lunes, mayo 17, 2010

COPA DA COSTA: DUMBRIA C.F. 2 - S.D. SOFAN 0

Gran encontro copeiro o vivido onte no Conco diante duns 200 espectadores. A SD dou a cara en todo momento pero tivo a diosa fortuna de costas nos momentos claves, e isto ante un conxunto da calidade do Dumbria págase caro. Está costa arriba a eliminatoria, e terá que aparecer toda a maxia do campo do Carral para que os sofanistas pasen á seguinte ronda. Toca chamar á porta da épica.

DUMBRIA C.F. - Tolo, Iván Pequeño, Ruben García (David Carreira, min.83), Nico, Pablo Conde (Guardiola, min.27), Schuster (Tantán, min.76), Angeliño, Piru, Iago, Brais (Llanero, min.66 (Isma, min.66)) e Adrian Mackay.

S.D. SOFAN - Jose R., Roberto Souto, Miniño, Juanjo, Pensado, Mario, Eloi, Alemán, Jacobo (Berti, min.62), Bertín (Suso Docampo, min.79) e Diego (Adrián, min.62)

GOLES:
1-0 45´Gran pase en profundidade de Guardiola a Adrian que tras driblar a Jose R. marca a porta valeira
2-0 91´Penalti de Pensado a Adrian que o propio xogador transforma.

Comenzou a SD moi ben plantado no campo, presionando a saida de balón dos dumbrieses con eficacia. Asi os primeiros disparos foron visitantes: Jacobo de volea parando Tolo, Diego e Miniño fora. A ocasión mais clara foi de Bertin, que tras recibir un gran envio longo de Miniño disparou fora. A lesion de Pablo Conde fixo que Iago se situase de central e Guardiola ocupase a mediapunta. O fisterran foi dos mellores e polas suas botas empezou a xerarse futbol, tendo él a mellor ocasion do Dumbria ó rematar alto unha cesion de Adrian Mackay. Cando o partido se encamiñaba ó tempo de lecer chegou o xerro de auga fría en forma de gol, nunha indecisión da defensa da SD que aproveitou Adrian Mackay coa sua calidade.

O Dumbria dominou o balón no inicio do segundo acto, mostrando a calidade que atesoran todos os seus xogadores. A SD, sen embargo, atopouse mais comoda xogando á contra, e asi un remate de Bertin de volea precediu a unha gran intervención de Tolo a lanzamento de falta de Eloy. As xogadas de calidade sucedianse, e na area da SD tivo opcions de marcar primeiro Adrian nunha combinación con Piri, e despois Llanero, respondendo Jose R. con axilidade. O propio Llanero enganchou un tremendo disparo que saiu lamendo a escadra do meta sofanista antes de lesionarse. Tras unha falta lanzada por Nico e detida con seguridade por Jose chegaron os momentos claves e que poden decidir a eliminatoria. Unha internada de Roberto Souto acabou en penalti, pero Tolo realizou un paradón para neutralizar o disparo de Pensado. Acto seguido, cando o partido esmorecia, tocou o turno na outra area, e Adrian Mackay non marrou a pena máxima poñendo moi dificil o pase ós de David Baña.

* Fotos de Oscar Santos.