lunes, mayo 24, 2010

COPA DA COSTA: S.D. SOFAN 2 - DUMBRIA C.F. 3

A SD está eliminada da Copa da Costa. É un feito despois dunha intensa eliminatoria culminada na tarde de onte nun gran encontro. Baixo un sol abrasador, uns 250 espectadores viron a dous equipos que ofreceron o mellor de si mesmos. Bo fútbol, goles, polémica e un xusto vencedor, o Dumbria, que hoxe por hoxe é un dos mellores conxuntos dos ultimos anos na liga da Costa. Ambas afeccions despediron con unha cerrada ovacións os dous conxuntos. XA SE PODE VER UN RESUMO DO ENCONTRO EN http://quepasanacosta.com/copadacosta/
S.D. SOFAN - José R., Roberto Souto, Miniño Juanjo, Pensado, Mario, Alemán, Adrián (Jacobo, min.55), Eloi, Berti (Diego, min.60), Bertín (Suso Docampo, min.55).
DUMBRIA C.F. - Juan Purrúa, Tantán, Iván Pequeño, Nico, Rubén, Angeliño (Guardiola, min.60), Aarón, Iago, Mackay (Jesús, min.70), Brais (Fer, min.65), Piri (David Carreira, min.35).
Goles: 0-1, min.8: Mackay aproveita o desconcerto da defensa local unha vez que o árbitro asistente levanta o banderín pero o colexiado deixa seguir e o dumbriés remata a gol;
1-1, min.47: Berti remata un centro atrás de Eloy tras unha boa xogada persoal deste por banda; 1-2, min.52: Mackay remata na liña de gol tras un toque de cabeza a unha falta colgada por Nico 1-3, min.70: Mackay de cabeza tras un córner que peina Aarón;
2-3, min.73: Eloy dende a frontal.

Expulsión: Rubén, min.40.
Lesionados: os dumbrieses Rubén (na mesma xogada da súa propia expulsión) e Piri, cun hinchazón no xeonllo.
Saiu a SD a por todas, tendo a primeira ocasión do encontro nunha falta que lanzou Eloy alta. Pero a xogada clave do encontro produciuse cedo. Un fora de xogo que sinala o linea no ataque dumbries non é ratificado polo colexiado principal. A defensa da SD desconcertase e cando van a sacar o fora de xogo Adrian Mackay aproveita e marca. A polemica estaba servida. Os animos caldearonse e a SD poñiaselle a remontada case imposible. Os sofanistas, espoleados por unha grada que non deixou de animar, atacaron con impetu pero non tiveron sorte de cara a gol. Mario rematou frouxo na area pequena. Miniño disparou de volea pero ahi estaba un gran Juan Purrua mostrando a sua categoria. O Dumbria expoñia todos os seus argumentos pero as defensas gañaban a partida ós ataques. Ivan Pequeño xogando de central era un valladar, e no outro lado a liña defensiva da SD rallaba a gran altura. Berti pelexou moi ben en punta pero diate habia un equipo moi experimentado e dificil de superar. A expulsion de Ruben a pouco do descanso parecia dar aire ó conxunto local, que realizara un gran despliegue fisico e emocional no primeiro acto.

A rabia toda e a emoción da eliminatoria concentrouse no primeiro cuarto de hora do segundo tempo. A SD atopou o camiño, Eloy fixolle un traxe a Nico e serviu para que Berti levantara ó graderio cun golazo. Parecia que o miragre era posible. Chegaron as ocasións en marea. Mario estrelou un balon no longueiro, e Eloy marrou outra clarisima ocasión. Cando a SD bordaba o futbol chegou o gol que matou a eliminatoria. O tocado polos deuses Adrian Mackay aproveitaba unha cesion de Aaron para finiquitar a situación. Ainda con todo a SD non aminorou o ritmo, seguiu acosando, ante un Dumbria que buscaba a contra e mostraba a sua calidade en cada accion. O publico disfrutou de media hora de bo futbol de unha eliminatoria que chegou demasiado cedo nesta Copa da Costa. Adrian e Suso tiveron claras ocasións para reducir diferencias, pero foi Eloy o que marcou o definitivo 2-3.
Non mereceu a SD as duas derrotas infrinxidas polo Dumbria, pero queda claro que os Iago, Angeliño, Pequeño, Purrua, Aaron, Adrian, Piri e cia son o equipo referencia na costa agora mesmo. Vaise da copa a SD e cerra unha gran tempada, que rematou co 3º posto ligueiro e esta gran eliminatoria copeira.

lunes, mayo 17, 2010

COPA DA COSTA: DUMBRIA C.F. 2 - S.D. SOFAN 0

Gran encontro copeiro o vivido onte no Conco diante duns 200 espectadores. A SD dou a cara en todo momento pero tivo a diosa fortuna de costas nos momentos claves, e isto ante un conxunto da calidade do Dumbria págase caro. Está costa arriba a eliminatoria, e terá que aparecer toda a maxia do campo do Carral para que os sofanistas pasen á seguinte ronda. Toca chamar á porta da épica.

DUMBRIA C.F. - Tolo, Iván Pequeño, Ruben García (David Carreira, min.83), Nico, Pablo Conde (Guardiola, min.27), Schuster (Tantán, min.76), Angeliño, Piru, Iago, Brais (Llanero, min.66 (Isma, min.66)) e Adrian Mackay.

S.D. SOFAN - Jose R., Roberto Souto, Miniño, Juanjo, Pensado, Mario, Eloi, Alemán, Jacobo (Berti, min.62), Bertín (Suso Docampo, min.79) e Diego (Adrián, min.62)

GOLES:
1-0 45´Gran pase en profundidade de Guardiola a Adrian que tras driblar a Jose R. marca a porta valeira
2-0 91´Penalti de Pensado a Adrian que o propio xogador transforma.

Comenzou a SD moi ben plantado no campo, presionando a saida de balón dos dumbrieses con eficacia. Asi os primeiros disparos foron visitantes: Jacobo de volea parando Tolo, Diego e Miniño fora. A ocasión mais clara foi de Bertin, que tras recibir un gran envio longo de Miniño disparou fora. A lesion de Pablo Conde fixo que Iago se situase de central e Guardiola ocupase a mediapunta. O fisterran foi dos mellores e polas suas botas empezou a xerarse futbol, tendo él a mellor ocasion do Dumbria ó rematar alto unha cesion de Adrian Mackay. Cando o partido se encamiñaba ó tempo de lecer chegou o xerro de auga fría en forma de gol, nunha indecisión da defensa da SD que aproveitou Adrian Mackay coa sua calidade.

O Dumbria dominou o balón no inicio do segundo acto, mostrando a calidade que atesoran todos os seus xogadores. A SD, sen embargo, atopouse mais comoda xogando á contra, e asi un remate de Bertin de volea precediu a unha gran intervención de Tolo a lanzamento de falta de Eloy. As xogadas de calidade sucedianse, e na area da SD tivo opcions de marcar primeiro Adrian nunha combinación con Piri, e despois Llanero, respondendo Jose R. con axilidade. O propio Llanero enganchou un tremendo disparo que saiu lamendo a escadra do meta sofanista antes de lesionarse. Tras unha falta lanzada por Nico e detida con seguridade por Jose chegaron os momentos claves e que poden decidir a eliminatoria. Unha internada de Roberto Souto acabou en penalti, pero Tolo realizou un paradón para neutralizar o disparo de Pensado. Acto seguido, cando o partido esmorecia, tocou o turno na outra area, e Adrian Mackay non marrou a pena máxima poñendo moi dificil o pase ós de David Baña.

* Fotos de Oscar Santos.

viernes, mayo 14, 2010

O DOMINGO ÁS 17:30 Dumbria - S.D.Sofán no Conco




Xa está aqui o partidazo de octavos de final da copa da costa, un Dumbria - Sd Sofán, no que os pronosticos da maioría da parroquia futbolistica costeira se decantan a favos dos Pequeño Boys, loxicamente. A SD prepara a conciencia o enfrontamento sabendo do tremendo potencial dos dumbrieses, un equipo feito para ascender a Preferente e que se quedou a un paso do seu obxectivo.

En todas as suas liñas teñen xogadores de calidade: o tremendo porteiro Juan Purrua, ex do Santa Comba, na defensa Nico, Ivan Pequeño ou Ruben, eses magnificos centrocampistas que son Iago, Aaron ou Schuster, e no ataque reunen tamen nomes dos mais prestixiosos no futbol costeiro: Llanero, Piri, Adrian Mackay, Tasky ou Angeliño. Un gran equipo sen dubida.

Os homes de Baña son conscientes de que hai que rendir ó máximo nivel para traer un bo resultado para o Carral, sabendo que no noso feudo arroupado pola apaixoada afeccion sofanista todo pode pasar. Conta o mister da SD con todo o plantel disponible, e nun bo estado de forma pois a SD acabou a competición ligueira a un gran nivel. Partido dos que fan afición o deste domingo no Conco.
* Imaxe da paxina oficial do Dumbria http://www.cfdumbria.com/

lunes, mayo 10, 2010

UNION VIMIANZO 1 - S.D. SOFAN 1

Rematou a tempada en canto ó que se refire ó torneo ligueiro, con un intrascendente encontro no Municipal de Vimianzo para a SD, non así para o equipo local que se xogaba o descenso. Tremendo temporal de auga o que caiu sobre o sintetico vimiancés que fai que o mérito dos 35 afeccionados do Sofán que se desplazaron ó encontro sexa doble.

UNION VIMIANZO - Damián, Amarelle, Martín, Ribeiro, Iván de Treos, Adrián, Iván de Baiñas (Sergio Quintáns, min.46), Jaime, Lagoa (Fran Pioto, min.52), Javi Suárez e Arán (Sergio Vilaseco, min.67)

S.D. SOFAN: Jose R., Gustavo (Roberto Souto, min.55), Oscar Pardo, Gende, Miniño, Diego, Manolo Varela (Juanjo, min.62), Pizo, Eloi (Jacobo, min.55), Suso Docampo (Adrián, min.60) e Berti.

Goles:
0-1, min.75: Berti tras un centro de Adrian
1-1, min.78: Sergio Quintáns de disparo dende fora da area.

Primeiro tempo de dominio de balón da SD, sen apenas profundidade. Os sofanistas dedicaronse a tocar e manter a posesión, e as veces que buscaron as bandas entraron con certo perigo. Damian estivo moi afortunado a disparos de Eloi e Berti. Na outra porta Jose R. respondia o seu colega vimiances con dous paradóns a disparos de Aran e Javi Suarez. Foille anulado un gol a Ribeiro por suposto fora de xogo.

O segundo tempo foi soporifero. A SD co vento en contra dedicouse a capear o temporal, nunca mellor dito. A xogada que puido ser clave foi o penalti marrado por Jaime no minuto 65. Pouco despois anotou a SD e encenderonse as alarmas para os de Vimianzo, que coa derrota vianse abocados a rezar para salvar a categoria, pero o gol de Sergio Quintans deixou a todos contentos e ben mollados.

Toca esperar a apaixoante eliminatoria de octavos de final da Copa da Costa, ainda que todavia non se coñece o rival, Dumbria ou Soneira.

* Fotos cedidas por Oscar Santos.

domingo, mayo 09, 2010

COPA DA COSTA: U.D. MONTELOURO 2 - S.D. SOFAN 9

Repetiuse o increible resultado da ida no campo de Agra da Filgueira. Ante escasos 30 espectadores, na mañá de onte sabado a SD voltou a demostrar a sua superioridade, e nun encontro que mais parecia un amistoso que un choque copeiro, goleou ó conxunto local que novamente alineou un xogador de campo, Alvaro, de porteiro ante a temprana lesión do titular Romaní.

UD MONTELOURO - Romaní (Alvaro 10´), Juan, Canote, Pablo, Chema, Edu (Dani 46´), Tono Rama (Xavi 81´), Gabri, Riki, Raul e Pepiño

S.D. SOFAN - Jose R., Roberto Souto (Pensado 55´), Gende, Gustavo, Oscar Pardo, Manolo Varela, Adrian, Diego, Eloy, Bertin e Jacobo.

ARBITRO: Rivas Rodriguez

GOLES:
0-1 8´Adrian 0-2 12´Eloy 0-3 27´Adrian 0-4 35´Eloy 0-5 51´Eloy 1-5 62´Canote 1-6 67´Pensado 1-7 78´Jacobo 1-8 85´Gustavo 1-9 88´Adrian 2-9 90´Xavi de penalti

Os de Louro sairon a competir dignamente, pero a sua proposta de xogar coa defensa adiantada facilitou moito as cousas ós de Baña, que case sen querelo sentenciaron o encontro no primeiro cuarto de hora. A lesión de Romaní fixo que o defensa Alvaro se puxera de central, e a pesar dos goles encaixados sacou algunha man de merito. O Montelouro tentou chegar tocando con pacencia pero os seus dianteiros marraron as poucas ocasións das que dispuxeron.

O segundo tempo foi mais do mesmo, un tramite no que os dous equipos tentaban disfrutar xogando ó fútbol. Serviulle ós de Baña para que Pensado volvera tras a sua lesión, pensando xa na eliminatoria de octavos de final. A relaxación propia dun partido destas caracteristicas fixo que se viran ocasións en ambas porterias, e ainda que a SD xogou co freno de man botado a goleada foi de escandalo. Agora toca esperar á resolución da eliminatoria Dumbria - Soneira para coñecer ó noso rival na seguinte ronda.

miércoles, mayo 05, 2010

COPA DA COSTA: S.D. SOFAN 9 - U.D. MONTELOURO 2

Disputouse o pasado sábado en horario matutino a ida de dezaseisavos de final da Copa da Costa. Rendia visita ó campo do Carral o Montelouro, e como ocorreu no partido ligueiro, o resultado foi abultado a favor do equipo local, quedando a eliminatoria virtualmente sentenciada. 150 espectadores se acercaron ó coliseo sofanista en mañan perfecta para a practica do fútbol.

S.D. SOFAN - Carlos Tojeiro (José R. 46´), Manuel Varela, Gende, Gustavo (Miniño 55´), Óscar Pardo, Mario Casal (Jacobo 70´), Pizo, Diego (Eloy 65´), Adrián Varela, Berti e Suso Docampo.

MONTELOURO - Fran Figueroa, Juan (Denís 50´), Canote, Chema, Isma (Adrián 75´), Tono, Edu, Raúl, Pepiño (Geiko 70´), Riki e Aitor

ARBITRO: Brun Pintor

Goles: 1-0 min.10 Adrián; 2-0 min.15 Suso Docampo; 2-1 min.27 Chema; 3-1 min.36 Diego; 4-1 min.50 Berti; 5-1 min.58 Berti; 6-1 min.68 Miniño; 7-1 min.74 Eloy; 8-1 min.82 Berti; 8-2 min.86 Chema; 9-2 min.90 Gende.

Dende o principio o dominio foi local, o Montelouro acusou a falta de gardameta e cos 2 primeiros goles parecia que a goleada podia ser de escandalo, pero un arreon de orgullo visitante puxo contra as cordas á SD, que viu como Carlos sacaba unha tremenda man a tiro de Tono, e o posterior 2-1 sembrou a incertidume nas filas locais.

Tras o descanso a resistencia dos de Louro veuse abaixo e a goleada puido incluso ser maior. Os locais xogaron a placer, baixaron o ritmo e deixaron pasar os minutos vendo como caian os goles. Unha vez mais foi Berti o protagonista anotando tres tantos. O dianteiro sofanista tenlle verdadeiramente tomada a medida ó Montelouro.

lunes, mayo 03, 2010

S.D. SOFAN 5 - C.D. BAIO 1

Asegurou a 3ª praza ligueira a SD nunha magnifica tarde de futbol no Carral, onde uns 150 espectadores disfrutaron co xogo despregado polos locais, e cun Baio plagado de rapaces que lle augura un gran futuro á entidade presidida por Diego Diaz. O impecable tapete do coliseo sofanista presenciou goles de bela factura, xogadas de moito mérito e ata un penal marrado por Guillermo Rilo. A nota negativa foi a lesión na mandibula do bo lateral baies Jose Antonio.

S.D. SOFAN - Jose R., Juanjo, Miniño, Roberto Souto(Gende 65´), Diego, Alemán, Mario Casal, Pizo (Manolo Varela 78´), Bertín (Suso Docampo 55´), Jacobo (Berti 55´), Eloy (Gustavo 70´).

C.D. BAIO - Angel Martín, José Antonio (Ramón 60´), Andrés, Diego Diaz, Eloy, Sergio Pensado (Valentín 70´), Borja, Mario, Canai, Guillermo, Kevin (Rubio 57´).

ARBITRO: Souto Budiño, que amonestou a Jose R., Miniño, Diego e Mario Casal por parte local, e a Jose Antonio por parte visitante.

GOLES:
1-0 12´Taconazo de Jacobo para Eloy que define diante do meta visitante
2-0 21´ Centro dende a liña de fondo de Eloy que Jacobo remacha na area pequena
3-0 27´Mario remata no segundo pao un gran centro de Jacobo
4-0 30´Bertín revolvese de maneira maxistral dentro da area e marca.
4-1 51´Mario de gran lanzamento de falta directa
5-1 80´Suso a porta valeira tras un erro do meta visitante

O xogo no primeiro tempo do equipo local foi para enmarcar. Recuperando rápido o balón no centro do campo e saindo con velocidade liquidou o partido en media hora máxica. O talento dos homes de arriba saiu a relucir, e Jacobo, nunha tarde de inspiración, participou nos tres primeiros goles. Bertin marcou un gran tanto e aportou moito en banda dereita. A liña defensiva contivo os envites dun bullicioso Guillermo, que tivo a mala sorte de marrar un penalti a pouco do descanso.

O golazo de Mario na reanudacion dou alas ó Baio pero o conxunto local pronto se fixo outra vez co mando. O segundo acto foi mais relaxado ainda que os dous equipos seguiron ofrecendo un bo espectáculo ó graderío. Lamentar a lesión do lateral baies nunha xogada fortuita e resaltar a proposta vistosa e ofensiva do conxunto de Tono, que gustou no seu trato co balón ainda saindo goleado do Carral, pero e que parece que os de Baña acaban a liga como motos e co punto de mira afinado.