lunes, mayo 03, 2010

S.D. SOFAN 5 - C.D. BAIO 1

Asegurou a 3ª praza ligueira a SD nunha magnifica tarde de futbol no Carral, onde uns 150 espectadores disfrutaron co xogo despregado polos locais, e cun Baio plagado de rapaces que lle augura un gran futuro á entidade presidida por Diego Diaz. O impecable tapete do coliseo sofanista presenciou goles de bela factura, xogadas de moito mérito e ata un penal marrado por Guillermo Rilo. A nota negativa foi a lesión na mandibula do bo lateral baies Jose Antonio.

S.D. SOFAN - Jose R., Juanjo, Miniño, Roberto Souto(Gende 65´), Diego, Alemán, Mario Casal, Pizo (Manolo Varela 78´), Bertín (Suso Docampo 55´), Jacobo (Berti 55´), Eloy (Gustavo 70´).

C.D. BAIO - Angel Martín, José Antonio (Ramón 60´), Andrés, Diego Diaz, Eloy, Sergio Pensado (Valentín 70´), Borja, Mario, Canai, Guillermo, Kevin (Rubio 57´).

ARBITRO: Souto Budiño, que amonestou a Jose R., Miniño, Diego e Mario Casal por parte local, e a Jose Antonio por parte visitante.

GOLES:
1-0 12´Taconazo de Jacobo para Eloy que define diante do meta visitante
2-0 21´ Centro dende a liña de fondo de Eloy que Jacobo remacha na area pequena
3-0 27´Mario remata no segundo pao un gran centro de Jacobo
4-0 30´Bertín revolvese de maneira maxistral dentro da area e marca.
4-1 51´Mario de gran lanzamento de falta directa
5-1 80´Suso a porta valeira tras un erro do meta visitante

O xogo no primeiro tempo do equipo local foi para enmarcar. Recuperando rápido o balón no centro do campo e saindo con velocidade liquidou o partido en media hora máxica. O talento dos homes de arriba saiu a relucir, e Jacobo, nunha tarde de inspiración, participou nos tres primeiros goles. Bertin marcou un gran tanto e aportou moito en banda dereita. A liña defensiva contivo os envites dun bullicioso Guillermo, que tivo a mala sorte de marrar un penalti a pouco do descanso.

O golazo de Mario na reanudacion dou alas ó Baio pero o conxunto local pronto se fixo outra vez co mando. O segundo acto foi mais relaxado ainda que os dous equipos seguiron ofrecendo un bo espectáculo ó graderío. Lamentar a lesión do lateral baies nunha xogada fortuita e resaltar a proposta vistosa e ofensiva do conxunto de Tono, que gustou no seu trato co balón ainda saindo goleado do Carral, pero e que parece que os de Baña acaban a liga como motos e co punto de mira afinado.