lunes, octubre 25, 2010

S.D. SOFAN 2 - CASTRIZ C.F. 3

Volveu o Sofán irregular ó campo do Carral. O Castriz é unha bestia que ata agora estaba dormida, pero resucitou ante a SD, nun partido moi físico ó que non se soubo adaptar o conxunto de Baña. Mais de 200 afeccionados presenciaron o encontro, en día nublado e co terreo de xogo en perfecto estado.


SD SOFAN - Carlos Tojeiro, Roberto Souto (Pizo 53´), Juanjo, Juan Rabuñal, Diego, Aleman, Pensado, Adrian, Jacobo (Marcos Gende 82´), Luisiño e Bertin

CASTRIZ - Angel, Noli, Alex, Toniño, Torreira (Sergio Pose 58´), Alberto, Cilindro (Dani 46´), Sebas (Ruben 79´), Chinda (Bruno 77´), Mauri e Oscarín (Suso 88´)


ARBITRO: Vizoso Embudo, amonestou a Juan Rabuñal por parte local, e a Alberto, Oscarín, Sebas, Toniño e Sergio Pose por parte visitante.

GOLES:
0-1 12´Toniño remata so un corner ó segundo pao.
1-1 38´Falta colgada á area, producese un barullo e Bertin empurra o balón na mesma liña de gol tras varios rexeites.
1-2 69´Xogada de estratexia, Toniño toca o balón de cabeza e Noli libre de marca anota o segundo do Castriz.
1-3 82´Mauri culmina unha contra perfecta do conxunto visitante.
2-3 90´Bertin vaise por velocidade e cruza ante a saida de Angel.

Comezou o Castriz con intensidade, apretando a saida de balón da Sd, e disparando a porta á menor ocasión. O gol de Toniño nun despiste de marca da defensa da Sd era consecuencia lóxica do que ocorría no campo. Pero a partir de ahi o Sofán tomou o mando das operacións, e fixo unha gran media hora de futbol, a mellor no que vai de tempada. Combinouse con acerto, Luis e Bertin asociaronse en punta, e chegaron as ocasións. Aleman e Roberto mandaron alto sendos remates de cabeza, Angel luciuse sacando unha preciosa chilena de Jacobo, e Bertin rematou alto tras un gran centro de Diego. A SD merecia o empate e este chegou. O descanso foi salvador para os de Huelvis.

O mister visitante recompuxo liñas no descanso, e levou o encontro a un terreo que dominan ben os de Castriz, o da loita e a pelexa, e impuxeronse claramente a un Sofán que pareceu dormirse nos laureles do toque e a filigrana, e non soubo entender que para ganar ós rossoneri hai que pelexar como eles e meter a perna. Asi as ocasións do Castriz comezaron a chegar. Reclamouse penalti por mas de Roberto na area do Sofán e pouco despois chegou o gol de Noli. A Sd non reaccionou, xogando moi embarullada, sen crear ocasións. O terceiro gol foi o cravo na tumba do Sofán, que atacou á desesperada pero atopouse con un Angel salvador en un par de accións. O gol de Bertin so serviu para maquillar o resultado.

miércoles, octubre 20, 2010

DAVID PENSADO OPERADO CON EXITO

O bravo dianteiro da Sd foi operado hoxe pola mañá no Hospital San Rafael da súa rotura de tabique nasal. O xogador estará uns dous meses de baixa.

Por outra parte o gardamallas Costa terá que gardar reposo durante un mes tras o golpe que recibiu na cabeza o pasado domingo. Agravase o problema de porteiros na Sd, pois únese este contratempo á lesión de Jose Ramón. Agora so queda Carlos Tojeiro para ocupar a porta do Carral.

lunes, octubre 18, 2010

PONTECESO 1 - S.D. SOFAN 2

Crónica do noso enviado especial Martin Antelo:

PONTECESO: Illote, Mario, Roberto Ríos, Fabián, Carlos Mato, Pablo, Alfredo (Tucho, min.25), Charro (David Velo, min.55), Bolón, Luisete, Nando (Adrián, min.70).

S.D. SOFAN: Costa (Carlos Tojeiro, min.30), Roberto, Juanjo Pensado, Diego, Mario, Alemán, David (Oscar, min.44), Adrián (Gende, min.80), Jacobo (Miniño, min.89), Bertín.

Goles: 0-1, min.60: Bertín aproveita un rexeite tras un tiro ao longueiro de Alemán; 1-1, min.70: Roberto Ríos de falta; 1-2, min.75: Bertín a centro de Jacobo.

Comenzo el partido dominando el Ponteceso, veiamos a un sofan algo timido en el campo lo cual cambio al partir del minuto 20. Empezo a dominar el encuentro
con una serie de ataques sin poder marcar en ninguna de las ocasiones. Primera parte muy equilibrada para ambos equipos donde la peor parte la lleva Sofan: el portero Costa y el capitan de la sd Juanjo chocan fortuitamente.Costa se lleva por delante a Juanjo y termina el portero con un golpe encima de su ojo izquierdo el cual lo obligo a abandonar el campo. Lamentablemente esto no acabo aqui, en otra jugada el Sofan, esta vez entre David Pensado y Adrian, con otro choque tan duro como el 1º David termina con posible fractura del tabique nasal, y Adrian muy aturdido.

La 2º parte el Sofan salio muy enchufado al encuentro y gracias a ello llego el 1º gol de Bertin, luego empataria el Ponte tras un saque de falta que entro lentamente
al palo del golero, un lesionado Carlos nada pudo hacer para poder cojerlo. El 2º de la SD vendria tras un rechaze del portero que nuevamente Bertin enchufaria dentro
y asi acabo el partido.

1º PARTE

min 10: gran jugada del Ponteceso donde termina rematando en dos ocaciones, la primera pega en el larguero y el rechaze queda en el area donde Pensado aleja el peligro.
min 15: buena jugada del sofan, un pase en profundidad a Bertin lo despejaria un defensa rozando la escuadra de su porteria.
min 20: exelente jugada de la SD la cual culmina con una serie de remates, se ve que el Sofan cambio de mentalidad en el partido.
min 30: jugada de ataque del ponteceso donde meten el balon al area y Costa sale muy duramente por el balon con la mala suerte que se encuentre en el camino con Juanjo y tienen un duro choque entre sus cabezas, en la que Juanjo queda tumbado muy dolorido en el cesped y Costa recibe por asi decirlo la peor parte.
min 38 : gran jugada de Jacboo, que culmina con un centrochut que pasa rozando la escuadra de la porteria del Ponte.
min 40: se produce la 2º mala notcia para la SD, la lesion y posible rotura del tabique nasal de su nuevo fichaje David Pensado , tras un choque con Adrian.

2º PARTE

min 5: como en la primera aprte empezo el Ponteceso a atacar y en esta ocacion el arbitro se come una falta al borde del area en favor del Ponte, y culmina con un disparo muy cerca de le escuadra de la porteria de Carlos.
min 10: sale Juanjo desde atras en carrera con el balon y le pone un gran balon a Bertin y el arbitro opta por pitar un fuera de juego muy dudoso.
min 15: gran disparo de Aleman desde fuera del area el cual tocado timidamente por Illote llega a tocar en el larguero y Bertin entra al rechace en el 2º palo donde mete el 1º gol del partido con la cabeza. PONTECESO 0 - SOFAN 1
min 25: nuevamente el arbitro pita una muy dudosa falta a favor del Ponteceso al borde del area sofanista, esta vez es tirado al palo corto por Rios y nada pudo ahcer el lesionado Carlos aunque el balon no llevara mucha velocidad. PONTECESO 1 - SOFAN 1
min28 : Jacobo se mete en el area culminando con un gran remate orientado donde el portero saca una exelente mano enviando el balon al corner
min 37: Jacobo saca un centro el cual aprovecha Bertin tras el rechaze de la defensa para asi poder marcar el 2º. PONTECESO 1 - SOFAN 2
min 40: corner a favor de la SD rematado por Mario y nuevamente tras un rechace entre el portero y la defensa aprovecha Bertin para rematar a porteria pero esta vez se le escapa fuera.

Gran y serio partido marcado para el sd que contra muchos pronosticos se lleva a casa otros 3 puntos.

lunes, octubre 11, 2010

S.D. SOFAN 3 - SAN LORENZO 2

Volveu o fútbol de antaño á Liga da Costa. Ese fútbol de campos cheos, intensidade e paixón no terreo de xogo, goles de fútbol de calidade. E foi no día de onte no Carral. 573 espectadores encheron o coliseo sofanista e disfrutaron dun gran espectáculo, animando de maneira ós seus equipos. No terreo de xogo, tensión, loita, goles e bo fútbol por momentos. Quedou con 10 xogadores o Sofán no minuto 71 por espulsión de Juan Rabuñal, pero foi a SD quen se levou os puntos, cun gol de Luisito cando esmorecía o encontro que levou o delirio ás graderias.

S.D. SOFAN: Carlos Tojeiro, Roberto Souto (Adrián, min.55), Juanjo, Juan Rabuñal, Diego, Alemán (Gende, min.80), Alberto Pensado, Luisito, David Pensado (Jacobo, min.80), Mario Casal, Bertín.

SAN LORENZO: Recarey, Puñal, Dubra, Iván Rey, Adrián (Fuentefría, min.80), Álex (Javi Pensado, min.65), Jorge Pichel (Quillo, min.80), Cachizo, Carliños, Alexandre, Marcos Cancela.

Goles:
1-0, min.10: Mario aproveita un balón en profundidade para bater a Recarey
1-1, min.21: Carliños, tras un erro defensivo
2-1, min.60: Bertín de penalti
2-2, min.68: Alexandre peina unha falta lanzada por Carliños
3-2, min.89: Luis de gran disparo dende a frontal.

Comezou o conxunto local moi enchufado ó partido, levando o peso e creando ocasións. O primeiro tanto chegou cedo, e serviu para aliviar a tensión que tiñan os xogadores encima. O partido parecía unha final, cun público volcado e un ritmo endiablado de xogo. A defensa da SD estivo dubitativa neste tramo e un erro de entendemento posibilitou o gol do empate. O San Lorenzo, ben plantado atras, saia á contra con balóns longos e perigosos. Así Carliños tivo outra clarísima ocasión que enviou fora, e os visitantes estrelaron un balón no pao da meta de Tojeiro. A SD mandaba no centro do campo, con Alberto Pensado levando a manija, pero o perigo non chegaba á meta de Recarey. Unha boa deixada de Bertin a Mario foi abortada por un defensa cando se cantaba o gol, e chegouse ó descanso.

O segundo tempo foi de locura, con un aumento exponencial da tensión segundo ian pasando os minutos. O xogo endureceuse e o graderío botaba fume. David Pensado lanzou fora unha gran volea. O SAn Lorenzo creaba perigo a balón parado, pois dispón de grandes lanzadores. Luisiño foi o mais pillo e forzou un discutible penal, que se encargou de transformar Bertin. Por segunda vez igualou o equipo de Oscar Suarez ó pouco do gol local, e a expulsión de Juan Rabuñal por protestar facia inclinar a balanza ó lado visitante. Pero o San Lorenzo baixou o pistón xusto nese momento, e a SD veuse arriba. Jacobo tivo un par de bos disparos, e Luisiño deixouse ven en perigosas combinacións con Bertin, antes do golazo que decidiu o derbi. Na seguinte xogada, viuse a combinación do partido: Bertin foise de cantos rivais lle sairon ó paso pola liña de fondo pero foi incapaz de bater a Recarey. Rematou o encontro e aliviouse a tensión dun encontro que mais parecia o decisivo da liga que un mais da 6ª xornada. Foi unha homenaxe ó fútbol costeiro en toda a regra.

lunes, octubre 04, 2010

SCD MALPICA 1 - S.D. SOFAN 1

Tarde de vento e choiva na Pedra Queimada, que desluciu o encontro entre o conxunto local e a SD. Chegouse a temer pola disputa do encontro tras unha forte treboada pouco antes do inicio.

SCD MALPICA: Suso, Charly, Marcos Amado, Víctor, Iago, Ismael, Casais (Neucha 46´), Cheo, David Blanco, Andrés (Miguel Dourado 62´), Eloy (Manu Pardo 46´),

SD SOFAN: Costa, Roberto Souto, Diego, Alberto Pensado, Juanjo, Alemán, Jacobo, Mario Casal, Luís, David Pensado, Bertín (Adrián García 69´).

ARBITRO: Juan Alberto Blanco Bravo.

GOLES 0-1 min. 24: Diego recibe tras un rexeite da defensa malpicana, mete un pase longo á espalda da defensa que recibe Jacobo en posición dudosa, e bate a Suso de gran disparo cruzado. 1-1 min. 59: Barullo na frontal da area, tras varios rexeites o balón chega a Ismael libre de marca, e este engancha un disparo axustado ante o que nada fai Costa.

Pouco fútbol se viu onte en Malpica, entre dous equipos que se respetan e coñecen moito, e que xogaron mais a non perder que a gañar o encontro. A auga que había no campo non permitía combinacións fluidas e optouse por un continuo xogo longo que favoreceu mais a pelexa que o espectáculo. Saiu a SD con intensidade, e foi David Pensado, unha vez mais a bo nivel, quen probou a Suso cun disparo lonxano. O Malpica buscaba á súa referencia, David Blanco, para xerar perigo, é foille anulado un gol a este xogador por fora de xogo. Alberto Cheo dou mostras da súa calidade e o duelo con Diego foi do mais vistoso do encontro. O gol de Jacobo dou confianza á Sd, que defendeu con solvencia a súa parcela, solo inquedada por un gran lanzamento de David Blanco e outro de falta de Cheo.

A saida de Manu e Neucha doulle mais control de balón e perigo ós malpicáns, que pronto igualaron a contienda. Costa salvou unha internada de David Blanco na mais clara ocasión dos locais, e David Pensado tiña a oportunidade para a SD nun saque longo de Costa que se come a defensa malpicana, pero non foi capaz de definir diante de Suso. Luisito disparou fora dende o borde da area tras unha boa combinación da dianteira visitante. Neucha reclamou penalti de Pensado á pouco do final, e o colexiado anulou un gol ó Malpica tras un saque de corner por falta de Cheo a Costa. Estas dúas accións puxeron a polémica final e o remate a un encontro no que ningún dos equipos mereceu levar a victoria.