
S.D. SOFAN - Carlos Tojeiro, Roberto Souto (Gustavo 80´), Diego (Miniño 69´), Juanjo, Pensado, Manolo Varela (Eloy 46´), Alemán, Pizo, Adrián (Gende 85´), Bertín (Jacobo 66´), Suso Docampo
O PINDO C.F. - Julián, Ángel, Jose, Álex, Cote, Piquero, Rafa, Víctor, Paulo, Hugo e Pablo.
ARBITRO: Romero Lago, que amonestou a Gende por parte local, e a Julian, Alex, Victor e Pablo por parte visitante. Expulsou a Gustavo con carton vermello directo no min. 89´
GOLES:
1-0 75´Centro longo de Miniño que remata Jacobo de volea á rede.
Tarde soleada no Carral, e mal primeiro tempo do cadro local ante os 120 espectadores que se achegarón ó coliseo rojillo. Baña plantexou un centro do campo de forza, pero nunca se puido impoñer un alto ritmo de xogo para desarbolar a un Pindo que saiu con moitas precaucions defensivas. Julian realizou unha gran parada no primeiro corner botado polo conxunto local. A partir dos 20 minutos o Pindo estirouse un pouco, principalmente por medio de Hugo e Victor, os seus homes mais perigosos. Un gran tiro de Victor foi respostado por unha magnifica intervención de Carlos. Adrian e Roberto entraron ben por banda neste acto pero os seus centros nunca atoparon rematador. Suso estaba moi so no ataque, e de pouco lle serviu á SD ter o balón a maior parte do tempo.
Os cambios no segundo tempo e o baixon fisico do Pind
o fixo que o dominio dos locais fose total e absoluto, encerrando ós de Sil na sua area. A pesar de non practicar un bo futbol, as ocasións foron caendo: Eloy rematou alto un gran centro de Roberto, o propio Roberto non foi quen de remachar unha gran ocasión na area pequena e Julian sacoulle unha man milagrosa a Suso Docampo. Foi Jacobo quen abriu a lata e parecia que o partido tiña dono, cando nunha incrible xogada o Pindo se atopou co empate. A saida de Gende como dianteiro creou un par de boas ocasións incluido un remate de cabeza do central que saiu fora por pouco, pero o empate foi inamovible.
