miércoles, agosto 29, 2007

A SD COMPLETA O SEU PLANTEL

A poucos dias para o inicio do torneo ligueiro podese decir que a SD Sofan cerrou o capitulo de incorporacions. Nesta semana firmaron catro xogadores co noso equipo: Adrian, José Ramón, Marcial e Oscar.

Adrian Garcia Varela, nacido en Carballo o 03/04/87, ten polo tanto 20 anos. Pocede do Bergantiños B, no que o ano pasado anotou 8 goles en 27 partidos, sendo o maximo goleador do equipo. Levaba toda a vida no equipo rojillo, dende infantiles, e vendo que no primeiro equipo ia ter poucas oportunidades optou por tentar progresar como xogador na SD. É un xogador moi rapido e de boas aptitudes tecnicas, que se move preferentemente pola banda dereita, xa sexa de lateral ou interior.



Tras interminables negociacions parece ser que definitivamente Jose Ramon xogará na Sd esta tempada. Co obxetivo de substituir a Dani foi elexido este rapaz de Coristanco de 19 anos recien cumplidos que estivo xogando a ultima tempada no equipo xuvenil do Bergantiños en liga Galega e este veran realizou a pretempada co primeiro equipo carballes. Nacido en Suiza, comenzou a facer as suas primeiras paradas en terras helveticas, e cando chegou a Galicia enrolouse nas filas do Bergantiños, equipo no que ven destacando dende categoria cadete. É un porteiro de complexion fote cos seus 180 centimetros de altura, axil baixo paos e con un tremendo golpeo de balon.


Marcial está no mesmo caso que o anterior. Sae do equipo B do Bergantiños, co que o ano pasado tivo unha lesion grave nun partido disputado ante o Porteño. É un xogador en progresion que actua como medio defensivo.

Oscar, un rapaz de Sofan de 29 anos, deixou moi grata impresion durante a pretempada e o corpo tecnico optou por incorporalo ó equipo. A pesar de levar varios anos sen xogar mostrouse como un xogador de aceptable tecnica, sobrio nas suas funcions e que pode aportar moito ó equipo. Será a competencia de Gustavo no posto de lateral esquerdo, ainda que tamen pode actuar mais adiantado.

domingo, agosto 26, 2007

CASTRIZ 1 SD SOFAN 2

Rematou a pretemporada da SD de maneira inmellorable, vencendo ó Castriz, un dos equipos que a bo seguro estará na zona alta da taboa clasificatoria. A pesar das baixas coas que acudiu o equipo dou unha moi boa imaxe, e os novos xogadores demostraron calidade para aportar cousas moi positivas.

Alineou a Sd a Costa; José, Pancho, Gustavo, Oscar; Juanjo, Marcial; Adrian, Bertin, Suso Docampo e Berti. No segundo tempo sairon Cristian e Victor Docampo.

Por parte do Castriz xogaron David; Martin, Roberto, Alex, Toniño; Koeman, Jota; Mauri, Suso, Sebas e Ancho. No segundo tempo sairon os restantes xogadores de campo.

A primeira parte foi de dominio local, con un Jota moi inspirado dominando a zona media e co dianteiro Ancho moi batallador en punta. A SD tentaba de montar rapidos contragolpes, sobre todo pola banda de Adrian, que se mostrou moi participativo no seu debut, pero a defensa do Castriz, unha das mellores da liga, estivo a moi alto nivel. O gol de Sebas tras un rexeite de Costa poñia xustiza no marcador a uns minutos de insistente dominio local. Adrian tivo unha clara oportunidade pouco despois pero ó descanso chegouse con 1-0 para os locais

No segundo tempo cambiou a decoracion, un pouco propiciado polos numerosos cambios no equipo local, e o Sofan tomou as riendas do partido. Juanjo estaba en todos lados, Victor e Suso entendianse á perfeccion e Cristian peleaba todos os balons. Nunha destas un centro de Victor rematao seu irman ó fondo das mallas. Empate e volta a empezar. O Castriz non chegou nin unha sola vez á area de Costa, pois a defensa do Sofan estivo soberbia no corte e na entrega, especialmente Pancho e Oscar. A pouco do final Cristian anotou o seu habitual gol dandolle unha victoria xusta a un equipo sofanista que remata a pretemporada con un balance de 4 victorias e unha unica derrota, contra o Bergantiños no Carral. O domingo empezan os partidos de verdade, e o primeiro visitante en Sofan é un oso duro de roer, o Nanton.

domingo, agosto 19, 2007

SD SOFAN 3 CABANA 0

Novo partido de pretemporada no Carral, no que a SD venceu sen demasiados apuros ó Cabana, equipo de Terceira Rexional. Golearon Eloy no primeiro tempo, e Suso Docampo e Eloy novamente no segundo. A SD mostrouse bastante apatica e non se poderan sacar demasiadas conclusions do envite.

Alineou o Sofan a Costa; Pancho, Baneira, Gende, Gustavo; Varela , Juanjo; Victor, Suso, Bertin e Eloy. No segundo tempo sairon José e Oscar.

A defensa adiantada do Cabana doulle demasiadas oportunidades á SD durante a primeira media hora, periodo no que os de Sofan practicaron o seu mellor futbol. Marraronse bastantes ocasions ata que Eloy anotou un autentico golazo. Nos ultimos minutos o Cabana apretou algo mais e chegou á porteria de Costa un par de veces.

No segundo periodo proseguiu a apatia local, salvada unicamente por algun ramalazo de bo futbol, nos que se crearon clarisimas ocasions que novamente foron marradas. De todas maneiras no periodo final Suso e Eloy anotaron dous golazos e deixaron o marcador no definitivo 3-0. Despois desta proba solo queda a do domingo que ven en Castriz antes do inicio ligueiro.

lunes, agosto 13, 2007

SAN LORENZO 1 SD SOFAN 2



Proclamouse a SD vencedora do Trofeo Das Festas de Verdillo ó derrotar onte pola tarde no campo das Pedreiras ó San Lorenzo, en día soleado e ante numerosisimo publico que acudiu a ver un derbi que non se producia dende fai tres anos. O encontro foi tenso, por momentos algo duro, e realmente non parecia un partido de pretemporada. O Sofan levouse o gato á auga nun moi bo segundo tempo no que remontou o gol anotado por Oscar no primeiro acto.

Alinearon os equipos a:

SAN LORENZO - Pombo, Angel, Bechi, Fran, Pedro, Manin, Manu Urbieta, Medros, Sergio Fariña, Oscar e Jesus Urbieta. Tamen xogaron Fabian, Puñal, Moreno, David, e Anxo

SD SOFAN - Costa, Pancho, Gustavo, Gende, Varela, David Baneira, Bertin, Victor, José, Eloy e Cristian. Tamen xogaron Juanjo, Suso, e Oscar

O primeiro tempo do encontro foi dominado polo equipo local, que non pasou apenas por situacions de perigo, e enlazou bos contragolpes nos que puido anotar algun tanto mais. O 1-0 chegou tras un preciso centro de Medros que Oscar rematou de cabeza ó fondo das mallas. A SD mostrabase moi imprecisa na saida de balon, errando varios pases que lle poideron costar caro. Urbieta disparou a porta con perigo un par de veces antes de que o Sofan tivera as primeiras ocasions, pero ahí estaba Pombo, polo que parece que non pasan os anos, para desviar disparos de Eloy e Cristian que levaban clara direccion a gol.

Chegouse ó descanso onde a SD recompuxo liñas, e no segundo tempo saiu un pouco mais agresiva, presionando ós homes claves do mediocampo Verdilles e levando o peso do partido. O San Lorenzo experimentou un pequeno baixon que aproveitaron os nosos para igualar o partido cun tanto de Cristian de penalty tras man cometida por Bechi. A partir de ahi os locales optaron por un futbol excesivamente directo que non levou problemas á porteria de Costa, excepto nun tiro de David que se foi lixeiramente alto. Pola contra foi a SD en un par de accions rapidas a que sembrou o panico antes de que Suso anotara na boca do gol o tanto da victoria cando faltaban 7 minutos para finalizar o encontro. Dende ese intre o San Lorenzo intentouno á desesperada pero a defensa visitante mostrouse moi segura e mantiveron o resultado no marcador.

Gran victoria do Sofan, pois facia moitos anos que non se gañaba nas Pedreiras, e supon unha inxeccion de moral moi importante de cara os proximos compromisos, sobre todo ese co Nanton que inaugurará a liga no Carral o dia 2 de setembro.

miércoles, agosto 08, 2007

SD SOFAN 0 BERGANTIÑOS 1



Un solitario gol de Alberto no primeiro tempo declinou a balanza na tarde-noite de onte hacia o equipo visitante, que dominou a posesion do balon, pero non se mostrou tan superior como poderia parecer dada a diferencia de categorias entre os dous equipos. Moito publico no Carral que disfrutou dun bo partido de futbol.

Alineou a SD a Costa: Baneira, Gende, Varela, Pancho; José, Bertín, Pombo, Eloy; Cristian e Berti. No segundo tempo tamen xogaron Pizo, Gustavo, Victor, Suso e Juanjo.

Por parte do Bergan sairon de partida Jose; Gato, Rudi, Alex Canedo, Montesinos; Elmer, Javi Gonzalez, Borja, Luisiño; Dani e Alberto. Tamen xogaron, Bossa, Adan, Borja Dorado, Pablo, Gueli, Noya, David Castro, Sambade e Rodeiro.

O Bergantiños levou o peso do partido, como era de supoñer a priori, pero o bo traballo defensivo do equipo local e as reducidas dimensions do campo dificultaron moito o futbol combinativo que pretendian impoñer os carballeses. Moitas veces tiveron que recurrir ó pase largo debido á falta de espacios no seu ataque. As primeiras ocasion viñeron a balon parado, pero Costa mostrouse moi seguro nas saidas. Foi anulado un gol a Alberto, o home mais incisivo neste acto, pero o seguinte remate do dianteiro si que acabou de maneira legal nas mallas. Os dianteiros da Sd moveronse ben, pero non tiveron ocasion excesivamente claras.

No segundo tempo a entrada de Bossa doulle un punto mais de calidade ó medio campo do Bergan, pero o Sofan seguiu defendendose moi ben, cun Baneira inconmensurable, e lanzando perigosos contragolpes. Eloy por duas veces, Bertin, e sobre todo Pizo poideron empatar o partido, pero Sambade mantivo a porteria a cero e o Bergantiños levouse o trofeo.

Moi positivo o traballo da SD no dia de onte, dada a categoria do rival e a intensidade que puxeron os nosos na pelea, e o domingo volve o derbi: SAN LORENZO - SD SOFAN, no campo das Pedreiras de Verdillo, a partir das 7 da tarde.

martes, agosto 07, 2007

CALENDARIO DA TEMPORADA 2007/2008

Fixose oficial o calendario para a temporada que vai a comenzar o dia 2 de setembro. A Sd recibe ó Nanton na primeira xornada e desplazase a Malpica na segunda. Aquí queda o calendario completo:

1/ SOFAN-NANTON
2/ MALPICA - SOFAN
3/ SOFAN - BUÑO
4/ PONTECESO - SOFAN
5/ CARNOTA- SOFAN
6/ SOFAN - PORTEÑO
7/ CASTRIZ - SOFAN
8/ SOFAN - MUROS
9/ BAIO - SOFAN
10/ SOFAN - CEE
11/ FISTERRA - SOFAN
12/ SOFAN - CAMARIÑAS
13/ ESTEIRANA - SOFAN
14/ SOFAN - MONTELOURO
15/ CORME - SOFAN

lunes, agosto 06, 2007

TROFEO DAS FESTAS DE SOFAN

Mañan martes dia 7 disputase a partir das 8 da tarde o Trofeo das Festas De Sofan, no campo do Carral. Loitarán por tan preciado galardon o equipo local e o BERGANTIÑOS CF. O conxunto dirixido por Moreira ven con todas as suas figuras: Javi Gonzalez, Adan, Dani, Borja Dorado, Bossa, Sambade e os canteirans Alex Canedo, Montesinos, Gueli ou Luisiño. Os de Chema Eiris tamen dispoñen de todo o plantel, coa dubida de Costa por unha lesion nun dedo, e polo tanto esperase o debut de José Ramon, porteiro cedido polo Bergan.

Citamos á afeccion para que acuda a animar ós seus xogadores que ben seguro se deixarán a pel no campo para darlle unha alegria e intentar gañar por vez primeira ó equipo mais representativo da comarca.

sábado, agosto 04, 2007

BERGANTIÑOS JUV. 1 - SD SOFAN 4



OS TRES GOLEADORES DE HOXE

Partido xogado na calurosisima tarde de onte no campo das Eiroas, no que a SD tivo que xogar coa ausencia dos seus dous porteiros, pero ainda así non pasou apuros para conquerir un resultado satisfactorio, desarollando un futbol moi bonito sobre todo nos primeiros cuarenta e cinco minutos.

Alinearonse de salida Gustavo na porteria, Baneira, Gende, Varela e Pancho en defensa, José, Pombo, Pizo e Eloy na media e Bertin e Cristian no ataque.

Neste periodo o futbol foi moi fluido, con boas saidas por bandas, e con Pombo e Pizo dirixindo moi ben o xogo dende o centro do terreo. Bertin dou mostras da sua clase e serviu balons continuamente ós dous extremos, que se fartaron de entrar por banda, e Cristian aportou a sua habitual loita e olfato goleador na punta. José anotou o primeiro a pouco de empezar e Eloy resolveu maxistralmente unha contra iniciada por Pizo. Foille anulado un gol a Cristian e pouco despois Bertin realizou a mellor xogada do partido, sentando a un par de defensas en clavando o balon na escuadra. Con este resultado chegouse ó descanso.

No segundo acto alinearonse Pancho na porteria, Victor, Baneira, Varela, Gustavo na defensa, Jose, Juanjo, Pizo e Suso na media e Eloy e Berti no ataque. O ritmo baixou algo pola intensa calor e ainda así as ocasions foron moi claras. Os rapaces do Bergantiños mostraronse moi voluntariosos en todo momento, e a pesar do gol en propia meta encaixado non se rendiron e lograron o tanto da honra a pouco do final.

Clasico partido de pretemporada, e agora a esperar o plato forte do proximo martes no Carral, SD SOFAN-BERGANTIÑOS CF.

viernes, agosto 03, 2007

PARTIDO AMISTOSO: Bergantiños juvenil - SD Sofan

Mañan sabado disputará a Sd o primeiro dos amistosos programados para este veran, enfrontandose no campo das Eiroas a partir das 19.00 horas ó equipo juvenil do Bergantiños, dirixido este ano por Molk, e que dispon de varios prometedores xogadores baixo as suas ordes.
A Sd dispon de todos os seus homes para este encontro, incluidas as novas fichaxes que tentaran demostrar as suas cualidades e gañarse a confianza do mister Chema Eiris.
Con tres entrenos ás suas espaldas, os xogadores estan traballando de maneira intensa para intentar chegar en bo estando fisico ós primeiros partidos de liga, pois saben da importancia de facer os maximos puntos posibles nestes iniciales envites.
Recordar que o proximo martes dia 7 disputarase no campo do Carral o partido do trofeo das festas de Sofan que enfrentará ó equipo local co Bergantiños de Moreira, encontro que está levantando gran expectacion na parroquia carballesa