lunes, agosto 27, 2012

TORDOIA 0 - S.D. SOFAN 3

Rematou a pretempada para a Sd, en vistas do inicio ligueiro o proximo domingo dia 2 de setembro no campo do Carral ante o Dumbria B. E fixoo cun bo partido en Tordoia ante o equipo local, recen ascendido a 2ª autonomica. Os goles de Edu en duas ocasions e Eloy sentenciaron o encontro no segundo tempo.

S.D. SOFAN - Dani, Cantudo, Marcos Pensado, Lista, Juanjo, Boedo, Michel, Eloy, Abel, Edu e Ivan Rey. Tamen xogaron Bugy, Maroño, Santi, Berti, Jacobo, Oscar Pardo, Diego e Gustavo.

Foi esta unha proba xa cercana ó que se espera no inicio ligueiro. As baixas de Pikas, Pensado, Suso Docampo e Roberto Souto non mermaron o potencial do equipo, que tras unha primeira parte igualada, impuxose nun bo segundo tempo. O equipo local foi un serio rival no primeiro acto, presionando ben e non deixando que os xogadores da Sd tiveran claridade no movemento de balon en ningun momento. Ainda asi a defensa adiantada dos locais produxo algunha que outra ocasión, sendo as mais claras para Abel e Eloy, pero os seus remates sairon cruzados. A presencia de Juanjo da moita seguridade á zaga, e o resto de homes raiaron a bo nivel.

No segundo tempo surxiu a figura de Edu, que rubricou unha gran pretempada con dous golazos. O terceiro serviulle a Eloy, a pase de Boedo, para estrenarse na sua nova andaina na Sd. Proba positiva na que se viu un pequeno esbozo do que pode ser a Sd este ano.

viernes, agosto 24, 2012

AT. ARTEIXO 2 - S.D. SOFAN 1

Penultima proba para a Sd a de onte a noite no campo da Ponte dos Brozos de Arteixo, ante o conxunto local adestrado por Miguel Filgueiras, un dos favoritos na 1ª autonomica. Os de Pablo Mallon deron unha boa medida das suas posibilidades e so caeron por un gol de Adriano cando o tempo esmorecia. Debutou Ivan Rojo, procedente do Bergantiños xuvenil, e o rapaz dou mostras sobradas da sua calidade.

AT. ARTEIXO - Duran, Zalo, Borja, Carlocho, Javi, Agullo, Chechu, Fran, Nano, Mario David e Quim. Tamen xogaron Josito, Adriano, Juanma, Ferreiro e Roberto.

S.D. SOFAN - Bugy, Diego, Marcos Pensado, Alberto Pensado, Lista, Michel, Eloy Boedo, Jacobo, Ivan Rey, Edu e Abel. Tamen xogaron Dani, Cantudo, Juanjo, Eloy Cabeza, Ivan Rojo, Santi, Berti e Maroño.

GOLES - 1-0 16´ gran xogada do Arteixo pola banda esquerda, o balón chega a Quim, que engancha un trallazo dende o borde da area que entra pola escadra da meta de Bugy.

1-1 62´ Pase en profundidade a Santi, este ganalle a espalda a defensa local e marca elevando o balon por encima do porteiro local.

2-1 92´ Perdida de balon na media da Sd, da que se aproveita Adriano para marcar de disparo cruzado.

Partido moi serio o xogado pola Sd. Ante un rival de categoria, con unha calidade individual no seu mediocampo moi notable, os de Mallon traballaron ben defensivamente no primeiro tempo, para crear mais perigo na continuacion. O Arteixo foi claro dominador do primeiro acto, con Fran, Agullo e Chechu levando a manija do equipo, e Mario DAvid moi activo. Este xogador estrellou un balon na cruceta na mellor ocasion local. A Sd saia en esporadicas contras, e tivo Abel un par de boas ocasions, e Ivan un disparo que se lle foi alto. A presion arteixan non permitia que a Sd tivera o balon nos seus pes moito tempo.



No segundo tempo os locais baixaron un pouco o piston, circunstancia da que se aproveitaron os xogadores sofanistas. A entrada de Eloy e Ivan Rojo doulle moito futbol o mediocampo visitante, e a velocidade de SAnti en punta foi un quebradero de cabeza para a veterana defensa local. Defensivamente a saida de Juanjo doulle un plus de agresividade ó equipo. Pena de gol no ultimo intre, pois o bo traballo dos de Mallon merecia a igualada.

lunes, agosto 20, 2012

Volveu o fillo prodigo: Eloy outra vez de rojillo.

Redebutou coa casaca sofanista Eloy Cabeza, tras o seu paso polo Dumbria, onde en dous anos logrou ascender a preferente e posteriormente realizar unha gran tempada nesta categoría. O xogador, de 25 anos, decidiu voltar á sua casa tras unha frustrada pretempada no Bergantiños, a axudar coa súa calidade a que a Sd logre as mais altas cotas. Fora de dubidas está a sua categoria humana e futbolística, e a bo seguro que moita xente se alegra da súa volta á pradera do Carral.

CLUB DO MAR 0 - S.D. SOFAN 0

Moi boa imaxe a dada pola Sd no campo da Porta Santa de Paiosaco ante o potente Club do Mar de Juan Acuña. O equipo mostrouse compacto, a un bo nivel físico e discutindolle o balón por momentos ó equipo local. Debutou cos sofanistas Eloy Cabeza, de volta da súa exitosa experiencia de dous anos en Dumbria.

CLUB DO MAR - Diego, Chori, Fran Borrazas, Sergio Cives, Luis Lareo, Pablo Martinez, Manu, Jose, Damian, Pablo e Schuster. Tamen xogaron Zalo, Juan Vila, Diego e Hippy.

S.D. SOFAN - Dani, Roberto Souto, Marcos Pensado, Lista, Alberto Pensado, Eloy Boedo, Michel, Jacobo, Edu, Ivan Rey e Abel. Tamen xogaron Eloy Cabeza, Pikas, Juanjo, Oscar Pardo, Bugy, Cantudo, Santi, Maroño e Berti.

Moi seria a Sd dende o inicio , presionando ben a saida de balón dos locais, e enlazando boas contras. A banda esquerda funcionou moi ben, con Edu moi incisivo surtindo de balóns a Abel. Tivo o dianteiro a mais clara ocasion do primeiro tempo, pero tras controlar solo un balón no punto de penalti rematou fora. Schuster a saida dun corner tivo a mais clara dos locais, nun remate de cabeza a saida dun corner que parou ben Dani.

O segundo tempo seguiu con un bo nivel a pesar dos cambios, ainda que foi o tipico partido de pretempada, vironse cousas moi interesantes. A falta de precision nos metros finais impediu que se viran tantos. O Club do Mar tivo as mellores ocasions neste tempo, cunha falta de Damian que saiu fora por pouco e outro remate de cabeza do mesmo xogador que saiu alto.


Resaltar o xa reseñado debut de Eloy e a presencia do capitan Juanjo no seu primeiro partido de pretempada.

lunes, agosto 13, 2012

S.D. SOFAN 1 - SAN MARTIÑO 0

Novo triunfo da Sd nos seus partidos de pretempada, que excepto o reves co Xallas no trofeo das festas, conta por victorias os seus encontros. O San Martiño, rival de categoria con xogadores importantes como Gonzalez, Javi, ou Toñito, dou unha gran imaxen, nun partido moi competido, que servio a Pablo Mallon para ver cousas de cara o inicio ligueiro. Partido de ritmo alto para ser de pretempada, con mais ocasións visitantes, pero un gol de Jacobo a pouco do remate doulle a victoria os locales.

S.D. SOFAN- Dani, Maroño, Cantudo, lista, oscar, Pensado, Michel, Ivan Rey, Abel, Berti e Pikas. Tamen xogaron Edu, Marcos Pensado, Bugy e Santi.

S.D. SOFAN 1 - XALLAS DE SANTA COMBA 7

Foi vapuleada a Sd no trofeo das festas de Sofan por un Xallas de Santa Comba moi superior os locais, con un ritmo de xogo infernal e as cousas moi clariñas de como se debe xogar no campo do Carral. O equipo local acusou a falta de acoplamento dos seus homes, e os goles visitantes foron caendo polo seu propio peso.

S.D. SOFAN - Bugy, Roberto Souto, Gustavo, Lista, Oscar Pardo, michel, Pensado, Ivan Rey, Edu, Jacobo e Santi. Tamen xogaron Pikas, Marcos Pensado, Dani, Berti e Cantudo.

O gol local marcouno Pikas no segundo tempo.

Os visitantes, con un Mon en plan director de orquesta, e con Javi Suarez, Noli e DArio Capelo entrando unha e outra vez na defensa local, crearon infinidade de ocasións dende o primeiro minuto, ante unha Sd que so a balon parado por medio de Jacobo inquietou a Diego. O resultado o descanso era xa de 0-4. O segundo tempo foi un tramite, tipico partido de entrenamento, onde os da Sd pouco mais que defender fixeron.



Sirve este correctivo de lección os homes de Pablo Mallon, que todavia teñen moito que acoplar o equipo de cara o inicio ligueiro o dia 2 de setembro contra o Dumbria B en Sofan.

lunes, agosto 06, 2012

PONTECESO S.D. 1 - S.D. SOFAN 2

Venceu a Sd no Pinguel o venres pasado no segundo partido de pretempada ante un conxunto local plagado de xuvenis. Os de Pablo Mallon mostraron unha moi boa cara, sobre todo no primeiro tempo, a pesar das multiples baixas que tiveron

S.D. SOFAN - Dani, Maroño, Roberto Souto, Lista, Marcos Pensado, Alberto Pensado, michel, Ivan Rey, Edu, Abel e Jacobo. Tamen xogaron Bugy, Pikas, Santi, Oscar Pardo e Gustavo.

GOLES.
0-1 27´Gran pase de Michel a Jacobo que bate o gardameta local de vaselina.
1-1 35´Alex Trigo de gran disparo dende a frontal da area.
1-2 41´Gran xogada de Edu por banda, indose de todo rival que lle saia o paso, e cede a Abel que marca a porta valeira.

De inicio a presion no centro do campo dos xogadores da Sd surtiu efecto, e tanto Michel como Pensado roubaban e abastecian de balons os catro dianteiros. Os homes de banda estiveron moi incisivos, e Edu e Abel marraron claras ocasions. O equipo mostrouse moi seguro do seu futbol en todo momento ante un conxunto moi correoso e combativo.

No segundo acto aumentou a posesion e a presion do Ponteceso, que rondou a area visitante con mais perigo, pero nas contras tanto Santi como Pikas tiveron claras ocasions de aumentar a conta. Foi moi satisfactoria esta proba para os sofanistas, que van progresando na idea de xogo que ten Pablo para o equipo.

O martes as 20.30 horas, no campo do Carral, nova proba de fogo. Visitanos o actual campeon da copa da costa, o Xallas de Santa comba, no trofeo das festas.