lunes, enero 31, 2011

ESTEIRANA CF 2 - S.D. SOFAN 2

Deixou escapar a SD a victoria no Xose Luis Vara de Esteiro. Un partido que tiña controlado no marcador case se vai ó garete nunha segunda parte conformista dos homes de Baña. Cando se quixo buscar a victoria outra vez era demasiado tarde.

ESTEIRANA: Venancio, José Varela (Adrián, min,65), Mingos (Cajulo, min.55), Dani Rama, Suizo (Uru, min.75), Andel (Maxi, min.55), Pepiño, Simón, Alex, Adelino, Roberto Pladur.

S.D. SOFAN: Costa, Roberto Souto, Miniño, Juanjo, Alberto Pensado, Alemán, Mario Casal, Diego (Luisito, min.75), Adrián, David Pensado (Jacobo, min.70), Bertín (Pizo, min.60).

GOLES:
0-1, min.20: xogada por banda de Roberto, o seu centro é rexeitado e Alemán engancha un disparo que entra pola escadra
0-2, min.33: nova internada por banda dereita, Mario recibe o balón no vertice da area e sorprende a Veni cun disparo ó primeiro pao.
1-2, min.50: corner a favor do equipo local, e tras varios rexeites no borde da area Pepiño engancha un disparo que quita as teas de araña da meta de Costa
2-2, min.75: balon a espalda da defensa sofanista, Costa rexeita o primeiro disparo pero Adelino empuxa o balon na linea de gol.

Saiu a Esteirana apretando e presionando, tentando amedrentar ó equipo visitante. Adelino e sobre todo Roberto Pladur facian dano arriba. O xoven dianteiro dou un recital de aguantar o balón e xogar cos compañeiros. Costa rexeitou un disparo dende fora da area. Adelino marrou unha clara ocasión nun corner ó non esperar o balón no segundo pao. A partir do minuto 20 a Sd combinou con solvencia no centro do campo e chegaron os tantos. Puidose aumentar a renta pero o longueiro rexeitou un remate sofanista.

Pero como sucedeu 15 dias atras contra o Pindo, o inicio do segundo tempo foi mortal para a SD. A Esteriana saiu a por todas, meteulle intensidade ó partido e atopouse con dous tantos que facian xustiza a ese tramo de encontro. O de Pepiño foi un golazo e o de Adelino, en posible fora de xogo, foi un gol de oportunista. A SD, cando se viu co empate, decidiu adiantar liñas e forzou un par de situacions de gol. Jacobo disparou a rentes do pao e Luisito enviou unha falta directa ó longueiro, pero xa era tarde para levarse os tres puntos.

lunes, enero 24, 2011

S.D. SOFAN 2 - FISTERRA 0

Voltou á senda do triunfo a SD no campo do Carral. Uns 150 espectadores presenciaron en tarde de intenso frio un gran encontro entre dous dos mellores equipos da liga, que se decantou xustamente do lado local. Debutou o arteixán Alex na meta sofanista, tendo unha destacada actuación en momentos puntuais do encontro.

S.D. SOFAN - Alex, Roberto Souto, Miniño -Gustavo 75´-, Juanjo, Alberto Pensado, Alemán, Mario Casal, Diego, Adrian - Manolo Varela 77´-, Jacobo -David Pensado 61´-, Bertin - Juan Rabuñal 65´-.

FISTERRA S.D. - David, Juan -Luis 85´-, Piti, Nico, Senra, Rodri, Roa -Edi 81´-, Tati -Cristian 70´-, Guardiola, Roco e Manoliño.


ARBITRO - Rivas Rodriguez, que amonestou a Diego, Jaobo, Bertin e David Pensado por parte local, e a Piti, Guardiola e Roco por parte visitante. Expulsou a Nico no min. 70 por doble amonestación.


GOLES -
1-0 29´Gran combinacion da dianteira sofanista que remata cunha deixada de Bertin para que Mario anote de forte disparo.

2-0 72´Juan Rabuñal recolle un rexeite de un corner, controla coa cabeza e saca un gran disparo de zurda que se cola como un obús na meta fisterrá.


Cando dous equipos de calidade queren xogar ó fútbol vense partidos bonitos como o de onte. Un Sofán mandón e un Fisterra buscando a contra, puxeron as suas armas enriba do tapete do Carral. Dende o principio viuse que a Sd quería o control do partido. A forza de Aleman e Mario impúxose á tecnica do centrocampo visitante. A liña defensiva do Fisterra, sin embargo, aguantou as acometida locais, con Roco de kaiser na posicion central, cortando todo o que lle chegaba. Manoliño era unha illa no ataque verde, moi ben controlado por Pensado e Juanjo. O partido era intenso pero sen ocasións de gol. A SD tivo as primeiras a balón parado, con disparos de Jacobo, Diego e Miniño. A mais clara foi de Adrian, tras un gran contragolpe, disparou forte pero David rexeitou como puido coa perna. O debutante Alex foi un espectador de excepción neste tramo de partido. O gol de Mario fixo xustiza. Reclamouse un claro penalti a Bertin nun forcejeo co porteiro visitante.


O segundo tempo seguiu pola misma liña. A xogada clave foi a gran doble parada de Alex a disparo primeiro de Rodri e despois de Guardiola a bocajarro. Xa Manoliño tivera a súa facia pouco pero no man a man mandou o balón fora. A SD coa expulsion de Nico dominou a situación con solvencia. Pensado non chegou baixo paos a un centro de Roberto. Diego lanzou unha falta que David desviou con dificultades, e un defensa do Fisterra sacou baixo paos de maneira milagrosa un lanzamento local. Co 2-0 a SD limitouse a defender a súa porta con solvencia para acabar levandose os tres puntos.

viernes, enero 21, 2011

ALEX INCORPORASE Á S.D.

Alejandro J. Miranda Torrecilla, coñecido futbolisticamente como Alex, xa é novo gardameta da S.D. O rapaz de 22 anos estaba no Laracha CF pero compromisos laborais non lle permitian dedicarlle o tempo que a Preferente exige. Tras un rápido acordo entre os dous clubes chegouse á conclusión de que competindo co clube do Carral non se frearía a estupenda progresión do xogador. Ata final de tempada Alex vestirá as cores dos de David Baña.

O xogador, natural de Oseiro, xogou toda a vida no At. Arteixo. Tras destacar en categorias inferiores chega ó primeiro equipo onde da mostras da sua axilidade baixo paos e dotes de mando a pesar da súa xuventude. Alí comparte vestiario cos sofanistas Miniño e Juan Rabuñal. O seu salto ó Laracha é consecuencia das súas boas actuacións. De aquí a final de tempada seguirá adestrando co equipo de Lemos un par de veces á semana. A SD Sofán agradece dende esta páxina as facilidades que dou o clube presidido por Canito para que a operación se levara a cabo.


Desexámoslle sorte ó noso novo compañeiro, que seguro será recibido no vestiario como se merece.

martes, enero 18, 2011

O PINDO 3 - S.D. SOFAN 1

Derrota da SD en Lombans. Tras un primeiro tempo dominado de cabo a rabo polo de Baña, as ocasións marradas pasaron factura. Unha saida fulgurante dos locais sentenciou o encontro, e ainda que o gol de Bertin puxo emoción ó resultado o partido non era para o Sofán.

O PINDO: Garrido, Mateo, Miguel de Lira, Piquero, Juan de Dios, Diego León, Rafa (Javi 80´), Fran (Pulpo 61´), Víctor (Ángel 85´), Aitor, Julián (Rivas 60´)

S.D. SOFAN: Costa, Roberto Souto, Gustavo, Juanjo, Manolo Varela (David Pensado, min.65), Alberto Pensado, Miniño, Pizo, Adrián Garcia, Bertín, Jacobo.

ARBITRO: Gonzalo Javier Volunterio, que amonestou a Angel e Piquero por parte local, e a DAvid Pensado po parte visitante.

Goles:
1-0, min.51: Aitor recolle un rexeite de Costa tras un tiro dende fora da area e marca con calidade.
2-0, min.60: Juan de Dios á saida dun corner
2-1, min.65: Bertín de penalti cometido sobre el mesmo
3-1, min.70: Rafa de vaselina case sen angulo.


A SD saiu mandona ante un cadro local que se replegou e fiou a súa sorte á capacidade ofensiva dos seus arietes Victor e Aitor. Adrian por banda dereita foi un puñal e as mellores xogadas chegaron por este lado. O extremo enviou alto un remate franco. Tivo Gustavo unha clara ocasión á saida dun corner pero o balón saiu fora por pouco. Bertin estivo en boca de gol como en el é habitual pero marrou un par de ocasións claras, unha das cales petou no pao. A contra do Pindo era perigosa e Aitor estivo a piques de marcar tras unha saida a destempo de Costa. A SD sufria a balon parado e a traves da estratexia foron as mellores ocasións dos locais.


O bonito primeiro tempo dou paso a un segundo acto que se resolveu de maneira contundente. Os locais sentenciaron en duas accións nada mais sair do vestiario. A SD pasou a xogar con tres defensas arriscando ante as perigosas contras locais. Bertin acortou distancias. David Pensado tivo unha boa ocasión para empatar, pero foi Rafa quen anotou un golazo. Adrian a pouco do final mandou un balón ó pao pero era inutil. Mala tarde en ambas areas para a SD, que a pesar de levar o peso do xogo caeu derrotado.

lunes, enero 10, 2011

S.D. SOFAN 5 - PORTEÑO C.F. 0

Comenzou con bo pe a SD a segunda volta, no partido disputado na tarde de onte nas Eiroas. 150 espectadores viron unha facil victoria dos locais, que dominaron de cabo a rabo e non pasaron apuros, a pesar de ter que contar con Miniño de guardameta. O laraches tivo unha boa actuación e mostrouse moi seguro toda a tarde.

S.D. SOFAN - Miniño, Roberto Souto, Gustavo, Juanjo (Alberto Pensado 60´), Manolo Varela, Aleman, Pizo, Dieguito, Adrian Garcia, Jacobo e Bertin.

PORTEÑO - Asiel (Santi 66´), Brais, Roberto, Manuel, Pejo, Ivan, Quilmes, Pablo (Roi 46´), Iago (Asturiano 56´), Isma e Wii (Ruben 46´).

ARBITRO: Hermo Alonso, que amonestou a Diego por parte local, e a Quilmes po parte visitante.


GOLES:
1-0 23´Combinacion de libro entre a dianteira sofanista, que acaba con un pase a Diego que fusila na sua saida a Asiel.
2-0 40´Gran disparo de Jacobo que rexeita Asiel e Bertin anota sen oposición.
3-0 53´Boa xogada de Bertin que cede a Jacobo, e este marca de forte disparo.
4-0 61´Internada de Roberto por banda e o seu centro é desviado por Roi ó fondo das mallas
5-0 75´Jacobo fai unha gran xogada individual e resolve con un esquinado disparo.


Saiu a Sd presionante e combinando ben na zona atacante. Os primeiros 20 minutos foron de gran fútbol e o gol inicial foi xusto premio ó dominio da Sd. O Porteño plantou cara é non se encerrou atras, pero precisamente esto posibilitou que a rapidez dos homes de arriba dos locais lucira mais ante os espacios que se producian na defensa do Porteño. Adrian e Diego foron puñales por banda e Jacobo e Bertin creaban perigo en todas as accións. Bertin marrou un par de claras ocasións pero na terceira que tivo non fallou e a Sd foise en clara ventaxa ó descanso.


O segundo tempo foi un trámite, porque tras o terceiro gol o Porteño baixou os brazos e a SD dedicouse a combinar, con bastante acerto e enlazando xogadas de mérito. Aleman e Pizo, que completaron un gran partido, foron os amos no centro do campo. Ainda sen pisar o acelerador crearonse moitas ocasións de gol e anotaronse un par deles mais. Pensado voltou da súa lesión, sendo esta unha das notas positivas do encontro. A ver si se vai vaciando a enfermería de cara ós importantes compromisos que se aveciñan.








lunes, enero 03, 2011

S.D. SOFAN 1 - BUÑO C.F. 2

Un Sofán moi apatico cediu tres novos puntos na súa casa ante un equipo oleiro que xogou con moita intensidade e aproveitou as súas ocasión ó máximo. 200 persoas no Carral viron como o equipo de Baña atravesa un momento de baixa forma que o está a alonxar dos postos nobles da liga.

S.D. SOFÁN: Costa, Roberto Souto, Juanjo, Miniño, Gustavo (Pizo, min.46), Mario Casal, Alemán (Jacobo, min.75), Juan Rabuñal, Diego, Bertin e Adrián.

BUÑO: Añón, Pancho, Diego, Lolo, José, Fernando, Jorge, Mendieta (Martuxa, min.65), Dourado (Pardiñas, min.85), Bertin (Rubén, min.67) e Víctor (Emilio, min.80).

Goles:
0-1, min.44: A xogada tonta do ano. Juan Rabuñal vai sacar unha falta, o balón rebota en Victor, que non está á distancia regulamentaria, o xogador visitante inicia unha contra, chega diante de Costa e cando vai ceder para que Berti anote a porta valeira Juanjo introduce o balón en propia porta
0-2, min.65: Roubo de balón de Rubén, que cede a Víctor para que o incisivo atacante bata por baixo a Costa
1-2, min.80: Pase de Pizo a Jacobo, que ve o desmarque de Bertin, mételle o balón en profundidade con calidade e Bertin anota o seu gol 14 tras regatear a Añon.

Árbitro: Pardiñas García (A Coruña) Amoestou aos locais Miniño e Rabuñal; e aos visitantes Mendieta e Dourado. Expulsou ao local Mario (min.75)

O primeiro tempo foi un exemplo de como non encarar un encontro por parte local. O ritmo era lento, o Buño esperaba agazapado e lanzaba balóns os seus estiletes Victor e o ex-sofanista Berti. Este tivo a primeira ocasión nunha falta que saiu a milimetros da escadra. Diego, o central oleiro lanzou outro libre directo e Costa respondeu con seguridade. A Sd tentabao pero sen apenas ideas. Perdiase o equipo de Baña nun excesivo xogo de imprecisións e falta de actitude. A pouco do descanso chegou o esperpentico gol do Buño, que foi a tumba local.

Os de Pablo Mallon encerraronse ben no segundo tempo, sen complicarse na liña defensiva. A saida de Pizo fixo que a SD combinara ben e chegara polas bandas. O propio Pizo mandou un par de grandes centros, nun dos cales Mario tivo a ocasión mais clara do partido pero enviou o remate alto. Adrian e Roberto entraban ben na dereita, e un centro seu rematouno Pizo pero Añon salvou milagrosamente baixo paos. Á contra sentenciou o Buño, non sen antes quedarse con 10 a SD por expulsión de Mario. Os ultimos intres foron de acoso sin control da Sd, tras o gol de Bertin, e foi anulado un gol a Jacobo por xogo perigoso de Miniño.