lunes, marzo 01, 2010

ESTEIRANA 2 - S.D. SOFAN 1

Derrota da SD en Miraflores ante a Esteirana, que xogou un partido moi serio en defensa e aproveitou as suas ocasións cando o encontro esmorecía. O Sofán levou o peso do xogo, creou ocasións suficientes para levar os puntos pero non estivo afortunado ante Luqui, un dos mellores do encontro.

Esteirana: Luqui, Fran do Español, Mingos, Roi, Chispi, Uru, Simón (Cajulo, min.60), Álex (Tarujo, min.76), Alberto, Pepiño, Guerra.

S.D. Sofán: José Ramón, Diego, Miniño, Juanjo, Mario, Manolo Varela (Gende, min.73), Adrián (Jacobo, min.60), Pensado, Berti (Bertín, min.60), Eloy, Suso Docampo.

Arbitro: Nuria Lopez Rodriguez, que amonestou a Simón e Pepiño por parte local, e a Mario e Carlos Tojeiro, este no banco, por parte visitante.

Goles:
1-0, 75´ Miguel Guerra controla un balón o borde da area e sen deixalo caer engancha unha preciosa volea que sorprende a Jose
2-0, 80´ Libre indirecto na area sofanista, o rexeite chega a Uru que marca de forte disparo que bate en Diego
2-1, min.87: Suso Docampo aproveita un balón morto na area.

O primeiro tempo foi de dominio visitante, que tivo o balón en todo momento pero non atopou o camiño da meta de Luqui. A Esteirana buscaba as contras con balóns longos o rapaz Guerra, moi incisivo toda a tarde e que foi un verdadeiro dolor de cabeza para a defensa da SD. Tivo Berti a primeira clara ocasión, pero o seu remate na area pequena foi rexeitado por Luqui en acertada intervención. Pouco despois Adrian atopouse con un balón morto na area da Esteirana pero rematou por enriba do longueiro. Tivo a súa a Esteirana no límite do descanso, tras unha gran xogada de Alex que non acertou a definir cando se atopaba só ante Jose R.

O segundo tempo seguiu polos mesmos derroteiros, e si cabe á SD costoulle mais atopar ocos na magnifica e animosa defensa local. O futbol dos visitantes volveuse predecible e as contras locales eran as que tiñan mais pinta de gol. Ainda así Berti dispuxo de outra boa ocasión pero non foi quen de regatear ó gardameta do equipo local. No momento clave do partido chegou o gol da Esteirana, e tras unha discutida decisión arbitral, o segundo que sentenciaba o partido. O arreon final da SD serviu para que Suso anotara un novo gol, e no tempo de desconto Luqui salvou milagrosamente un remate de Eloy, e o posterior rexeite estrelouno Jacobo na cruceta da meta azulgrana, co cal os puntos se quedaron na casa.