jueves, octubre 29, 2009

PARTE DE SANCIONS. 2 partidos a David Baña

Se esperpéntica foi a actuación do colexiado o Sr. Vazquez Expósito o domingo no Sofan - Esteirana, xa non digamos o parte de sancións desta semana, que ten ata un pouquiño de caracter cómico. E que a vida haina que tomar con unha sonrisa, que senon...

Sancionase ó mister David Baña con dous partidos pola expulsión que sufriu no transcurso do encontro, e ó delegado Jesus Miniño con un partido por "... non prestar a debida axuda ó colexiado ó rematar o encontro para gañar o vestiario...". Curioso, si señor, sobre todo tendo en conta que o colexiado se abriu paso a base de insultar ó respetable e un par de "gardaespaldas" o esperaban na porta do vestiario para desfacerse de todo aquel que viñera molestar.

Múltase á SD con 20 € por incidentes co público, que non pasaron de catro berros e en ningún momento aparecen en acta, e múltase á Esteirana con outros 20 € por ¡¡ chegar tarde ó partido!!!. Ós que alí estivemos parécenos que a Esteirana chegou ó encontro á súa hora, pero bueno... un capítulo mais da comedia arbitral que sufrimos todos os fins de semana na Liga da Costa. Tomémolo con humor.

lunes, octubre 26, 2009

S.D. SOFAN 3 - ESTEIRANA 2

Tarde de sufrimento para a parroquia sofanista a de onte, na que se conqueriu a primeira victoria como local a pesar da indignante actuación do colexiado Vazquez Expósito. A Esteirana pelexou os puntos de maneira moi digna, e vencia a falla de 15 minutos para o final, pero o arreon final dos futbolístas da SD doulle un triunfo que por ocasións xa debería ter asegurado antes.

SD SOFAN: Jose R., Mario Casal, Diego, Gende, Juanjo, Alemán, Jacobo (Oscar 76´), Abel, Eloy, Bertin e Adrian (Berti 65´).

ESTEIRANA: Richard, Fran (Uru 46´), Maceiras, Adelino, Chispi, Suizo, Iago, Pepiño, Picholeiro, Alberto, Tarujo (Alex 46´).

ARBITRO: Vazquez Expósito, que amonestou a Jose R., Mario, e Abel pol parte local, e a Richard e Adelino por parte visitante.

GOLES:
1-0 14´Corner botado por Eloy que Gende remata de cabeza de maneira inapelable.
1-1 65´Adelino supera a Jose R. na sua saida
1-2 69´Alex de disparo dende fora da area
2-2 79´Eloy engancha un tremendo trallazo ó borde da area ante o que nada pode facer Richard
3-2 84´Xogada de Mario que cede o balón a Berti, este recorta o defensa e bate a Richard


Dominou de principio a fin a SD o primeiro tempo, encontrouse con un gol tempraneiro pero marrou varias ocasións claras para sentenciar a contienda. A Esteirana saiu moi temerosa, xogando con cinco defensas e o veterano Adelino de libero. A SD non via perigo na sua meta de tivo a posesión do balon a maior parte do tempo. Abel marrou a ocasión mais clara nun man a man con Richard, e Eloy disparou dende fora da area á base do pao. O home mais perigoso por parte dos visitantes foi Alberto, que inquedou varias veces coa sua velocidade á defensa local.

O segundo tempo foi de locura. A apatia e baixo ritmo de xogo da SD propiciou a remontada visitante. Os de Sil creceronse coa entrada de Alex, moi incisivo neste treito de partido. Co marcador en contra o Sofán botouse cara arriba á desesperada e creou numerosas ocasións, con Mario Casal de dianteiro centro. O propio Mario marrou un par de claras opcións, Abel tivo outra nunha das suas habituais cabalgadas, Richard fixo duas intervencions magníficas a tiros de Eloy, pero no terceiro disparo do rubio xogador, non puido facer nada. O gol de Berti levou o delirio á parroquia local, e dou un triunfo xusto á SD ante un correoso rival.

lunes, octubre 19, 2009

SP. ZAS 1 - S.D. SOFAN 2

Tardou sete xornadas en aparecer a verdadeira SD, a da garra, a velocidade en ataque, a que da a talla en campos dificiles, e fixoo en San Andres, impoñéndose con xustiza ó lider Sp. Zas. Tarde soleada na que acudiron numerosos afeccionados sofanistas, que non pararon de animar ó seu equipo en todo o encontro.

SP. ZAS - Norberto, Pereiro (Churian 75´), Roli, Julian, Chentoni, Jorge Espasandin (Juan Ramon 68´), Kiko (Diego Suarez 88´), Navarro, Mario, Rubio e Braulio.

S.D. SOFAN - José R., Mario, Diego, Juanjo, Gende, Aleman, Pizo, Abel, Adrian (Jacobo 63´), Eloy (Oscar 89´) e Bertin (Berti 75´).

ARBITRO: Rivas Rodriguez, que amonestou a Norberto, Pereiro, Navarro e Braulio por parte local, e a Mario, Gende e Pizo por parte visitante. Expulsou a Rubio no min. 86.

GOLES:
1-0 m. 26 Falta ó borde da area por rigurosa man de Jose R. ó sacar, que lanza Julian, e o balón colase tras rebotar en Juanjo e despistar ó meta sofanista
1-1 m.54 Internada de Abel pola linea de fondo, o balón sae de porta, a defensa do Zas quedase parada, Abel centra e Bertin marca ante a incredulidade dos locais.
1-2 m. 69 Pase longo de Diego que Roly tenta ceder a Norberto quedandose o balón corto, e Bertin aproveitase para anotar o definitivo tanto.

Saiu o Zas moi metido no partido e realizou uns primeiros minutos de acoso á meta visitante. Braulio tivo duas claras ocasións, lanzando un balón ó pao, e Jose R. fixo unha milagrosa intervención a tiro de Rubio. O gol de falta de Julian facia xustiza ó visto no partido. A partir de ahi e co marcador en contra a Sd comezou a controlar o xogo, con Pizo e Aleman facendose co medio do campo. As ocasións neste periodo foron a balon parado principalmente, ainda que a mais clara a tivo Eloy nunha volea ó borde da area que enganchou con dificultades e non puido bater a Nor.

O segundo tempo foi outra cousa. Abel situouse en punta e foi un autentico pesadelo para a defensa local, que foi incapaz de paralo, mentres que no outro lado a defensa da SD realizaba un gran encontro contendo as acometidas dos Braulio, Navarro, Rubio e compañia. A xogada clave foi o polemico gol do empate pois a partir de ahi o Zas descompúxose, xogou mais con corazon que cabeza e a SD ó contragolpe puido infrinxirlle unha goleada de escandalo. Berti en duas ocasións, Abel, e Oscar tiveron clarisimas ocasións para que o resultado fora mais abultado. Os dous mediocentros traballaron a destajo e todo o equipo dou un gran nivel, necesario por outra parte para levar a victoria do dificilisimo San Andres.

viernes, octubre 16, 2009

2 ENCONTROS DE SANCION PARA CARLOS

O gardameta da SD, Carlos "Jeycar" Tojeiro, cumplirá dous partidos de sanción tras ser expulsado do banquiño no derbi do domingo. A SD, ante os reiterados problemas de lesions do gran Carlos, incorporará en proximas a Alejandro Costa, porteiro vello coñecido da SD, que estivera no Paiosaco o ano pasado.
En outro orden de cousas, non se vacia a enfermeria en Sofán, e seguramente serán baixa para o encontro do domingo en Zas Roberto Souto, con un problema no soleo, Alberto Pensado con fortes dores na espalda, e Manuel Varela, con unha contractura no cuadriceps.

lunes, octubre 12, 2009

S.D. SOFAN 1 - SAN LORENZO 1

Gran espectaculo o vivido no campo do Carral, nun derbi apaixoante, xogado de poder a poder e que rematou cun xusto reparto de puntos. Tivo o encontro todos os ingredientes dun gran partido de futbol, con un tremendo ambiente nas gradas con mais de 500 persoas vendo o espectaculo, dous equipos que pelexaron ata a extenuación sobre o magnifico tapete sofanista e sobre todo corrección e deportividade entre xogadores e afección.

S.D. SOFAN - Jose R., Juanjo, Diego, Gende, Manolo Varela ( Berti 60´), Aleman, Pensado (Abel 55´), Bertin, Eloy (Pizo 77´) Mario e Jacobo (Adrian 70´).

SAN LORENZO - Diego Dourado, Quillo, Sergio Fariña, Puñal, Rudi, Cachizo, Manin, Styven (Jorge Pichel 74´) Javi Pensado, Pablo e Marcos Cancela (Omar 72´)

ARBITRO: Romero Lago, que amonestou a Diego, Gende, Jacobo e Abel por parte local, e a Manin, Styven e Cancela por parte visitante. Expulsou do banquillo o porteiro suplente local Carlos Tojeiro no min. 70

GOLES:
0-1 52´pérdida de balon da defensa sofanista, Pablo centra e Cancela remata a placer dentro da area.

1-1 77´Deixada de Berti a Abel que empalma un tremendo trallazo que se cola a rentes do pao dereito de Diego Dourado.

O partido cumpliu todo o que prometia. Saiu o San Lorenzo moi enchufado e foi o dominador do primeiro acto. Creou perigo nas xogadas a balon parado e anulouselle un gol a Styven por dubidoso fora de xogo. Tivo outra gran ocasión Marcos Cancela pero a saida de Jose R. evitou o tanto. O equipo local, moi precipitado e sen encontrar ocos na ben pertrechada defensa visitante, so creou perigo en algun disparo lonxano, principalmente por medio de Pensado e Jacobo. Manin realizou un gran partido no centro do campo verdilles, contendo o ataque dos sofanistas, e toda a liña defensiva visitante tamen raiou a gran altura. O xogo endureceuse un pouco antes do descanso producto da tension do partido e do forte ritmo imposto por ambos equipos, que demostraron estar a un nivel físico alto.

No segundo tempo chegaron os goles. Nun erro defensivo local adiantouse o San Lorenzo. Nestes minutos de desconcerto os visitantes tiveron varias ocasións como un tiro de Styven que saiu rozando o pao e outro de Quillo ó que respondeu Jose R. cunha gran parada. Por terceira vez na tempada o cadro visitante adiantase no Carral. E tocaba remar contracorrente, cousa que fixo moi ben a SD, asumindo riscos cando os tiña que asumir, e completando unha ultima media hora que foi do mellor que se lles viu este ano. Pensado e Varela abandonaron o campo por sendas lesións, pasouse a xogar con defensa de tres, e a entrada de Abel, Pizo, Berti e Adrian dou a mordente necesaria. Chegaron as ocasións, a pesar de que os de Verdillo se defenderon moi ben. Abel plantouse so diante do gardameta e non foi quen de batelo. Bertin non acertou a rematar un gran pase de Mario no punto de penalti cando xa se cantaba o gol, e Adrian non conectou coa cabeza na area pequena un gran centro do propio Mario. Reclamaronse dous penaltis na area verdillesa, un bastante claro sobre Abel. Co empate parecia que os locais se ian levar o partido, pero Javi Pensado tivo unha clarisima ocasion a pouco do remate, ainda que Jose R. unha vez mais mostrou a sua sangue de horchata e detivo o man a man.

Xusto reparto de puntos nun partido dos que fan afección. Pareciu a de onte unha tarde das de antes, coas bancadas repletas e os equipos xogandose a vida no terreo de xogo

viernes, octubre 09, 2009

O DERBI, O DOMINGO AS 16:30 HORAS NO CARRAL

Chega un ano mais o partido mais esperado para as parroquias veciñas de Sofan e Verdillo, o derbi entre a SD e o San Lorenzo. Os dous equipos chegan tras resultados positivos o fin de semana pasado e coas pilas cargadas para deparar un bo espectáculo os moitos afeccionados que a bo seguro se achegarán ó Carral.

A SD, tras a sufrida victoria en Fisterra, espera o derbi como un punto de partida para comezar a escalar posicións na taboa clasificatoria. Darase a especial circunstancia que non estará presente no partido o mister Baña, pois ese mesmo día contrae matrimonio a súa irman en Barcelona. A bo seguro que o telefono do mister botará chispas durante a ceremonia nupcial. Serán Miniño e Subiela os que dirixan ó equipo. No aspecto deportivo, a SD contará coas seguras baixas de Suso Docampo, operado no dia de hoxe do xeonllo, Carlos Tojeiro con problemas nun xeonllo, e Gustavo, todavía pendente de cumplir a sanción imposta polo clube. Son dúbidas Roberto Souto, cun pequeno esguince de nocello, Pizo con gripe, e Abel, ainda que parece que o de Pastoriza e o mediocentro carballes chegarán para a ineludible cita.

No bando verdilles parece que non vai xogar Carliños, e é dúbida Jorge Pichel. O xoven e talentoso equipo de Manuel ven nun momento doce, todavia invicto, e despois dun meritorio empate ante o lider. Os veteranos Puñal e Manin arroupan un conxunto de xente nova e que está comenzando a facer ver o que poden dar de si na liga da costa. Os Rudi, Styven, Javi Pensado e compañía teñen unha boa proba de fogo no Carral. Presentase apaixoante o derbi un ano mais.

lunes, octubre 05, 2009

FISTERRA S.D. 0 - S.D. SOFAN 1

Cortou a xeira negativa de resultados a SD con un traballado triunfo a domicilio no Novo Cubaleiro de Corcubión, terreo onde se iniciou a costa abaixo do equipo o ano pasado, e onde esperamos que este ano se invirtan os papeis. Tarde pasada por auga e con moita neboa, con cerca de un centenar de afeccionados no graderío.

FISTERRA S.D. - Joselu, Sergio Manin, Piti, Manuel Cartamil, Dani, Borja Munitis, Roa, Julito, Tata, Mane (Bebeto 80´) e Nacho (José da Anchoa 73´).

S.D. SOFAN - Jose R., Juanjo, Diego, Gende, Manolo Varela, Pensado, Mario Casal, Alemán, Jacobo (Oscar 87´), Pizo e Bertín (Berti 83´).

ARBITRO: Brea Sanchez, que amonestou a Julito por parte local, e a Mario Casal por parte visitante.

GOLES:

0-1 m.55 Gran combinación á contra de toda a SD, que acaba con un pase en profundidade a Bertin, este gana a linea de fondo, da o pase da morte, Aleman non chega ó balón pero si que o fai Jacobo que remacha ó fondo da rede.


Que dificil é sacar puntos na liga da costa. Nun día pouco propicio para florituras, de vento e auga, puxo a SD o mono de traballo, plantexou un partido de pelexa no medio do campo e trouxo os puntos para Sofán. Co vento a favor levou o equipo visitante a iniciativa no primeiro tempo, pero sin excesiva claridade no seu futbol. Lanzou innumerables corners, e solo nun deles, desviado por un defensa, estivo a punto de marcar o primeiro gol. Mario e Jacobo tiveron sendas oportunidades en rexeites ó borde da area, pero os seus lanzamentos sairon altos. Cando despertou Mane o Fisterra comenzou a dar sinais de perigo. Sen dúbida o seu home mais decisivo, creou unha gran ocasión nunha contra pero a xogada morreu nun dubidoso fora de xogo.

A saida dos locais tras o descanso foi mais agresiva, con un futbol rápido e incisivo, pero o gol de Jacobo aplacoulle os animos pronto. Cartamil pasou a xogar de dianteiro centro e o acoso foi constante. A SD tivo unha clara ocasión nunha contra levada por Bertin que acabou con un disparo fora do atacante carballés. Os fisterráns abusaron do balón longo, pero a SD colocou cinco defensas e o catenaccio funcionou. Foille anulado un gol a Jose de Anchoa por posible fora de xogo. A ocasión mais clara foi para este mesmo xogador, nun barullo dentro da area que Pensado salvou rexeitando o que xa se cantaba como gol do empate. Soubo sufrir a Sd para levar os puntos.