción de Doro, que será o capitán da mesma, nunha especie de homenaxe ó magnífico xogador xalleiro pola súa traxectoria no fútbol galego.

A convocatoria foi a seguinte:

Esteirana SRCD: Simón.
Muros SD: Mayuyo.
Ponteceso SD: Luisete.
San Lorenzo de Verdillo: Fuentefría.
UC Cee: Parroto e Fernando
Buño S.D: Ismael
UD Corcubión: Alan
SD Fisterra: Roa
SD Sofán: Iván Rey.
Cub del Mar de Caión: Rubén.
SD Mazaricos: Matías Ramos.
Camariñas CF: De la Sierra.
SD Soneira: Brais Lado.
Dumbría CF. Tati e Toni.
SD Castriz: Alberto e Sebas.
Xallas CF: David e Adrián Prol.
Santa Comba CF: Doro e Chinda

lunes, octubre 24, 2011

FISTERRA 1 - S.D. SOFAN 2

E na 8ª xornada apareceu a Sd que todos coñecemos. Foi no histórico Ara Solis, e ante un dos equipos de maior calidade da categoría. Os de Sofán sairon concienciados da importancia do encontro, e a pesar de encaixar un tanto na primeira xogada do partido, souberon refacerse, empataron antes do descanso, e deron a puntilla no segundo tempo. O nivel defensivo do equipo foi excelente, non permitindo apenas ocasións a un equipo que soe crear moitas en cada partido. Un dato importante foi o infortunio fisterrán: ata tres xogadores, Joselu, Roco e Pana tiveron que sair lesionados durante o encontro.

FISTERRA. Joselu -Nico 28´-, Juan de elvira, Pana, Gustavo, Piti, Roco -Edu 41´-, Santi, Guardiola, Tata -Rivas 67´-, Dudo e Marco Docabo -Mané 61´-.

S.D. SOFAN. Luis de la Peña, Adrian, Miniño, Juan Rabuñal, Juanjo, Pensado, Jacobo -Varela 89´-, Suso Docampo, Ivan Rey, Abel e Berti -Edu 75´-.

GOLES:
1-0 1´corner botado por Roco que remata de maneira impecable Gustavo ó fondo da rede.

1-1 27´corner de Jacobo, moi cerrado, que Joselu introduce na portería, lesionandose na mesma xogada.

1-2 60´xogada de Abel por banda esquerda, centra raso hacia atras e Berti chegando en carreira engatilla ás mallas.

Iniciouse o partido da peor maneira para a Sd, con un gol en contra na primeira xogada. Pero non se descompuxo o equipo de Vicente, que tiña as ideas moi claras. Miniño e Juan Rabuñal aportaron claridade na saida de balón dende atras, e as bandas eran dous puñales, especialmente Ivan neste primeiro tempo. Berti fajábase en ataque. Defensivamente o equipo estivo impecable, cerrando todos os camiños á meta de Luis. A ocasión mais clara dos locais foi un remate de Santi tras un rexeite de Luis que se foi alto. O gol do empate serenou os visitantes, que viron ademais como Juan de elvira se tiña que poñer de porteiro tras a lesión de Joselu. A postreira lesion de Roco acabou por descompoñer os locais, que vian dificil facerlle outro gol á Sd.

O segundo tempo foi da Sd nos instantes iniciais. Abel comenzou a crear perigo. Jacobo conectou un gran disparo que o gardameta local rexeitou como puido. O gol de Berti fixo xustiza ó control de partido visitante. A partir de ahi o encontro loqueou. O Fisterra, coa entrada de Mané fixo mais perigo, e primeiro o propio Mané e logo Rivas, puideron marcar, pero Luis estivo moi seguro. Nas contras a Sd tivo a sentencia, pero na mais clara ocasión Abel enviou unha vaselina alta. Ata o final, e con mais de 7 minutos de desconto, a Sd aguantou con veterania os acosos locais e levouse tres importantes puntos dun dos campos mais dificiles da liga.

lunes, octubre 17, 2011

S.D. SOFAN 0 - MALPICA 3

Prosegue a mala xeira de resultados da Sd, que non levanta cabeza. No derbi de onte, igualado ata os últimos minutos, a falta de acerto diante da meta contraria condenou ó equipo de Vicente. A gran actuación do meta Suso, moi acertado en tres grandes intervencións, foi decisiva. Mais de 250 espectadores presenciaron un disputado encontro.


SD SOFÁN: Richard; (Luís de la Peña, m. 25); Adrián, Víctor Docampo, Juanjo, Miniño, Alemán, (Alberto Pensado, m. 58), David Pensado, (Edu, m. 70), Suso Docampo, Mario Casal, Iván Rey, (Jacobo, m. 54), Abel, (Berti, m. 70).
SCD MALPICA: Suso; Charly, Marcos Amado, Víctor, Iago, Rancaño, (Alfredo, m. 61), Cheo, (David Álvarez, m. 70), Daniel, (Neucha, m. 60), Pablo, Andrés, (Dani, m. 60), Nando.

Árbitro: Rama Cotelo. Amonestou a Adrian, Abel e Jacobo por parte local, e a Amado, Andres e Alfrediño por parte visitante.

Gole:
0-1, m. 31: saque de banda á area local, que aproveita Pablo co seu habitual oportunismo para marcar na area pequena.
0-2, m. 64: falta directa que marca Alfrediño.
0-3, m. 88, contra do Malpica que define Pablo de gran vaselina.

Partido moi disputado no centro do campo nos intres iniciais. O visitante Nando dou o primeiro susto ó estrellar no longueiro unha falta dende casi o centro do campo. A Sd estirouse e Abel primeiro e logo Miniño probaron a seguridade de Suso. O meta visitante fixo a parada do partido nun man a man con Mario Casal, cando casi se cantaba o gol. A lesión de Richard fixo que entrara Luis no seu sitio, e a primeira accion foi para recoller no fondo das mallas o gol visitante. Nando en sendas chegadas de segunda liña tivo duas boas ocasións para os visitantes ante o desconcerto local antes do descanso.

Iniciouse o segundo tempo coa sd arriscando cunha liña de tres en defensa, pero as mellores opcions seguian sendo para o malpica á contra. Juanjo sacou un gran disparo de Rancaño. A mellor da Sd foi unha internada de Victor, que tras recortar a un defensa, disparou duro pero Suso fixo outra gran parada. O segundo gol dos visitantes foi outro clavo na tumba da Sd, que seguiu atacando a desesperada. O colexiado comiuse un claro penalti por mans de Amado, e acto seguido chegou o terceiro e definitivo gol.

martes, octubre 11, 2011

CLUB DO MAR 2 - S.D. SOFAN 0

O debut do meta coruñés Luis de la Peña non foi suficiente para que a Sd se levara algo positivo de Paiosaco, pese a merecelo largamente. Os de Vicente foron mellores que os locais, levaron o peso do encontro en todo momento, non deixaron xogar cómodo ó lider pero marraron as ocasións que tiveron. Pola contra, os de Caion demostraron a pegada que teñen en punta, aproveitaron as súas e levaronse o gato á auga.


CLUB DO MAR: Iago Dans, Corral (Chori, min.80), Álex, Chechu, Rubén, Bertín, Juan Lareo, Repi, Santi Silva (Piñeiro, min.70), Jacobo (Tonecho, min.60) e Vituco.

S.D. SOFÁN: Luis de la Peña, Adrián, Víctor, Miniño, Alemán (Jacobo, min.80), Picas (Juanjo, min.70), Suso Docampo, Mario, Iván Rey e Abel (Edu, min.67).

Goles: 1-0, min.14: Bertín bombea de cabeza ante a saida de Luis, tras un gran pase Repi
2-0, min.86: Repi aproveita un rexeite que deixa o balón morto na area pequena para bater a Luis de forte disparo.

Saiu a Sd ó campo con ganas de demostrar que a sua traxectoria actual é so producto dunha mala xeira. Tivo a posesión da pelota inicialmente, pero o gol de Bertín desmoralizou un pouco ó equipo sofanista. Ainda así, co marcador en contra, dedicaronse a mover a pelota con paciencia, buscar ben as bandas, e as ocasión empezaron a chegar. Un disparo de Abel dende lonxe, un par de centros perigosos de David Pensado e unha boa xogada de Ivan Rey, precederon a unha das xogadas clave do partido. Un disparo de Suso foi repelido en gran intervención por Iago, e o rexeite caeulle a Abel a escasos metros da porta, pero o meta local, en felina intervencion, atallou o casi cantado gol. A Sd mereceu chegar con empate o descanso, con un Aleman no seu mellor partido da tempada, con Mario en todos lados, e un Ivan Rey que demostrou a sua calidade. Por parte local Santi Silva foi o home mais incisivo, e Bertin o decisivo coas suas accions e o seu gol.

No segundo tempo, mais do mesmo. Os locais tiraron de veterania e tentaron baixar o ritmo ó partido, ralentizando o xogo. Tivo Abel unha nova ocasión pero o seu remate saiu fora por pouco. Miniño tentouno dende o borde da area e o seu disparo saiu alto. O Club do mar aplicouse en cortar o xogo de mediocampo sofanista con continuas faltas, e buscou as contras de Vituco, que tivo a mellor ocasión local, pero enviou alto o remate cando se atopaba so na area. O gol de Repi sentenciou o choque.

jueves, octubre 06, 2011

NOVO EXITO DA FESTA DO SOCIO

Na tarde noite do sábado celebrouse no colexio da Gandara de Sofán a tradicional festa do socio organizada pola S.D. SOFAN. A celebración xa cumple a sua 15ª edición, e foi esta unha das de maior asistencia de público. Mais de 300 persoas disfrutaron da cea composta por mexillóns e xamon asado. Posteriormente pasouse unha proxección que resumía a historia mais recente do clube e os proxectos de cara ó futuro, sendo acollida con gran entusiasmo.





O momento alxido da noite produciuse coa presentación dos equipos alevin e benxamín da Sd, que debutarán este ano na liga da costa. Uns 30 rapaces foron subindo ó palco como si de estrelas do fútbol se trataran, cos pais en primeira fila sacando multitude de fotos dos seus retoños. Tras os clásicos sorteos de regalos, pasouse á parte musical da velada: os Trastes fixeron bailar á xente ali congregada a ritmo dos últimos éxitos de verbeneo, e posteriormente os Killer Cats puxeron a parte mais rockeira para que os xovenes moveran a cintura.




Ata mais alá das 3 da mañan se alongou a celebración, un éxito de organización e de público un ano mais.

martes, octubre 04, 2011

S.D. SOFAN 1 - CORME C.F. 2


Repetiuse a historia no Carral. A Sd foi quen de adiantarse no marcador, dominar o encontro con solvencia por momentos, pero sucumbiu á súa propia ansiedade e á calidade dos xóvenes xogadores cormeláns. Á Sd pódelle a necesidade de victorias e non é capaz de realizar o fútbol que se lle supón a estos xogadores.



S.D. Sofán: Richard, Víctor, Adrian (Juan Rabuñal, min.75), Juanjo, Meniño, Alemán (Manuel Varela, min.75), Iván Rey, Suso Docampo, Abel (Edu, min.70), Mario Casal, Jacobo (David Pensado, min.55).


Corme: Susiño, Abel, Adolfo, Jesús, Lelo, Alejandro, Lucas, Diego (Gonzalo, min.75), Adrian Doldan, Iago (Chino, min.88), Martín (Dani, min.82).




Arbitro: Guerra Rodriguez, que amonestou por parte local a Adrian, Victor, Juanjo, Miniño, Aleman, Suso e MArio, e por parte visitante a Doldan, Iago e Lucas.

Gol: 1-0, min.10: Mario a centro de Victor ó segundo pao.

1-1, min.65: Martín tras unha boa xogada de Lucas, define ben ante a saida de Richard;

1-2, min.80: Iago tras un rexeite a unha boa xogada de Adrián e un tiro ao poste.




Saiu ben plantado o equipo local, presionando a saida de balón do Corme e chegando con perigo á meta de Suso. O tempraneiro gol de Mario tras gran xogada de Victor, lonxe de asentar ós de Vicente, parece que os puxo nerviosos. O Corme pasou a ter o dominio do balón, basado na calidade dos seus rapaces. Adrian Doldan con un gran disparo e Lucas con un lanzamento de falta que petou na escadra, sembraron o panico na meta de Richard. A Sd tentaba lanzar rápidas contras, pero so un par de lanzamentos de Jacobo e outro alto de Suso puxeron en apretos a Suso. O descanso chegou en tempo para o equipo local.



O segundo tempo iniciouse con dominio da Sd, que chegaba con claridade á meta de Suso, xogando os mellores momentos dos locais. As ocasión sucederonse, unha de Miniño á saida dun corner, outra clarisima de Abel tras gran xogada de Ivan por banda, un gran disparo de Mario que saiu rozando o pao, e un gol mal anulado a Abel, puideron sentenciar o partido. Pero cumpliuse o pronostico de que o que perdoa paga, e o Corme nunha rapida contra empatou. A partir de ahi as presas e o futbol directo foron os enemigos dos locais, que non trenzaron boas xogadas. O segundo gol foi un mazazo, e o arreon final, con todos volcados na area do corme, serviu de pouco.