lunes, diciembre 28, 2009

S.D. SOFAN 4 - CAMARIÑAS C.F. 2

Disfrutaron os mais de 200 afeccionados que se acercaron na tarde de onte ó Carral dun gran partido de fútbol, disputado de poder a poder entre dous equipos chamados ó mellor na tempada actual. O Camariñas de Papi mostrouse como un gran conxunto, e tivo maniatado ós locales durante boa parte do encontro, pero nuns pletoricos 20 minutos no segundo acto a SD remontou e fíxose con tres vitales puntos.

S.D. SOFAN - Jose R., Oscar (Pizo 53´), Miniño, Juanjo, Gende, Alemán (Roberto Souto 84´), Mario (Manolo Varela 87´), Adrian, Eloy, Diego e Bertin (Berti 75´).

CAMARIÑAS C.F. - Ruben Santos, Pesqui, Breo, Antelo (Alberto Ogando 80´), Maikel, Gerardo (Nico 85´), Brais, De la Sierra, Alejandro, Javi e Isma.

ARBITRO: Sanchez Lago, que amonestou a Miniño, Gende, Adrian e Mario por parte local.

GOLES:
0-1 32´Corner botado ó segundo pao onde Alejandro engancha unha gran volea ante a que non pode facer nada Jose R.
1-1 60´Centro de Adrian e Bertin remata de cabeza picado.
2-1 67´Gran pase de tacon de Eloy polo medio da defensa que Bertin remata ó fondo da rede.
3-1 79´Xogada veloz de Adrian que cede ó segundo pao a Berti que marca a porta valeira.
4-1 82´Berti devolvelle a asistencia a Adrian, que marca novamente a placer.
4-2 90´Falta que saca Isma dende o centro do campo, ningué toca a pelota que entra mansamente na porta local.

O Camariñas mostrou a sua mellor versión no primeiro acto, onde os locales nunca encontraron o seu fútbol e se viron a merced dos de Papi. O trio de centrocampistas Alejandro - De la Sierra - Isma, dominaba a situacion e lanzaba perigosos balóns a Javi, un dos destacados, e Brais. Isma foi o primeiro en probar a Jose R., que tivo que realizar unha prodixiosa estirada para sacarlle un envenenado disparo ó mediapunta. Respoudeu a Sd nunha rapida xogada de Diego que centrou para que Bertin marrara o remate a placer. Adquiriu protagonismo Javi, que foi un pesadelo neste tempo, e primeiro cunha gran vaselina e logo cun remate que sacou Jose, estivo a punto de marcar. O Camariñas presionou moito e ben, e por momentos realizou combinacións de gran mérito.

O segundo tempo comenzou con mais do mesmo, os camariñáns mais metidos no encontro e a SD a merced deles, ata que chegou o gol de Bertin. Este foi un tremendo mazazo para os visitantes, que a partir de ahi se viron totalmente superados polo fútbol vertical e veloz dos de Baña, que tiveron un acerto de cara ó marco de case o 100 %. Adrian e Eloy levaron o peso do ataque, e a defensa mostrouse moi segura, con Jose R. dominando o xogo aereo ante os acosos dos visitantes. O público disfrutou neste acto dun equipo local efectivo e enrachado, ainda que ninguén deixou de apreciar o bo fútbol practicado polo Camariñas, sen dúbida un dos mellores equipos que pasou polo Carral.

DIMITE O PRESIDENTE LISO DOCAMPO

O mítico dirixente sofanista, Eliseo Docampo Suarez, presentou a súa irrevocable dimisión na mañan de hoxe nas oficinas do clube ante a súa xunta directiva. Os motivos esgrimidos parece que teñen que ver coa chegada dun grupo inversor ó clube, encabezado pola coñecida empresa de arquitectura e construcción ATRIO PROYECTOS INTEGRALES, que está decidida a levar ó equipo ás mais altas cotas poñendo unhas cuantiosas sumas de diñeiro sobre a mesa.

A insobornable defensa do deporte amateur encabezada por Liso Docampo choca frontalmente con estas premisas, polo que o dirixente decidiu irse para a casa, non sen antes deixar un par de recados para os presumibles novos mandatarios, mentando a anxos e demos, nais e pais, e santos diversos.

Os rumores que circulan situan ó capitán Juanjo Arijón como presidente títere deste grupo de empresarios, co cal o bravo central colgaría as botas, que xa vai na hora. Están por ver as cualidades de Juanjo como director de orquesta, ainda que sonan nomes para ocupar sitio no Carral como os de David Baneira, Padín, Manín ou Guillermo Rilo, que parece ser xa contan con astronómicas ofertas enriba da mesa. O posto de David Baña como adestrador non está moi seguro tampouco, pois parece ser que Juanjo foi visto nun coñecido bar carballés nunha animada reunión con Javier Manjarín, que como todo o mundo sabe está casado cunha rapaza oriunda da parroquia de Sofán. No mesmo caso está Tito Ramallo, non sei que tipo de cordas terán as de Sofan para atar a semejantes especímenes, pero o adestrador do Fabril non cedeu ás presións de Lendoiro para convertir á SD en filial deportivista.

viernes, diciembre 25, 2009

O DOMINGO, S.D. SOFAN - CAMARIÑAS C.F. NO CARRAL

Este domingo ás 16:00 horas dispútase no campo do Carral o partido aprazado no seu día polo mal estado do terreo de xogo sofanista entre a SD e o segundo clasificado na liga, o Camariñas CF de Papi. Os da vila do encaixe estan a realizar unha magnifica tempada, so a catro puntos do lider Zas. Xa o ano pasado o tecnico muxian fixera un bo traballo no equipo presidido polo eterno Vicente Carril, pero este ano, coa chegada de reforzos importantes como os de Antelo, De la Sierra ou Javi, o equipo estase a consolidar coma un dos mais potentes da Liga.

O equipo local esta con gañas de resarcirse da derrota sufrida no Platas Reinoso, e a motivacion entre os xogadores de Baña e alta, mais tendo en conta o rival que nos visita. Terá o mister sofanista as baixas de Abel, expulsado en Baio, e Jacobo, por acumulación de amonestacións. Estas únense as consabidas por lesión de Pensado, Carlos Tojeiro, Costa e Suso Docampo. Recuperase a Roberto Souto tras cumplir o partido de sanción debido á sua expulsion contra o Castriz.

Os camariñas ultimamente non puideron contar con dous dos seus mellores homes, o mediocentro e capitan Moriño e o extremo David, ambos lesionados, e de confirmarse serian duas baixas importantes para o choque do domingo. Ainda asi os de Papi teñen xogadores a ter moi en conta, como o central Maikel (foto 1), autor do gol do empate en Verdillo, e o dianteiro Isma (foto 2)

O ano pasado os duelos carballes/camariñans foron moi igualados, rexistrandose igualada a 1 tanto no Hnas. Patiño e victoria do Camariñas por 1 tanto a 2 no partido de volta xogado no campo das Eiroas.

. Fotos cedidas por www.quepasanacosta.com

lunes, diciembre 21, 2009

BAIO C.D. 1 - S.D. SOFAN 0

Decepción entre a numerosa parroquia sofanista que se acercou ó Platas Reinoso, nun día de frio polar, pois a SD, a pesar de dominar o partido acabou sucumbindo ante unha xenialidade de Martin, quen si non, faltando 10 minutos para o final. Dirixiu a contenda o ínclito Gonzalez Marquez, de infausto recordo para os carballeses, que unha vez mais se luciu non seu cometido.

BAIO C.D. - Manuel, Fermin, Ramon (Mel 32´), Mario, Jose Antonio, Andres, Jorge, Canay (Alex Camean 46´), Felipe (Martin 72´), MC (Lopez 88´), e Guillermo.

S.D. SOFAN - Jose R., Oscar Pardo, Gende, Juanjo, Miniño, Mario (Pizo 84´), Aleman (Jacobo 69´), Abel, Adrian, Eloy e Berti (Bertin 65´).

ARBITRO: Gonzalez Marquez que amonestou a Jose Antonio, Mario, Andres, Jorge, Guillermo e Felipe por parte local, e a Mario, Adrian, Jacobo e Varela por parte visitante. Expulsou a Abel no min. 88 por doble amonestación.

GOL:
1-0 80´Martin controla un balón coa man, cedello a Guillermo que realiza unha boa xogada personal, o esférico queda morto na frontal da area e o propio Martín engatilla un trallazo que entra pola escuadra.

Saiu ben plantada a SD, controlando as iniciais acometidas do Baio e levando o peso do encontro. No primeiro tempo o dominio foi visitante e pouco a pouco foise traducindo en ocasións de gol. Tivo un claro remate de cabeza Alemán á saida dun corner, e Abel nun man a man que non resolveu pouco despois. A mais clara foi un lanzamento de falta de Eloy que se estrellou no pao, posterior a outra falta que lanzou o mesmo Eloy e detivo Manuel en bonito escorzo. O Baio buscaba a Guillermo, que na mais clara dos baieses recibiu en profundidade pero Jose R. estivo moi atento para despexar. Felipe creou perigo por banda esquerda pero sen chegar a inquietar ó meta visitante.

No segundo tempo as opcións dos sofanista aumentaron, e o acoso foi constante. Abel por banda esquerda entrou ben un par de veces, pero faltou que definira a ocasión. Anulouse un gol a Eloy non se sabe por que. Guillermo nunha boa contra lanzou unha preciosa vaselina que a pouco se cola na meta de Jose R. A saida de Martin foi definitiva, pois nunha boa xogada entre el e Guillermo quedou sentenciado o partido.

lunes, diciembre 14, 2009

S.D. SOFAN 1 - CASTRIZ C.F. 0

Traballada victoria a da SD na tarde de onte. O Castriz levou o peso do partido, sobre todo a raiz da expulsión de Roberto Souto, pero atopouse co gol do seu ex, e con un inspiradísimo Costa, que pechou todas as vias de acceso á súa portería. A defensa numantina do Sofán tivo como resultado esta importante victoria, que engancha ó equipo de Baña coa zona alta da clasificación. Gardouse un sentido minuto de silencio polo pasamento da nai do porteiro local Carlos Tojeiro, e por ese motivo a SD vestiu de verde nunha homenaxe privada ó carismatico gardameta.

S.D. SOFAN - Costa, Diego, Miniño, Juanjo, Roberto Souto, Aleman, Mario, Adrian (Manolo Varela 66´), Bertín (Oscar Pardo 55´), Eloy (Berti 65´) e Jacobo (Abel 57´).

CASTRIZ C.F. - Angel, Rubén (Victor Pazos 46´), Torreira (Noli 60´), Alex, Jota, Alberto, Cilindro, Koeman, Ovidio, Dani (Sebas 46´) e Bruno.

ARBITRO. Mella Fernandez, que amonestou a Mario e Manolo Varela por parte local, e a Alex e Ovidio por parte visitante. Expulsou a Roberto Souto no min. 48´ por doble amonestación.

GOLES:
1-0 17´ Roberto Souto engancha unha tremenda volea dende fora da area que se cola na meta de Angel

Partido duro e disputado como case todos entre estos dous equipos, sobre todo no primeiro tempo, no que o Castriz levou o peso do partido pero a SD estivo mais efectivo ante o marco rival. Tras unha gran ocasión de Jacobo Roberto Souto ajusticiou ó seu ex-equipo. O de Boaña de Arriba foi o protagonista do encontro, co tanto e a posterior expulsión. A SD, sen precisión no xogo ofensivo, foi dominada ata o descanso por un Castriz bastante romo en ataque.

Huelvis dou un xiro ó plantexamento inicial no segundo tempo, montando un equipo moito mais ofensivo. O Sofán pronto se quedou con 10 e xogou 40 minutos a defender a súa portería. Ahí apareceu o outro protagonista do encontro, o porteiro Costa, que reclamou a súa cuota de protagonismo cunha actuación espectacular, detendo todo o que lle chegou e salvando clarísimas ocasións ante Sebas e sobre todo Noli, que a medio metro da portería non foi capaz de marcar por duas ocasións. Para desespero dos visitantes, Jota mandou dous balóns ós paos e viu como Costa lle detiña unha envenenada falta a pouco do final. A Sd empleouse con garra na liña defensiva e contivo como puido as ofensivas visitantes, levandose un premio excesivo para os méritos ofensivos que fixo durante o encontro.

miércoles, diciembre 09, 2009

S.D. SOFAN 10 - LIRA C.F. 1

Goleada histórica no campo das Eiroas a conquerida onte pola tarde nun dos partidos aprazados que tiña a SD. Boa entrada de publico, que disfrutou coa ofensiva sofanista. O Lira empleouse con gallardia e amor propio, a pesar das baixas coas que acudiu.

S.D. SOFAN - Costa, Roberto Souto (Alemán, min.46), Miniño, Gende, Juanjo, Manolo Varela, Mario Casal, Eloy (Adrián, min.46), Diego (Abel, min.46), Bertín (Jacobo, min.46) e Berti.

LIRA: Santi, Juan, Paco, Isma, Chindo, Víctor, Suso Patachín, Javi de Baño, Suso Perico, Toniño e Ancho.

ARBITRO: Grañas Martinez, que amonestou a Diego por parte local e a Toniño por parte visitante.

Goles:
1-0, min.2: Bertín; 2-0, min.6: Diego; 3-0, min.10: Berti; 4-0, min.15: Bertin, de penalti; 5-0, min.18: Berti; 5-1, min.25: Ancho; 6-1, min.30: Berti; 7-1, min.32: Bertin; 8-1, min.38: Diego; 9-1, min.52: Mario; 10-1, min.57: Abel.


A superioridade local foi patente dende o primeiro minuto. A liña atacante creou perigo case todas as veces que se acercou á area, e ós 20 minutos o resultado era de 5-0. A presencia de Miniño no lateral esquerdo dotou ó equipo dunha boa saida de balón por ese lado. O debutante Costa nada puido facer ante o gol de Ancho. O descanso o partido estaba sentenciado.


No segundo tempo a SD seguiu ó seu ritmo, mostrando sempre respeto por un rival que se comportou de maneira exemplar, sen dar unha mala patada e competindo ata onde lle permitian as suas posibilidades. A SD tivo bastantes ocasións neste periodo pero o acerto non foi o do primeiro tempo.

domingo, diciembre 06, 2009

XALLAS C.F. 3 - S.D. SOFAN 1

Gran batalla a disputada na tarde de onte en Fontenla. Baixo unha incesante tormenta e con un campo que se foi poñendo impracticable co paso dos minutos, Xallas e Sofan demostraron a sua categoría e ofreceron un partido cheo de garra, entrega, fútbol e emoción que se decantou nos intres finais a favor dos locais, merced á sua maior potencia no xogo aereo.

XALLAS - Cheli, Ivan Solis, Ivan Forjan (Pepe 54´), Carteiro, Lobo, Ricardo, Ismael (Alvaro 79´), Ruben, Jaime(Albertiño 51´), Ventura e Jesus (Jose Angel 82´)

S.D. SOFAN - Jose R., Diego, Oscar Pardo (Gende 82´), Roberto Souto, Juanjo, Manolo Varela (Miniño 49´), Aleman, Adrian, Eloy (Abel 67´), Bertin e Jacobo (Berti 75´).

ARBITRO: Ramos Lopez. Amonestou a Lobo e Ivan Forjan por parte local, e a Juanjo e Roberto Souto por parte visitante

GOLES:

0-1 43´Rapida contra da SD, erro dos centrais dos Xallas e Jacobo engancha unha preciosa vaselina para bater a Cheli.
1-1 70´Falta sacada ó centro da area que remata Ruben de cabeza
2-1 88´Jose Angel lanza unha falta dende o centro do campo que colle un rarísimo efecto e bate a Jose R. ante a sorpresa de todo o mundo.
3-1 91´Ruben recibe dentro da area e engancha un gran disparo escorado que se cola pola escadra.


Co aire a favor no primeiro tempo foi a SD merecedor do resultado favorable co que se chegou ó descanso. Montou rápidas e perigosas contras que de ter aproveitado poderíamos estar a falar de outro marcador. Bertin marrou duas claras ocasions ante Cheli, fenomenal toda a tarde, sacando tamen un gran disparo dende o borde da area de Manolo Varela. O Xallas tivo en Ruben ó seu mellor home neste periodo, e Jose R. tivolle que sacar perigosos e potentes disparos. Jesus buscou o balón coa sua habitual pericia, pero estivo ben controlado. A defensa local mostrouse insegura e solo a falta de acerto dos visitantes fixo que o partido non tomara outro rumbo.

No segundo tempo o Xallas arrollou á SD durante os primeiros 20 minutos. A saida de Albertiño doulle profundidade pola banda esquerda. O xogo volveuse de pura entrega ante a imposibilidade de combinar. Ventura rematou ó pao e chegou o gol de Ruben. A SD sufre a balon parado pero co empate toma o mando de novo. Cando o partido se dispoñia a acabar en empate chegaron os postreiros tantos que desatou a euforia no banquiño local

viernes, diciembre 04, 2009

XALLAS C.F. - S.D. SOFAN adiantado ó sabado

Xogarase mañan sábado o partido adiantado á xornada dominical en Fontenla entre o 2º clasificado o Xallas e a SD Sofan a partir das 4 da tarde. Acude a esta cita o equipo de Baña con moita ilusión, consciente da dificultade de asaltar o feudo xalleiro pero confiado nas suas propias virtudes.

Acumúlanse as baixas no cadro carballés, pois non serán da partida Pensado, Suso Docampo, Gustavo e Carlos Tojeiro, con lesións de longa duración, Mario, que está sancionado, e Pizo, con un golpe recibido no partido de Muros. Así e todo poderase opoñer un equipo de garantias a un dos máximos favoritos ó título.

Nos xalleiros destaca a presencia de homes como Jesus e Toni, figuras da pasada liga, e as incorporacións de Pepe, ex-Dubra, Lobo, ex- Negreira, e Albertiño, xogador malpicán que procede do San Tirso. Os seus homes mais en forma de cara a porta están a ser o zurdo Jose Angel e Ventura, un rapaz procedente do Negreira xuvenil que está a dar moi bo rendemento no seu primeiro ano na costa.

lunes, noviembre 30, 2009

S.D. SOFAN - CAMARIÑAS: SUSPENDIDO

Novamente se suspendeu o partido que tiña que disputar a SD no seu campo do Carral. Se fai 15 días foi o encontro que o tiña que enfrontar ó Lira, esta semana foi o Camariñas o perxudicado polo estado do terreo de xogo. O colexiado do encontro, de común acordo cos adestradores e delegados decidiu que era un risco innecesario xogar o partido, mais habendo datas disponibles polo parón invernal. Con case total seguridade o encontro disputarase o 27 de decembro, data na que se para a liga e na que tamén se xoga outro dos encontros aplazados, Baio-Carnota.

miércoles, noviembre 25, 2009

GALA DO DEPORTE RADIO NORDES - A S.D. MELLOR DIRECTIVA DA COSTA

Recibiu o premio á mellor directiva da Costa a SD Sofán na gala celebrada o sábado de noite na Casa da Cultura de Vimianzo. Foi o presidente Liso Docampo quen subiu a recoller o galardón, pronunciando as proféticas palabras "... a ver si para o ano podemos repetir...". O mérito do premio é grande, pois os outros dous nominados, Cabana e Ponteceso, fixeron méritos sobrados para recibilo. En realidade, hai que decir que calquera das directivas que traballan a estes niveles do deporte modesto teñen un mérito tremendo, e realizan unha labor que non é nada recoñecida pero que resulta vital para que a xente xoven practique deporte.

A Gala foi moi visitosa, coa participación estelar do acordeonista Manolo de Fornís, que dou un autentico recital co seu instrumento. Joseba Larrañaga, subdirector do Larguero da Cadena Ser, deixou a todos os presentes abraiados co seu casi perfecto galego, e Manolín pronunciou uns versos de Luis Cernuda para animar a velada. Outros premiados a nivel futbolístico. foron Vituco (mellor xogador), Javier Bardanca (mellor adestrador), e Ponteceso (mellor equipo).

lunes, noviembre 23, 2009

MUROS 1 - S.D. SOFAN 3

Gran encontro o disputado pola SD en Miraflores diante duns 170 xiareiros con 40 afeccionados visitantes nas gradas, onde se impuxo con claridade ó conxunto local. Os de Baña sairon coas ideas moi claras, sabendo como facerlle dano ós muradáns, e o plan saiu á perfección. Gran ambiente de futbol no coqueto campo, reinando a deportividade entre xogadores e afeccións. Gardouse un moi respetuoso minuto de silencio polo pasamento da dona do ex presidente local Cunqueiro.

MUROS: Lupi, Adan (Jaro 65´), Gabi (Martín 35´), Teo (Cerilla 81´), Gael, Varito, Brais (Gelo 65´), Bibi (Piti 35´), Pesco, Sexo, Seluco.

S.D. SOFAN: Jose R., Mario, Roberto Souto, Juanjo, Diego, Adrian Garcia (Berti 75´), Aleman (Oscar Pardo 50´), Pizo, Abel (Gende 87´), Bertin, Jacobo (Eloy 70´)


ARBITRO: Hermo Alonso, que amonestou a Bibi e Martin por parte local, e a Mario, Oscar e Jose R. por parte visitante. Expulsou a Sexo no min. 78 por realizarlle observacións.

GOLES:

0-1 24´ Gran centro de Adrian dende a banda dereita que Teo introduce na sua propia porteria con mala fortuna

0-2 29´Balon longo de Abel á espalda da defensa e Bertin define con maestria ante Lupi.

1-2 79´Jaro revolvese na area e engancha un tremendo disparo ante o que nada pode facer Jose R.

1-3 89´Centro de Eloy con rosca ó segundo pao e Mario entrando dende atras marca de cabeza.


Saiu moi ben plantada a SD, defendendo con seguridade e contragolpeando con perigo. Jacobo, moi motivado toda a tarde, enganchou un par de contras que a piques rematan en gol. Adrian e Abel fixeron un gran traballo en bandas, vaciandose en defensa e en ataque. O Muros buscaba a arma do balón parado, un dos seus puntos fortes, pero cando tivo a mais clara ocasión de marcar apareceu a man máxica de Jose R. para sacar un remate de Seluco dentro da area. O meta sofanista estivo de 10 toda a tarde, dando gran seguridade á liña defensiva. Juanjo cortaba todo coa sua solvencia habitual, e nun par de contras ben trenzadas a SD estaba 0-2 por diante ante a desesperación local. Felipe tentou variar o rumbo con un par de cambios antes do descanso, pero foi Abel o que tivo a ocasión de sentenciar nunha gran contra na que cedeu o balón a Jacobo que a porta vacia non chegou por milimetros.


No segundo acto a SD enfriou o encontro con picardia, e os primeiros 20 minutos foron de control de balon muradán pero sen apenas profundidade. Tivo Piti unha boa ocasión nun remate de cabeza que se foi alto. A pesar da expulsion de Sexo o gol de Jaro auguraba un final de infarto pero Mario abotou as ilusións locais. Ainda antes Eloy pudo marcar pero o seu disparo dende o punto de penalti saiu a rentes do pao. Tivo Bertin a ocasión do cuarto gol, pero a súa vaselina ante Lupi quedouse corta. O dianteiro carballes completou un autentico partidazo, sendo un pesadelo para a defensa local.

jueves, noviembre 19, 2009

A DIRECTIVA DA S.D., NOMINADA PARA A GALA DO DEPORTE DE RADIO NORDES

Foi nominada ó premio de mellor directiva da tempada a da SD, xunto coa do Cabana e a do Ponteceso. A X Gala do Deporte de Radio Nordes, que terá lugar o sábado 21 de novembro na Casa da Cultura de Vimianzo, é un acto pioneiro no deporte costeiro, e nela premiase a labor tanto de xogadores, adestradores, conxuntos e directivas durante a tempada anterior.

A ela está convidado o subdirector do programa de deportes "El Larguero" da Cadena Ser Joseba Larrañaga, que lle dará cor ó evento. A asistencia é gratuita para todos aqueles identificados co deporte costeiro.

domingo, noviembre 15, 2009

SUSPENDIDO O SOFAN - LIRA

O partido que tiñan que disputar a SD e o Lira esta tarde no Carral foi suspendido a última hora debido ó temporal que estamos a sufrir por estos lares. O estado do terreo de xogo, anegado de auga, era realmente perigoso para os xogadores e ambos equipos tomaron esta decisión de común acordo, tras buscar durante as últimas horas todas as alternativas posibles. A data do 8 de decembro, martes, parece a mais probable para a disputa do encontro.

viernes, noviembre 13, 2009

PENSADO OPERADO CON EXITO

O domingo 8, mentras a Sd caia estrepitosamente en Carnota, era operado Alberto Pensado dunha repentina afección de apéndice. A intervención foi satisfactoria e o xogador recupérase para voltar a entrar canto antes nos plans de Baña.


Estaba a ser Pensado un dos indiscutibles para o mister sofanista no arranque ligueiro, pero dende o partido contra o San Lorenzo estaba o xogador de baixa por un golpe na zona lumbar que lle estaba a dar bastante a lata. Non está a ter sorte o técnico centrocampista coas lesíons este o seu primeiro ano no Carral.

lunes, noviembre 09, 2009

O PINDO 2 - S.D. SOFAN 0

Xornada negativa para a SD no campo de Lombans, onde caeu derrotado con todo merecemento ante O Pindo. O equipo de Sieso foi mais agresivo, creendo na vitoria dende o primeiro minuto, marcou pronto, e soubo conter as ofensivas sofanistas. É ben certo que os de Baña tiveron multiples e claras ocasións, pero non se acertou de cara a gol nos momentos decisivos. Alinearon ambos equipos a:

O PINDO: Garrido, Miguel Blanco, Paulo, Kiko, Alex, Carlos (Rafa 60´), Piquero, Miguel de Lira, Julian (Angel 79´), Hugo e Rivas.

S.D. SOFAN: Jose R., Diego, Oscar, Juanjo, Gende (Roberto Souto 46´), Aleman, Mario (Pizo 56´), Abel, Eloy, Bertin (Berti 60´) e Adrian.

ARBITRO: Trigo Martinez, que amonestou a Alex, Carlos e Miguel de Lira por parte local, e a Aleman, Adrian, Abel e Pizo por parte visitante.

GOLES:
1-0 8´ Corner que remata Alex libre de marca no primeiro pao
2-0 80´Hugo aproveita unha falta de entendemento entre Roberto e Jose R. para marcar a porta vacia.

Comezou O PIndo apretando, e tras botar un par de saques de esquina, nun despiste na marca chegou o primeiro gol. Tocaballe remar contracorrente á SD. Tentouse tocar o balon, pero os locais cerraronse ben e os ocos non aparecian. Tentouno Abel con un par de tiros lonxanos, e tivo Bertin a ocasión mais clara, pero a sua vaselina ante a saida de Garrido bateu no pao longueiro. Hugo mostrouse como o mellor home local, traendo en jaque á defensa da Sd. Jose R. sacoulle un man a man a pouco do descanso. A Sd tivo outro par de ocasións claras, unha de Eloy e outra de Adrian, pero Garrido estivo moi ben toda a tarde.

No segundo tempo segueu a mesma tónica, co equipo local buscando as contras con bastante acerto, e a SD sen encontrar o camiño da porteria. Os de Sieso dispuxeron de duas boas ocasions en remates de Hugo que sairon fora por pouco, e a SD comezou a tirar de futbol directo, pero os centrais do Pindo Alex e Kiko estiveron moi contundentes e acertados. Co 2-0 en contra tivo Berti unha clara ocasión pero unha vez mais Garrido detivo a ofensiva visitante. Estrelou Pizo un remate á saida dun corner no paro, na última opcion da Sd, que non tivo a sua mellor tarde nin moito menos.

miércoles, noviembre 04, 2009

A S.D. PRESENTA A SUA NOVA EQUIPACION

Estrenará a SD a súa nova e flamante equipacion o domingo en Carnota no encontro que os enfrontará ó Pindo. O color verde, tradicional nas equipacións suplentes da SD, é o elexido. Coma sempre que o imos visitar, Alvaro de Deportes Capitan e da tenda de bordados As Puntadas (ver http://www.aspuntadas.com/) aconsellounos co seu gusto habitual sobre o modelo a elixir. A marca Adidas, habitual nos últimos anos nas equipacións da SD, é a elixida.

Como non, temos que agradecer ós patrocinadores que nos permiten abastecer ós chavales destos uniformes, ALICATADOS HNOS. DOCAMPO, patrocinador clásico da SD, e INSTALACIONES JEYCAR, empresa de fontaneria do noso gardamallas Carlos Tojeiro. Gracias ó seu esforzo e ó de outros coma eles cada domingo a SD pasea o nome de Sofán polos campos da costa.

lunes, noviembre 02, 2009

S.D. SOFAN 3 - CORME 0

Gran partido de futbol o disputado onte polo equipo local, sen dúbida o mellor da tempada no Carral. O Corme, que acudiu con algunha baixa importante, non foi rival para un Sofán que vai afinando a maquinaria e que onte rendiu á perfección, con momentos de gran fútbol facendo disfrutar os mais de 100 espectadores que se deron cita no graderío. Tarde chuviosa e terreo de xogo en perfecto estado.

S.D. SOFAN - J.Ramon, Diego, Oscar Pardo, Gende, Juanjo, Alemán, Mario Casal, Eloy (Jacobo 58´), Abel (Manolo Varela 75´), Bertin (Berti 58´) e Adrian Garcia.

CORME - Suso, Martin, Adolfo, Lelo, Pandi, Rafa Valiña, Lucas (Benja 87´), Diego (Gonzalo 57´), Fus (Abel 57´), Martin Torrado (Alejo 57´) e Iago.

ARBITRO: Pardo Pose

GOLES.
1-0 15´Xogada de Eloy pola banda esquerda que remata Adrian Garcia no segundo pao á rede
2-0 27´Saque de banda que peina Mario Casal e Eloy no segundo pao non perdoa
3-0 37´Gran xogada de Eloy na frontal da area que lle serve en bandexa o balón a Bertin para que este marque a placer.


Saiu a SD con un ritmo endiablado, dominando o medio do campo e creando perigo en case todas as chegadas á area rival. Aleman, que completou un partidazo, e Mario roubaban infinitos balóns e servían os dianteiros. Bertin moveuse moi ben entre lineas e del sairon os mellores pases da tarde. Nunha asistencia do 9 Eloy quedou so ante Suso pero dou o pase antes de rematar e perdeuse a ocasión . O rubio xogador estivo moi fino e tanto el como Adrian foron un pesadelo entrando por bandas. Diego probou de longa distancia un par de veces pero non encontrou porta. O Corme so tiña o recurso de buscas a Iago en largo, pero a liña defensiva local mostrouse infranqueable, e para unha vez que foi superada, estaba ahí Jose R. para salvar o perigo. Os goles foron caendo e o público cansouse de aplaudir as boas xogadas trenzadas polo conxunto de Baña neste primeiro tempo.

O segundo foi un trámite, ainda que a SD fixo disfrutar á afección con un xogo veloz, vertical e por momentos preciosista. O Corme non foi capaz de crear perigo excepto nun disparo lonxano ó que respondeu Jose con un paradón. Alemán seguiu co seu particular recital, e Adrian demostrou que ten a lesión completamente olvidada. Berti tivo unha boa ocasión tras unha gran xogada de equipo pero o seu duro disparo saiu a rentes do pao.

Mantense a boa liña do equipo, ante as trascendentais xornadas que se acercan. Xa son 13 puntos dos últimos 15 posibles, e o domingo viaxaremos a Carnota para enfrontarnos ó Pindo tentando que siga a xeira.

jueves, octubre 29, 2009

PARTE DE SANCIONS. 2 partidos a David Baña

Se esperpéntica foi a actuación do colexiado o Sr. Vazquez Expósito o domingo no Sofan - Esteirana, xa non digamos o parte de sancións desta semana, que ten ata un pouquiño de caracter cómico. E que a vida haina que tomar con unha sonrisa, que senon...

Sancionase ó mister David Baña con dous partidos pola expulsión que sufriu no transcurso do encontro, e ó delegado Jesus Miniño con un partido por "... non prestar a debida axuda ó colexiado ó rematar o encontro para gañar o vestiario...". Curioso, si señor, sobre todo tendo en conta que o colexiado se abriu paso a base de insultar ó respetable e un par de "gardaespaldas" o esperaban na porta do vestiario para desfacerse de todo aquel que viñera molestar.

Múltase á SD con 20 € por incidentes co público, que non pasaron de catro berros e en ningún momento aparecen en acta, e múltase á Esteirana con outros 20 € por ¡¡ chegar tarde ó partido!!!. Ós que alí estivemos parécenos que a Esteirana chegou ó encontro á súa hora, pero bueno... un capítulo mais da comedia arbitral que sufrimos todos os fins de semana na Liga da Costa. Tomémolo con humor.

lunes, octubre 26, 2009

S.D. SOFAN 3 - ESTEIRANA 2

Tarde de sufrimento para a parroquia sofanista a de onte, na que se conqueriu a primeira victoria como local a pesar da indignante actuación do colexiado Vazquez Expósito. A Esteirana pelexou os puntos de maneira moi digna, e vencia a falla de 15 minutos para o final, pero o arreon final dos futbolístas da SD doulle un triunfo que por ocasións xa debería ter asegurado antes.

SD SOFAN: Jose R., Mario Casal, Diego, Gende, Juanjo, Alemán, Jacobo (Oscar 76´), Abel, Eloy, Bertin e Adrian (Berti 65´).

ESTEIRANA: Richard, Fran (Uru 46´), Maceiras, Adelino, Chispi, Suizo, Iago, Pepiño, Picholeiro, Alberto, Tarujo (Alex 46´).

ARBITRO: Vazquez Expósito, que amonestou a Jose R., Mario, e Abel pol parte local, e a Richard e Adelino por parte visitante.

GOLES:
1-0 14´Corner botado por Eloy que Gende remata de cabeza de maneira inapelable.
1-1 65´Adelino supera a Jose R. na sua saida
1-2 69´Alex de disparo dende fora da area
2-2 79´Eloy engancha un tremendo trallazo ó borde da area ante o que nada pode facer Richard
3-2 84´Xogada de Mario que cede o balón a Berti, este recorta o defensa e bate a Richard


Dominou de principio a fin a SD o primeiro tempo, encontrouse con un gol tempraneiro pero marrou varias ocasións claras para sentenciar a contienda. A Esteirana saiu moi temerosa, xogando con cinco defensas e o veterano Adelino de libero. A SD non via perigo na sua meta de tivo a posesión do balon a maior parte do tempo. Abel marrou a ocasión mais clara nun man a man con Richard, e Eloy disparou dende fora da area á base do pao. O home mais perigoso por parte dos visitantes foi Alberto, que inquedou varias veces coa sua velocidade á defensa local.

O segundo tempo foi de locura. A apatia e baixo ritmo de xogo da SD propiciou a remontada visitante. Os de Sil creceronse coa entrada de Alex, moi incisivo neste treito de partido. Co marcador en contra o Sofán botouse cara arriba á desesperada e creou numerosas ocasións, con Mario Casal de dianteiro centro. O propio Mario marrou un par de claras opcións, Abel tivo outra nunha das suas habituais cabalgadas, Richard fixo duas intervencions magníficas a tiros de Eloy, pero no terceiro disparo do rubio xogador, non puido facer nada. O gol de Berti levou o delirio á parroquia local, e dou un triunfo xusto á SD ante un correoso rival.

lunes, octubre 19, 2009

SP. ZAS 1 - S.D. SOFAN 2

Tardou sete xornadas en aparecer a verdadeira SD, a da garra, a velocidade en ataque, a que da a talla en campos dificiles, e fixoo en San Andres, impoñéndose con xustiza ó lider Sp. Zas. Tarde soleada na que acudiron numerosos afeccionados sofanistas, que non pararon de animar ó seu equipo en todo o encontro.

SP. ZAS - Norberto, Pereiro (Churian 75´), Roli, Julian, Chentoni, Jorge Espasandin (Juan Ramon 68´), Kiko (Diego Suarez 88´), Navarro, Mario, Rubio e Braulio.

S.D. SOFAN - José R., Mario, Diego, Juanjo, Gende, Aleman, Pizo, Abel, Adrian (Jacobo 63´), Eloy (Oscar 89´) e Bertin (Berti 75´).

ARBITRO: Rivas Rodriguez, que amonestou a Norberto, Pereiro, Navarro e Braulio por parte local, e a Mario, Gende e Pizo por parte visitante. Expulsou a Rubio no min. 86.

GOLES:
1-0 m. 26 Falta ó borde da area por rigurosa man de Jose R. ó sacar, que lanza Julian, e o balón colase tras rebotar en Juanjo e despistar ó meta sofanista
1-1 m.54 Internada de Abel pola linea de fondo, o balón sae de porta, a defensa do Zas quedase parada, Abel centra e Bertin marca ante a incredulidade dos locais.
1-2 m. 69 Pase longo de Diego que Roly tenta ceder a Norberto quedandose o balón corto, e Bertin aproveitase para anotar o definitivo tanto.

Saiu o Zas moi metido no partido e realizou uns primeiros minutos de acoso á meta visitante. Braulio tivo duas claras ocasións, lanzando un balón ó pao, e Jose R. fixo unha milagrosa intervención a tiro de Rubio. O gol de falta de Julian facia xustiza ó visto no partido. A partir de ahi e co marcador en contra a Sd comezou a controlar o xogo, con Pizo e Aleman facendose co medio do campo. As ocasións neste periodo foron a balon parado principalmente, ainda que a mais clara a tivo Eloy nunha volea ó borde da area que enganchou con dificultades e non puido bater a Nor.

O segundo tempo foi outra cousa. Abel situouse en punta e foi un autentico pesadelo para a defensa local, que foi incapaz de paralo, mentres que no outro lado a defensa da SD realizaba un gran encontro contendo as acometidas dos Braulio, Navarro, Rubio e compañia. A xogada clave foi o polemico gol do empate pois a partir de ahi o Zas descompúxose, xogou mais con corazon que cabeza e a SD ó contragolpe puido infrinxirlle unha goleada de escandalo. Berti en duas ocasións, Abel, e Oscar tiveron clarisimas ocasións para que o resultado fora mais abultado. Os dous mediocentros traballaron a destajo e todo o equipo dou un gran nivel, necesario por outra parte para levar a victoria do dificilisimo San Andres.

viernes, octubre 16, 2009

2 ENCONTROS DE SANCION PARA CARLOS

O gardameta da SD, Carlos "Jeycar" Tojeiro, cumplirá dous partidos de sanción tras ser expulsado do banquiño no derbi do domingo. A SD, ante os reiterados problemas de lesions do gran Carlos, incorporará en proximas a Alejandro Costa, porteiro vello coñecido da SD, que estivera no Paiosaco o ano pasado.
En outro orden de cousas, non se vacia a enfermeria en Sofán, e seguramente serán baixa para o encontro do domingo en Zas Roberto Souto, con un problema no soleo, Alberto Pensado con fortes dores na espalda, e Manuel Varela, con unha contractura no cuadriceps.

lunes, octubre 12, 2009

S.D. SOFAN 1 - SAN LORENZO 1

Gran espectaculo o vivido no campo do Carral, nun derbi apaixoante, xogado de poder a poder e que rematou cun xusto reparto de puntos. Tivo o encontro todos os ingredientes dun gran partido de futbol, con un tremendo ambiente nas gradas con mais de 500 persoas vendo o espectaculo, dous equipos que pelexaron ata a extenuación sobre o magnifico tapete sofanista e sobre todo corrección e deportividade entre xogadores e afección.

S.D. SOFAN - Jose R., Juanjo, Diego, Gende, Manolo Varela ( Berti 60´), Aleman, Pensado (Abel 55´), Bertin, Eloy (Pizo 77´) Mario e Jacobo (Adrian 70´).

SAN LORENZO - Diego Dourado, Quillo, Sergio Fariña, Puñal, Rudi, Cachizo, Manin, Styven (Jorge Pichel 74´) Javi Pensado, Pablo e Marcos Cancela (Omar 72´)

ARBITRO: Romero Lago, que amonestou a Diego, Gende, Jacobo e Abel por parte local, e a Manin, Styven e Cancela por parte visitante. Expulsou do banquillo o porteiro suplente local Carlos Tojeiro no min. 70

GOLES:
0-1 52´pérdida de balon da defensa sofanista, Pablo centra e Cancela remata a placer dentro da area.

1-1 77´Deixada de Berti a Abel que empalma un tremendo trallazo que se cola a rentes do pao dereito de Diego Dourado.

O partido cumpliu todo o que prometia. Saiu o San Lorenzo moi enchufado e foi o dominador do primeiro acto. Creou perigo nas xogadas a balon parado e anulouselle un gol a Styven por dubidoso fora de xogo. Tivo outra gran ocasión Marcos Cancela pero a saida de Jose R. evitou o tanto. O equipo local, moi precipitado e sen encontrar ocos na ben pertrechada defensa visitante, so creou perigo en algun disparo lonxano, principalmente por medio de Pensado e Jacobo. Manin realizou un gran partido no centro do campo verdilles, contendo o ataque dos sofanistas, e toda a liña defensiva visitante tamen raiou a gran altura. O xogo endureceuse un pouco antes do descanso producto da tension do partido e do forte ritmo imposto por ambos equipos, que demostraron estar a un nivel físico alto.

No segundo tempo chegaron os goles. Nun erro defensivo local adiantouse o San Lorenzo. Nestes minutos de desconcerto os visitantes tiveron varias ocasións como un tiro de Styven que saiu rozando o pao e outro de Quillo ó que respondeu Jose R. cunha gran parada. Por terceira vez na tempada o cadro visitante adiantase no Carral. E tocaba remar contracorrente, cousa que fixo moi ben a SD, asumindo riscos cando os tiña que asumir, e completando unha ultima media hora que foi do mellor que se lles viu este ano. Pensado e Varela abandonaron o campo por sendas lesións, pasouse a xogar con defensa de tres, e a entrada de Abel, Pizo, Berti e Adrian dou a mordente necesaria. Chegaron as ocasións, a pesar de que os de Verdillo se defenderon moi ben. Abel plantouse so diante do gardameta e non foi quen de batelo. Bertin non acertou a rematar un gran pase de Mario no punto de penalti cando xa se cantaba o gol, e Adrian non conectou coa cabeza na area pequena un gran centro do propio Mario. Reclamaronse dous penaltis na area verdillesa, un bastante claro sobre Abel. Co empate parecia que os locais se ian levar o partido, pero Javi Pensado tivo unha clarisima ocasion a pouco do remate, ainda que Jose R. unha vez mais mostrou a sua sangue de horchata e detivo o man a man.

Xusto reparto de puntos nun partido dos que fan afección. Pareciu a de onte unha tarde das de antes, coas bancadas repletas e os equipos xogandose a vida no terreo de xogo

viernes, octubre 09, 2009

O DERBI, O DOMINGO AS 16:30 HORAS NO CARRAL

Chega un ano mais o partido mais esperado para as parroquias veciñas de Sofan e Verdillo, o derbi entre a SD e o San Lorenzo. Os dous equipos chegan tras resultados positivos o fin de semana pasado e coas pilas cargadas para deparar un bo espectáculo os moitos afeccionados que a bo seguro se achegarán ó Carral.

A SD, tras a sufrida victoria en Fisterra, espera o derbi como un punto de partida para comezar a escalar posicións na taboa clasificatoria. Darase a especial circunstancia que non estará presente no partido o mister Baña, pois ese mesmo día contrae matrimonio a súa irman en Barcelona. A bo seguro que o telefono do mister botará chispas durante a ceremonia nupcial. Serán Miniño e Subiela os que dirixan ó equipo. No aspecto deportivo, a SD contará coas seguras baixas de Suso Docampo, operado no dia de hoxe do xeonllo, Carlos Tojeiro con problemas nun xeonllo, e Gustavo, todavía pendente de cumplir a sanción imposta polo clube. Son dúbidas Roberto Souto, cun pequeno esguince de nocello, Pizo con gripe, e Abel, ainda que parece que o de Pastoriza e o mediocentro carballes chegarán para a ineludible cita.

No bando verdilles parece que non vai xogar Carliños, e é dúbida Jorge Pichel. O xoven e talentoso equipo de Manuel ven nun momento doce, todavia invicto, e despois dun meritorio empate ante o lider. Os veteranos Puñal e Manin arroupan un conxunto de xente nova e que está comenzando a facer ver o que poden dar de si na liga da costa. Os Rudi, Styven, Javi Pensado e compañía teñen unha boa proba de fogo no Carral. Presentase apaixoante o derbi un ano mais.

lunes, octubre 05, 2009

FISTERRA S.D. 0 - S.D. SOFAN 1

Cortou a xeira negativa de resultados a SD con un traballado triunfo a domicilio no Novo Cubaleiro de Corcubión, terreo onde se iniciou a costa abaixo do equipo o ano pasado, e onde esperamos que este ano se invirtan os papeis. Tarde pasada por auga e con moita neboa, con cerca de un centenar de afeccionados no graderío.

FISTERRA S.D. - Joselu, Sergio Manin, Piti, Manuel Cartamil, Dani, Borja Munitis, Roa, Julito, Tata, Mane (Bebeto 80´) e Nacho (José da Anchoa 73´).

S.D. SOFAN - Jose R., Juanjo, Diego, Gende, Manolo Varela, Pensado, Mario Casal, Alemán, Jacobo (Oscar 87´), Pizo e Bertín (Berti 83´).

ARBITRO: Brea Sanchez, que amonestou a Julito por parte local, e a Mario Casal por parte visitante.

GOLES:

0-1 m.55 Gran combinación á contra de toda a SD, que acaba con un pase en profundidade a Bertin, este gana a linea de fondo, da o pase da morte, Aleman non chega ó balón pero si que o fai Jacobo que remacha ó fondo da rede.


Que dificil é sacar puntos na liga da costa. Nun día pouco propicio para florituras, de vento e auga, puxo a SD o mono de traballo, plantexou un partido de pelexa no medio do campo e trouxo os puntos para Sofán. Co vento a favor levou o equipo visitante a iniciativa no primeiro tempo, pero sin excesiva claridade no seu futbol. Lanzou innumerables corners, e solo nun deles, desviado por un defensa, estivo a punto de marcar o primeiro gol. Mario e Jacobo tiveron sendas oportunidades en rexeites ó borde da area, pero os seus lanzamentos sairon altos. Cando despertou Mane o Fisterra comenzou a dar sinais de perigo. Sen dúbida o seu home mais decisivo, creou unha gran ocasión nunha contra pero a xogada morreu nun dubidoso fora de xogo.

A saida dos locais tras o descanso foi mais agresiva, con un futbol rápido e incisivo, pero o gol de Jacobo aplacoulle os animos pronto. Cartamil pasou a xogar de dianteiro centro e o acoso foi constante. A SD tivo unha clara ocasión nunha contra levada por Bertin que acabou con un disparo fora do atacante carballés. Os fisterráns abusaron do balón longo, pero a SD colocou cinco defensas e o catenaccio funcionou. Foille anulado un gol a Jose de Anchoa por posible fora de xogo. A ocasión mais clara foi para este mesmo xogador, nun barullo dentro da area que Pensado salvou rexeitando o que xa se cantaba como gol do empate. Soubo sufrir a Sd para levar os puntos.