lunes, abril 22, 2013

MAZARICOS C.F. 0 - S.D. SOFAN 2

* Cronica de QPC.


  • MAZARICOS: Juan, Chico, Matías, Rodri, Casais (Aldo, min.75), Martín (Ramón, min.80), Esteban (Cristian, min.70), Estéfano, Molinos (Sandelo, min.46), Brais, José Ángel.

  • S.D. SOFÁN: Dani, Cantudo, Pensado (Juanjo, min.75), Gustavo, Marcos, Iván Rey, Boedo, Míchel, Abel, Suso Docampo, Santi.


  • Goles:
  • 0-1, min.75: Santi tras un pase interior de Suso Docampo;
  • 0-2, min.82: Iván Rey nunha xogada combinada.


  •  
    Bo partido do Mazaricos, que comezou máis forte pero acabou sen premio ante unha SD que se amosou máis solta, ante un cadro local algo agarrotado. Así e todo, os amarelos comezaron tendo o balón e chegando ata a área sofanista sen demasiado perigo, se ben unha só diante do porteiro de Molinos aos 10 minutos que puido cambiar o rumbo do partido.

    Pouco a pouco a SD foi collendo ritmo e acabou a primeira chegando á meta de Juan avisando. Na segunda foi das mellores partes do Mazaricos, tocando moi ben o balón pero sen acerto arriba. Pero a SD cazou dúas illadas e sentenciou con dous goles de contado. Santi tras un bo pase de Suso Docampo e Iván Rey, o mellor dos de Pablo Mallón, tras unha boa xogada combinada con Suso, Abel e Míchel acabou co partido.

    lunes, abril 15, 2013

    S.D. SOFAN 1 - SP.ZAS 1

    Bonito partido o disputado na chuviosa tarde de onte no Carral. Dous dos equipos da zona alta da liga disputaron un encontro de poder a poder, con xusto empate final. Se no primeiro tempo os locais xogaron mellor e mereceron anotar algun tanto mais, o segundo acto foi dos visitantes claramente.

  • S.D. SOFÁN: Dani, Marcos, Lista, Juanjo, Cantudo (Gustavo, min.66), David Pensado, Míchel, Eloy Boedo (Pensado, min.78), Iván Rey, Suso Docampo, Santi.
  • SP. ZAS: Miki, Martín, Óliver, Lagoa, Pereiro, Pablo, Peke, Diego (César, min.63), Isma, Pastor (Braulio, min.63), Mario.

  • Goles:
  • 1-0, min.20: Eloy Boedo remata baixo paos un centro de Pikas.;
  • 1-1, min.35: Mario cruza ante a saida de Dani un bo pase de Pastor.

  • Expulsión: ao sofanista Lista (min.70).

  • Iniciou o encontro a Sd moi acertada, con Michel, pletorico todo o partido, e Boedo como amos do centro do campo. Os seus balons en profundidade a Santi e Pikas creaban moito perigo. Asi chegou o tanto e varias ocasións, tanto de Suso como de Santi que o meta visitante resolveu con acerto. A balon parado os locais eran moi superiores e primeiro Boedo a porta valeira, e despois Lista rematando ó pao, non anotaron de milagro. A Sd combinaba moi ben, divertindo á parroquia local. Pero o incisivo dianteiro Mario foi quen de acertar na primeira que tiveron os de Zas, e a partir de ahi o encontro cambiou de rumbo.

    O segundo tempo foi dos visitantes. Dani tivo que facer varias paradas magnificas, sobre todo unha tremenda a disparo de Lagoa. Os visitantes estrelaron un balon no pao longueiro, e sobre todo tras a expulsion de Lista encerraron á Sd na area. Os de Mallon intentarono en varias contras, sobre todo cun Santi moi rapido e incisivo, e un Pikas moi peleon, pero o empate era inamovible.

    lunes, abril 08, 2013

    CORME C.F. 4 - S.D. SOFAN 2

    Rompeu a xeira de victorias a Sd no Campo do Cairo ante unhas 150 personas. Gran tarde de futbol entre o cuarto e o quinto clasificado , na que a Sd perdeu as escasas opcions que lle quedaban para alcanzar a promoción de ascenso.

    CORME C.F. -  Suso, Dani, Jesús, Pandi, Chino (Alejandro, min.56), Martín (Abel, min.80), Manu (Joshua, min.70), Adri (Javi, min.88), Juan, Lucas, Brais

    S.D. SOFAN: Bugy (min 89 Dani), Cantudo (Min 75 Gustavo), Marcos Pensado, Lista, Juanjo, Eloy Boedo, Michel, Pikas (min 65 Jacobo), Ivan Rey, Suso Docampo, Santi.

    Foi expulsado Jacobo no conxunto visitante, na enesima expulsión do equipo rojillo no que vai de tempada.
    GOLES.
    1-0 - Min 8. Penalti, moi dudoso, de Marcos Pensado sobre Juan Chans, que este mesmo marca
    1-1 - Min 17. Pase de Ivan Rey sobre Suso, que intenta prolongar sen exito pero que despista a defensa local e Santi non falla
    1-2 - Min 48. Pase de Suso Docampo sobre Eloy Boedo, que marca en posible fora de xoga
    2-2 - Min 55. Centro por banda dereita de Adrian Doldan que marca libre de marca Manu no segundo pao solo.
    3-2 - Min. 60. Novo centro por banda dereita, esta vez de Lucas, que tras fallo defensivo en cadea volve a marcar libre de marca Manu no segundo pao solo.
    4-2 - Min 63. Tras unha serie de rexeites marca Juan Chans ante a desesperación vistante
    O partido empezou moi forte para ambos lados, pois nos primeiros minutos o Corme adelantabase por un penalti bastante dudoso, tras uns primeiros mínutos de imprecisión, a Sd pareceu recuperarse e empataba tras un bo pase de Ivan Rey a Santi que non perdoa. Pero os primeiros viente minutos foron un espellismo pois o partido volviuse lento e aburrido posto que os dous equipos estaban a respetarse moito con moito centrocampismo e xogadas illadas en ataque, como unha gran parada de Bugy nos intres finais da primeira parte ante Manu, un dos xogadores mais incisivos dos locais.

    O segundo tempo comezou a inversa que no primeiro tempo, adelantouse a Sd pero a partir dese momento, e coa entrada de Alejandro no campo, pareceu que o futbol combinativo o que nos ten acostumado o Corme aparece por arte de maxia e daballe a volta o marcador en 15 minutos nefastos en terminos defensivos do equipo visitante. A partir dese momento o Corme empezou a combinar entre Lucas, Brais e Juan Chans, volvendose o partido un pouco mais brusco ante a desesperacion visitante. A partir dese intre os dous equipos solo esperaron a que o partido se acabase.

    Pero xa cando o partido estaba para rematar, chegou a peor noticia do partido, a lesión de Bugy no nocello, que en principio non parecia mais que un susto pero que pode ter o ligamento tocado, esperemos que non sexa nada e que o gran porteiro sofanista se recupere pronto.