lunes, septiembre 28, 2009

S.D. SOFAN 2 - S.C.D MALPICA 3

En tarde soleada no Carral, con cerca de 160 afeccionados no graderío, volveu a aparecer a bestia negra da SD, o Malpica, que se levou os tres puntos sen facer excesivos méritos. Pero como o que conta no fútbol son os goles, a SD non sae do bache de resultados no que se encontra inmerso.

S.D. SOFAN: José Ramón; Juanjo, Diego, Roberto Souto, (Gende 67’), Manolo Varela, (Adrián 60’), Pensado, (Óscar Pardo 89’), Mario, Alemán, Berti, Eloy, (Jacobo 69’), Bertín, (Pizo 74’).

SCD MALPICA: Toni; Marco, Marcos Amado, (Víctor 46’), Alfredo II, Iago, Casais, (Carlitos 46’), Neucha, (Ismael 81’), Andrés, David Blanco, Charly, Eloy, (Manu Pardo, 46’).

ARBITRO: España Andrade, que amonestou a Jose R., Diego e Gende por parte local, e a Toni, Neucha e David Blanco por parte visitante.

GOLES:
0-1 min. 15. Disparo de Charly que Jose R. rechaza como pode e Neucha aproveita o balón morto para marcar.
1-1 min. 27 Bertín centra o segundo pao e Mario remacha a rede
1-2 min 57 Carlitos remata case na liña de gol un corner sacado por Neucha, ante a pasividade da defensa local
2-2 min 59 Bertín de penalti cometido sobre el mesmo.
2-3 min 73 Manu Pardo de penalti tras un dubidoso derribo de Jose R. a David Blanco.

Partido intenso e de goles o de onte á tarde, con un fútbol presidido pola pelexa e entrega dos contendentes pero escaso en calidade e xogadas de mérito. A Sd arrancou con forza, aproveitando a defensa adiantada dos malpicans creou varias ocasións de perigo, pero en algunha ocasión Toni coas suas saidas, e noutras a falta de pericia dos carballeses fixo que non se vira gol na porteria visitante. A mais clara tivoa Bertín ó cuarto de hora cando se plantou solo diante do meta malpicán pero enviou o balón fora a un centrimetro do pao. Acto seguido chegou o gol visitante para desesperación local. A igualada poñia xustiza no marcador, e ainda lle foi anulado outro gol a Mario por extraño fora de xogo. Neucha lanzou ben unha falta que parou Jose R. na única ocasión visitante neste periodo.

Nunha xogada a balón parado adiantouse o Malpica. Pouco antes non se sinalara un claro penalti a Mario, pero si que se sinalou un mais dubidoso a Bertin que significou o empate acto seguido. Cando parecia que a SD collera o dominio do partido e se lanzaba en pos da victoria chegou a xogada que marcou o resultado, outro dubidoso penalti que Manu Pardo non marrou coa sua habitual pericia. De ahi o final foi un quero e non podo da SD, que demostrou unha impotencia considerable e xa suma a sua terceira derrota consecutiva.

sábado, septiembre 26, 2009

S.D. SOFAN - MALPICA, MAÑAN AS 17:00 NO CARRAL

Toca derbi este domingo no Carral. Visítanos a S.C.D. Malpica, equipo que tradicionalmente se dou mal no campo sofanista. Recordamos o 1-3 da tempada pasada ou o 1-4 de fai tres anos. Gran expectación entre a parroquia sofanista que espera que o seu equipo de a talla que se lle presume, tras duas decepcións seguidas nas primeiras xornadas.

Os convocados para mañán por David Baña son:
Jose R., Oscar Pardo, Diego, Gende, Roberto Souto, Juanjo, Manolo Varela, Pensado, Alemán, Pizo, Mario, Jacobo, Bertin, Eloy, Adrian García e Berti.


Conta a SD coas importantes baixas de Gustavo por sanción, e Abel, Suso Docampo e Carlos Tojeiro por lesión. A nota positiva é a volta ós terreos de xogo de Adrián Garcia, tras case 9 meses de recuperación dunha importante lesión de xeonllo. O incisivo extremo está moi motivado é pode ser unha das bazas claves para tentar vencer ó equipo de Agilda.



Os dous equipos chegan con tres puntos no casilleiro ó encontro, tras duas derrotas seguidas, co cal o encontro ten os máximos alicientes para ser un bo espectáculo. O cadro malpicán conta coas baixas de Cheo e Rancaño por lesión, e Alfredo por decisión técnica. Desexamos que sexa un encontro disputado, deportivo e bonito para o espectador, pois os condicionantes son todos favorables para que esto ocurra.

jueves, septiembre 24, 2009

GUSTAVO, SUSPENDIDO CON 1 ENCONTRO

En circular emitida no dia de hoxe pola Federación Galega de Futbol dictamínase que "...FINALIZADA LA INFORMACION ABIERTA AL OBJETO DE SOLICITAR AL COLEGIADO INFORME SOBRE LA EXPULSION DEL JUGADOR DE LA S.D. SOFAN, GUSTAVO EIRIS BECERRA, Y NO HABIENDO REMITIDO D. DIEGO I. MONTES MONTES ESCRITO ALGUNO, SE ACUERDA:
SUSPENDER POR 1 PARTIDO A D. GUSTAVO EIRIS BECERRA (ART. 133 H), QUEDANDO FIJADA ASI LA SUSPENSION CAUTELAR APLICADA EN CIRCULAR DE FECHA 17/09/09)
SUSPENDER POR 1 JORNADA AL COLEGIADO D. DIEGO I. MONTES MONTES, (ART. 122, 2)..."

lunes, septiembre 21, 2009

PORTEÑO 1 - S.D. SOFAN 0

Derrota da SD no campo da Grixa, terreo de xogo maldito para os sofanistas. As peculiaridades deste campo condicionaron o desenrolo do encontro, pois o conxunto local soubo explotar as suas bazas mellor que os visitantes e levaron os tres puntos en xogo tras un dos multiples saques de banda que colgaron á area durante todo o encontro. A SD tivo claras opcións no segundo tempo pero non foi quen de bater a Asiel.

PORTEÑO: Asiel, Ruben (Sergio 89´), Manu, Angel, Valeiro, Piti (Alex 80´), Ivan (Oscar 59´), Robertito, Juan Bello, Michel e Joan (Jorge 74´).

S.D. SOFAN: Carlos (Jose R. 60´), Juanjo, Oscar Pardo (Eloy 58´), Manolo Varela (Berti 73´), Roberto Souto, Aleman (Pizo 81´), Pensado, Mario Casal, Diego, Abel (Bertin 25´) e Jacobo.

ARBITRO: Alvarez Vega, que amonestou a Angel, Michel e Juan Bello no equipo local, e a Roberto, Jacobo e Mario polos visitantes.

GOL:

1-0 m.37´ Saque de banda de Manu, barullo na area e Valeiro aproveita para marcar de cabeza.

Plantexou Baña un partido físico sabedor de que iso era o que se ia impoñer na Grixa. E asi foi. O Porteño forzou innumerables saques de banda e corners no primeiro tempo, encerrando á SD no seu terreo. Os barullos na area visitante eran constantes. Os sofanistas tentaban trenzar algo de fútbol pero foi imposible. Tivo Abel a mellor ocasión para a SD neste tramo pero tras regatear a Asiel enviou o balon fora. Nesta acción lesionouse o de Pastoriza, tendo que ser substituido. O gol de Valeiro foi consecuencia lóxica do fútbol directo do Porteño, e o mesmo xogador tivo outra ocasión clara á saida dun corner. Mario Casal rematou alto unha boa xogada de Juanjo a pouco do descanso.

O segundo tempo foi para os visitantes. E non marcaron de milagro, pois as ocasións foron moitas e claras. O Porteño buscou a contra descaradamente con Michel como referencia de ataque, e ata o minuto 90 Valeiro foi un perigo nos saques de banda. Tivo Jacobo unha clarisima ocasión mediado o segundo acto, pero o seu remate dou no pao e paseouse pola liña de gol. Mario non chegou por pouco de cabeza noutra clara ocasión. A definitiva foi unha de Eloy a pouco do remate que Asiel sacou de maneira incrible cando xa se cantaba o gol.

Non soubo xogar a SD na Grixa como hai que facelo neste terreo de xogo, e vaise de vacio para Sofan. Decepción na parroquia sofanista que espera que o derbi do próximo domingo contra o Malpica sirva para cargar pilas ante a longa competición ligueira que se aveciña.

viernes, septiembre 18, 2009

SANCION CAUTELAR PARA GUSTAVO

En parte emitido pola Federación Galega comunícase que "... se abre informacion al objeto de solicitar aclaración al colegiado sr. D. Diego Israel Montes Montes de la acción realizada por el jugador de la SD Sofan Gustavo Eiris Becerra, jugador al que se le aplica suspensión cautelar..."

lunes, septiembre 14, 2009

S.D. SOFAN 1 - CARNOTA 2

Derrota da SD no seu debut no Carral, nun disputadísimo encontro que acabou con moi malos modos e que se levou o equipo de Cambeiro merced ó aproveitamento de erros puntuais do equipo local. Mais de 150 afeccionados en tarde calurosa no campo sofanista.


SD SOFAN: Jose R., Juanjo, Diego, Gustavo, Roberto Souto, Aleman, Jacobo(Mario 80´), Pensado, Berti (Manolo Varela 64´), Eloy e Bertin.


CARNOTA C.D.: Jose Angel, Nico, Tono, Santi, Fernando, Charly, David Caamaño (Deme 80´), Marco Castreje, Casti, David Castreje (Manuel Luis 64´) e Joselu


ARBITRO: Montes Montes, que amonestou por parte local a Diego, Souto, Aleman, Jacobo e Varela, e por parte visitante a Nico, Santi, Fernando e David Castreje. Expulsou a Gustavo no min. 85 por agresión a Marco Castreje.


GOLES:

0-1 16´ Marco Castreje bota unha falta e Santi anticipase de cabeza á defensa local levando o balón ó fondo das mallas

1-1 39´ Falta botada por Jacobo que peina Roberto Souto e Aleman remacha na boca de gol

1-2 82´ Contra perfecta do Carnota con balón en profundidade a Casti que remata suave, o balon rebota en Pensado e descoloca a J.R.


Comezou mellor asentado o equipo visitante na calurosa tarde carballesa. Unha falta ó borde da area lanzada fora por Charly foi o preludio do gol de Santi. A SD parecia algo desconcertada, pero pouco a pouco se foi facendo co dominio do centro do campo e con Eloy e Bertin moi activos na mediapunta as ocasións foron chegando. Tivo Casti unha boa para o Carnota, pero foi Berti o que dispuxo das duas mellores do encontro, rematando fora de cabeza na primeira un gran centro de Diego, e desaproveitando na segunda un man a man co porteiro visitante Perro Viejo. O gol de Aleman fixo xustiza antes do descanso.

O dominio da SD foi claro no segundo tempo, ainda que o entramado defensivo carnotán funcionou á perfección e as ocasións foron escasas. A mais destacada foi unha internada de Bertin ata a liña de fondo dando o pase da morte, ainda que non atopou rematador. O gol de Casti nunha contra desestabilizou os locais, e o partido volveuse moi bronco no seu tramo final, coa xusta expulsión de Gustavo a pouco do remate.

lunes, septiembre 07, 2009

U.D.MONTELOURO 0 - S.D. SOFAN 2

Bo debut da SD en Agra da Filgueira, en tarde calurosísima con un centenar de afeccionados no graderío, dos cales mais de trinta eran carballeses. A SD mostrouse como un equipo serio e a pesar de acusar a falta de rodaxe típica destes inicios de campaña, conseguiu marcar en duas das escasas ocasións que tivo o encontro.


U.D. MONTELOURO: Romaní, Álvaro (Isma 70´), César, Chema, Pedro García, Pulpo, Abel, Pepiño (Riki 60´), Edu, Canote (Pedro de Nieto 46’), Aitor.


S. D. SOFÁN: José Ramón, Juanjo, Óscar, Gende (Gustavo 50’), Roberto Souto, Pensado, Jacobo (Manuel Varela 70’), Alemán, Berti (Bertín 60’), Abel e Eloy (Diego 83’).


Árbitro: Gallego Hernández. Amonestou a Pulpo e Pedro Nieto por parte local, e a Juanjo, Jacobo, Abel e Varela por parte visitante.


Goles:


0-1 Eloy (33’). O extremo recibe o balón ó borde da area, amaga o disparo coa dereita e lanza un zurdazo que sorprende ó gardameta local

0-2 Abel (80’). Pase longo ó veloz dianteiro da Sd, que arranca en posible fora de xogo, encara a Romaní e bateo por baixo.


A forte calor reinante condicionou o desenrolo do partido. Os dous conxuntos mostráronse con falta de punch en ataque. O dominio correspondeu de inicio ó Sofan, que se fixo forte no mediocampo con Pensado e Aleman levando a batuta, pero os balóns non chegaban con excesiva claridade á zona de ataque. Por parte local o home mais perigoso era Aitor. O equipo de Nieto traballou ben o repliegue e cerrou todos os espacios ata que Eloy encontrou un oco por donde bater a Romaní. A partir de ahí foi todo mais facil para o Sofán, ainda que nun arreon final os de Louro chegaron con certo perigo ó borde do descanso, sobre todo nun lanzamento de falta de Edu que despexou Jose R. con solvencia.


O segundo acto comenzou con acoso local, que buscaba o empate con empeño, pero foi xusto este feito o que permitiu á SD lanzar perigosísimas contras que por veces foron cortadas por foras de xogo dubidosos sinalados polo colegiado. Tivo Berti a ocasión mais clara cando rematou un gran centro de Jacobo ó longueiro, e o posterior rexeite enviouno fora. Por parte local Aitor de cabeza, e Pepiño nun man a man co porteiro visitante, tiveron as suas opcións, pero o gol de Abel rematou ó conxunto local. A SD tirou de veterania e da solvencia da sua defensa, moi acertada no dia de onte, para contener o equipo local e asegurar os primeiros puntos como visitante da tempada.

jueves, septiembre 03, 2009

A ULTIMA INCORPORACIÓN: PENSADO

O colofón a un bo traballo en canto a fichaxes se refire o realizado pola directiva da SD foi a incorporación ó plantel de David Baña do carballés Alberto Pensado. O experimentado xogador dou o Ok ó proxecto sofanista desta tempada e reforza considerablemente a medular do noso conxunto.

Pensado, que cumprirá 33 anos este Novembro, ten unha dilatada traxectoria que inclue equipos como o Bergantiños, Español, Baio, Racing Vilalbes, Ordes, Soneira ou Laracha, case sempre competindo en Terceira división ou Rexional Preferente. O xogador caracterízase pola súa visión de xogo, un milimétrico desplazamento de balón e unha forte personalidade e caracter ganador que o van facer, se as lesións o respetan, unha peza clave no esquema da SD.