Tar
de soleada no irregular campo de Portocubelo. Uns 70 espectadores presenciaron unha goleada do equipo visitante, que xa na primeira media hora tiña sentenciado o encontro. Gardouse un minuto de silencio pola nai do dianteiro visitante Berti.
de soleada no irregular campo de Portocubelo. Uns 70 espectadores presenciaron unha goleada do equipo visitante, que xa na primeira media hora tiña sentenciado o encontro. Gardouse un minuto de silencio pola nai do dianteiro visitante Berti.LIRA - Santi, Angel (David 71´), Isma (Toniño 83´), Chindo (Ancho 33´), Herminio, Paco, Marco Antonio, Javi, Victor (Juan 57´), Suso Patachin, Suso Perico.
S.D. SOFAN - Costa, Roberto Souto, Miniño, Juanjo, Gende, Aleman (Manolo Varela 46´), Pizo, Mario (Adrian 66´), Bertin, Diego (Eloy 61´) e Suso Docampo.
ARBITRO: Castaño Diaz
GOLES:
0-1 7´Xogada de Diego por banda esquerda que finaliza con un pase atras perfectamente rematado por Suso ó fondo das mallas.
0-2 14´Falta de entendemento da defensa do Lira que aproveita Mario para bater a Santi na sua saida.
0-3 25´Suso adiantase á saida de Santi, faille un sombreiro e marca a porta valeira.
Sorprendeu Baña de saida con esa parella de dianteiros, Suso - Mario, que foi totalmente efectiva de cara a gol. O primeiro tanto desmoronou as opcions do Lira, que saira con defensa de 5 tratando de conter o previsible dominio visitante. A verdade é que non tivo rival a SD, pois os lirachos deixaron mover con comodidade o balón o mediocampo da SD, onde Pizo e Aleman xogaron moi comodos. Á media hora o partido estaba sentenciado, é só unha gran parada de Costa a lanzamento de falta de Suso Patachin, inquedou o banquiño visitante.
O segundo tempo foi un tramite, cos dous equipos xogando a un ritmo moi baixo e sen apenas ocasions de gol. O forte calor reinante influiu neste aspecto e a SD non fixo mais sangue na ferida, a pesar de producirse dous claros penaltis en area local que o colexiado pasou por alto. Con este triunfo o Sofán manten a sua loita pola terceira plaza, codo con codo con Carnota e San Lorenzo.
