lunes, abril 30, 2012

NANTON 1 - S.D. SOFAN 0

Caeu derrotado a Sd o sábado en Nanton, ante un equipo local que se xogaba as suas ultimas opcions de salvación. Pouco publico nas Fontiñas, case todo visitante. As numerosas baixas da Sd, pensando mais na copa que na liga, propiciou un encontro pouco vistoso e xogado a un ritmo moi baixo.

  • NANTÓN: Ernesto, Lareo, Eloy, Félix, Diego, Carlos Vidal, Fabio, Martín (Pedro, min.75), Luís, Manolo (Bonano, min.80), Iván (Rubén, min.70).

  • SOFÁN: Carlos, Adrián, Diego, Juanjo, Gustavo, Eloy, Iván, Edu, Suso, Jacobo (Manuel Varela, min.70), Gurita.

  • Gol: 1-0, min.25: Manolo do Cruceiro, en claro fora de xogo, bate a Carlos na sua saida.

  • Lesión: o porteiro Ernesto que xa está escaiolado no nocello e deixou ao equipo con 10.

  • No primeiro tempo a Sd tivo o control do balon en todo momento, e os locais fiaban todo a balons longos ó seu dianteiro Luis. As primeiras ocasións foron para os visitantes Edu e Diego. Ernesto fixo unha gran parada a disparo de Eloy. O gol de Manolo, en claro fora de xogo, foi o que sentenciou o encontro. A partir de ahi, o Nanton, sabedor da importancia dos puntos, aplicouse en defensa con dilixencia.



    No segundo tempo os locais defenderon ben, e cando a Sd superaba o entramado defensivo ahi estaba Ernesto para realizar un paradon a disparo de Eloy. A sd achuchou, pero foron os locais quen tiveron a mais clara ocasión cun disparo de Luis que repeliu o pao. O acoso final visitante foi infructuoso.

    lunes, abril 23, 2012

    S.D. SOFAN 2 - MAZARICOS 1

    Venceu a Sd a un bo Mazaricos na tarde de onte no Carral. Uns 100 espectadores presenciaron un bonito encontro entre dous equipos que non se xogaban nada e se dedicaron a facer bo fútbol e deleitar ó publico asistente. A Sd xogou un gran partido, puido sentenciar moito antes o encontro e acabou pedindo a hora ante o empuxe visitante. Debutou Carlos Tojeiro na portería, e tivo unha moi boa actuación.

    S.D. SOFAN - Tojeiro, Adrian, Gustavo, Juanjo, Rabuñal, Eloy Boedo, Victor - Diego 81´-, Suso, Jacobo, Ivan Rey - Berti 71´-, e Edi - Gurita 74´-

    MAZARICOS - Juan, Casais, Tuco, MAtias, Oscar, Rodri, Brais, Esteban - Molinos 46´-, Estefano - Oreiro 46´-, Aldo e Cristian.

    Arbitro - Blanco Bravo

    GOLES -
    1-0 9´Corner que remata Eloy no segundo pao tras varios rexeites.

    2-0 24´ Gran xogada personal de Edi que acaba cun tremendo disparo do extremo ante o que nada pode facer Juan.

    2-1 77´ Aldo de falta directa.

    Dominou a Sd o primeiro tempo. As internadas de Victor por banda dereita e Edi pola esquerda crearon moito perigo a defensa visitante. Un centro do extremo carballes foi rematado por Jacobo fora. Tras o gol de Eloy a Sd tivo uns minutos de gran xogo, e entre Ivan e Edi crearon unha bonita xogada que Victor rematou de cabeza alto. Jacobo lanzou unha falta ó pao e rematou fora tras boa xogada de Suso. Os visitantes so inquietaban en lanzamentos lonxanos sen case perigo. O golazo de Edu foi do mellor do partido, e coa clara e xusta victoria local chegouse ó descanso.

    No segundo tempo seguiu a mesma tónica. Os visitantes crearon algo mais de xogo, con Brais, o mellor deles, ó mando das operacións. Pero o xoven centro do campo da Sd, con Eloy e Ivan xogando un gran partido, xenerou futbol e ocasions suficientes para sentenciar antes o encontro. Unha gran xogada por banda de Victor rematouna o seu irman Suso alto cando se atopaba na boca de gol. Outra gran parede entre Jacobo e Ivan rematouna este ó corpo de Juan. O público divertíase, pero a Sd baixou un pouco o ritmo e aproveitouno o Mazaricos para crear algunha ocasión. Tojeiro tivo que responder a un lanzamento de Aldo, e o mesmo xogador foi o que anotou o gol visitante. A partir de ahi o Mazaricos acosou a base de faltas pero a defensa da Sd respondeu ben, cortando Juanjo na boca de gol a mais clara ocasión dos do Pino do Val.

    Foto. Sara Ramos.

    lunes, abril 16, 2012

    SAN LORENZO 3 - S.D. SOFAN 2

    Levouse o San Lorenzo a victoria nun intranscendente derbi, que se converteu nun mal día para a Sd debido á grave lesión do seu gardameta Richard. O bravo xogador rompeu a tibia nun choque cun xogador local. Boa entrada nas Pedreiras, cunha tensión excesiva por parte de certos xogadores locais e algunha persoa do público, que empañou o que tiña que ser unha festa do fútbol carballés.
    SAN LORENZO - Recarey, Casillero, Adrian, Quillo, Santi, Puñal, Cachizo, Fuentefria, Javi Pensado, Jorge e Carliños.
    S.D. SOFAN - Richard - Gurita 75´-, Adrian - Berti 71´-, Gustavo - Abel 65´-, Juanjo, Juan Rabuñal, Eloy, Ivan Rey, Jacobo - Edu 67´-, Miniño, Victor Docampo e Suso Docampo.
    GOLES -
    1-0 49´Tiro de Carliños que rexeita Richard, o balón rebota en Gustavo e metese na porta sofanista.
    2-0 53´Contraataque local, que Juanjo o intentar despexar introduce na meta visitante.
    2-1 65´Centro de Suso que Victor remata coa cabeza case sen querer e faille unha vaselina imposible de deter para Recarey.
    3-1 70´Bartolo aproveita un barullo nun corner para anotar.
    3-2 82´Gurita de penalti.
    Iniciouse o encontro cun San Lorenzo moi agazapado, e moito xogo no centro do campo. A Sd tiña o balón pero o irregular estado do terreo de xogo non permitia moitas florituras. Un centro de Adrian pasease pola area visitante, e posteriormente Recarey fixo unha gran parada a un lanzamento de falta de Jacobo. Na estratexia creaba perigo o San Lorenzo, e á saida dun corner Santi rematou alto por pouco. Tivo Victor unha clarisima ocasión a centro de Jacobo pero o balon saiu alto. Pouco despois foi Suso o que rematou dende o borde da area fora. A Sd tivo o balón e as ocasións pero non definiu. Unha pequena tangana antes do descanso anticipou o que pasou no segundo tempo.
    Realmente foi esperpentico ver a unha espectadora sair ó campo cun paraugas a tentar agredir a un xogador da Sd. Un non da credito que estas cousas todavía sucedan. Neste acto o partido foise quentando por unha incomprensible e agresiva actitude de algun xogador local, que mais parecia estar nunha batalla que nun partido de futbol entre equipos amigos. A mal entendida rivalidade levouse por diante ó porteiro visitante como se puido levar a calquera. A Sd acabou con 10 por expulsión de Miniño. O incio de segundo tempo foi fatal pos de Vicente, que se marcaron dous goles en propia porta, e logo remaron contra corrente. A pesar de crear claras ocasións en botas de Suso , Eloy e Victor, non foron quen de remontar. A lesión de Richard fixo parar o partido case 20 minutos. A Sd acabou con Eloy de porteiro, un home menos e encerrando ó San lorenzo na sua area. Extraño final para un derbi para olvida.

    lunes, abril 02, 2012

    S.D. SOFAN 3 - MUROS S.D. 1

    Nun gran primeiro tempo impuxose a Sd a un dos mellores equipos da categoría, o batallador Muros de Sil. Tarde soleada con uns 170 afeccionados no Carral, que viron un partido disputadisimo e por momentos de calidade.

    S.D.SOFÁN: Richard, Adrián, Meniño - Juan Rabuñal - , Juanjo, Gus, Eloy, Abel (Pensado, min.30), Suso -Edu -, Álemán, Victor e Jacobo - Ivan Rey - .

    MUROS: Fabio, Alberto, Veloso (Marco), Mayuyo, Javi, Gelo, Yanki, Jesús (Adrián), Aitor, Óscar, Sexo.

    Goles:
    1-0, min.3: Eloy de falta directa;
    2-0, min.33: Alemán tras un córner aproveita unha serie de rexeites e marca na area pequena;
    2-1, min.43: Aitor de falta directa;
    3-1, min.70: Iván Rey recibe un saque rápido dunha falta de Juan Rabuñal e bate con calidade a Fabio.

    Fixo un gran primeiro tempo a Sd. Ó ritmo altisimo que impuxo o Muros, contrarestou a Sd con bo xogo, profundidade nas bandas ocupadas polos irmans Docampo, e seguridade defensiva. O tempraneiro gol de Eloy, tras unha falta inexistente, expoleou os locais e afirmou o seu modo de xogo. Eloy e Aleman batallaron e controlaron ocentro do campo. Abel tivo unha clarisima ocasión pero o seu remate saiu alto. O Muros estirouse e creou perigo a balon parado e sobre todo nun disparo de Jesus ó longueiro. A lesión de Abel ó golpearse contra unha valla, trastocou os plans de Vicente, que optou por meter un centrocampista para controlar a situación. O segundo gol dou paso a unha serie de grandes xogadas dos locais, que tiveron duas grandes ocasións nas botas de Victor Docampo. na primeira non chegou a boca de xerro a un centro de seu irman, e na segunda rematou fora cando se atopaba solo tras unha gran xogada da dianteira sofanista. o gol de Aitor deixou emocion para o segundo tempo.

    Pero no segundo acto a sd controlou a situación basado no rigor defensivo. A saida de Ivan dou dinamismo ó ataque e o gol do sofanista sentenciou o encontro. Pena que a Sd non mostre esta cara todos os días, porque de feito poucos equipos serían quen de ganar no Carral.