
Como todos os anos foi unha reunion presidida pola polémica. O ente federativo tentou poñer orden na situación, pero a falta de acordo entre os clubes da Costa é eterna. O maior descontento centrouse nas datas propostas para o inicio da competencia, pois son coincidentes co final da liga en 2ª e 1ª Autonómica. Isto obligará os clubes a disputar os seus partidos de copa os sabados ás 3 da tarde e os de liga os domingos ás 5 da tarde, na eliminatoria previa e na de 16º.
A SD tivo a sorte de quedar exenta da ronda previa, e enfrontarase a un vello coñecido, o Montelouro, primeiro no Carral e cerrando a eliminatoria no dificil campo de Agra da Filgueira. Os duelos entre os de Louro e os de Sofán veñen sendo apaixoantes dende que h
ai 5 tempadas se disputaran en dura pugna o título de 3ª Autonómica, caendo a balanza para os de Sofán en aquel ano. Nesta tempada os resultados foron claros para os de Baña, que venceron en Louro por 0-2 na xornada inaugural de liga, e por 7-0 no Carral nun día que ata nevou no coliseo rojillo.

A data do primeiro encontro é a do sábado 1 de maio, no campo do Carral. O resto de eliminatorias queda como segue:
Vencedor Porteño - Dumbria vs Vencedor Soneira - Baio
SD SOFAN - Montelouro
At. Pereiriña - Corcubión
Mazaricos - Corcoesto
Outes - Cerqueda
Malpica - Sp.Zas
Corme - Cabana
Fisterra - Carnota
San Lorenzo - Coristanco
Lira - Nantón
Muros - Ponteceso
Esteirana - Alcaian
Muxia - Buño
O PIndo - Cee
Club do Mar - Castriz
Vimianzo - Camariñas