martes, diciembre 28, 2010

POLEMICA NO CARRAL

A SD busca xogadores. Os interesados deberán presentarse hoxe ás 20 horas no campo do Carral para unhas probas fisico - tecnico - tacticas que realizará o mister David Baña. O motivo foi a suspensión recibida por cinco xogadores sofanistas por parte da Federación Galega de Fútbol tras o control sorpresa ó que foron sometidos estes xogadores despois da disputa do encontro Sofán - San Lorenzo da 6º xornada de liga, que acabou coa victoria da SD por 3-2. As sancións son as seguintes:

- Mario Casal: 7 meses e 1 día de sanción por sobrepasar o indice de clembuterol na sangue. O xogador defendese dicindo que o chuleton non era de buey, era de vaca vella, tomaronlle o pelo no restaurante.

- Juanjo Arijon: 9 meses e 1 dia de sanción, por dar positivo no control de testosterona. O doctor dixo que non vira a ninguén tan espídico na súa vida.

- Roberto Souto: 14 anos e retirada de carnet e vehiculo. Elemento perigoso para a conducción. Quintuplicou a tasa de alcoholemia permitida, incluso despois de xogar o partido. Non vexades como estaba antes.

- Carlos Tojeiro: 20 días de traballos forzados cavando zanjas e 2 anos de inabilitación para sair de farra. Esta última sanción púxolla a muller.

- Jose Antonio Gesto Regueiro "Aleman". Este era o capo da operación, o que organizaba as partidas de poker clandestinas nas que se consumía jack daniels a dolor. Como cabecilla perigoso vai pasar unha longa tempada en Teixeiro.

Víronse involucrados xogadores de outros conxuntos, pois parece ser que a policia atopou no telefono movil de Marta Dominguez as súas señas de identidade. Sen dar nomes, están implicados algún xogador rubito do Dumbria, un porteiro do Ponteceso, varios xemelos do Cabana, practicamente todo o plantel do Coristanco e o adestrador do Caion. Sen dar nomes.

martes, diciembre 21, 2010

UNION VIMIANZO 0 - S.D. SOFAN 0

En xornada sabatina igualou a Sd no campo Municipal de Vimianzo. O equipo local, motivado tras o cambio de técnico, aguantou as escasas embestidas visitantes e logrou un meritorio punto. A SD acusou a baixo dos seus homes - gol e non foi capaz de transformar as ocasións que creou.

UNION VIMIANZO - Damián, Maikol, Amarelle (Sergio de Dumbría, min.74), Iván de Treos, Sergio de Quintáns, Martín, Iván de Baiñas, Diego (Sergio Vilaseco, min.56), Lagoa (Manacas, min.69), Arán e Pablo Santacristina.

S.D. SOFAN: Costa, Roberto Souto, Gustavo, Juanjo, Miniño, Manolo Varela (Pizo, min.65), Alemán (Gende, min.76 (Carlos, min.91)), Adrián, Jacobo, Diego e Mario Casal.

ARBITRO: Vazquez Exposito, que non tivo que amonestar a ningún xogador nun partido de exquisita deportividade.

As baixas na liña de ataque fixeron que se presentase a SD cunha dianteira inedita formada por Jacobo e Mario Casal. Ambos xogadores dispuxeron de boas oportunidades no primeiro tempo pero non conseguiron anotar. Jacobo tivo a mais clara neste acto pero a sua vaselina ante Damian saiu fora por pouco. O meta local estivo moi seguro toda a tarde. O Vimianzo tentabao a base de xogadas a balón parado, apoiandose no potencial aereo do seu capitan Ivan, que foi o home mais perigoso dos locais. O dianteiro Aran estivo tamen moi batallador, e o seu duelo con Juanjo foi do mellor do encontro. Un par de remates de Gustavo á saida de sendos corners, un centro de Adrian ó que non chega Mario por pouco, e un remate do propio Adrian foron as opcions dos visitantes, cunha evidente cegueira de cara a porteria.

No segundo tempo intensificouse o dominio da SD, cun Vimianzo mais replegado e defendendo o empate. Tivo Diego a mais clara ocasión do encontro, pero o seu remate repeliuno o pao longueiro. Jacobo tivo outro par de boas opcións. A Sd arriscou mais neste tramo tentando levarse os puntos, pero o fútbol foi moi deslabazado e sen intencións claras, e o Vimianzo defendeu a súa porta sen maiores problemas. A nota negativa do encontro foi a lesión de Gende no xeonllo, tras unha xogada fortuita.

viernes, diciembre 17, 2010

BERTI DEIXA A S.D.

Alberto Lorenzo Suarez, mais coñecido como Berti, ven de fichar no Buño, clube que se interesou por el vista a escasez de minutos que tiña no equipo de David Baña. O xogador, de 26 anos, decidiu probar sorte para o que queda de tempada e tentar demostrar as dotes de goleador que o levaron a ser o pichichi da S.D. no curso pasado con 14 tantos. Sorte nesta nova andaina, e sabe ben Berti que a súa casa está no campo do Carral.


¿cales foron os motivos da tua marcha?

O principal motivo foi as ganas de xogar o deporte que mais me gusta, o futbol, de contar cos minutos necesarios para volver o ritmo de competición debido a que por motivos de traballo tuven que estar dous mese fóra de Galicia. E no momento que cheguei pois o equipo xa estaba formado e con moitas dificultades de entrar no once titular e nas convocatorias e contar con minutos dado que a competividade por posto no Sofán é dura, e na dianteira pois moito máis, con tres ou catro xogadores que poden xogar nesa posición. Enton despois de falar co adestrador do Buño pois considerei a oportunidade de xogar ali este ano que queda de campaña e axudar ó equipo oleiro a manter a categoría no que poida. Creo que podo volver a marcar goles como anos anteriores, nos que puiden disfrutar dos minutos necesarios para conseguilo, e no Buño volvo a ter esa ansiada oportunidade.

¿que deixas atras ó irte da SD?

O irme da sd deixo moitos amigos e case podo decir que a miña segunda familia, estuveron ai nos momentos mais duros que pasei fai uns meses, como todos os sofanistas saben, e desde aqui aproveito a darlle as grazas a todos, xogadores, corpo tecnico, directiva e afeccionados que me mostraron daquela e sempre o seu cariño. E como non, deixo un super equipo, xa non so no aspecto tecnico do futbol, senon tamen no sentido de como se deben comportar uns futbolistas para manter a unidade nun vestirario.

¿plantexaste volver con animos renovados ó clube?

O de volver o equipo pois e unha posibilidade que pode surxir, non sei se dentro de unha, duas ou tres tempadas, pero estou convencido de que asi sera porque como xa dixen, nadie abandona sua familia. Cando falei coa directiva de que queria irme, dixen que se un dia querian que formara parte do equipo esa tempada, que me chamaran e se tanto a directiva como o entrenador ou corpo tecnico que leve ese ano o equipo contaban comigo como un dos xogadores necesarios para ese ano facer un bo papel na liga, pois o mais probable e que non dubidara na miña decision.

¿que esperas do teu novo equipo?

No Buño espero poder atopar un equipo no que disfrute cen por cen do futbol, teño ali amigos, xogadores cos que coincidin noutros equipos. E un equipo que combina veterania con xente nova, algunha descoñecida pero que son xogadores que poden dar que falar dentro duns anos na liga da costa,se o cren de verdade. Neste momento atopamonos na zona baixa da taboa clasificatoria, pero creo que hai equipo para poder manter a categoria, e segun vaian pasando as xornadas, pois saber se se pode optar a quedar na metade da taboa sen sufrir ata o final pola salvacion.Espero que todo vaia ben, e que o Buño poida manter a categoria, e se podo axudar o maximo cos meus goles pois perfecto, e espero que o Sofan consiga ese ansiado primeiro ou segundo posto, que esta ai cerquiña. Moita sorte!

lunes, diciembre 13, 2010

DUMBRIA B 0 - S.D. SOFAN 1

Sufrida victoria da SD no campo do Conco de Dumbría. Non foi o mellor partido dos de Baña, pero bastaronlle 15 minutos de intensidade no segundo tempo para anotar un tanto, e logo dedicarse a defender con solvencia a portería de Costa. 50 afeccionados presenciaron o encontro, presidido pola total deportividade entre os dous conxuntos.

DUMBRIA B - Anxo, Jose Carreira, Insua, David Carreira, Sergio Cives, Jesus, Tantan, Ramiro, Pablo Leston, Fernando -Ivanete 70´- e Rodri -Miguel Poyo 60´-.

S.D. SOFAN - Costa, Adrian, Gustavo, Juanjo, Miniño, Juan Rabuñal, Mario Casal, David Pensado -Marcos Gende 46´-, Diego -Roberto Souto 84´-, Luisito -Manolo Varela 73´- e Bertin.

ARBITRO - Ramos Lopez, que amonestou a Ivan por parte local, e a Roberto, Bertin e Diego por parte visitante.

GOLES:
0-1 63´Pase en profundidade de Luis a Bertin que acerta a meter a punteira ante a saida á desperada de Anxo.

Mal primeiro tempo o da SD, que saiu sin a intensidade necesaria para afrontar o encontro. O Dumbria foi un equipo serio, que presionou a saida de balón dos visitantes con moito acerto, pero carente de pólvora nos metros finais. Só a balón parado, e con algún disparo lonxano de Pablo Leston, inquedou a meta de Costa. Por parte visitante Bertin tivo a mellor ocasión, pero non acertou a rematar en boca de gol un gran centro de Luisito. Tivo Diego outra boa opción pero enviou o balón alto. A lesion de David Pensado trastocou os plans de Baña, que tivo que reestructurar o equipo tras o descanso.

Saiu a SD con outro aire, e tras verlle as orellas ó lobo foi capaz de tomar a iniciativa, presionar con intensidade e practicar un fútbol mais vertical. Tivo Bertin unha ocasión clarísima pero o seu disparo dou no poste. Diego e Luisito dispararon a rentes do pao, e chegou o gol salvador. A partires deste intre a SD fechou o candado da súa porteria e realizou un fútbol mais practico que vistoso. Os animosos rapaces de Cesar Ferrio tentarono á desesperada pero a defensa da SD mostrou a sua veterania e os puntos viaxaron a Sofán.

jueves, diciembre 09, 2010

S.D. SOFAN 2 - C.D. BAIO 1


* Cronica e fotografías de Martin Antelo

S.D. SOFAN - Costa, Adrian, Gustavo, Juanjo, Miniño, Juan Rabuñal, Mario, Aleman, Jacobo -Pizo 60´-, Bertin, David Pensado.

C.D. BAIO - Martin, Fermin -Manuel 50´-, Mario,Ramon, Pablo, Sergio Pensado, Jorge -Borja 88´-, Alberto, Canay -Fernando 70´-, Valentin, MC.

ARBITRO. Candal Regueira, que amonestou a Jacobo, Adrian e Bertin por parte local.

GOLES:
0-1 1´Canay de disparo dende fora da area
1-1 43´Bertin empuxa na liña de gol un remate de Gustavo tras un corner.
2-1 74´Gustavo de gran remate de cabeza.


Otro dia de mucha agua en el partido que enfrento este domingo al Sofan y al Baio. Terreno de juego muy embarrado. 115 espectadores en las gradas.

min 1: Canay se marcha de la defensa local y marca con un debil tiro en la escuadra de la porteria de COSTA. Chaparron de agua fria para la sd.
min 2: saque de banda que efectua Juan Rabuñal y tras un lio en el area remata David Pensado y para el portero.
min 8: bertin levanta la cabeza desde los 35 mts y tras ver al portero adelantado remata y el balón se escapa por muy poco tocando el larguero
min 15: se escapa juanjo (capi) por la banda y remata con un tiro que se envenena y pasa muy cerca del palo izquierdo.
min 42: corner por la izquierda botado por Jacobo y tras varios intentos de rechazar el balon por parte de la defensa del BAIO, Gustavo aprovecha y empuja el balon hacia porteria el cual tras ir sin mucha potencia termina de empujar BERTIN. 1-1
min 50: Gran jugada del Sofan con un remate que se escapa por poco
min 57: tras un centro raso despues de una jugada del sofan le queda el balon delante a Jacobo solo delante de la porteria pero no es capaz de empujar el balon,
otra ocacion perdida del sofan.
min 62: lanza Sergio Pensado desde el medio del campo y se marcha fuera en una de las muy escasas ocaciones que tendria el equipo visitante
min 65: aqui estaria la ocasion mas clara para el BAIO, saque de falta fuerte al centro de la porteria que termina parando COSTA con una excelente mano.
min 67: BERTIN hace una de las suyas y se marcha por la banda de varios defensas del BAIO, donde el mismo acaba tirando un centro chut al que no llega para
rematar JACOBO, muy rapido despues de esto ALEMAN tira a proteria y rechaza el portero. El corner termina con un gran cabezaso de JUANJO R al poste
min 75: gran jugada de la SD que termina con un centro desde la derecha y acabara rematando de cabeza GUSTAVO, anotando un gran gol en su debut esta temporada. 2-1
min 86: falta de JUANJO R dede el centro del campo y termina rematando BERTIN nuevamente al larguero
min 89: lanzamiento de Borja que para Costa sin problemas


TARDE MUY LLUVIOSA EN EL CARRAL DONDE LA SD SOFAN SE LLEVA UNA GRAN, MERECIDA Y NECESARIA VICTORIA DESPUES DEL BUEN PARTIDO QUE SE MARCO SOBRETODO EN EL SEGUNDO TIEMPO A PESAR DE LA CLIMATOLOGIA ADVERSA.