lunes, noviembre 26, 2012

SPORTING ZAS 0 - S.D. SOFAN 0

Arañou un punto a Sd no dificil campo de San Andres. Non foi o mellor partido dos de Mallon, que ainda así dispuxeron dun par de claras ocasións para marcar, e resistiron o asedio dos locais durante o segundo tempo.

Sp. Zas - Elias, Cesar, Victor Vecino, Oliver, Pereiro, Jaime - Amado 60´-, Peque, Lagoa - diego 70´- Rubio, Pablo e Pichin.

S.d. Sofan - Bugy, Lista, Marcos Pensado, Juanjo, Gustavo, Eloy Boedo, Michel, Eloy Cabeza - Pikas 81´-, Diego - Edu 66´-, Ivan Rey e Abel - Santi 75´-

ARBITRO - Reborido Rodriguez, que amonestou a Victor Vecino por parte local e a Carlos Lista por parte visitante.

Partido igualadisimo o visto onte en San Andres entre dous conxuntos que se respetaron en demasía. Saiu a Sd algo mais enchufada e tivo Abel duas boas ocasións para marcar, sobre todo unha delas nas que rematou solo na area grande e Elias respondeu enviando o balon a corner. Desperezouse o Zas en varias accions de Rubio e Pichin e un centro do extremo esquerdo rematouno Jaime fora ante a desesperación da parroquia local. Saiu ben Bugy arriscando o fisico ante Rubio para evitar a mais clara ocasión local. Acusouse o excesivo centrocampismo neste primeiro acto e a imprecision de ambos conxuntos á hora de xogar o balón.

Foi mais equipo o Zas no segundo tempo. Rondou a meta de Bugy con insistencia, pero o gran partido dos centrais sofanistas e a ceguera rematadora dos dianteiros locais permitiu que Bugy non encaixara goles. Disparos varios de Pichin e Jaime non atoparon porta. Foi Jaime un dos mellores dos locais, e a sua lesión deixou algo coxo ó equipo por banda dereita. A Sd tentouno a balon parado, con un remate de cabeza de Boedo que saiu fora por pouco. Santi revolucionou o ataque coa sua saida e un gran disparo seu sacouno Elias da mesma escadra.


Igualdade total e curioso empate a cero entre dous dos equipos mais goleadores da categoría.

domingo, noviembre 18, 2012

S.D. SOFAN 3 - CORME C.F. 2

Respondeu ás espectativas o partidazo da xornada no Carral. Corme e Sofán ofreceron un gran espectaculo, cheo de goles, alternativas e por momentos fútbol do bo. Un tremendo golazo de Eloy Boedo decidiu o encontro a pouco do final e permite ós sofanistas continuar na persecución do lider.

S.D. SOFAN - Bugy, Lista, Diego, Juanjo, Gustavo - Santi 71´-, Michel, Ivan Rey, Eloy Cabeza, Pikas - Eloy Boedo 65´-, Abel - Cantudo 86´- e Edu - Marcos Pensado 88´-.

CORME C.F. - Suso, Martinciño, Adolfo, Jesus, Alejandro - Chino 75´-, Brais, Lucas - Manu 25´-, Diego, Adrian Doldán, Juan Chans e Juanma.


ARBITRO: Casanova Otero, que amonestou a Juanjo, Michel, Pikas, Santi, Eloy Boedo e Ivan Rey por parte local, e a Manu e Diego por parte visitante.

GOLES:
1-0 21´ Lanzamento de falta durisimo de Eloy Cabeza ante o que Suso non pode facer nada.
1-1 48´ Corner sacado o primeiro pao que Edu marca en propia porta.
1-2 50´ Centro ó segundo pao e Doldan ante a pasividade total da defensa local marca o segundo tanto.
2-2 77´ Balón morto no borde da area que recolle Eloy Cabeza e saca un gran disparo que se introduce na porteria visitante.
3-2 83´ Saida de puños de Suso despexando o balón hacia o mediocampo, e Eloy Boedo sin deixar caer o esferico e de preciosa volea marca un autentico golazo ante o delirio da parroquia local.

Dous estilos contrapostos enfrontaronse no Carral na tarde de hoxe. Ante o toque e o detallismo tecnico dos homes de Lentejo, opuxo a Sd garra, pegada e contundencia. Tres trallazos dende fora da area deronlle a victoria os de Mallon. De inicio a presencia de Alejandro, Lucas e Brais no centro do campo cormelán fixo que estes levaran o dominio do xogo. A velocidade de Chans creou moitos quebradeiros de cabeza á zaga sofanista, que se empleou a fondo e ben para conter o habil dianteiro. A pesar de ter o control do balón as ocasións eran locais, e así chegou o primeiro tanto. A partir do 1 a 0 a Sd replegouse e buscou a contra, tendo duas claras ocasións en botas de Abel, e Michel, repelendo o pao un bo disparo do centrocampista larachés. O Corme cercaba a area local pero Bugy apenas tiña que intervir.

No segundo tempo e ante o estupor da afección local en 3 minutos e en dous erros da defensa roja o Corme remontaba o encontro. Enton volveuse tolo o partido. Foron os minutos de maior intensidade, pois a Sd pasou a xogar con 3 defensas e arriscou na busca da victoria. A saida de Boedo e Santi doulle outro aire o equipo, e a base de forza e garra comenzaron a rondar a meta de Suso. Un disparo de Ivan Rey dende o borde da area, e outro de Eloy a escasos metros da liña de gol, facia sospeitar que o empate estaba cerca. Os cormeláns saian en rapidas contras pero Juanjo foi un valladar na zaga, como sempre. En dous arreons a Sd logrou levantar o partido. Dous golazos, especialmente o de Boedo, un dos mellores vistos este ano no Carral. Ata o final, ataque infructuoso do Corme, e seguridade defensiva da Sd para facer que os puntos se quedaran na casa.

lunes, noviembre 12, 2012

U.D. MONTELOURO 1 - S.D. SOFAN 5

Moi bo partido da Sd no sempre dificil campo da Agra da Filgueira. A pesar de que o equipo local se adiantou no marcador, a Sd non se veu abaixo, e acabou mostrandose moi superior os de Louro. Destacaron nos visitantes dous homes que xogaban o seu primeiro partido como titulares nesta campaña: Gustavo, impecable na posición de central, e Santi, que anotou un precioso e importante gol antes do descanso.

U.D. MONTELOURO - Isma, Pedro, Alvaro, Cesar, Pablo, Nando, Chema - Adrian 60´-, Raul, Geiko - Edu 71´-, Pepiño - Mingos 46´- e Denis.

S.D. SOFAN - Bugy - Dani 85´-, Lista - Cantudo 77´-, Marcos Pensado, Juanjo, Gustavo, Michel, Eloy Cabeza, Ivan Rey, Pikas - Ivan Rojo 73´-, Edy - Diego 77´- e Santi - Abel 70´-.

ARBITRO: Sanchez Rojo, que amonestou a Chema por parte local, e a Juanjo, Michel, Edu e Pikas por parte visitante.


GOLES:
1-0 27´ Pase en profundidade ó extremo dereito Geiko que ante a saida de Bugy eleva o balón, e Juanjo non pode evitar baixo paos que se transforme no primeiro tanto da tarde.
1-1 35´ Santi recibe no borde da area, xírase e engancha un zurdazo ante o que non pode facer nada Isma.
1-2 41´ Penalti sobre Ivan Rey que transforma Edu.
1-3 55´ Falta lonxana que colga Marcos Pensado e o balón sin que ninguén o toque colase mansamente na porteria local.
1-4 67´ Novo penalti por mans dun xogador local que transforma Edu novamente.
1-5 80´ Contra da Sd, Eloy plantase ante o porteiro dos de Louro e cede o balón a Abel para que marque o seu 10º gol a porta valeira.

Costoulle á Sd adaptarse ó terreo de xogo de area. Tentaban os de Mallon ter o control da pelota, pero faciano sen apenas profundidade. Os locais, con Fernando levando o mando das operacións, xogaban de maneira mais practica, buscando ós seus veloces homes de banda. Nunha destas xogadas chegou o primeiro tanto, e con el un periodo de desconcerto da Sd, que non era capaz de sair da sua area ante o bo xogo local. Pero o tanto do empate foi un mazazo para os de Louro, e a partir de ahi a Sd foi moi superior. Ivan Rey e Eloy combinaban con calidade no medio do campo, e unha xogada de Rey acabou en penalti claro que daba ventaxa a Sd o descanso.

O segundo tempo foi de claro dominio visitante. O terceiro gol matou o partido e a partir de ahi os rojillos poideron combinar con tranquilidade, e as ocasións e os goles foron caendo polo seu propio pero. Apenas se pasou apuros en defensa, pois os catro homes desta liña mostraronse moi seguros en todo momento. Edu anotou dous tantos que o colocan con 7 na taboa de goleadores, e Abel, a pesar de estar no banco por primeira vez este ano, non deixou de marcar o seu goliño.

Trascendental partido o do domingo que ven no Carral, visitanos o Corme, un dos equipos chamados a estar na parte alta da taboa.

FOTOS CEDIDAS POR JORGE PARRI*

lunes, noviembre 05, 2012

CARNOTA 3 - S.D. SOFAN 0

Deixouse o liderato a Sd no campo de Lombans, recinto maldito para os sofanistas, nun partido no que ainda que se estivese xogando un par de horas mais, non seriamos quen de bater a meta local. Duas xogadas resumen o encontro, unha no segundo tempo na que ata 6 remates dentro da area pequena carnotana non atopou porta, e outra o surrealista gol en propia meta de Carlos Lista. Os de Cambeiro, moi serios e sabendo ben ó que xogan, aproveitaronse perfectamente da mala tarde da Sd para levarse os tres puntos.

CARNOTA - Luis de la Peña, Lolo, David Brea, Manolo Chouza, Pedro, Beiro, Nakata, Jose Manuel, Jacobo, Rodri e Bernardo.

S.D. SOFAN - Bugy, Ivan Rey, Diego - Marcos Pensado 77´-, Lista, Juanjo - Gustavo 81´-, Eloy Boedo - Jacobo 65´-, Michel, Eloy Cabeza, Edy - Santi 68´-, Pikas e Abel.

ARBITRO: Cives Enjo, que amonestou a Brea, Beiro e Nakata por parte local, e a Lista e Juanjo por parte visitante. Expulsou a Jacobo con vermella directa no minuto 76.

GOLES:
1-0 35´ Centro dende o mediocampo sen aparente perigo, Juanjo e Bugy non se entenden e o central marca en propia meta.
2-0 75´ Xogada por banda esquerda carnotana, que remata nun centro ó borde da area e Rodri chegando en carreira engancha un trallazo que se cola pola escadra da meta de Bugy. Un golazo.
3-0 89´ Un dianteiro local cruza ante a saida de Bugy, e cando o balón ia sair pola linea de fondo mansamente, rebota de maneira fortuita en Lista e colase na porteria visitante.

Uns primeiros 25 minutos malisimos da Sd, totalmente fora do partido, facian presaxiar o que podia suceder. Nin se combinaba con precision, nin se exercia a presion habitual cando os xogadores de Cambeiro tiñan a pelota. Os locais, moi serios apretaban e mostrabanse agresivos, tentando facer chegar balóns a Jacobo, unha vez mais de dianteiro centro. Beiro e Rodri intentarono con disparos lonxanos, pero foi nunha xogada sen perigo ningun onde se adiantou o cadro local. Panorama perfecto para os carnotáns, que se replegaron e defenderon o resultado ata o descanso. Ainda así no ultimo cuarto de hora a Sd xogou o seu mellor futbol, creando tres claras ocasions de gol: na primeira unha pared entre Eloy e Edy deixou solo ó mediapunta ante Luis, pero o seu disparo foise alto. Mais tarde un precioso centro de Edy rematouno Abel a bocajarro pero entre Luis e un defensa alonxaron o perigo. O borde do descanso foi Lista o que rematou unha falta botada por Michel a 2 metros escasos da porteria, pero detivo unha vez mais Luis, moi seguro toda a tarde.


O segundo tempo comenzou con un acoso intenso dos visitantes, e reclamaronse dous penaltis na area local, un por mans de DAvid Brea, e outro, mais claro este, por derribo de Pikas cando ia anotar o tanto do empate. A ocasión mais clara tiverona entre Edy e Abel, pero os seus sucesivos remates foron rexeitados entre a defensa e o porteiro local. Nunha contra sentenciou o Carnota, cun golazo de Rodri. A partir de ahi e coa expulsion de Jacobo foi un querer e non poder dos visitantes. que non tiveron certamente o seu dia de cara a gol, a pesar de anotar dous tantos en propia porta.

* FOTOS DE JORGE PARRI