lunes, septiembre 24, 2012

CORCUBION C.F. 2 - S.D. SOFAN 3

Chegou o inverno á liga da Costa. Onte no Novo Cubaleiro un temporal de vento e auga acompañou un bonito encontro, vencido xustamente pola Sd, que ademais dos tres goles de Abel, marrou claras ocasions durante os 90 minutos. Unha nutrida parroquia sofanista aplaudiu a rabiar ós xogadores o final do encontro, premiando o seu esforzo.

CORCUBION - Iago Abelleira, Conguito, Sebas, Gabi, Valucho - Edu 55´-, Lema, Pablo Leston, Alan - Senra 70´-, David Lourido, Johny - Marcos 65´-, e Mario.

S.D. SOFAN - Bugy, Carlos Lista - Cantudo 84´-, Diego, Juanjo, Alberto Pensado, Eloy Boedo, Michel, Eloy Cabeza - Jacobo 75´-, Ivan Rey - Marcos Pensado 88´-, Edy - Ivan Rojo 65´- e Abel.

ARBITRO - Gonzalez Rey, que amonestou a Pablo por parte local, e a Lista, Pensado, Michel e Edy por parte visitante.

GOLES:
0-1 32´ Pase longo a Abel que dende o vertice da area enganche un precioso disparo que se cola pola escadra local.
1-1 34´ Lourido levase o balon coa man e Mario aproveitase da circustancia para bater a Bugy de gran disparo cruzado.
1-2 61´ Roubo de balon de Eloy, que cede a Edy, o seu disparo rexeitao Iago e Abel moi atento na boca do gol marca.
1-3 76´ Nova contra da Sd, Abel plantase ante Iago e bateo de disparo raso.
2-3 84´ Penalti por mans de Jaco que transforma Lema.

O forte vento condicionou o desenrolo do encontro, pero a Sd non se arredrou e mandou dende os primeiros intres. Boedo á saida dun corner tivo a primeira ocasion, e pouco despois Edy espetou un duro disparo no longueiro. Foi anulado un tanto a Pensado por dubidoso fora de xogo. Parecia que o gol da Sd tiña que chegar e asi foi, nunha contra que culminou Abel maxistralmente. Pero pronto empatou o cadro de Manolin. Mario, o mais perigoso do Corcubion, levou a igualada ó marcador cando os de Mallon nin disfrutaran do gol de Abel. O descanso chegouse con este marcador axustado.



No segundo tempo demostrouse a superioridade visitante. A defensa adiantadisima dos locais foi un risco que soubo aproveitar a Sd. Abel, entonadisimo, anotou os dous tantos que deixaban visto o encontro para sentencia. Tivo Ivan Rojo outra ocasion clarisima pero non foi quen de bater a Iago cando se atopaba solo. O propio Abel marrou outra na liña de gol, o non ser capaz de empurrar un gran centro de Diego ó fondo das mallas. A liña defensiva da Sd estivo ó nivel habitual, moi segura. O tanto final serviu para darlle emocion ó tema, pero o saber estar dos de Mallon dou o traste coas ilusions locais.

lunes, septiembre 17, 2012

S.D. SOFAN 3 - U.C. CEE 2

Gran tarde de futbol a vivida onte no campo do Carral. Baixo un calor abafante mais de 160 espectadores viron como un gol de Eloy Boedo tumbaba ó gallito da categoría, o Cee, e daba un liderato momentaneo da liga da Costa ó equipo local. Encontro disputadisimo, emocionante, con un  segundo tempo cheo de alternativas, dos que fan afición.

S.D. SOFAN - Bugy, Carlos Lista, Marcos Pensado, Juanjo, Alberto Pensado, Eloy Boedo, Michel, Eloy Cabeza - Cantudo 87´-, Ivan Rey - Diego 77´-, Edu - Ivan Rojo 60´- e Abel -Jacobo 63´-.

U.C. CEE - Parroto, Ruben Fiuza, Jorge, Piquero, Rafa, Fermin, Angeliño, Fernandito, Poyo - Ruben 86´-, Penedo e Nico - Chiru 76´-.

ARBITRO - Meilan Otero, que amonestou a Bugy, Marcos Pensado e Michel por parte local, e a Fiuza, Piquero e Fernandito por parte visitante.

GOLES -
0-1 42´ Penalti cometido por Bugy sobre Penedo que transforma Angeliño.

1-1 52´ Corner botado por Marcos Pensado que Eloy Cabeza remata ás mallas no segundo pao.

2-1 65´ Xogada individual de Ivan Rey que tras sair de dous regates engancha un dereitazo que se lle cola por encima a Parroto.

2-2 79´ Gran centro de Chiru que remata Penedo de maneira impecable o fondo das mallas.

3-2 88´ Saque de banda que peina Lista e Boedo entrando con moita forza remata de cabeza, o balon da no longueiro, na espalda de Parroto e introducese na meta visitante ante o delirio da parroquia local.

O Cee mostrou os seus galons de favorito o titulo costeiro dende o inicio no Carral. Ante un equipo local agazapado buscando a contra, os ceenses levaron o peso do partido no primeiro tempo, si ben é certo que sin crear excesivo perigo. Angeliño comandaba as intencions ofensivas azulonas, e Penedo mostrabase moi escurridizo na punta de ataque. Enganchou Fermin un gran disparo lonxano que saiu fora por pouco. O capitan visitante tentouno toda a tarde sen exito. A Sd buscaba o balón parado para inquietar a Parroto, e Lista non chegou por pouco a unha falta moi ben sacada por Ivan Rey. Bugy, unha vez mais esplendido, detivo en gran parada un remate de Penedo nunha contra. A batalla no centro do campo era moi intensa, e o calor faciase insoportable. Cando todos pensaban no refrescante vestiario, un despiste da defensa sofanista aproveitao Penedo para provocar o penalti que transforma Angeliño con tranquilidade. Descanso e victoria momentanea do UC Cee.



Pero pronto tivo resposta á saida da caseta, co gol do empate de Eloy. Foi enton cando o partido entrou nun ritmo trepidante de tensión, ocasións, e cando se viu mellor futbol. Un tremendo disparo de Angeliño tocouno Bugy e repeleo o longueiro. O Cee apretou o acelerador buscando a victoria, pero a Sd empezaba a atopar espacios á contra. Primeiro Abel e logo Ivan Rey envian sendos centros que se pasean pola area pequena de Parroto sin encontrar quen os empuxe a gol. E foi o talentoso extremo sofanista, Ivan Rey, quen foi quen de enganchar un tremendo disparo para poñer en ventaxa os locais. Vironse os ceenses por debaixo, e novamente intentouno Fermin, pero Bugy respondeu cunha gran parada. A defensa sofanista rallaba a gran nivel, cun Juanjo en plan mariscal, e con Pensado permitindose crear perigo nos balons parados. Nunha gran xogada do xovencisimo Chiru chegou o empate que silenciou á bulliciosa parroquia local. Pero non se arredrou o equipo de Mallon, con Ivan Rojo collendo galons no centro do campo e enviando perigosos balons a Jacobo. Cando o partido esmorecia chegou o gol de Boedo, repleto de forza, que desatou a euforia na parroquia local.

lunes, septiembre 10, 2012

SAN LORENZO 0 - S.D. SOFAN 1

Derbi intenso como se esperaba o de onte no campo das Pedreiras. Ante uns 250 espectadores, ambos equipos non xogaron un bo partido a nivel técnico, pero si moi igualado. A contienda acabou cunha tangana e un xogador expulsado por cada equipo.

SAN LORENZO. Abraham, Quillo, Adrian, Dubra, David Alvarez -Anxo 85´-, Cachizo, Fuentefria, Javi Pensado -Canteiro 66´-, Pichel, Eloy - Peque 46´- e Chucho.

S.D. SOFAN. Bugy, Lista, Marcos Pensado, Juanjo, Alberto Pensado, Eloy Boedo, Michel, Eloy Cabeza -Jacobo 75´-, Ivan Rey -Ivan Rojo 61´-, Edy -Diego 84´- e Abel -Santi 67´-.

ARBITRO. Rama Cotelo, que amonestou a Adrian, Cachizo e Fuentefria por parte local, e a Lista, Pensado, Abel e Edy por parte da Sd. Expulsou a Chucho e a Santi no minuto 89 tras a tangana.

GOL.
0-1 24´ gran pase á espalda da defensa de Eloy e Abel define de vaselina ante Abraham.

Iniciou o San Lorenzo o encontro moi metido, agresivos, e creando perigo á defensa sofanista. Javi Pensado e Pichel dispararon sobre a meta de Bugy, pero respondeu a Sd con un tremendo disparo de Eloy que saiu fora por pouco, e unha boa ocasión de Ivan Rey. Tivo Pichel a mais clara dos locais neste acto, pero Bugy sacou de reflejos e desviou cunha gran parada o disparo do dianteiro. Estirouse a Sd e Edu en un par de ocasións probou a Abraham antes do gol. Co tanto chegaron os mellores minutos da Sd, e primeiro Abel nun man a man e logo Boedo a saida dun corner poideron sentenciar a contienda. Chegouse o descanso con ventaxa minima.



O segundo tempo foi mais bronco e feo. O San lorenzo buscou balons directos dende o principio e a sd limitouse a defenderse. A liña defensiva estivo espectacular, con Juanjo e Pensado a un gran nivel, e lograron conter as acometidas visitantes, que insistiron falta tras falta e saque de banda tras saque de banda. Tivo Cachizo a ocasion para empatar pero o seu remate de cabeza saiu fora cando xa se cantaba o gol. A Sd, so en un par de faltas o final do encontro, inquietou a meta local. O epilogo do partido, coa tangana final, para olvidar.

* foto do equipo da Sd cedida por Nordeportes

lunes, septiembre 03, 2012

S.D. SOFAN 3 - DUMBRIA B 1

Iniciouse a liga 12/13 no campo do Carral con unha victoria ante o sempre correoso Dumbria B, un equipo plagado de xuventude e talento que non puxo nada faciles as cousas ós de Pablo Mallon. Tarde calurosisima en Sofan, con 150 espectadores no graderío que disfrutaron da evolucion dos xogadores sofanistas sobre a alfombra verde sofanista.

S.D. SOFAN - Bugy, Carlos Lista, Marcos Pensado - Diego 71´-, Alberto Pensado - Cantudo 84´-, Juanjo, Eloy Boedo, Michel, Eloy Cabeza - Jacobo 65´-, Ivan Rey - Ivan Rojo 74´-, Edy e Abel.

DUMBRIA B - David, Jose, Cabanas, Jano, Carreira, Isma - Fernando 70´-, Pereira, Josiño, Javi - Martin 75´-, Rodrigo e Alex Siaba.

ARBITRO - Rama Vazquez, que amonestou a Diego, Eloy e Ivan Rojo por parte local.

GOLES - 1.0 22´ Tremenda volea de Eloy Boedo que repelen entre o porteiro e o longueiro, pero o rexeite empuxao Abel a gol na misma raia de porteria.

2.0 35´ Gran xogada de Eloy Boedo, que tras roubar un balón no centro do campo internase con forza e decisión, cede o balón a Edu que cruza un bo disparo diante da saida do gardameta.

2.1 44´ Falta cerrada á area local que Alex remata en semifallo co xeonxo e introduce o balon na porteria ante o despiste local.

3.1 63´ Pase longo de Michel á internada de Marcos Pensado, que non o pensa moito e engancha un disparo terrible que entra pola escadra da meta visitante.

Forte inicio o da Sd neste comenzo ligueiro. Os xogadores, xa con ganas de que rodase o balon competitivo, demostraron dende o primeiro intre apetencia e fame de triunfo. Unha forte presión inicial dou paso a unha ristra de ocasións ante as que parecia mentira que o balón non entrase. Ata tres balons se estrellaron no pao nestes primeiros instantes, Abel, Michel e Eloy, na mais clara ocasión da primeira parte, non foron quen de batir a David. Pero ós 20 minutos chegou o gol de Abel, que calmou as ansias locais.

Os de Cesar Ferrio estiraronse con timidez enton, e dispuxeron dunha clara ocasión nun remate de Josiño no punto de penalti, que Bugy rexeitou cos pes. Acto seguido respostou a Sd cou outra clara opcion pero nin Abel nin Eloy bateron o meta visitante, moi fino nesta accion. O partido estaba a ser moi bonito, e a Sd enlazaba combinacions de moito mérito, cun Abel en gran estado de forma, e Edu e Ivan entrando ben por banda. Unha gran xogada en banda esquerda acaba con un centro de Marcos Pensado que Rey non é capaz de rematar. O gol dos visitantes a balon parado foi un xerro de auga fría para os rojillos, que vian como tras un bo primeiro tempo so se ian con ventaxa de un gol o descanso.

A saida dos locais foi moi fria tras o descanso. Faltos de concentración, baixouse o nivel defensivo, e o Dumbria comenzou a rondar a meta da Sd. Pero nestes momentos surxiu a figura de Bugy, un dos mellores do encontro, sacando duas ou tres mans magnificas e abortando todo intento de remontada visitante. Cando xa se temia o peor no Carral chegou o golazo de Marcos, que deixou o partido visto para sentencia, pois entre o calor e a bisoñez do equipo visitante, a ultima media hora foi un querer e non poder do Dumbria, e un errar ocasión tras ocasion da Sd. Co partido aberto as contras locais puideron ser mortais de necesidade. Os homes de refresco aportaron calidade na zona de arriba, con especial mencion o debut de Ivan Rojo, que mostrou moi boas maneiras e creou moito perigo por banda dereita. Edy marrou tres ocasions clarisimas diante do porteiro, e Abel ou Rojo tamen tiveron as suas opcions.



Resultado xusto o de onte, onde se viu a un equipo local todavia en fase de rodaxe pero que apunta moi boas maneiras de cara a este maratón ligueiro que nos espera.