viernes, marzo 29, 2013

Copa da Costa. SAN LORENZO 1 - S.D. SOFAN 2

Tarde fria e de auga, tarde abonada para a épica. Uns 300 espectadores observaron como a Sd, despois dun mediocre primeiro tempo, xogaba unha gran segunda parte, igualaba a ventaxa inicial dos locais, quedaba con nove homes sobre o terreo de xogo, e cando só quedaba un alento para finalizar o encontro, eliminaba ó San Lorenzo cun golazo de falta de Jacobo que será pasto de comentarios durante moito tempo. O crack arteixan, xa case carballés, portando o brazalete de capitan dirixiuse hacia o balón con decisión no tempo de desconto, a bo seguro que pensou en Edu, Richard, Meni ou ese sofanista londinense Eloy Cabeza, e espetou o esferico na escadra ante o delirio da afección visitante. E isto era nada mais que unha rolda previa.

SAN LORENZO - Abraham, David Alvarez, Adrian Varela, Anxo, Casillero, Robin, Fuentefria, Javi Pensado, Carliños, Chucho e Palermo - Eloy 46´-

S.D. SOFAN - Bugy, Cantudo, Marcos Pensado, Lista, Gustavo, Eloy Boedo, Michel, Ivan Rey - Jacobo 72´-, Suso Docampo - Pikas 65´-, Ivan Rojo - Santi 80´- e Abel.

Foron expulsados polo bando visitante Gustavo no minuto 68´ e Abel no 78´

GOLES:
1-0 32´ Pasividade defensiva da Sd nunha contra local, Chucho plantase solo diante de Bugy e bateo de tiro cruzado.
1-1 68´ Ivan Rey internase na area e lanza un misil que entra pola escadra da meta de Abraham.
1-2 92´ Falta no borde da area local que Jacobo anota con maestria.

Pero non nos enganemos. O encontro foi feo, sin demasiada precisión por ambos bandos, e no primeiro tempo o San Lorenzo estivo mellor plantado no campo, sabedor do que tiña que facer, e aproveitando a pasividade para a loita da Sd. Chucho tivo un par de boas ocasións, e levou bastante perigo por banda dereita. El e Carliños foron os homes mais incisivos dos locais. Bugy tivo que emplearse a fondo en un par de accións que levaban marchamo de gol. Por parte da Sd, solo algun disparo lonxano de Abel, e a calidade de Ivan Rojo, daba mostras de perigo. Unha falta lanzada por Eloy Boedo que saiu a rentes do pao foi a ocasión mais clara dos visitantes. Co 1-0 chegouse ó descanso.

O segundo tempo foi outra cousa. Dende os primeiros intres a Sd estivo mais agresiva. Abel lanzou escorado cerca da escadra, e pouco despois o meta Abraham sacoulle unha boa man a un remate seu de cabeza. Lista non marcou de casualidade á saida dun corner. O gol de Ivan facia xustiza.

A partir de ahi, a locura das expulsions. Nun partido moi limpo, disputado de poder a poder con deportividade, a Sd viuse con 9 homes por duas accions infantiles dos seus xogadores, a de Abel case surreal, pois foi expulsado cando se estaba executando o seu cambio por Santi. Con 9 homes parecia tarefa imposible, pero deron un gran nivel os homes de Pablo Mallon. Apareceu a figura salvadora de Bugy facendo u paradon a disparo de falta de Fuentefria, e no tempo de desconto, o gol de Jacobo que levaba directamente á seguinte rolda á Sd.




lunes, marzo 25, 2013

S.D. SOFAN 4 - MONTELOURO 0

Nova victoria da Sd ante un rival practicamente descendido, que peleou o que puido no terreo de xogo do Carral. Así a Sd practicamente asegura a 4ª posición, en vesperas do enfrontamento copeiro do xoves ante o San Lorenzo de Verdillo.

  • S.D. SOFÁN: Dani, Marcos, Lista, Gustavo (Jacobo, min.61), Cantudo, David Pensado (Santi, min.55), Míchel, Eloy Boedo, Iván Rojo, Suso Docampo, Abel.

  • MONTELOURO: Pedro de García, Isma, Bolo, Pablo, Álvaro, Chema, Denis, Dani Sahorta, Pesco, Geiko, Raúl.

  • Goles:
  • 1-0 50´ Balón que recolle Abel en tres cuartos de campo regatea o seu par e de tiro lonxano marca tras cantada do porteiro visitante.
    2-0 60´ Xogada trenzada da sd o balon chega a Eloy Boedo preto da banda esquerda, vaise de dous rivais e falle un penalti clamoroso que Cantudo marca sen inmutarse.
    3-0 76´ Centro medido de Jacobo que peina Suso para estrearse como goleador este ano.
    4-0 76´ Nun corner Suso de sensacional cabezazo marca .
    Saiu a Sd intentando dominar o partido e consciente do estado do terreno de xogo, ainda que o Montelouro xogou unha gran primeira parte e por momentos os homes creativos do equipo locatario, Michel, Rojo e Suso non conseguian as combinacions as que nos teñen acostumados. Tras unhas primeiras intentonas da Sd o Montelouro dou o susto da tarde tras botar un corner na que Dani, outro dia mais perfecto, fixo un autentico paradon a man cambiada, no rexeite da para o equipo visitante chegou a rematar tres veces mais pero a liña defensiva estivo implecable. Debemos destacar unha falta de Abel o borde da area e un tiro lonxano de Ivan Rojo que sairon fora por pouco. Resultado mais que xusto o que sinalaba o marcador o descanso.


    Na segunda parte mais do mismo, os equipos peleabanse mais co campo que entre eles hasta que chegou a acción do primeiro gol, que fixo que a Sd despertase para dez minutos despois sentenciar o partido. Co segundo tanto local, o Montelouro baixou os brazos e os cambios realizados por Pablo Mallon, Santi e Jacobo, foron os mellores nos minutos que xogaron, lanzando o primeiro grandes centros e o segundo dando un gran criterio o xogo. Xa nos ultimos minutos tivo outra boa actuaccion Dani que salvou un man a man.

    FOTOS DE E.OLVEIRA.

    lunes, marzo 18, 2013

    S.D. SOFAN 2 - CARNOTA C.F. 0

    Terceira victoria consecutiva da Sd, nun cómodo partido resolto con prontitude con dous tantos de Abel. Terreo de xogo moi blando, que non permitiu ningunha floritura ós xogadores. Antes do inicio do encontro entregouse ó capitan sofanista Juanjo un obsequio pola sua recente paternidade.

    S.D. SOFAN - Dani, Cantudo - Gustavo 62´-, Lista, Juanjo, Marcos Pensado - Diego 80´-, Ivan Rojo - Jacobo 70´-, Ivan Rey, Michel, Suso Docampo, Pikas - Santi 66´- e Abel.

    CARNOTA C.F. - Luis, Manolo Chouza, Pedro, Pablo, David Brea - Urko 46´-, Boni - Martin 74´-, Rodri, Beiro - Miki 88´-, Pumuky, Ivan - Buonanotte 46´- e Jacobo.

    ARBITRO - Pichel CAstro, que amonestou a Cantudo, juanjo e Ivan Rey por parte local, e a Jacobo, Pedro e Martin por parte visitante.

    GOLES -
    1-0 5´ Balón longo que pelea Suso coa defensa e o porteiro visitante, o esferico queda solto no punto de penalti e Abel non ten dificultades para levalo ó fondo das mallas.

    2-0 17´ Contra local levada por Pikas, que da un gran pase a Abel, e este cun disparo fortisimo bate a Luis de la Peña.

    Saiu a Sd dominando o partido e consciente de que o campo solo posibilitaba un futbol directo, ainda que por momentos os homes do medio campo, Michel, Rojo e Rey realizaron combinacions de mérito. Os tempraneiros goles condicionaron o encontro, pois a Sd estivo moi solvente e apenas concedeu ocasións na sua porteria. Abel estivo moi fino neste inicio, e incluso marrou un man a man ante o porteiro visitante. Rojo, cunha gran xogada na que se foi de canto rival lle saiu o paso e disparou fora, e Rey, cun remate de cabeza que detivo Luis en antolóxica parada, estaban a xogar moi ben. Pikas era un puñal pola sua banda, e Suso e Abel peleabanas todas en ataque. Resultado xusto o descanso.



    No inicio tivo unha clara doble ocasión a Sd, á que respondeu ben Luis, pero despois dedicouse a sestear, e o Carnota, mais con disparos lonxanos que outra cousa, inquietou algo a Dani, que respondeu moi ben a disparos de Beiro e Jacobo. Aburriu ás ovellas o treito final do encontro, e o pitido final foi un alivio para os espectadores.

    viernes, marzo 15, 2013

    O sorteo da copa deparou un SAN LORENZO - S.D. SOFAN

    Bomba no sorteo da 50ª edición da COPA DA COSTA realizado na noite de onte en Baio. O bombo deparou un enfrontamento entre os dous equipos carballeses na rolda previa. O partido xogarase no campo das Pedreiras, a unha soa volta, por tanto a vida ou morte, pois o que perda quedará eliminado da competición.

    Os representantes de ambos clubes departiron amigablemente tras o sorteo e coincidiron no apaixoante do enfrontamento, que seguro que levará en masa ás duas afeccións ó campo verdilles. Haberá máxima motivación en ambos planteles, para os que este partido é como se fora unha final, lonxe do caracter anecdotico que suelen ter as rondas previas.

    O bombo foi caprichoso e deparounos algun enfrontamento magnifico xa nas primeiras roldas, como ese Carnota - Muros, o Esteirana - Volantes, e o enfrontamento estrela de 16º de final, o Cee - Dumbria.

    Xa chega a copa, e promete emocións fortes¡

    lunes, marzo 11, 2013

    OUTES C.F. 0 - S.D. SOFAN 1

    Xusta victoria da Sd no Conchido, nun magnifico partido dos de Pablo Mallon. A solidaridade defensiva do equipo e o talento en ataque dos homes ofensivos da Sd mostrouse en toda a sua dimensión no precioso campo outeirán. Mais de 300 afeccionados viron un potente equipo impoñerse ós xogadores locais. Ainda a pesar de xogar con 10 homes durante 15 minutos, e acabar cunha liña defensiva formada por Santi, Michel, Juanjo e Marcos,  non foi quen o Outes de bater a un inspirado Bugy. Lesionouse Cantudo por parte visitante e Borja por parte local. Desexamos que a lesión de Borja se quede nun simple susto.

    OUTES - Gato, Martin Lago, Chua, Arturo, Borja, Saul - Michi 70´-, Martin, Poke - Fabio 65´-, Deivi, Pesco - Migui 46´-, Quin - Elias 46´-

    S.D. SOFAN - Bugy, Cantudo - Santi 31´-, Eloy Boedo, Juanjo, Marcos Pensado, Michel, Ivan Rey, Ivan Rojo, Suso Docampo, Jaboco - Pikas 65´- e Abel - Dani 94´-.

    ARBITRO - Reborido, que expulsou a Eloy Boedo a un cuarto de hora da finalización.

    GOL - 0-1 49´ Falta lateral que bota Michel con maestria e entre Abel e un defensa local introducen o balón na meta de Gato.

    Iniciou co mando do balón a Sd o encontro. Os de Manu Roque non se esperaban un equipo con tanta personalidade, e a pesar de xogar co vento a favor no primeiro tempo replegaronse e buscaron a contra con balóns longos a Deivi, un dos seus mellores homes. Abel, que gran partido o seu, empezou a crear perigo con disparos lonxanos que puxeron en apuros iniciais o meta local. Tivo que lucirse Bugy o cuarto de hora con unha tremenda palomita a disparo de falta directa de Borja. Esta ocasión foi un espellismo, pois a calidade dos Ivans, Rey e Rojo, estaba a xenerar moito perigo, e ambos xogadores dispuxeron de ocasións para marcar. En defensa, a presencia de Eloy Boedo como central dou gran seguridade, e a parexa con Juanjo foi imbatible por arriba e por abaixo. Michel e Jacobo dirixian as operacions no medio do campo, e Suso e Abel rondaron o gol, que por verdadeira mala sorte non chegou antes do descanso.

    Pero foi o inicio da segunda parte, cando a balón parado anotou a Sd. Merecido tanto, pero todavia 40 minutos por xogar, cun publico volcado co seu equipo a pesar das inclemencias metereolóxicas. Acto seguido do tanto, o mesmo Abel puido celebrar o segundo, pero Gato respondeu cun paradón ó seu remate de cabeza. Deivi tivo unha boa nunha contra pero disparou fora cando se atopaba solo ante Bugy. Saiu Pikas por Jaco, e na primeira xogada fixo unha espectacular galopada de 60 metros, pero o seu pase atras non foron quen de transformalo en gol os dianteiros sofanistas. Rojo, que estivo soberbio neste segundo tempo, dispuxo de varias ocasións de gol, pero non andivo atinado no disparo.

    E chegou a expulsion de Eloy Boedo, ante a que a Sd replegou liñas, apelou o sacrificio defensivo, lanzou perigosas contras e aguantou as embestidas locais. Tras un agonico final, con Bugy portandose como un veterano os seus 19 anos, e todo o equipo xogando con un nivel de sacrificio e compañerismo altisimo, conqueriuse unha dificil e merecida victoria nun precioso partido.

    lunes, marzo 04, 2013

    S.D. SOFAN 4 - CASTRIZ C.F. 3

    Locura goleadora no Carral. Se de unha eliminatoria copeira se tratasen os enfrontamentos entre Castriz e Sd, habería que irse a unha prorroga. Porque se na primeira volta os de Victor Pazos gañaban 4-3 no seu campo, foi onte a Sd a que obtivo o mesmo resultado, cando ninguen esperaba a victoria sofanista. Abel foi o gran protagonista con 3 tantos.

  • SOFÁN: Bugy, Cantudo (Santi, min.65), Juanjo, Pensado (Marcos, min.65), Lista, Pikas (Suso, min.46), Míchel, Eloy Boedo, Rojo, Jacobo (Eloy Cabeza, min.46), Abel.

  • CASTRIZ: Toño, Martín (Pablo, min.65), David Agra, Alejandro (Iván, min.85), Prego, David Pose, Javi (Pepe, min.50), Cili (Rubén, min.50), Luis, Sebas, Roberto


  • Goles:
  • 1-0, min.15: Centro de Pikas, que rematan Abel e Jacobo, con rexeites do porteiro, e Abel ó terceiro intento anota;
    1-1, min.17: Roberto, tras un erro da defensa local;
    2-1, min.47: Abel, tras gran pase de Suso;
    2-2, min.49: Disparo que entre Bugy e o longueiro rexeitan, pero aproveitase Roberto para empatar novamente;
    2-3, min.60: Pepe de tremendo disparo pola escadra
    3-3, min.85: Santi aproveita un rexeite a disparo de Abel;
    4-3, min.93: Abel remata un corner so no segundo pao.


    Partido de ida e volta no primeiro tempo. Os dous equipos xogaron sen complexos e o ataque. Tras o gol inicial de Abel empatou o Castriz na seguinte xogada. Foi esta unha maxima que se repetiu ó longo do encontro, a cada golpe dos locais responderon os visitantes de inmediato. A ocasión mais clara do primeiro tempo foi un disparo visitante que repeliu o largueiro. Ambos equipos intentaron con impetu os disparos lonxanos pero sen maior acerto.

    No segundo tempo mais do mesmo, locura inicial con resposta do Castriz o gol local. Co empate anulouse un gol a Suso por un fora de xogo moi discutible, tras un novo disparo o pao dos visitantes. Curiosa a xeira de tantos anulados que leva a Sd na segunda volta, nada mais e nada menos que 6 en 5 partidos. O golazo de Pepe despertou a Sd, que atacou a desesperada a ultima media hora, e o Castriz sacou perigosisimas contras. Nunha delas fallan un gol cantadisimo a porta valeira. E o que perdoa, pagao. Faltando pouco para o final Santi anotou o empate. Os ultimos intres foron non aptos para enfermos do corazon, coa Sd sacando 4 corners seguidos. Nun deles veu a resolucion final a un partido de locos.