jueves, noviembre 27, 2008

PREVIA S.D. SOFAN - XALLAS C.F.

Disputase o domingo ás 16:15 no Carral o interesantísimo Sofan - Xallas, posiblemente pasado por auga se lle facemos caso ós descendentes de Pemán. O Sofan é 4º clasificado con 21 puntos e o Xallas 9º con 17 e un partido menos.

Os locais contan con varias baixas, pois teñen a enfermería bastante chea. Salvo sorpresa de última hora non contarán cos gardamallas Adrian e Carlos, o lateral Christian, e os medios Pizo e Santi, todos eles lesionados.

O Xallas terá a importante baixa de Antonio Martinez Insua, Toni, sancionado por acumulación de amonestacións. A sua outra gran figura, Jesus, si que está dispoñible e hai gran expectación en Sofan por ver en accion ó pichichi da categoría.

O último enfrontamento entre estes conxuntos no Carral data do 12 de novembro de 2006, co resultado de 2-1 favorable ós locais. Anotaron Cristian Periscal e Pablo Vazquez para o Sofan, e Aran para o Xallas. Alinearon ambos equipos a;

SD SOFAN: Dani, Mutio, Gende, Varela, Pancho (Gustavo M.63), Eloy(Marcos Cancela M.81), Pablo Vazquez, Pizo, Carro, Pabeto(Pombo M.51) e Cristian (You M.87)
XALLAS: Jose Gomez, Martin(Felipe m.50), Chema, Bruno Polis, Tejero, Ivan Couso, Ricardo, Maikel(José m. 70), David Pose(Roli m. 62); Mara e Aran(Ovidio m.50)

lunes, noviembre 24, 2008

S.D.SOFAN 3 - SANTA COMBA B 2

Tarde de auga e goles no Carral, onde un Sofan superior puido golear e acabou pedindo a hora ante un animoso filial. Boa asistencia de público, terreo de xogo en perfecto estado e momentos de bo fútbol que gustaron á parroquia local.

S.D. SOFAN - Jose R., Diego, Gustavo (Oscar m.78), Juanjo, Gende, Varela (Marquitos m.56), Mario, Adrian, Abel (Berti m.80), Bertin (Suso m.70) e Eloy (Alex m.83)
SANTA COMBA B - Santi, Juanillo (Nacho m.73), Esteban (Micael m.52), David, Solis, Matias Pazos, Pio, Tuco (Oscarín m.64), Marcos Facal (M.Negreira m.64) Churian e Aldo (Paco m. 58)

ARBITRO: Ferreño Presedo, sin amonestados

GOLES: 1-0 m.8 Internada de Abel por banda esquerda, o seu centro rexeitao a defensa e Varela chegando dende atras empalma o balon dende o borde da area e marca
2-0 m.67 gran pase en profundidade de Eloy a Abel que engancha un trallazo que case rompe a rede
3-0 m.72 Diego cola pola escadra unha falta escorada
3-1 m.84 Oscarín engancha un zurdazo que se mete pegado ó pao
3-2 m. 90 Micael tras varios rexeites

Imprimiu un alto ritmo a SD dende o principio e as ocasions foron caendo pouco a pouco. A choiva meteorolóxica añadiuse a futbolistica. Adrian e Abel por banda foron uns autenticos puñais e completaron un gran partido. O gol inicial asentou se cabe mais o futbol dos locales. Mario ganaba todos os balons no medio campo e o xogo era lanzado con rapidez os dianteiros. Abel en duas ocasions, Mario a saida de dous corners e Adrian, unha de cabeza e outra case na linea de gol, non marcaron de milagro. Parecia mentira que solo se sumara un gol no casilleiro, pero o futbol é caprichoso e o filial estivo a piques de empatar nun tremendo trallazo á saida dun corner que J.R. detivo na parada da tarde e quen sabe se da temporada. O descanso chegouse con 1-0 e a sensacion de ter desperdiciado a oportunidade de sentenciar o partido.

O Santa Comba saiu con animos renovados no segundo tempo, e comezou a levar o peso do partido, pero foi un espellismo e o gol de Abel e posteriormente o de Diego sentenciaron o choque. A seguridade defensiva dos locais era de un alto nivel, e o equipo tivo mais ocasións para redondear un marcador de escandalo, pero a confianza nos intres finais fixo que o Santa Comba se acercase no marcador e fixese sufrir á parroquia sofanista. A pesar das importantes baixas a SD demostrou que ten un plantel amplio e competitivo, que boa falta vai a facer ante os importantes choques que se aveciñan. O primeiro, o domingo no Carral ante o Xallas de Toni e Jesus.

lunes, noviembre 17, 2008

SAN LORENZO 2 - S.D. SOFAN 2

Igualada no derbi disputado no campo das Pedreiras, ante cerca de 300 espectadores que disfrutaron dun primeiro tempo apaixoante e dun segundo onde os equipos preferiron ser un pouco mais conservadores. Terreo de xogo en perfecto estado. Alinearon ambos equipos a:

SAN LORENZO: Poli, Puñal, Fabian, Angel, Fran Borrazas (Fran Fariña m.70) Manin (Mata m.89) Pedro, Anxo (Chucho m.72) Sergio Fariña, Oscar e Marcos Cancela
SD SOFAN: Jose R., Christian, Diego, Gustavo, Juanjo, Pizo(Alex m.80) Varela (Gende m.46) Eloy, Adrian (Berti m.70) Abel (Suso m.61) e Bertin

ARBITRO: Alvarez Vega que amonestou a Fabian, Manin, S.Fariña, F.Fariña e Chucho por parte local, e a Diego e Adrian por parte visitante.

GOLES: 0-1 m. 14 pase en profundidade de Pizo a Abel que lle gana a espalda ó seu marcador e bate a Poli na sua saida
0-2 m. 29 Balon calcado o anterior a Adrian, que cede a Bertin para que marque a porta vacia
1-2 m. 36 centro de Manin que se envenena e sorprende a Jose R.
2-2 m.42 corner que remata Cancela libre de marca no segundo pao

Saiu a SD replegada e buscando con descaro as contras. O San Lorenzo tentou rasear o balon nos primeiros minutos pero co paso do tempo dedicaronse a buscar a Oscar e Cancela na punta do ataque con balons largos. O gol de Abel, nunha contra perfectamente levada, reafirmou ós visitantes na sua idea, e poideron marcar outro gol nunha xogada idéntica que novamente Abel enviou ó pao. Pouco despois chegou o gol de Bertin e parecia que a SD se ia levar o partido con facilidade. Nada mais lonxe da realidade. O San Lorenzo, con Manin de motor e Oscar rematando todo balón que caia na area, comenzou a apretar. O afortunado gol do centrocampista doulle alas ó equipo, e unha vez mais a SD encaixou un gol a balon parado, o talon de aquiles dos de Baña.

Na segunda parte o Sofan pasou a xogar con cinco defensas, dando mais liberdade a Diego para que subira pola sua banda. O partido non mantivo o intenso ritmo do primeiro tempo, calmouse un pouco, e as ocasions foron contadas. O San Lorenzo tentou de seguir presionando con balons largos, pero foi a SD que tivo as oportunidades mais claras. Primeiro Eloy enviou unha falta ó pao da meta de Poli, e posteriormente nunha indecision da defensa local Adrian Garcia marrou a porta valeira a ocasion mais clara do partido. Con todo esto, o empate podese considerar xusto xa que os dous equipos tiveron os seus momentos brillantes e xogaron de poder a poder en todo momento.

Destacar a limpeza coa que se disputou o derbi, tanto no terreo de xogo como na grada, que reafirma as boas relacions existentes entre os clubes. Desafortunadamente, a SD lévase tres lesionados, dous deles de gravidade, en lances fortuitos do xogo: Eloy sufriu un pequeno corte na cabeza, Pizo unha luxacion de clavicula e Christian rotura parcial do menisco, a falta das probas que lle seran efectuadas hoxe.

miércoles, noviembre 12, 2008

PLATO DO FIN DE SEMANA: DERBI
























Tras catro longos anos orfos de derbi, os afeccionados do San Lorenzo e Sofán preparan as bombas de palenque para o enfrontamento do domingo, seguros de amargar a tarde ó veciño e sano rival. Como anticipo do que pode pasar nas Pedreiras a partires das 4.15 da tarde, publicamos o artigo escrito por Gustavo Varela para a revista que presentou a S.D. este ano, que trata de revisar vellas historias deste tipo de partidos.


lunes, noviembre 10, 2008

S.D. SOFAN 1 - MONTELOURO 1

Decepción na parroquia local, que viu como na tarde de onte o seu equipo completou unha gran primeira parte na que puido golear ó Montelouro pero baixou o ritmo na segunda, recibiu un gol, acabou xogando con 10 homes e mostrouse impotente para levarse os tres puntos. Tarde de frio con 150 afeccionados na grada do Carral, e terreo de xogo en perfecto estado.

S.D. SOFAN - Jose R., Christian (Gende m.88), Diego, Juanjo, Gustavo, Mario, Pizo, Eloy (Suso m.77), Berti (Bertin m.69), Adrian (Abel m.73) e Varela (Marcos m.50)
MONTELOURO U.D. - Juan Carlos, Alvaro, Pedro, Cesar, Gael, P.Garcia (Carlos m.80), Pulpo, Tono, Alberto, Rico e Chema (Eloy m.70)

ARBITRO: Lopez Vila, que amonestou a Varela por parte local e a Cesar, Gael, Tono e Alberto por parte visitante. Expusou a Mario (m.81) do Sofan e a Rico (m.88) do Montelouro

GOLES: 1-0 m.43 Trallazo de Diego que rechaza como pode J.Carlos e Varela na boca de gol remacha coa cabeza 1-1 m. 65 Centro dende a dereita do ataque do Montelouro que remata de maneira impecable P.Garcia ó fondo das mallas.

Saiu a SD presionando moi forte ó equipo visitante. Os de Nieto plantaron de inicio unha linea de cinco homes atras que non lle dou os froitos desexados, pois o dominio do xogo era totalmente local. A forte presión no mediocampo traduciase en roubos e rápidos ataques que tiñan ó tridente Adrian-Eloy-Berti como protagonistas. Berti fixo unha gran labor na punta do ataque e Adrian entrou por banda en multiples ocasions con perigo. Un trallazo de Varela dende 30 metros sacouno de maneira prodixiosa J.Carlos. Pouco despois meteu outra man a un pepinazo tremendo de Eloy que acabou batendo na escuadra. Eloy lanzou unha falta e cando xa se cantaba gol un defensa sacou o balon coa cabeza. O acoso da SD neste tempo foi tremendo, lanzando 7 corners e bombardeando a meta dun gran J.Carlos, polo que parece que non pasan os anos. O gol a pouco do descanso facia xustiza.

O segundo tempo foi mais apatico por parte local. Tivo Diego un par de boas ocasions. O lateral mostrouse moi incisivo pola sua banda. Bertin e Abel tamen puideron marcar, pero o meta visitante mostrou a sua calidade. Nunha xogada á saida dun corner empatou Pedro Garcia. A partires de ahi a SD xogou con mais corazon que cabeza, e a expulsion de Mario acabou por finiquitar o partido, pois os locais non foron capaces de crear case ningunha ocasion de perigo. O Montelouro levase un punto tras un partido moi práctico, ainda que na opinion de quen escribe o resultado xusto sería a victoria local. Agora toca pensar no derbi do proximo fin de semana

jueves, noviembre 06, 2008

O COMITE DE APELACION DALLE Á SD OS PUNTOS DO PARTIDO DE MUROS

En resolucion recibida na tarde de onte, a Federación Galega de Fútbol comunicoulle á SD a aceptación do recurso presentado ante o Comité de Apelación polo asunto da alineación indebida no partido Muros - Sofán. A resolución a grandes rasgos di:

"...SE ACUERDA estimar integramente el recurso interpuesto por la SD Sofan, declarando la alineación indebida del jugador Don Luis Lariño Gonzalez en el encuentro disputado el 20 de Septiembre de 2008 entre los equipos SD Muros y SD Sofan, concediendo el resultado tecnico de Muros SD 0 - SD Sofan 3, con multa accesoria al Club Muros SD de 90,15 €..."

A resolución, de 4 páxinas, ten a explicación a tal decisión no:

"...ANTECEDENTES DE HECHO: TERCERO. ...su jugador Luis Lariño Gonzalez estaba suspendido por un partido en aplicacion del Articulo 130 de REglamento de Regimen Disciplinario ...". Tal articulo di que "...los jugadores expulsados con tarjeta roja, estaran imposibilitados de alinear en el encuentro siguiente, aunque el club afectod no hubiese recibido la notificacion oficial del castigo, viniendo en todo caso obligado su club a informarse de la situacion de dicho jugador, respecto a su ulterior alineacion en los sucesivos encuentros..."

Por tanto a clasificación da 2ª autonomica varia, estando agora a SD 2º clasificado con 16 puntos, a solo 2 do lider Ponteceso.

lunes, noviembre 03, 2008

CORME C.F. 0 S.D. SOFAN 3

Gran victoria a domicilio da SD, confirmando a sua boa racha e a solvencia que ten como visitante. Dia de moito vento, terreo de xogo en boas condicions a pesar das fortes choivas caidas e moito publico no graderío.

CORME CF: Suso, Adolfo, Abel, Rafa Valiña, Alejandro, Gonzalo (Josiño m.36), Diego, Lentejo (Lucas m.89), Iago, Brais (Manueliño m.62) e Fus (Pablo m.79).
S.D. SOFAN: Jose R., Christian (Gende m.89), Diego, Juanjo, Gustavo, Mario, Pizo, Eloy (Oscar m.88), Abel (Berti m.78), Adrian (Marcos m.84) e M.Varela(Suso Docampo m.70).

ARBITRO: Ferreño Presedo, que amonestou a Gonzalo por parte do Corme.

GOLES:
0-1 m.62 Centro envenenado de Varela que Rafa Valiña mete na sua portería o tentar despejar de cabeza
0-2 m. 81 Triangulacion de libro entre Berti, Eloy e Suso que este último marca coa sua habitual sangre fria
0-3 m. 89 Pizo dende 30 metros engancha un trallazo que se cola pola misma escadra.

O forte vento no condicionou en demasia o desarrollo do xogo. A SD tentou de cortar a conexion cormelana no medio do campo, taponando ós seus creadores de xogo. O Corme era incapaz de mandar balons con claridade a Iago, moi ben tapado en todo momento polos centrales carballeses. En rapidas contras a SD creou perigo nos primeiros minutos. Pizo nun rexeite da defensa estivo a piques de marcar pero o seu tiro rebotou nun xogador do Corme. Mario de cabeza e Abel tamen tiveron opcions neste intervalo. O Corme tentouno a balon parado pero Jose estivo bastante tranquilo e sen apenas traballo.

No segundo tempo os locales sairon mais enchufados, dominando o xogo no primeiro cuarto de hora, pero o primeiro gol afectoulles moito. Alejandro subiu ó medio do campo e a partir de ahi encerraron á SD na sua area, botando innumerables saques de esquina que sembraban o pánico na area dos rojillos. Tivo Alejandro a mais clara ocasion pero o seu tiro saiu fora, e foi outro home curtido en mil batallas, Suso, quen sentenciou o partido nunha maxistral xogada. Co 0-2 o Sofan puido marcar algun gol mais á contra, ainda que o resultado pódese decir que foi algo abultado para os méritos expostos polos dous equipos.