lunes, agosto 26, 2013

CORISTANCO 1 - S.D. SOFAN 2

Disputou o sábado no campo da Rocheira a Sd o enesimo amistoso de pretempada, con resultado positivo ante o Coristanco de Dasilva. Tarde calurosa e escaso público, que presenciou un monologo da Sd, sin demasiada fortuna cara a gol.

S.D. SOFAN - Dani, Cantudo, Marcos Pensado, Eloy Boedo, Pablo Martinez, Jorge Calvete, Martin, Ivan Rey, Ivan Rojo, Suso Docampo e Raul. Tamen xogaron Bugy, Brais, Santi, Michel, Diego e Gustavo.

0-1 62´Raul de penalti cometido sobre Brais.
0-2 71´Santi define un man a man con Fredi
1-2 88´Falta indirecta que o dianteiro local lanza directamente e introduce pola escadra ante a pasividade dos homes da Sd.

O encontro foi un monólogo durante os 90 minutos. A Sd tivo o balón e o Coristanco defendeuse con orden e bastante acerto. As ocasións non foron moi numerosas, pero os visitantes centraron infinidade de balóns á area local e merodearon constantemente buscando ocos que dificilmente apareceron. A ocasión mais clara no primeiro tempo foi un remate de Rojo que detivo ben Fredi.

No segundo tempo mais do mesmo, ainda que neste acto a Sd, case que con 4 dianteiros, tivo mais profundidade no seu fútbol. Houbo mais ocasións e chegaron os goles. Santi enviou un balón ó pao antes de trasformar o seu tanto. A relaxación defensiva fixo que nos últimos intres o Coristanco tivera, ademais do tanto, outra clara ocasión para empatar o encontro.

Xa solo queda un partido para rematar a tempada, o que enfronta á Sd e ó Ponteceso o proximo domingo no Carral. Todos estamos desexando xa o inicio ligueiro, que será o dia 8 de setembro.

viernes, agosto 23, 2013

SILVA S.D. 3 - S.D. SOFAN 0

Duro ensaio o da noite de onte no campo de Meicende para a Sd, contra un rival de entidade, o Silva de Javi Bardanca, favorito nas apostas na Preferente que arranca este fin de semana. Con xogadores da categoria de David Yañez, Xaco, Marcos Suarez ou Michi Leal, impuxose con claridade a unha Sd que dou a cara en todo momento.

SILVA - Yañez, Dorrego, Popi, David, Miguel, Bruno, Michi Leal, Xaco, Bam Bam, Movilla e Uzal. Tamen xogaron Dani Rey, Hugo, Carlos Varela, Naya, Migueliño e Marcos Suarez.

S.D. SOFAN - Bugy, Diego, Marcos Pensado, Pablo Martinez, Gustavo, Eloy Boedo, Martin, Ivan Rey, Ivan Rojo, Suso Docampo e Raul. Tamen xogaron Michel, Jacobo e David Varela.

1-0 5´Movilla define na liña de gol un bo pase de Uzal.
2-0 41´Falta sacada por Xaco que entra na porteria visitante sin que niguen toque o balón.
3-0 78´Carlos Varela de corner directo.

O Silva dominou o balón con claridade. O seu centro do campo e sobre todo Xaco e Bam Bam deron un alto ritmo de circulación o balón, e a Sd non tiña mais que defenderse. De todas maneiras as ocasións locais viñeron de erros da Sd na saida de balón, pois en ataque posicional os de Mallon lograban conter as acometidas dos de Bardanca. Cando tiña o balón, o centro do campo da Sd sabia que facer con el, pero faltou profundidade. Raul estivo moi desasistido, e as poucas chegadas á area de Yañez eran ben cortadas pola defensa local. Sen dubida foi a de onte unha boa proba para ver o nivel defensivo dos nosos, que flaquearon no balón parado, pois case todas as ocasions do Silva viñeron a traves deste tipo de xogadas. No segundo tempo o cansancio fixo mella nos contendentes, e o Silva creou menos perigo. Os xogadores sofanistas mostraron a contagotas a calidade que atesoran en varias combinacións de mérito e fallaron duas ou tres claras ocasións.

Clasica proba veraniega entre semana, que pouco a pouco van dando paso ó que vai ser o estreno ligueiro o dia 8 de setembro en Sofan, contra o Mazaricos.

lunes, agosto 19, 2013

U.D. CARRAL 2 - S.D. SOFAN 2

Bonito partido de pretempada o xogado o sábado en Carral. A Sd tuteou a todo un Preferente, foille vencendo por 0-2, pero nos intres finais, a calidade dos locais dou a volta ó marcador e firmou unha xusta igualada. En tarde moi calurosa, uns 75 afeccionados disfrutaron coas evolucions de ambos equipos, que deron un espectaculo de bastante calidade para as datas nas que nos movemos. Solo lamentar as lesións de Brais e Alberto, que esperemos que se queden en meras molestias musculares.

U.D. CARRAL -  Cris, Aleja, Fran, Otero, Luisito, Jorge, Cristian, Patrick, Jonny, David Gomez e Samuel. Tamen xogaron David Varela, Zalo, Miguelito, Brais e Lois.

S.D. SOFAN - Bugy - Dani 46´-, Ivan Rey, Diego - Michel 60´-, Cantudo, Pablo Martinez, Jorge Calvete, Ivan Rojo, Suso Docampo, Brais - Santi 35´-, Alberto - Marcos Pensado 46´- e Raul.

GOLES:
0-1 37´Contra da Sd que culmina cun centro de Suso Docampo, e tras un rexeite dun defensa o balón sorprende ó meta local e colase na porteria.
0-2 78´Tremendo xogadón de Rojo, que saca un centro medido hacia Raul, e este en media chilena marca. Un golazo moi aplaudido pola afección.
1-2 86´Miguelito recorta hacia a sua perna boa, e saca un dereitazo ante o que nada pode facer Dani.
2-2 89´Miguelito de novo, nun calco do gol anterior, volve a sacar un disparo tremendo que entra por toda a escadra.

É o Carral un equipo con gusto polo bo fútbol, de man do seu novo mister Juan Acuña. A pesar do reducido das dimensión do campo do Castro, un campo dos de antes no que da gusto xogar, os locais tentaron dende o inicio levar o peso do balón e combinar con velocidade. Pero vironse sorprendidos por unha Sd que quizais non se esperaban, que defendiu con moito orden e disciplina, e cando tivo o balón combinou moi ben. Na primeira parte sacaronse varias contras veloces que puxeron en apuros á zaga local, ata o gol de Suso. Xa no segundo tempo o Carral atacou mais, pero Dani resolveu ben o traballo que lle chegou. A zaga da Sd estivo inmensa, con Pablo Martinez como kaiser e Cantudo xogando un partidazo de central. Ivan Rey, adaptado ó lateral dereito, era un atacante mais pola sua banda, e Ivan Rojo, que está nunha gran forma, volvia locos os defensas rivais. O gol de Raul foi dos mellores que se viron en moito tempo coa camiseta da Sd. Cando o partido parecia sentenciado, dous ramalazos de calidade de Miguelito, un dos mellores dos visitantes, igualou a contienda, mostrando á Sd que calquera baixón de concentración da o traste co mellor dos partidos.

Todo o equipo estivo en moi boa liña, e incluso Michel, que estaba algo tocado, dou uns minutos coa sua calidade habitual. Estaba o xogador moi motivado na volta á que foi a sua casa fai un par de anos, e onde conqueriu o ascenso a Preferente. Vémolo nunha das fotos con seu irman Marcos,directivo do Carral.

viernes, agosto 16, 2013

S.D. SOFAN 3 - XUV. DE ALMEIRAS 1

Na tarde noite de onte disputou a Sd o seu 4º amigable deste agosto contra o Almeiras, no campo carballés das Eiroas, equipo encadrado no grupo das Mariñas de 2ª autonómica, e adestrado por Pol, ex adestrador do Buño entre outros equipos. Venceu a Sd con comodidade, pero tivo que lamentar a lesión de Pablo Martinez, que nun encontronazo cun xogador visitante recibiu un pequeno corte.

S.D. SOFAN - Dani, Cantudo, Diego, Eloy Boedo, Javier Souto, Pablo Martinez, Jorge Calvete, Ivan Rey, Santi, Brais e Raul. Tamen xogaron Gustavo, Suso Docampo e Alberto.

GOLES:
1-0 17´ Ivan Rey chegando dende atras no segundo pao.
2-0 40´ Javi  Souto á saida dun corner.
2-1 71´ Adu, de penalti.
3-1 80´ Alberto, de disparo dende o borde da area.

Nova proba dos de Mallon, que se atoparon cun equipo rival moi agresivo, a veces en exceso. A pesar das reducidas dimensions do anexo das Eiroas, os sofanistas tentaron un futbol combinativo, e crearon perigo en ambas bandas, onde Brais e Santi se mostraron moi perigosos. Brais, que está a demostrar un gran estado de forma esta pretempada, xenerou perigo en cada accion que tivo, e Santi desbordou por banda en numerosas ocasións no primeiro tempo. As probas na defensa foron moi positivas, coa xoven e novedosa parexa de centrais formada por Eloy e Javi a un gran nivel. No segundo tempo o partido endureceuse e foi mais feo e bronco, pero ainda asi Ivan Rey sacou o tarro das esencias varias veces, e tanto el como Jorge Calvete, completaron accions de moito merito na liña medular.

A proxima proba será o sabado no campo do Castro en Carral, ante o equipo local.

lunes, agosto 12, 2013

A Sd no Torneo Hierros Añon de Paiosaco

Boa imaxe a ofrecida este sábado pola Sd no Torneo organizado polo Paiosaco. Larin e o conxunto local foron os rivais en tempos de 45 minutos. Foi o Paiosaco quen se levou o seu trofeo, tras ter que ser suspendido o ultimo partido por un problema no riego automático do campo que dexenerou na inundación de parte do terreo de xogo.

A Sd empatou o primeiro encontro co Larín, ó que venceu dende o punto de penalti. A pesar de ser superior ó cadro branco e azul, o gol inicial de Brais Barreiro foi contrarrestado por un tanto en propia porta de Javi Souto. As ocasión no tramo final de encontro non foron transformadas e con empate se chegou ó final dos 45 minutos. A Sd dou moi boa sensacion, dominando o xogo no centro do campo, e con Brais moi incisivo, sendo un dos homes destacados.

No segundo partido contra o Paiosaco notouse que a Sd xa levaba medio partido ás espaldas, e a diferencia de frescor físico foi clave. Os locais, que teñen un gran equipo no seu regreso á 1ª autonómica, adiantaronse por medio de Manteca. Empatou Suso Docampo tras un gran pase en profundidade de Jorge Calvete, unha vez mais magnífico no centro do campo, pero un penalti cometido por Gustavo a Heber, transformouno Portillo a pouco do final, quedando así o marcador definitivo.

A Sd alineou nestos encontros a Dani, Cantudo, Diego, Javier Souto, Gustavo, Jorge Calvete, Michel, Ivan Rey, Ivan Rojo, Santi e Brais. Tamen xogaron no segundo partido Bugy, Eloy Boedo e Suso Docampo.

Agradecer ó cadro local a invitación ó torneo e o exquisito trato recibido.

jueves, agosto 08, 2013

S.D. SOFAN 2 - BERGANTIÑOS C.F. 2

Tarde de ledicia no Carral a do martes, na que a Sd se levou o tradicional Trofeo das Festas ante o Bergantiños na tarda de penaltis, tras un encontro bonito e igualado que rematou nun xusto empate. Previamente ó encontro de maiores, as categorias inferiores da Sd deleitaron ó respetable. Moito público no coliseo sofanista, mais de 200 persoas, viron o debut como local do equipo de Mallon, que deixou un bo sabor de boca.

S.D. SOFAN - Bugy, Ivan Rey, Marcos Pensado, Eloy Boedo, Gustavo, Jorge Calvete, Michel, Martin, Ivan Rojo, Brais e Raul. Tamen xogaron Dani, Javi Souto, Diego, Santi e Alberto.

BERGANTIÑOS. Mallo, Chechu, Zalito, Dani Becerra, Pablo, Brais Garrido, Parafita, Luisito, Dani, Josiño e Alexandre. Tamen xogaron Sergio, Pita, Gonzalo Vilariño e Ivan Amor.

GOLES.
0-1 71´ Ivan Amor define unha xogada a balón parado.
1-1 77´ Precioso pase de Alberto a Santi que supera ó meta visitante de vaselina.
1-2 86´ Ivan Amor á saida dun corner.
2-2 91´ Ivan Rojo de penalti.

Na tanda de penaltis, o fallo de Gonzalo Vilariño decantou a balanza, pois a Sd non marrou ningun dos lanzamentos, e Eloy Boedo transformou o definitivo coa sua frialdade habitual.

Mostrou a Sd as suas armas ante o todopoderoso Bergantiños de Preferente. O partido, a pesar de ser amistoso, foi de poder a poder. O Bergantiños tentou impoñer a sua teorica superioridade técnica, pero a Sd apretou moito e ben. O primeiro que creou perigo foi Josiño, sempre rápido á hora de desenfundar, pero o goleador de Coristanco non atopou porteria. Raul, por parte sofanista, pelexaba cos centrais visitantes, e Ivan Rojo nos primeiros 20 minutos, foi o home mais incisivo dos locais. A presencia de Eloy de central foi unha boa probatura para os de Mallón, e un dia mais destacou Jorge Calvete no centro do campo, realizando un gran encontro.

O segundo tempo foi o que abriu o tarro dos goles. Os talentosos xóvenes carballeses adiantaronse no marcador, pero a Sd non se amilanou. Arriscou o mister con tres defensas e sacando un dianteiro mais, e saiu ben a xogada, pois foi cando se viron as mellores accions dos locais. O golazo de Santi foi seguido dunha gran ocasión de Brais. Os Ivans combinaban moi ben no centro do campo, e Santi coa sua velocidade doulle outro aire ó ataque. O empate final foi xusto, e o punto de penalti decidiu a propiedade do trofeo.

Foi de agradecer a disposición do Bergantiños para coa Sd, pois a pesar de ter que disputar Copa Diputación ó dia seguinte, o mister Lavandeira tentou traer o equipo mais competitivo posible.

domingo, agosto 04, 2013

SP. CAMBRE 1 - S.D. SOFAN 2

Primeiro partido de pretempada da Sd o xogado na tarde de hoxe en Cambre. A pesar de levar solo dous adestramentos, o equipo deixou boas sensacións, sobre todo no primeiro tempo, e os novos xogadores deixaron entrever pinceladas do que poden aportar esta tempada.

Sp. Cambre - Iago, Abelleira, Arcas, Bruno, Marcos, Doce, Toñito, Jano, Jucial, Gomis e Luis. No segundo tempo xogaron tamen Rafa, Juan, Prosi, Carlos, Jose, Dani, Alex, Uzal, Esteban e Cristian.

S.d. Sofan - Dani, Cantudo, Marcos Pensado, Javier Souto, Pablo Martinez, Jorge Calvete, Martin, Michel, Suso Docampo, Brais e Raul. Tamen xogaron Bugy, Ivan Rey, Ivan Rojo, Santi, Gustavo e Eloy Boedo

GOLES:

0-1 17´ Brais realiza unha xogada plena de potencia e forza, cede o balón a Raul que chegando dende atras clava o balón na escadra.

0-2 67´ Boa combinación da Sd en banda dereita, Santi centra hacia Brais, que remata coa esquerda, tocando o balón nun defensa e colandose na meta de Iago.
1-2 85´ Penal de Gustavo que transforma Alex.

Clasico partido de pretempada, cheo de probaturas e pernas cargadas, pero que serviu para ir vendo as liñas mestras da Sd para este ano. Moi activas as novas fichaxes, con ganas de agradar e boa actitude. Tras un inicio dubitativo, tomou o mando das operacións o centro do campo da Sd, con un Jorge Calvete cortando todo, e con Martin e Michel facendose co dominio do xogo. Raul, na sua liña, meteu a primeira que tocou, e ainda lle anularon outro gol nun inexistente fora de xogo. Cantudo e Marcos subian ben a banda, e Brais poñia as suas virtudes de potencia e verticalidade ó servicio do equipo. En defensa Pablo e Javi estiveron moi ben, sin pasar apenas apuros ante o senegalés Gomís. O segundo tempo foi de cambios e de maior dominio do conxunto local. Eloy Boedo formou parella de centrais con Gustavo, e os Ivans, Rey e Rojo, volveron por onde solían asociandose e combinando. Santi aportou velocidade, pero faltoulle o gol, ainda que lle anularon un. Bugy tivo que invervir un par de veces, e a Sd tivo menos precisión neste acto, pero quizais mais froito do cansancio que de outra cousa. Os locais combinaron ben e mostraronse como un dos equipos poderosos da 2ª autonómica das Mariñas.

Boa probatura inicial, que se ten que ver refrendada co partido das festas do martes, a partir das sete e media no Carral: S.D.Sofan vs Bergantiños C.F.

sábado, agosto 03, 2013

S.D. SOFAN. Presentación.

Na tarde noite de onte presentouse a Sd Sofan 2013/2014. Con moitas novidades, ata un total de 7, os afeccionados poideron presenciar a un equipo cheo de ilusión que tentará mellorar a boa campaña realizada o ano pasado.

Nas fotos de JORGE PARRI vemos o plantel completo, a Alberto, a ultima incorporación, e as 7 fichaxes para este ano.

O equipo ten un apretado calendario de amistosos, para ir rodando e buscando o once inicial que dara comenzo á liga da costa o vindeiro 8 de setembro:

4 de agosto - Sp. Cambre vs Sd Sofan
6 de agosto - TROFEO DAS FESTAS. Sd Sofan vs Bergantiños CF
10 de agosto - TROFEO HIERROS AÑON. Triangular co Paiosaco e Larín.
15 de agosto - Silva SD vs Sd Sofan
17 de agosto - Carral vs Sd Sofan
22 de agosto - Sd Sofan vs Juvenil de Almeiras
24 de agosto - Coristanco vs Sd Sofan
1 de setembro - Sd Sofan vs Ponteceso

Cerrase o plantel coa incorporación de Alberto Rodriguez. O rapaz, de 24 anos, procede do Arteixo B. É un extremo rapido e habilidoso, que a bo seguro dará moitos quebradeiros de cabeza ás defensas da liga da costa. Formado nas categorias inferiores do Arteixo e do Vitoria, xogou en modestos co Larin, antes de recalar en Arteixo de volta. Aterriza en Sofán para reforzar ó equipo vermello ante a dificil tempada que se aveciña.

O plantel completo que un ano mais dirixe Pablo Mallon é o que segue:

PORTEIROS:David Martinez Loureiro, BUGY. 20 anos. 2ª tempada no clube.

DANI. 28 anos. 7ª tempada no clube.


DEFENSAS:

Marco Lopez Rodriguez, CANTUDO. 34 anos. 2ª tempada no clube.

DIEGO Fernandez Santos. 29 anos. 6ª tempada no clube

MARCOS PENSADO Torres. 31 anos. 2ª tempada no clube.

GUSTAVO Eiris Becerra. 31 anos. 16ª tempada no clube.

CARLOS LISTA Puente. 30 anos. 2ª tempada no clube.
JAVIER SOUTO Insua. 26 anos. Procede do Cerqueda


CENTROCAMPISTAS:

M.Angel Sande Martinez, MICHEL. 36 anos. 2ª tempada no clube.

ELOY BOEDO Novo. 21 anos. 2ª tempada no clube.

IVAN REY Calviño. 22 anos. 3ª tempada no clube.
IVAN ROJO Pombo. 20 anos. 2ª tempada no clube.

PABLO MARTINEZ Gomez. 32 anos. Procede do Club do Mar

MARTIN DOMINGUEZ Frade. 30 anos. Procede do Narón.

JORGE CALVETE. 28 anos. Procede do Buño.
DELANTEROS:

SANTI. 28 anos. 2ª tempada no clube

SUSO DOCAMPO Blanco. 34 anos. 14ª tempada no clube.

ALBERTO Rodriguez. 24 anos. Procede do Arteixo B.

RAUL Diaz. 34 anos. Procede do Club do Mar

BRAIS Barreiro. 28 anos. Procede do Club do Mar.