lunes, marzo 30, 2009

S.D. SOFAN 1 - SCD MALPICA 3

Victoria balsámica a do Malpica no Carral na tarde de onte que lle permite seguir dependendo de si mesmo para evitar o descenso directo. O Sofán tentouno con insistencia, sobre todo no segundo tempo, pero o porteiro visitante Toni tivo unha tarde moi inspirada. Boa afluencia de publico con uns 100 espectadores no graderío.

SD SOFAN: Carlos; Cristian (Abel 37’), Óscar Pardo (Diego 51’), Gende (Berti 55’), Gustavo, Pizo, Víctor Docampo, Juanjo, Suso Docampo, Eloy, Bertín.

SCD MALPICA: Toni; Víctor, Marcos Amado, Alfredo II, Posiño, Eloy (Manu Pardo 74’), Alfrediño, Rancaño, Charro (Iago 88’), Elías (Charly 66’), Andrés (Quique 74’)

ARBITRO: Pampín Lavena. Amonestou a Gende, Pizo e Bertín por parte local, e a Alfrediño, Charro e Manu Pardo. Expulsou ao adestrador local David Baña e a Gustavo ó rematar o encontro por realizarlle observacións

GOLES
0-1 m.30´cesión de Bertín a Carlos que despeja con dificultades, o balon caelle a Charro que regatea a Juanjo e marca por baixo.
1-1 m.65 saque de banda á olla que peina un defensa, o balón caelle a Abel que cruza ante a saida de Toni
1-2 m.81 Pase en profundidade de Manu Pardo a Charro que lle gana en carreira a Victor e bate a Carlos na sua saida.
1-3 m.87 Charro aproveita un erro da defensa da SD e bate dende cerca a Carlos

Partido tenso no Carral, debido ó moito que se xogaba o equipo visitante. A Sd, a pesar de estar case de vacacións, puxo toda a carne no asador, sobre todo nun bo segundo tempo que non tivo xusta recompensa. Saiu o Malpica mais enchufado ó partido, dominando o xogo pero sin crear ocasións. So un disparo de Elias sembrou incertidumbre no cadro local. Unha gran xogada entre Victor e Eloy acabou cun remate de cabeza do primeiro que saiu fora por pouco. Charro anotou o primeiro nun erro defensivo local, e xusto despois pudo igualar Suso, pero Toni realizou unha gran parada salvando o seguro empate. Lesionouse Christian no tramo final deste tempo, con posible rotura de fibras.

Saiu a Sd decidida a remontar no segundo tempo, e mereceuno claramente. O Malpica, con moita precaución, encerrouse na area e encomendouse ás rápidas contras. As ocasións locais foron caento, e Toni respondeu sucesivamente a disparos de Abel e Pizo. O empate mascábase no ambiente e chegou por parte de Abel, moi incisivo no tempo que estivo no campo. Carlos respondeu con grandes paradas a tiros de Eloy e Rancaño. A defensa malpicana xogou un bo partido e estivo firme nestes minutos de acoso local, e casualmente, o equipo que mais necesitaba os puntos encontrounos nunha contra montada tras un roubo no mediocampo local. O terceiro gol foi un trámite para o que quedaba de partido.

viernes, marzo 27, 2009

PREVIA SD SOFAN - SCD MALPICA

Partido de rivalidade o domingo no Carral. Visítanos a SCD Malpica, que necesita imperiosamente a victoria para ver un pouco aliviada a súa situación clasificatoria. A falta de únicamente 2 partido para o remate da competición os malpicáns están situados 1 punto por encima do descenso directo, no posto 14º da taboa. A SD non se xoga nada no envite, pois cos seus 42 puntos xa fai algún tempo que non ten obxectivos reseñables.

Son baixa no conxunto local por sanción o gardameta José Ramón, Mario e Manolo Varela. O mister David Baña mantén as dúbidas de Santi (problemas musculares) e Diego (este por unhas molestias no nocello). No cadro visitante, que ven sen sancionados, cabe resaltar a recuperación do medio Rancaño, que xa disputou uns minutos a semana pasada contra o SAn Lorenzo, tras varios meses de lesión. Volve ó Carral o ex-sofanista Alfredo, que posiblemente formará no centro da defensa malpicana.

A bo seguro que tanto Santa Comba B, que se enfronta ó Xallas, como San Lorenzo, que xoga contra o Porteño en Verdillo, estarán atentos ó que poida suceder no Carral, pois o seu futuro na categoría quizais dependa deste resultado. Presentase por tanto un partido apaixoante no cesped sofanista.

No partido da primeira volta os malpicáns endosaran unha goleada ó Sofan, 4-1 nin mais nin menos, devolvendo o 4-0 que recibiran no Carral o ano pasado. Foran goleadores naquela ocasión Eloy en 2 ocasións, Bertin, e o lesionado Adrian Garcia.

sábado, marzo 21, 2009

XALLAS C.F. 5 - S.D. SOFAN 5

Puro espectaculo en Fontenla, con dous equipos sen problemas clasificatorios lanzados en pos do gol durante todo o partido. Dia soleado que fixo agradable a vision de un gran partido de fútbol, ainda que os adestradores non estarán moi contentos do que fixeron defensivamente os seus equipos. Alinearon ambos conxuntos a:

XALLAS CF: David, Ruben, Sergio Pose (Pepe 65´), Sergio Martinez, Carteiro, Ricardo, Jaime, Ricard, Ovidio, Jose Angel, Jesus.

S.D. SOFAN: J.R., Christian (Oscar Pardo 46´), Gustavo, Juanjo, Gende, Pizo, Victor Docampo, Bertin, Eloy, Suso Docampo e Berti(Abel 46´).

ARBITRO: Barros Vidal, que amonestou a Ricard por parte local e a Jose Ramon, Gende, Suso e Abel por parte visitante.

GOLES:
1-0 7´Ovidio recibe un pase de Jesus, encara a J.R. que rexeita o primeiro lanzamento pero non pode co segundo.
1-1 37´Bertin de penalti por mans de Ruben
2-1 39´Saque de banda que peina Jesus e Ovidio remata de maneira inapelable
2-2 44´Bertin de penalti a Juanjo
2-3 48´Tiro de Abel á escuadra que remacha Eloy baixo paos
2-4 53´Pase en profundidade de Bertin a Abel que se vai por velocidade e bate a David.
3-4 66´Ricard de tremendo trallazo dende fora da area
3-5 76´Abel gana linea de fondo en posible fora de xogo e cede a Bertin para que marque a porta valeira
4-5 82´Jose angel de falta directa
5-5 92´Ricard tras un barullo á saida dun corner

Vaia partido o visto hoxe en Santa Comba. Dende o inicio se viu a dous equipos sen complexos, xogando ben ó fútbol e creando ocasións con facilidade. Tivo a SD as duas primeiras en sendos remates de Pizo e Gende, pero foi o Xallas o que se adiantou. Tras o gol Jesus e Ovidio puideron aumentar a conta. Os dous dianteiros completaron unha gran primeira parte, creando perigo constantemente. Jesus marrou inconprensiblemente dous man a man con Jose R. O sofanista Gustavo empalmou unha gran volea á que respondeu DAvid con unha boa parada. O final do primeiro acto foi unha hemorraxia de goles que anticipaba o que ia pasar no segundo acto.

O cambio de Abel foi decisivo, pois o xogador mantivo un gran duelo con Ruben, creando moito perigo á defensa local. A Sd pronto se adiantou con dous goles no marcador, pero foi incapaz que conter o empuxe local, que a base de futbol directo, con Jesus como director de orquesta e Ricard como matador creaba perigo unha e outra vez, sobre todo a balon parado. Pizo multiplicouse no mediocampo e Bertin confirmou a sua acertada tarde de cara a gol. A SD á contra puido ampliar a renda, pero non contivo nos momentos finais o acoso local que levou a un xusto empate nun partido moi bonito para os poucos espectadores que se acercaron ó terreo xalleiro.

viernes, marzo 20, 2009

S.D. FISTERRA 3 - S.D. SOFAN 0

Caeu derrotada a SD no Ara Solis por un claro 3-0, nun partido marcado polo estado do terreo de xogo e as expulsions sufridas polo conxunto visitante. Boa asistencia de público en tarde veraniega. O campo presentaba un aspecto pouco apto para a practica do bo fútbol, e ainda así os dous equipos tentaron xogar o balón como boamente puideron.

SD FISTERRA: Antonio, Borja Munitis, Jesus, Chula, Isma, Jose (Bebeto 60´), Marco Castreje, Rivas, Manuel Cartamil, Roco e Luisito.

SD SOFAN: J.R., Victor Docampo, Christian, Gende, M.Varela, Pizo, Mario, Eloy, Bertin, Suso Docampo e Berti.

ARBITRO: Rama Cotelo, que amonestou a Isma, José e Luisito por parte local. Expulsou a Varela no min. 37 por doble amonestación e a Mario no min. 77 con cartón vermello directo por protestar.

GOLES:
1-0 m.38 Falta directa que transforma Castreje polo medio da barrera
2-0 m.75 Contragolpe do Fisterra que remata con centro de Rivas que Manuel Cartamil empurra na linea de gol
3-0 m.80 Corner que remata Manuel Cartamil no segundo pao


Comenzou ben a SD, non permitindo ningún acercamento local á area de J.R., e tentando combinar para chegar á meta de Antonio. O partido era lento, quizais influído pola forte calor. Resultaba dificil ver unha combinación acertada ata que chegou a xogada clave do partido, a expulsión de Varela, pois na conseguinte falta Marco Castreje anotou o primeiro tanto da tarde. Estivo a piques Luisito de sentenciar o partido nun remate no segundo pao que rexeitou ben J.R. Antes do descanso tivo Berti un bo lanzamento dende o pico da area que saiu fora por pouco.

No segundo tempo a SD arriscou un pouco mais en busca do empate, e o Fisterra aproveitou este feito para montar letales contras que non acabaron en gol de milagro. Luisito, Rivas, Isma e Manuel tiveron claras ocasións que nuns casos o acerto do gardamallas sofanista e noutros a falta de pericia dos dianteiros fixeron que non acabaran en gol. A piques estivo o Sofán de empatar, sobre todo nunha gran xogada de Victor Docampo que acabou con un remate ó pao. Anulouselle un gol a Berti por fora de xogo e o mesmo xogador tivo un claro remate que saiu fora por pouco. O segundo gol e a expulsion de Mario finiquitaron o partido.

martes, marzo 17, 2009

DOBLE DESPLAZAMENTO DA S.D.: FISTERRA E XALLAS

Con motivo do festivo de San Jose o xoves 19 de marzo disputa a SD a xornada suspendida no seu momento. Visita o histórico Ara Solis fisterrán para medirse ó cadro local (16.30 horas), en delicada posición e que precisa os puntos con urxencia. Viaxa a SD en cadro, pois ás baixas por sanción de Abel e Gustavo únense as de Santi e Alex por lesión e a de Juanjo por compromisos familiares. Así o central sofanista perdese un encontro da Sd despois de case 3 anos ininterrumpidos xogando todos os minutos da competición. Sen tempo para o descanso, en xornada sabatina visitaremos de novo Fontenla para enfrontarnos ó Xallas de Camacho (sabado ás 16.30). As lesións e as sancións están facendo mella no cadro de Baña e a ver se estos dous partidos tan seguidos non machacan mais a saude dos nosos homes.

lunes, marzo 16, 2009

SANTA COMBA B 2 - S.D. SOFAN 0

Xusta victoria do filial ante un Sofán que en ningún momento se adaptou ás medidas de Fontenla, ainda que dispuxo de claras ocasión que non foi capaz de transformar. Extraña actuación arbitral que perxudicou de maneira clara ó equipo visitante. Curiosamente este colexiado é o mesmo do polémico Carnota - Malpica de fai 15 días. Non se entende demasiado a designación deste "señor" para outro partido con equipos implicados no descenso, ainda que vista a actuación de onte quizais se comprenda algo mellor. O rosario de erros contra o equipo visitante comeza na primeira accion do partido cando non sinala un claro penalti a Suso Docampo. Ós 15 minutos cómese outro ó mesmo xogador por un empurron do porteiro no punto de penalti. Dubidoso foi o 1º gol do Santa Comba, en posible fora de xogo. Xa no 2º tempo inventa unha pena máxima a favor dos locais, que marra Capis. Expulsa xustamente a Gustavo por agresión pero nin lle ensina tarxeta ó xogador do Santa Comba por devolver o golpe, cando ademais xa tiña unha amarela e significaba a expulsión. No colmo do surrealismo cando o marcador ainda sinalaba 1-0 sinala unha falta ó borde da area a favor do Sofan cando aplicando a lei da ventaxa Suso Docampo se quedara solo diante do porteiro local. Por sorte nada ocorreu na saida do arbitro ós vestuarios fora dos típicos insultos dunha afección sofanista que se considerou claramente estafada polo trencilla.

SANTA COMBA B: Dani, Miguel Riveiro, Paco, Gonzalo, Dani Nieves, Matias Pazos, Diego Arnejo, Iago, Churian, Capís (Oscarín 72´), Julián.

S.D. SOFAN: J.Ramon, Victor Docampo, Diego (Oscar 84´), Juanjo, Gustavo, Pizo, Mario, M.Varela (Christian 60´), Abel, Bertin (Gende 78´) e Suso Docampo.

ARBITRO: Gonzalez Marquez, que amonestou a Gonzalo por parte local e a Diego, Mario, Abel, Suso Docampo, Gende e Christian por parte visitante. Expulsou a Gustavo no min. 76 por agresión a Gonzalo.

1-0 m. 28 Falta lateral colgada sobre a area sofanista, erra J.R. na saida e Diego Arnejo empuxa o balón a porta vacia
2-0 m.88 Nova falta que se bota dende a mesma posición que a anterior e Gonzalo peina no primeiro pao ó fondo das mallas.

Dito todo o anterior sobre a esperpéntica actuación arbitral, a verdade é que o filial foi mais equipo que o Sofan. Parece claro que os 11 homes que presentaron onte en Fontenla, de ter a oportunidade de disputar toda a tempada en boas condicións, non estarían clasificados no posto no que están. Destacaron sobremaneira o lateral Paco, o extremo Iago e o mediapunta Julian, todos eles habituais das convocatorias de Gelucho.

Levou o peso do partido o Santa Comba no primeiro tempo e anotou o primeiro gol logo das accións polémicas anteriormente referidas. Desperezouse a SD co gol recibido e ainda sen facer bo fútbol conqueriu chegar con perigo nun par de accións, sobre todo nun remate de volea de Suso o pao longueiro. Disparou Varela pouco despois por encima do marco de Diego e tivo Abel a última da primeira parte. O fútbol visitante foi malo, excesivamente directo e sen trenzar xogadas de mérito en ningún momento.

No segundo tempo abriu liñas a SD, o que propiciou as contras do filial. O pouco de comezar Capís fallou un penalti co que fora sinalada unha entrada fantasma de Mario. J.R. estivo moi acertado e detivo o balón. Suso rematou no segundo pao unha falta botada por Pizo alto por pouco, e Gustavo tivo outra boa ocasión a balón parado, respondendo Diego cunha gran parada. O filial tivo boas opción por medio de Iago e Arnejo antes do gol que sentencióu o partido, posteriormente a unha gran ocasión de Suso que non entrou de auténtico milagro.

miércoles, marzo 11, 2009

CAMBIO DE HORARIO PARA O PARTIDO DE SANTA COMBA

O partido que disputará a SD en Santa Comba o domingo día 15 de marzo contra o filial do equipo de Fontenla comezará ás 19:00 horas. Este cambio foi proposto polo Santa Comba B para así poder contar con todos os xogadores que o sábado anterior se desplacen a Narón co primeiro equipo. Así a Sd xogará en un horario pouco habitual que esperemos non merme o seu rendemento.

lunes, marzo 09, 2009

S.D. SOFAN 2 - SAN LORENZO 0

Triunfo local no derbi, nun partido aburrido, marcado polo fútbol directo e o respeto que se mostraron ambos equipos. Gran asistencia de público no Carral, uns 250 espectadores, a pesar do frío e da auga. Alinearon ambos equipos a:



S.D. SOFAN: J.Ramon, Victor Docampo, Diego (Oscar 85´), Gustavo (Gende 71´) , Juanjo, Pizo, Mario, Eloy, Abel (Berti 75´), Bertin e Suso Docampo (Santi 67´).


SAN LORENZO: Poli, Fabian, Sergio Fariña, Puñal, Dubra (Coqui 70´), Victor Dominguez, Manin, Fran Fariña, Fran Borrazas (Gueli 45´), Cancela (Angel 65´) e Chucho (Gonzalo 45´).

ARBITRO: Romero Lago, que amonestou a Victor Docampo, Juanjo e Pizo por parte local, e a Cancela e Fran Fariña por parte visitante.

GOLES:

1-0 m.20 Espléndida contra da SD iniciada por un saque de J.R. a Eloy, que mete un gran pase en profundidade a Bertín, e este marca a porta valeira tras regatear a Poli.


2-0 m.41 Xogada por banda que inicia Victor Docampo, Bertin e Eloy fan unha parede e o centro do rubio extremo transformao con facilidade o propio Bertín.



O San Lorenzo plantexou o partido baseandose no seu poderío físico e levou o mando nos primeiros intres. As xogadas a balón parado foron o principal argumento dos de Antonio Fernandez, que aproveitaban calquera falta ou saque de banda para tentar crear perigo na area local. Pero en contra do que pasou en outras ocasións o Sofán mostrouse moi seguro neste tipo de xogadas. Mario realizoulle un bo marcaxe a Manin co cal parte do poderío dos visitantes quedou anulado. A primeira ocasión tivoa Abel, tras recortar dentro da area e disparar raso, ainda que Poli detivo sin dificultades. Pouco despois foi Pizo o que lanzou unha falta que se marchou por pouco á dereita do gardameta verdillés. Respostou Fran Fariña cun lanzamento lonxano que se marchou alto e acto seguido Bertín anotou o primeiro tanto.



A SD non enlazaba fútbol de calidade, e dedicouse a manter a ventaxa ben replegadiño e xogando cos tempos do partido. O San Lorenzo mostrouse incapaz de crear perigo, excepto nun saque de banda que Cancela non rematou por pouco. O segundo gol de Bertin foi un duro golpe moral para os visitantes.




Realizou o entrenador do Verdillo dous cambios no descanso dando entrada a Gueli e Gonzalo. O interior esquerdo foi dos poucos que tentou algo distinto no San Lorenzo, e o dianteiro pelexou como nel é habitual pero no tivo ningún balón de gol nos 45 minutos finais. Bertín, que tiña unha tarde inspirada, estivo a punto de marcar á saida dun corner pero o balón rebotou nun defensa. O San Lorenzo apenas inquietou a J.R. neste tramo ainda que seguiu co seu fútbol de acoso e derribo.



Unha boa internada de Diego por banda con parede con Suso acabou nun bo disparo do lateral que detivo Poli, e o mesmo xogador probou sorte nunha falta que saiu fora por pouco. O partido foi morrendo pouco a pouco e os equipos perdéronse nun mar de imprecisións. So Mario a piques de rematar o partido puido marcar nunha clarísima ocasión ó plantarse solo diante de Poli, pero non foi capaz de batir ó meta visitante.




Puntos vitais para a SD, que contenta á sua parroquia ó gañar ó eterno rival, e afronta unha decisiva semana para as suas aspiracións clasificatorias, na que xogará tres partidos fora da casa, o 15 de marzo contra o SAnta Comba B, o 19 contra o Fisterra e o 22 contra o Xallas.

jueves, marzo 05, 2009

PREVIA DO DERBI, VIDAS CRUZADAS

Como bos clubes veciños as traxectorias de Sofán e San Lorenzo cruzanse nos xa longos 30 anos que dura a rivalidade. E por suposto, esto significa que hai xogadores que defenderon as cores de ambos equipos. Comentábamos o caso no anterior artículo de Carro e Pombo. O domingo no céspede do Carral encontraranse varios rapaces que ocuparon ambos vestiarios e viviron a rivalidade dende ambas aceras.

Na SD Sofán temos tres exemplos, os de Santi, Berti e Manolo Varela. Estes xogadores vestiron con anterioridade a camisola do San Lorenzo e agora pelexan pola do eterno rival. Os tres, ademais, formaban baixo as ordes de Antonio Fernandez no equipo verdillés que competiu en 1ª Autonómica por vez primeira, co cal se reencontrarán co seu ex-mister este domingo. Opina Santi que"...aquel ano foi moi bo, Antonio é unha gran persona e un magnífico entrenador, e xa tiña ganas de volver a reencontrarme con él nun campo de fútbol. Vai a ser especial". Berti pola súa parte opina que "... Antonio sabía levar moi ben o grupo e o equipo rendira moi ben, supoño que este ano pondría seriedade e traballo". Manolo vestiu 3 anos a camiseta do San Lorenzo, mentres que Berti e Santi estiveron 2 anos, o primeiro ás ordenes de Antonio e o segundo ás de Pachi.

Na acera contraria temos algun caso tamén. Está o de Marcos Cancela, dianteiro, que ficho na SD como reforzo invernal en decembro do 2006 e disputou 15 partidos anotanto un recordado gol no Ara Solis de Fisterra. Xa fai uns cantos anos tamén correteou polo Carral Fran Borrazas, lateral zurdo verdilles, que tras sair do Bergantiños probou sorte na SD. Tras xogar no Cabana , Malpica e Español, ingresou nas filas do SAn Lorenzo e a bo seguro que lle resultará especial o reencontro co que fora o seu campo o domingo.

Caso especial é o dos primos Fariña. Jose RAmon, gardamallas sofanista, e Fran e Sergio Fariña (ó que vemos coa camiseta do Paiosaco nun lance con Varela), xogadores do San Lorenzo, cruzan apostas sobre o resultado do domingo. Esperemos que sexa o noso o que as gañe todas e os seu primos non lle colen ningun gol.


Foto do SAN LORENZO: Antonio Fdez., Pedro, Manin, Varela, Schuster, Oscar, Puñal, Mutio, Trucho; Cancela, Fabian, SAnti, Bechi, Gueli, Carlos, Fernando, Berti, Pombo, Anxo

miércoles, marzo 04, 2009

PREVIA DO DERBI, Tempada 86/87

Plato forte este domingo no Carral, co derbi local entre o San Lorenzo e a SD Sofán. Rivalidade esta que xa ven de moitos anos atras, pois as duas parroquias levan cerca de 30 anos competindo pola supremacía no fútbol modesto da zona. Xa nos extenderemos en próximas entregas nos pormenores do partido que se vai a disputar o domingo, pero hoxe detémonos nun partido histórico: ano 1986, campionato de juveniles, aquel que acabou ganando a SD dirixida por Pichel, e nas primeiras xornadas toca o derbi no Carral. Alí viñan os de Verdillo tan ilusionados e marcharon coa cabeza baixa tras perder por ¡¡¡7-4¡¡¡ . Toda unha oda ó futbol de ataque. Acompañamos a acta do partido.


Por parte da SD xogaron Camilo, Benedicto, Juan Vazquez, Nacho, Gerpe, Roger, Manolito Canedo, Liso Docampo, Suso Serrano, Manuel Muiño e Cancela. Destaca a presencia do actual presidente, Liso Docampo, que ademais meteu un dos goles ó transformar un penalti. As curiosidades non se acaban aqui, pois no equipo rival formaban entre outros o gardameta Juan, Carro ou Pombo (todavía en idade infantil), todos eles futuros xogadores da SD, os dous últimos retirados ainda fai pouco. A SD arrasou os de Verdillo no primeiro tempo, ó que se chegou co resultado de 6-0. Curiosamente o San Lorenzo gañaria o único partido da tempada no encontro de volta e case lle fastidia o título os sofanistas.


Cantas curiosidades gardan estes partidos, que enfrontan a veciños en sana lid, e nos que o vencedor "vacila" ó derrotado ata que se produza o seguinte derbi coa conseguinte oportunidade de revancha.

lunes, marzo 02, 2009

U.D. MONTELOURO 2 - S.D. SOFAN 1

Nova e frustrante derrota a da SD no dia de onte no campo de Agra da Filgueira, ante un Montelouro que se aproveitou de dous erros defensivos dos visitantes antes do descanso e pelexou con uñas e dentes para levarse o partido ante a falta de acerto do Sofán ante a portería de Juan Carlos.

UD MONTELOURO: J.Carlos, Chema, Pedro García, Cesar, Alvaro, Pulpo, Rico (Juan 89´), Aitor (German 76´), Pepiño (Alberto 59´), Edu e Pedro Nieto (Gael 85´).

SD SOFAN: J.Ramón, Christian, Gustavo (Oscar 78´), Juanjo, Gende (Berti 46´), Pizo, Bertin, Mario, Abel, Suso Docampo e Eloy (M.Varela 76´).

ARBITRO: Sanchez Lago, que amonestou a Alvaro por parte local e a Pizo e Abel por parte visitante.

GOLES:
1-0 m.39 Erro de Pizo no despeje que aproveita Pepiño para bater de vaselina a Jose na sua salida.
2-0 m.43 Novo erro defensivo no despeje, roubo de Rico que cede a Aitor para que este marque a porta valeira
2-1 m.61 Suso Docampo recibe dentro da area, dribla a dous contrarios e bate por baixo a J.Carlos.

Foi un castigo excesivo a derrota para a SD, nun partido no que levou o peso durante a maior parte do tempo, dispuxo de ocasións claras para marcar mais de un tanto e acabou víctima dos seus propios erros. No primeiro tempo ó Montelouro costoulle entrar en xogo. Bertín recibía ben entre liñas e abastecía de balóns os dianteiros visitantes. Primeiro Suso e logo Eloy tiveron claras ocasións, sobre todo a deste último, salvada por un defensa baixo paos. Os de Louro acercábanse a balón parado, e Jose tivo que rexeitar un lanzamento de falta de Pedro Nieto. Tivo Bertin outra clarísima ocasión cando escapou dende o medio do campo solo coa pelota pero a defensa estivo rápida e inutilizaron o intento do dianteiro. Xusto despois chegou a pájara visitante e os de Nieto aproveitáronse perfectamente para poñer terra de por medio no marcador.

David Baña arriscou no descanso e situou un equipo con cinco dianteiros no campo. O dominio da SD foi total, e xa Abel nada mais sair dos vestiarios rematou unha boa xogada do ataque sofanista ó pao. Parecía que o balon non queria entrar, o Montelouro replegou liñas e cedeu a iniciativa ós visitantes, tentando montar algunha contra que decidira o partido. O perigo estaba na area de J.Carlos, e nunha desas Suso anotou o seu goliño. A SD seguiu apretando pero o gol non chegou. Reclamouse un penalti por entrada a Abel. O de Pastoriza vaciouse, correu o que non está nos escritos pero non tivo sorte de cara a gol. Nunha contra foi Edu o que a piques estivo de marcar tras driblar a J.Ramon, e faltando pouco para o final tentouno Varela cun tiro lonxano que detivo seguro o porteiro local. Non foi o dia da SD, que ve como se lle escapa un novo partido de maneira incrible.