domingo, enero 27, 2008

PORTEÑO 2 SD SOFAN 1

Terceira derrota consecutiva da SD, nun encontro disputadisimo pero de escaso futbol, moi influido polas peculiares condicions do campo da Grixa. O equipo local adaptouse moito mellor á superficie e dimensions do terreo de xogo e con un futbol moi serio levouse os tres puntos.

PORTEÑO - Diego, Matias, Asturiano (Oscar m.55), Rosquilleiro, Manuel, Jemisa (J.Manuel m.50), Alberto, Isma, Piti (Jose Luis m.67), Juan Bello e Sergio Varela(Cousillas m.55).
SD SOFAN - J.Ramon, Baneira, Victor (Adrian m.72), Juanjo, Varela, Pizo, José (Eloy m.53), Marcial (Oscar m.67), Cristian, Suso Docampo (Berti m.72) e Bertin.

ARBITRO, Garcia Vilariño, que amonestou a Rosquilleiro e Cousillas por parte local, e a Varela, Bertin e Adrian por parte visitante.

GOLES. 0.1 m24 Jose engancha unha tremenda volea que entra pola escuadra 1.1 m.36 falta rematada o largueiro e Piti anota o rexeite 2.1 m.41 Sergio Varela peina un balon largo e Isma eleva de cabeza ante a saida de Jose Ramon.

Comenzou a SD coas ideas moi claras, practicando un futbol bastante directo co obxectivo de buscar a Bertin e Cristian con rapidez. Un bo remate de Cristian alto precediu a unha clarisima ocasion de Bertin e Suso, que remataron por duas veces a bocajarro pero non foron capaces de anotar. O Porteño creaba perigo a balon parado e nos saques de banda, e Juan Bello rematou de cabeza a rentes do pao. Co gol de Jose o Porteño comenzou a apretar un pouquiño mais, buscando balons a Sergio Varela, que tivo unha dura pelexa coa defensa da SD. En dous despistes da zaga visitante o Porteño adiantouse antes do descanso.

O segundo tempo foi un monologo da SD, cun equipo local que buscaba a contra para crear perigo. O Sofan tentou de xogar de maneira mais combinativa, e as ocasions chegaron, pero non se materializaron. Bertin disparou fora dende o borde da area, Cristian pouco despois rematou alto, e Berti tivo a mais clara, tras regatear a un defensa, mandou o balon o largueiro. Nos ultimos intres, Varela tentouno nun remate de cabeza, pero non era o dia da SD.

domingo, enero 20, 2008

S.D. SOFAN 1 CARNOTA 2

Resucitou o Carnota no campo do Carral, onde xa gañara o ano pasado. Na tarde de hoxe levouse os puntos con xustiza, pois os locais, a pesar de adiantarse no marcador, nunca deron sensacion de perigo e pola contra os de Carnota crearon ocasions suficientes para anotar algun gol mais.

SD SOFAN - Jose Ramon, Baneira (Adrian m. 65), Pancho (Oscar m.77), Juanjo, Gende, Pizo, Victor, Bertin, Berti (Cristian m.60), Suso Docampo e Eloy(Marcial m. 79)
CARNOTA - Luis de la Peña, Nico, Jorge, Pedro, Berto, Martin, Toni(Deme m. 61), Sergio (Nando m. 70), Ubaldo, Tropi e Casti (Fernando m.78).

ARBITRO - Castaño Diaz, que amonestou a David Baneira, Pancho, Victor Docampo e Gende por parte local, e a Tropi por parte visitante

GOLES - 1-0 m. 18 Centro de Eloy dende a esquerda e remate de cabeza de Berti moi axustado ó pao contrario. 1-1 m. 23 Balon longo a Casti que bate a Jose Ramon na sua saida. 1-2 m.62 Pase en profundidade a Casti que encara a Jose Ramon e superao con frialdade.

Xa nos primeiros minutos se viu que o Carnota viña a por todas, e Casti fallou un par de claras ocasions antes dos 10 minutos iniciais. Na outra porteria Berti rematou un pase de Suso alto por pouco. Jose Ramon, moi ben toda a tarde, parou unha falta lanzada por Tropi e pouco despois chegou o gol de Berti, protestado polos visitantes que entenderon que o centro de Eloy se producira dende fora do campo. Non se veu abaixo o Carnota e Tropi e Ubaldo seguiron creando futbol para Casti, que foi un pesadelo para a defensa do Sofan. O empate facia xustiza, ainda que o dianteiro do Carnota estaba en fora de xogo. Pouco despois, noutro claro fora de xogo, encarou a Jose Ramon, e tras regatealo escapouselle o balon pola linea de fondo. No tramo final do primeiro periodo Eloy fixo un par de boas xogadas por banda que non encontraron rematador, e Berti enganchou un gran disparo a pase de Bertin que Luis rexeitou en gran parada.

O inicio do segundo tempo seguiu polos mismos derroteros. Jose Ramon salvou un gol cantado no minuto 50 con unha excepcional parada, pero non puido facer nada ante o segundo gol visitante. A partir de ahi o Sofan realizou cambios e tentou de apretar un pouco mais, pero o Carnota na contra creou un par de xogadas perigosas. Martin no medio co campo convertiuse no amo do partido, manexando o ritmo do xogo ó seu antoxo. Solo un tiro de Cristian tras pared entre Bertin e Suso e unha postrera falta lanzada por Pizo que rechazou Luis con suficiencia foron as ocasions dos locales, que non encontraron ocos na ordenada defensa do Carnota.

domingo, enero 13, 2008

SD SOFAN 0 PONTECESO SD 1

Inxusta derrota a da SD na tarde de hoxe, pois dispuxo de numerosas ocasions para desnivelar o marcador ó seu favor, pero un riguroso penalti sinalado por mans de Gende dou os tres puntos ó equipo visitante.

SD SOFAN - Costa, Victor Docampo, Oscar, Juanjo, Gende, Pizo, Adrian(Jose m.78), Marcial (Cristian m.71), Berti, Suso Docampo e Bertin.
PONTECESO SD - Barca, Felipe (Salva m.84), Carliños, Mato, Roberto Rios (M.Torrado m.61), Tucho, Bolon(Toniño m. 65), Miguel Martinez, Mendieta, Pablo Rama (Mario m.69) e Ruben.

ARBITRO: Santos Rey, amonestou a Oscar, Gende, Adrian e Bertin por parte local. Expulsou ó entrenador Chema Eiris por protestas reiteradas. Por parte do Ponteceso ensinou carton amarelo a Pablo Rama e a Salva.

GOL: 0-1 M. 68 Toniño de penalti.

Decepcion na parroquia local por esta derrota, pois o equipo fixo meritos sobrados para levar os tres puntos, chegou a estrellar 3 balons contra os paos da meta de Barca pero vaise de vacio.

O terreo de xogo, a pesar das pertinaces choivas , encontrabase en magnifico estado, algo blando e encharcado pero permitia a practica do futbol sen problemas. No arranque de partido a SD esperou ó Ponteceso no seu campo, e tentou lanzar rapidas contras para sorprender ó equipo visitante. Bertin reclamou un penalti nada mais empezar o partido, e pouco despois Berti tivo a primeira das suas numerosas ocasions nun balon que controlou moi ben pero estrellou no corpo de Barca. Acto seguido recibiu unha pelota dentro da area, revolviuse ben e lanzou un disparo que repeliu a cruceta. Bertin estaba en estado de gracia, moi rapido é incisivo, e as suas combinacions con Suso creaban perigo na zaga dos da Ponte. Marcial, de forte disparo, mandou a pelota ó largueiro novamente. Parecia que o balon non queria entrar. Carliños tentouno con un par de faltas lonxanas, pero Costa estaba moi seguro.

O segundo acto foi mais do mesmo. O Ponteceso, sabedor de que solo lle valia a victoria, botouse para adiante e creou un par de ocasions, mais por insistencia que por futbol. Os locales enlazaron un par de rapidas xogadas con ocasions para Berti e Bertin, e Barca o tentar despexar un centro mandou o balon novamente o pao longueiro. O penalti confirmou aquelo de "quen perdona paga", e o posterior asedio sofanista ó marco pontecesan non deu froito ningun.

Sigue o Ponteceso na sua carreira polo titulo, e queda o Sofan en zona de nadie ante a visita ó Carral do Carnota o proximo domingo.

sábado, enero 12, 2008

viernes, enero 11, 2008

BAIXAS PARA O DERBI

Extenso parte de sancions o emitido pola Federación Galega na actual semana polo que respecta á liga da Costa. Parece que co paso das xornadas se van endurecendo os partidos e a tension vai en aumento. Referindonos ó apaixoante SD Sofan - Ponteceso a xogar o domingo no campo do Carral, 3 son os homes que se perderan o partido: por parte local Eloy e David Baneira foron sancionados con un partido cada un pola sua expulsion do outro dia en Buño, e polo bando pontecesan Nando sufre acumulacion de amonestacions. Importantes baixas para ambos conxuntos, quizais mais decisivas no caso da SD, ainda que o amplio plantel do que dispon Chema fai pensar que non se deben de notar en demasia.
Por outra banda, preocupa como aguantará o cesped do Carral as intensas choivas desta semana. Ainda que o drenaje funciona perfectamente quizais encontremos un terreo de xogo algo blando que faga plantexar un partido menos vistoso do que en principio poderiamos ver. Ainda así calidade hai nos dous bandos de sobra para que o espectaculo sexa digno, e a espectacion en Sofan crece a medida que se acerca o domingo.

domingo, enero 06, 2008

BUÑO CF 2 SD SOFAN 2

Sacou un puntiño a SD no campo de Xaviña, en tarde pasada por auga e con arbitraje do inclito Mañana Castro, que unha vez mais dou un autentico recital. Alinearon os dous conxuntos a:

BUÑO - Añon, Oscar Moscoso, Carlos, Manolo (Aitor), Aldao, Mario, Neucha (Dourado), Jorge Calvete (David), Victor, Emilio (Richard) e Juan Antelo.
SD SOFAN - J.Ramon, Baneira, Victor, Juanjo, Gustavo, Pizo, Adrian (Gende m.77), Marcial, Berti, Suso Docampo e Eloy.

ARBITRO: Mañana Castro, que expulsou a Oscar e Carlos do Buño, e a Baneira e Eloy por parte da SD, asi como ó entrenador local e ó delegado visitante.

GOLES: 0-1 m. 7 Internada de Adrian pola banda dereita, da o pase da morte a Berti que marca 1-1 m.13 Emilio remata a placer á saida dun corner botado por Neucha 2-1 m. 22 Neucha de libre directo engancha un trallazo que entra pola escadra 2-2 m. 80 Barullo na area local que resolve Suso Docampo.

Tipico derbi o xogado hoxe, con moita tension e emocion, pero escaso futbol, e con un invitado ó espectaculo, o colexiado, que "amenizou" a funcion con unha arbitraxe moi mala, ainda que sin chegar a ser decisivo no resultado.

O gol inicial da Sd facia presaxiar unha tarde tranquila para os de Sofan, pero o Buño veuse arriba e con un Victor determinante, autentico pesadelo para a defensa da SD, xogou 20 minutos de bo futbol e doulle a volta o marcador. J.Ramon tivo que sacar un par de mans a remates de Victor, que ainda que estivo negado cara o gol, foi o mellor xogador do partido. A SD nunca encontrou un ritmo alto de balon que permitise explotar o futbol por bandas que soe practicar. Eloy estivo ben marcado e o Buño obligou a realizar un futbol moi directo no que os ataques visitantes se perdian na nada.

No segundo tempo a Sd arriscou mais coa expulsion de Oscar, pero apenas encontrou ocos na poblada defensa do Buño, que buscou a contra con descaro e creou perigo coa saida de Richard, que estrellou unha chilena no longueiro. Solo un tiro de Adrian que rexeitou Añon foi a opcion que tivo a SD, que con mais garra que ideas logrou empatar a contienda. O show de Mañana fixo que os ultimos minutos non se vira futbol en absoluto.

miércoles, enero 02, 2008

PREVIA BUÑO - SD SOFAN

Ante o importante partido do domingo imos recordar o que pasou nas duas ultimas tempadas no campo de Xaviña:

Na liga 2005/2006 os dous equipos estaban en 3ª rexional, e mantiveron un bonito duelo co Montelouro polo titulo. Na 7ª xornada a SD foi quen de ganar en Buño

25/11/05
BUÑO 1 - SD SOFAN 2

BUÑO: Suso, Oscar, Jose Manuel, Diego, Sito, Angel, Neucha, Carlos, Victor, Richard, Emilio
SD SOFAN: Dani, José, Gustavo, Juanjo, Varela, Pombo, Julio, Maqui, Pabeto, Suso e Victor Docampo.

GOLES: 1.0 m.6 Victor 1.1 m.41 Suso Docampo 2.1 m.76 Varela

Nun dia desapacible a SD foi superior a un Buño que solo nos ultimos 10 minutos tirou de casta para crear algun perigo. Gran partido dos centrocampistas visitantes Pombo e Maqui, e sobre todo de Juanjo, que marca de maneira impecable á figura local Victor.

O ano pasado, xa cos dous equipos en 2ª Rexional, o resultado foi mais contundente ainda.

14/01/07
BUÑO 0 - SD SOFAN 3

BUÑO - Añon, Ramiro (Richard m.45), Diego, Caamaño, David, Carlos, Neucha, Ruben, Victor, Mario, Emilio
SD SOFAN - Dani, José, Gende, Varela, Gustavo, Pizo, Bertin (Pancho m.77), Pablo Vazquez, Cristian (Pabeto m.70)(You m.82), Eloy (Cancela m.67) e Juanjo.

GOLES: 0-1 m. 32 Pizo de corner directo 0-2 m. 45 Bertin de pty. 0-3 m 64 Bertin o rematar unha falta sacada por Pizo

A ver o que depara o derby este domingo, seguro que emoción non falta.