jueves, junio 27, 2013

Brais e Jorge, duas novas incorporación para o Sofán 2013/2014

Asinaron o seu compromiso coa Sd Sofán Jorge Calvete e Brais Barreiro. Ambos xogadores foron presentados na tarde de onte. Os dous rapaces, futbolistas suficientemente coñecidos no ambito costeiro, mostraronse moi ilusionados ante a nova etapa que se lles abre no campo do Carral.

Jorge Calvete, 28 anos, xa é un vello coñecido sofanista. Militou na Sd en xuvenís, fai uns 11 anos, e o seu irmán Dani foi xogador do primeiro equipo. Jorge, tras triunfar no fútbol sala nos historicos Cempes pontecesan e Troula de Betanzos, retomou as suas actividades futbolísticas no Buño, equipo no que militou 6 anos e do que era un referente e elemento imprescindible no centro do campo. Xogador ben dotado tecnicamente, de fútbol facil e intelixente, e cun bo sentido táctico do xogo, ben a completar esa zona do campo da Sd, algo escasa de efectivos a tempada pasada.

Brais Barreiro, 28 anos, nacido en Lendo - Laracha, recala na Sd tras practicamente un ano en branco. O dianteiro é un xogador rápido e potente, de fútbol directo e coa soa idea do gol na súa cabeza. Adaptase ben a xogar en calquera dos postos da dianteira e mesmo en banda. Iniciouse nas categorías inferiores do Laracha, chegando a xogar no xuvenil do Montañeros. Militou no primeiro equipo do Paiosaco durante 4 tempadas, e tras destacar co equipo verde e branco, fichouno o Cee de Manolín. No Novo as Raices xogou 1 ano, pasando despois o Club do Mar de Caion, donde xogou 2 anos e foi Campion da Liga da Costa na tempada 11/12.

Sorte os dous xogadores nesta andaina no noso querido clube.

martes, junio 25, 2013

A Sd renova ó seu adestrador.

Pablo Mallón ven de asinar un ano mais coa Sd Sofán. O mister carballés, despois da decepción que supuxo a eliminación en cuartos de final da Copa da Costa, non dubidou en aceptar a oferta da directiva da Sd para continuar dirixindo a nave vermella.

Cérrase o seu primeiro ano ó frente dos sofanistas coa sensación de que se fixo un gran traballo. O equipo pelexou polo título ligueiro case tres cuartas partes do campionato, quedando descolgado no treito final, e rematando no 5º posto. No torneo de Copa a participación foi moi destacada, eliminando ó San Lorenzo, Esteirana e Carnota, e caendo do potente Dumbria a so 5 minutos do final.

O mister resumenos nunhas liñas a súa impresión sobre a tempada que acaba de finalizar.

Que regusto che deixou a eliminación da copa?

A eliminacion co Dumbria deixounos a todos un regusto bastante amargo. O equipo demostrou nos dous partidos todos os valores que se xe poden pedir a un club modesto como o noso, entrega, entusiamo e esforzo e se a eso lle sumamos que en gran parte da eliminatoria levamos o peso do partido e o control do xogo, creo que o fútbol foi un pouco inxusto ca SD. Penso que merecemos pasar a eliminatoria, quedaban cinco minutos e estabamos en semifinales, pero moitas veces pasan estas cousas e agora o que temos que facer e recompoñernos, salir a temporada que ven ca cabeza moi alta e intentar plasmar esas mesmas sensacións no campeonato de liga.
Creo que a eliminatoria foi moi competida e disputada, pero a nivel persoal tamén disfrutei moito ca comunión perfecta que houbo entre xogadores, directiva e afeción. Todos remamos na mesma dirección, e tras disfrutar de un día con comida da plantilla, despois sacar a foto oficial con tódolos chavales da canteira, a SD tomou o Conco e o equipo parecía que xogaba na casa, polo apoio tan grande que tuvo desde a grada. Esta afición merecese unha alegria, e estou seguro que tarde ou temprano o equipo vailla dar.

Como valoras o teu primeiro ano na Sd a nivel deportivo?

2.- Creo que en global a temporada foi boa. Empezamos de maneria inmellorable pero logo fomos bastante irregulares. Foron errores nosos os que nos levaron a non poder pelear polo campeonato, e sabemos que podiamos dar máis. Non nos axudou nada o "desterro" obligado das Eiroas, pero aínda así houbo fases da temporada na que non estuvemos concentrados e metidos nos partidos de cheo, co que se foron puntos ante rivales en teoría inferiores. Eso témolo que mellorar de cara ó ano seguinte. Cada partido é importante e non se poden deixar pasar tantas ocasións para sumar.
Na Copa creo que cumplimos con creces e o equipo merecía meterse en semifinales e facer historia. Non puido ser, agora toca aprender dos errores e pelear por correxilos.



Que che sorprendeu mais de traballar na Sd?

3.- O máis importante é traballar cun grupo de xente á que lle entusiasma o fútbol e que vive a SD como parte da súa vida. Éste é un clube de fútbol si, pero sobre todo é un grupo de amigos, unha familia que traballa da man para conseguir un obxectivo que estou seguro que vai chegar. O trato en todo momento foi increíble e os dous días sinteste como na tua propia casa. Eso veno os xogadores e esa ilusión que lle transmite a directiva, plásmase despois no terreo de xogo e nos adestramentos, donde cada un dos membros da plantilla, intenta sempre dalo todo polo equipo.

Que esperas do equipo para o ano que ven?

4.- O ano que ven intentaremos dar un paso máis adiante. Vamos a ter un equipo moi competitivo e vamos a pelear por ganar o campeonato. O fútbol nunca sabes por onde che vai levar, pero calidade, seriedade e traballo imos a poñerlle todos para que a SD teña por fin o reconocimento que merece. Os erros deste ano, erros propios, fixeron que na parte final da temporada non puderamos competir polo ascenso. Sabemos que erros son, sabemos o que hai que correxir, sabemos no que hai que incidir para mellorar. Esto sumado os posibles nomes que se incorporen ó equipo, vainos facer ser un equipo forte e un candidato a todo.
Espero nesta nova temporada, primeiro que a SD siga sendo a mesma familia que é, que fagamos un grupo, en tódolos estamentos do clube, unido e forte, segundo, que xogadores se divirtan pero que deixen a pel no campo, e terceiro que nos acompañe a fortuna que nos esquivou esta temporada. Espero que esta sea, dunha vez por todas, a temporada da SD.

lunes, junio 17, 2013

Gran festa das categorias inferiores.

Despediron os nenos dos equipos base da Sd Sofán a tempada este sábado cunha gran festa na que non faltou de nada. Os pais dos rapaces organizaron de maneira admirable un día no campo do Carral para non olvidar. Acompañou o tempo soleado e unhas 200 persoas se pasaron polo coliseo sofanista para disfrutar dun fin de festa apoteosico.

Os clasicos partidos de nenos contra nais abriron a xornada matutina. Os nenos puxeron todo o seu empeño, pero o respeto que lle teñen os seus pais fixo que o partido estivese moi igualado, e decidiuse nunha apretada tanda de penaltis. Era a hora da comida. A cantina, con varias nais traballando a reo, botaba fume. Churrasco variado, empanadas e demais delicatessens circularon polas mesas.  Pola tarde chegaron as atraccións, uns inchables para que os pequenos disfrutaran do dia, ata un toro mecanico fixo acto de presencia. O momento mais emotivo da xornada foi a entrega de premios, dos posters desta tempada a cada neno, e uns regalos que os propios rapaces lles quixeron facer os seus adestradores. A mais de un escapouselle unha lagrimiña.

Cérrase así unha preciosa tempada para a Sd, que pouco a pouco ve como a sua familia vai crecendo.









lunes, junio 10, 2013

DUMBRIA C.F. 3 - S.D. SOFAN 2

Foi cruel o fútbol na tarde de onte coa Sd. Nunha tarde perfecta para a épica costeira, cun campo do Conco cheo, duas afección que vibraron cun gran espectáculo, a Sd mereceu levarse a eliminatoria, tivoo na súa man, pero sucumbriu ó poderío aereo do cadro local, que anotou 3 tantos a balón parado, á falta de fútbol co que superar o da Sd.

Foi cruel o fútbol con Suso Docampo, goleador histórico do Sofán e autor do segundo gol da Sd , que dou o pase ó equipo de Mallon durante 20 minutos. Foi cruel con Gustavo e Juanjo, parella de centrais que fixeron un enorme partido, e que tras 15 anos no clube estaban a saborear un momento de gloria tras tantos sinsabores. Foi cruel para todo o equipo, que demostrou orgullo, calidade e deixaron o pavillón ben alto. Pero así son as cousas.

DUMBRIA C.F. - David, Carreira - Adrian Alcaina 70´-, Isma - Rudi 30´-, Jose, Aaron Fdez., Aaron Lopez, Iago, Israel - Dani Casal 46´-, Dosil, Marcote e Leo - Luisito 46´-

S.D. SOFAN - Dani, Lista - Cantudo 86´-, Marcos - Jacobo 86´-, Juanjo, Gustavo, Boedo, Suso - Pikas 71´-, Ivan Rey, Abel - Santi 76´-, Michel e Ivan Rojo

ARBITRO: Lens Ares, que amonestou a Carreira, Casal, Jose´, Lista, Marcos, Boedo, Abel e Michel

GOLES:
1-0 29´ Falta botada hacia a area visitante que desvia Marcote á rede.
1-1 44´ Ivan Rojo transforma un penalti sinalado por mans de José
2-1 68´ Aaron Fdez. a saida dun corner.
2-2 71´ Rojo rouba na medular e asiste a Suso, que encara a David e bateo con frialdade.
3-2 86´ Novo balón parado de Aaron Lopez enviá ó fondo das mallas.

Iniciouse o encontro e a tensión flotaba no ambiente. O Dumbria mostrouse mais metido no partido, e Leo, moi motivado no inicio, lanzou unha espectacular chilena ó longueiro. Chegou o primeiro tanto do Dumbria, e a Sd despertou. De mans de Eloy e Michel, o equipo comenzou a carburar e a chegar con perigo á meta local. A lesión de Isma deixou algo frios os locais.



Un lonxano disparo de Abel foi o preludio do penalti que transformou Rojo e que igualaba a eliminatoria. Tras un primeiro tempo moi tenso, os xogadores foronse ó vestiario coa sensación de que a Sd se podia levar a eliminatoria.

O segundo tempo foi do mellorciño que se viu nos ultimos anos na Sd. En canto a emoción, entrega de todos os homes, e calidade tratando de ti a ti a todo un preferente. Rojo, unha vez mais enorme, avisou cun gran disparo que rozou a escadra. O Dumbria decidiuse a xogar futbol directo, con Aaron Lopez case de dianteiro centro, e cada balón á area era unha agonía. Abel e Iago Dosil ensaiaron o disparo sin fortuna antes da voraxine que levou ó 2-1 e ó posterior empate a douses. O encontro estaba desatado. A afección sofanista, numerosa e apoiando ó seu equipo con paixon, viase en semifinales. Pero o agonico ataque final do Dumbria acabou no gol do 3 a 2. Como se dunha pelicula de terror se tratase, ainda tivo Jacobo no ultimo minuto a oportunidade da gloria, nunha falta que saiu lamento o pao. Non puido ser.

Estos partidos fan grandes os equipo, e ainda na derrota cabe felicitar os nosos xogadores. Outro ano se´ra.

lunes, junio 03, 2013

S.D. SOFAN 1 - DUMBRIA C.F. 1

Partido clásico copeiro o vivido onte no campo do Carral. Diante de mais de 300 espectadores, e cun sol de xustiza, ambos equipos emplearonse a fondo nun encontro igualado que rematou cun xusto empate e deixa as espadas en todo o alto para o partido de volta.


S.D. SOFAN - Bugy, Cantudo - Pikas 66´-, Juanjo, Lista, Marcos Pensado - Gustavo 66´-, Eloy Boedo, Michel, Ivan Rojo, Ivan Rey, Suso Docampo - Jacobo 61´- e Abel - Santi 55´-

DUMBRIA C.F. - David, Rudy - David CArreira 46´-, José, Aaron Fdez., Pablo Vidal, Aaron Lopez, Dani Casal, Iago, Miki - Luisito 46´-, Siaba - Pereira 65´- e Bruno - Piro 46´-

ARBITRO - Fuente Seoane. Amonestou a Eloy Boedo, Siaba e Aaron Fdez.

GOLES.
0-1 1´ Primeira xogada do partido, balon longo hacia Bruno, os centrais sofanistas non se entenden, o habil dianteiro encara a Bugy que o derriba. Dani Casal transforma o máximo castigo con frialdade.

1-1 77´ Disparo de Ivan Rojo que é repelido por un defensa visitante coas mans. Jacobo iguala o marcador dende o punto de penalti.

Pillou o inicio de partido despistado á Sd. Na primeira xogada xa tiñan un gol en contra. Isto deixou un pouco fria a afección local. Nos primeiros intres o Dumbria tocaba ben e dominaba o xogo, cun Pablo Vidal inmenso, dando un recital de xogo en banda neste tempo. Foi del un bo disparo que lameu o pao de Bugy os 15 minutos. Pero espertou a Sd, e coa dirección de Boedo e Michel, e tocando con paciencia, foron achegandose á meta de David. Os dous talentosos extremos carballeses, Rey e Rojo, comenzaron a crear perigo, e un centro de Rey foi rematado por Suso pero a defensa visitante rexeitou como puido. Antes do descanso un bo pase en profundidade de Michel que rematou Abel algo escorado, e unha volea de Rojo que detivo ben David, foron as ocasións locais mais perigosas. O encontro era moi disputado, coas defensas impoñendose, e cunha loita no centro do campo durísima e intensa. Os balóns parados eran todos da parexa de Aarons do Dumbria. Ambos dominaron o xogo aereo neste tempo.

No inicio do segundo acto, o Dumbria controlou ben o partido. Sen alardes, pero con unha gran seriedade defensiva, non permitiu achegamentos locais. Os cambios déronlle outro aire á Sd, que a pesar do cansancio dos seus homes polo derroche físico que estaban a facer, sí que mereceron o empate na ultima media hora. Rojo, un dos mellores no campo, foise de CArreira e lanzou un gran disparo que bateu no pao. As contras visitantes eran perigosisimas, con Piri e Luisito buscando a velocidade. Bugy tivo que responder con acerto en duas claras ocasións dos de Dumbria, e un disparo de Piri lamiu o pao da sua porteria. Pero reaccionou a Sd e logrou empatar o encontro. E acto seguido tivo unha clara ocasión nun disparo de Rojo que detivo maxistralmente David, moi fino toda a tarde. Cando o partido se ia co empate final, tivo Bugy que sacar unha man prodixiosa a cabezazo de Aaron, para firmar as taboas, que deixa todo aberto de cara á volta o próximo domingo no Conco.