miércoles, enero 27, 2010

HAITI LEVASE 406,49 €

Exitosa foi a iniciativa da SD para axudar na nosa modestia ás victimas da catastrofe de Haiti. Os responsables da Cruz Roja presentes no campo do Carral lograron recaudar a cantidade de 406,49 €, e marcharon ben contentos da colaboración da afección sofanista coa xusta causa haitiana. Incluso os equipos aportaron o seu gran de area ó sair ó campo, como podemos observar nunha das instantaneas. Esperemos que este montonciño de cartos xunto con outros moitos coma este sirva para paliar un pouco a desgracia sufrida.

lunes, enero 25, 2010

S.D. SOFAN 4 - PORTEÑO C.F. 1

Segue a xeira da Sd nos seus partidos como local, nos que golea e fai disfrutar á afección con un futbol á altura dos mellores da categoría. Onte o Porteño adiantouse pronto no marcador pero non dou nunca a impresión de poder conter o xogo dos locais, que acabaron impoñendose con claridade. Reapareceron despois de moito tempo Gustavo e Suso Docampo, que ademais anotou un tanto. Bertin e Berti anotaron cada un o seu, e seguen na pugna polo pichichi con 12 tantos cada un. No día da solidaridade o público que se achegou ó Carral colaborou con cerca de 500 € para a causa haitiana.

S.D. SOFAN - Jose R., Manolo Varela (Jacobo 54´), Miniño, Juanjo, Gende (Gustavo 77´), Aleman, Pensado, Adrian, Eloy, Suso Docampo (Bertin 71´) e Berti.

PORTEÑO C.F. - Asiel, Chino, Manu, Roberto, Valeiro, Piti, David Toja (Wii 83´), Robertito, Oscar (Ivan 73´), Juan o Bello, Varela.

ARBITRO: Torreiro Ramos, que amonestou a Gende, Pensado, Eloy e Jacobo por parte local e a Roberto por parte visitante. Expulsou a Sergio Varela por doble amonestación no 61´ e a Chino con roja directa no 79´.

GOLES:
0-1 7´Balón en profundidade a Oscar que eleva con clase ante a saida de Jose R.
1-1 35´Disparo de Eloy que rexeita Asiel e Berti marca a porta valeira.
2-1 59´Suso Docampo recibe un balón en profundidade e anota dun disparo seco coa zurda.
3-1 70´Eloy cola un libre directo pola misma escadra.
4-1 80´Bertin de penalti cometido por mans do Chino.

Saiu a SD un pouco confiada e pronto sonaron as alarmas co tanto do Porteño, que acto seguido tivo outra boa ocasion solventada por Jose. O terreo de xogo non estaba nas mellores condicións para combinar, pero cando os pesos pesados do equipo se puxeron o mono de xogar o dominio foi totalmente local. Adrian foi un pesadelo por banda e as mellores combinacions chegaron polo seu lado. Suso estaba moi incisivo pero ata o segundo tempo non encontrou camiño do gol. Un disparo de Pensado dende fora da area e outro de Berti foron as mellores ocasións ata o gol. O acoso local presaxiaba o que estaba a pasar, o balón era por completo da SD e o Porteño so inquedaba no seu proverbial balon parado. Ó descanso, empate.

Saiu forte a Sd no segundo tempo, e encerraron o Porteño a base de corners. Nun deles Miniño lanzou de volea fora, e acto seguido Varela rematou de cabeza ás mans de Asiel. Chegou o gol de Suso, que non perdoa, e a expulsión de Sergio Varela, e o partido estaba decantado. Eloy mostrou a sua maestria a balon parado, e Robertito tentou imitalo lanzando un bo chut ó longueiro. Os ultimos minutos foron de tramite, con un Porteño moi loitador a pesar de xogar con 2 homes menos e un Sofan que non fixo sangue na ferida visitante.

miércoles, enero 20, 2010

A S.D. CON HAITI




No encontro que enfrontará este domingo 24 ás 16:00 horas no campo do Carral a Sofán e Porteño, a solidaridade será a nota principal: a solidaridade con Haiti e as victimas da traxedia na que se viu envolta esta lonxana terra.

Todos nos estremecemos coas noticias diarias que de ali nos chegan, e a directiva da SD tomou a decisión de donar todo o que se recaude no encontro para poñer o noso pequeno gran de area no apoio os mais desfavorecidos.

A este efecto todo o mundo que acuda o partido será informado de que o que aporte de entrada ten destino Haití, e os socios tamén poderán facer aportacións voluntarias para esta nobre causa.

domingo, enero 17, 2010

CARNOTA U.D. 1 - S.D. SOFAN 1

Partido duro e dificil o xogado pola SD en Lombans, ante un Carnota con todas as suas figuras dispoñibles, que se adiantou pronto no marcador e tentou manter a ventaxa durante 75 minutos. O empate final pódese considerar xusto, pois as poucas ocasións que houbo estiveron repartidas.

CARNOTA U.D. - Jose Angel, Nico Rodriguez, Jorgito, Santi, Charly, Pedro, Cololo (Pablo Beiro 63´), Marco Castreje (Fernando 46´), Nico II, Joselu e Manoliño.

S.D. SOFAN - Jose R., Diego, Miniño (Oscar 50´), Juanjo, Gende (Manolo Varela 75´), Aleman, Mario, Eloy, Jacobo (Suso Docampo 75´), Adrian e Berti (Pensado 61´).

ARBITRO: Rama Rama, que amonestou a Nico I, Nico II, Jorgito, Charly, Manoliño e Fernando por parte local, e a Diego, Juanjo, Mario e Jacobo por parte visitante.

GOLES:
1-0 15´Penalti de Juanjo a Nico que transforma Charly.

1-1 87´Balon colgado á area que lle cae a Aleman, e este á media volta marca coa perna esquerda.

Preveiase un partido a cara de can en Lombans, e cumpriuse o guion previsto. O conxunto de Cambeiro, cheo de xogadores veteranos, encontrouse co gol a favor moi pronto, e levou o partido ó terreo que lles gusta, de agresividade, forza e fortaleza defensiva. A SD tocou e tocou, tivo o dominio do balón pero non era quen de crear perigo. Tentouno Eloy dende lonxe con un tiro que desviou a corner Jose Angel moi seguro. Un centro de Jacobo rematouno fora Mario na mais clara ocasión antes do descanso. O equipo local contiña e saia á contra, e buscaba crear perigo nun dos seus puntos fortes, o xogo a balón parado.


No segundo tempo o partido baixou de ritmo, e a SD viase imposibilitada para crear perigo na meta local. Manoliño estaba moi so na punta carnotana, pero pelexouse ben coa defensa da SD e creou un par de situacións de perigo. Cos cambios a SD aumentou o acoso á area de Jose Angel, pero ainda así non tivo situacions verdadeiras de perigo. O acoso nos ultimos minutos foi grande e producto del veu o gol da igualada que deixa un marcador axustado ó que pasou no terreo de xogo.

miércoles, enero 13, 2010

O CARNOTA - S.D. SOFAN ADIANTADO Ó SABADO

O trascendental encontro que terá que disputar a Sd en Lombáns xogarase o sábado 16 ás catro da tarde. O clube local pediu que se adiantara o partido, ó que o Sofán non se opuxo en absoluto. Así en xornada sabatina disputaranse os dous encontros mais destacados desta semana, o Carnota - Sofan e o Xallas - Camariñas, onde se dirimirá a segunda praza da taboa clasificatoria.

Conta a SD para este encontro coa baixa segura de Bertin, con un partido de sanción por cumplir tras a súa expulsión contra o Vimianzo. Roberto Souto é seria dubida por un pequeno esguince de rodilla, e seguen a ser baixa de longa duración Gustavo e Carlos Tojeiro. Recupera David Baña ós defensas Marcos Gende e Manuel Varela. Destaca o bo momento do ataque sofanista, con un Berti e racha e un Eloy que está no mellor momento de forma da tempada. Por parte carnotana, o seu elenco de figuras é temible. Os de Cambeiro veñen de igualar en San Andres co lider Sp. Zas, con un gol do coruñés Nico. Xogadores destacados nos carnotáns son a armada coruñesa composta por Nico, Santi, Charly, Cololo, e os xogadores da terra, os Manoliño, Joselu, Pedro, Fernando, Marco Castreje e cia. Un gran plantel este o do Carnota, que aspira a quedar nas primeiras posicións da taboa, liderados porro zorro plateado, Alfredo Cambeiro, un clásico do mundo costeiro.

lunes, enero 11, 2010

S.D. SOFAN 7 - U.D. MONTELOURO 0

Tarde de frio intenso no Carral, que lonxe de conxelar as ideas dos sofanistas, incrementou as ansias de bo fútbol e de dar unha homenaxe ós valientes que se acercaron ó coliseo rojillo. A SD demostrou que está nun momento doce de xogo, e que a amplitude do plantel fai que xogue quen xogue non se baixe o nivel. Foi a tarde de todo o equipo pero en especial dun home, Berti, que fixo historia cos seus cinco tantos e afirmou a boa xeira que ben sufrindo nos ultimos partidos. Moi positiva tamen foi a reaparición de Pensado e Suso Docampo, o primeiro tras longo tempo inactivo e o segundo que facia o seu debut na liga.

S.D. SOFAN - Jose R., Oscar Pardo, Miniño, Juanjo, Roberto Souto (Suso Docampo 67´), Aleman, Mario (Pensado 52´), Adrian, Eloy, Berti e Diego (Jacobo 52´).

MONTELOURO - Romani, Juan (Dani 27´), Pedro Garcia, Cesar, Canote, Pulpo, Riki, Pedro Nieto, Chema, Edu e Raul (Ismael 59´).

ARBITRO: Brandon Castro que amonestou a Roberto Souto por parte local e a Juan por parte visitante.
GOLES:
1-0 23´ Pase en profundidade de Souto a Berti que define con un trallazo á escuadra
2-0 31´ Berti resolve con tranquilidade un man a man
3-0 55´ Berti ante a saida de Romani
4-0 63´ Eloy de vaselina tras unha indecisión do porteiro visitante.
5-0 70´ Internada de Jacobo por banda que cede o gol a Berti a porta valeira
6-0 77´ Eloy de forte disparo dende o borde da area
7-0 80´Berti coa colaboración dun defensa.
A SD saiu mandona no partido, consciente de que o mellor era sentenciar pola via rápida ante a posibilidade de que o terreo de xogo se puxera pesado. Crearonse as primeiras ocasións con internadas por banda tanto de Diego como de Adrian. Eloy recibia con comodidade na media punta, e Berti xogaba ben de espaldas. O balon era do cadro local e os goles foron consecuencia loxica do desenrolo do encontro. Co 2-0 Eloy marrou duas claras ocasións que ben puideron aumentar a conta antes do descanso. Jose R. vivia tranquilo, pois a defensa era un muro para os timidos ataques visitantes.

O segundo tempo iniciouse coa unica e mais clara ocasion do Montelouro, nun remate na area pequena que Jose R. respondeu cunha tremenda parada. Acto seguido chegou o terceiro da tarde que sentenciou a contenda. A partir de ahi a Sd douse un festin, coa presencia da neve incluida, e xogou a placer deleitanto á parroquia cunha tarde de bo futbol. Aleman cansouse de roubar balóns, Pensado e Miniño dabanlle criterio á saida do xogo, e os homes de arriba percutian unha e outra vez na maltrecha defensa visitante, que por encima acabaron xogando con 10 homes por lesion dun dos seus xogadores. As ocasións erradas foron innumerables, como unha preciosa xogada por banda que acabou cun medio remate de chilena de Jacobo e posterior tiro a boca de xerro de Pensado. Romani converteuse no mellor home visitante realizando paradas de merito a Eloy e Berti, que ainda cos cinco tantos estrelou un balón no longueiro.

viernes, enero 08, 2010

O DOMINGO S.D. SOFAN - MONTELOURO AS 16 HORAS NO CARRAL

Visita o Carral a U.D. Montelouro na primeira xornada da segunda volta, coa incertidume de como afectará ó terreo de xogo o temporal de frio e auga que azota as nosas terras. Son os de Louro penultimos na clasificación, con 11 puntos sumados en 17 xornadas de liga. As últimas victorias auparon á SD ó 4º posto da taboa, a 10 do lider Sp. Zas. No partido de ida a SD venceu por 0-2 no campo de Agra da Filgueira.

Téñen os de Baña multiples complicacións na liña defensiva, pois Gende e Manolo Varela están sancionados, Juanjo recupérase do corte sufrido no partido do fin de semana pasado, e Roberto Souto arrastra un proceso gripal que fai que sexa dúbida para o domingo. Ademais, o dianteiro Bertín foi sancionado con 2 partidos, co que se perderá este e o próximo a xogar en Carnota. Pizo tampouco será da partida por problemas de saude. Pola contra poderían entrar na convocatoria Jacobo, Pensado ou Suso Docampo, practicamente a disposición do adestrador.

martes, enero 05, 2010

ABEL FICHA POLO SP. UNIVERSIDADE

A SD ven de conceder a carta de liberdade ó extremo de Pastoriza para que formalice a súa relación co Sp. Universidade de Gerardo Pintos. Os coruñeses son un dos equipos punteiros na 2ª autonómica no grupo coruñés, e con eles xogan vellos coñecidos do fútbol da zona como o ex dianteiro do Ponteceso Esteban ou o habil Robi, ex - Paiosaco entre outros.

Queda así desvinculado o xogador do clube do Carral, no que pasou temporada e media, deixando grandes tardes de fútbol á parroquia sofanista. Diverxencias e diferencia de pareceres co adestrador Baña levaron a que este tomase a decisión de non contar con el, e a oferta do equipo coruñés satisface a todas as partes. Desexamos que Abel teña sorte nesta nova andaina e demostre se a súa estancia na Sd foi proveitosa ou non.

lunes, enero 04, 2010

S.D. SOFAN 4 - UNION VIMIANZO 2

Sufrida e cara a victoria conquerida onte pola SD no campo das Eiroas ante un correoso Union, que foi duas veces por diante no marcador e acabou sucumbindo ante o empuxe dos locais. Foron expulsados un xogador por bando, Bertin e Amarelle, e lesionouse Juanjo, que tras un forte golpe contra unha barandilla do campo tivo que recibir tres puntos de sutura, os mesmos que levaron os de Baña para completar unha notable primeira volta que os situa cuartos na clasificación, a 10 puntos do lider Sp.Zas.

S.D. SOFAN - Jose R., Oscar Pardo (Berti 46´), Miniño, Juanjo (Manolo Varela 68´), Roberto Souto (Gende 54´), Aleman, Mario Casal, Adrian, Eloy, Bertin e Diego.

UNION VIMIANZO - Sergio, Jaime, Amarelle, Riveiro, Ivan de Treos, Adrian, Sergio de Quintans (Ivan de Baiñas 89´), Victor (Lagoa 46´), Aran (Vilaseco 63´) Rafa (Pioto 57´) e Javi Suarez.

ARBITRO: Rama Cotelo, que amonestou a Mario, Varela e Gende por parte local, e a Riveiro e Sergio de Quintans por parte visitante. Expulsou a Amarelle e Bertin no min. 43 por agresión mutua.

GOLES:
0-1 16´Falta botada sobre a area sofanista e Ivan remata adiantandose a Jose R. ante a pasividade da defensa local.
1-1 24´Mario nun afortunado remate de cabeza no segundo pao.
1-2 37´Adrian controla un balon no borde da area e engancha un gran remate que entra axustado ó pao esquerdo da meta local.
2-2 40´Gran pase de Eloy a Bertin que define cunha bonita vaselina
3-2 64´Miniño de falta directa ó borde da area.
4-2 75´Berti recibe dentro da area e cruza un gran disparo ó pao contrario.

A pesar do horario nocturno boa entrada de público nas Eiroas para presenciar un bonito partido, disputado a cara de can, con alternancias no marcador. Saiu a Sd dominadora, tocando ben o balón, con un Eloy moi participativo e con Adrian entrando ben por banda dereita. Unha boa xogada entre Adrian e Bertin acabou con un pase deste que Eloy marrou baixo paos. O gol do Vimianzo foi un xerro de auga fria para os locales, que pronto igualaron. O Vimianzo buscaba o xogo ó contragolpe, con Javi Suarez e Rafa como elementos mais perigosos. O golazo de Adrian foi respondido pronto por Bertin, que ainda tivo outra boa ocasión nun centro envenenado que se foi o longueiro. A tangana que rematou coas expulsións de Bertin e Amarelle dou paso ó descanso.

A segunda parte comenzou cunha Sd ambiciosa. Baña meteu no campo a Berti por un lateral, Oscar, e comenzou o recital de Eloy e Adrian, que fixeron un despliegue tremendo neste acto. Aleman, que completou un partidazo, encargabase de roubar e distribuir, e Mario parecia estar en todos lados. Pero tivo que ser o veterano Miniño, nunha falta o borde da area, o que desequilibrase. A lesión de Juanjo tivo o partido parado un rato, e pronto chegou o gol de Berti para sentenciar. Os ultimos minutos foron de acoso vimiancés, buscando balóns aereos pero solo Vilaseco cun remate á cruceta inquedou a Jose R.

sábado, enero 02, 2010

O S.D. SOFAN - UNION VIMIANZO, DOMINGO 3 ÁS 19.00 NAS EIROAS

Optou a directiva da Sd por trasladar o enfrontamente contra o Union Vimianzo para o campo das Eiroas, visto o temporal de auga que está a azotar a nosa zona estos días. O encontro comenzará ás 19.00 horas, tras o que teñen que disputar o Bergantiño e o Somozas no mesmo terreo de xogo ás cinco da tarde.

Para este encontro a sd ten as baixas consabidas de Pensado, Suso Docampo, Gustavo e Carlos Tojeiro. É dubida o lateral larachés Miniño, con problemas de espalda. Pola contra recupérase a Jacobo tras cumplir un partido de sanción.


O conxunto vimiances ven con todos os seus efectivos, excepto Lagoa, lesionado de longa duración. A dúbida é se xogará o seu adestrador Fran Pioto no ataque, ou optará por quedar no banco a dirixir o encontro. A liña dianteira é a mais perigosa do conxunto vimiances, con Aran e sobre todo Javi Suarez, o máximo goleador do equipo.