
S.D. SOFÁN - Jose R., Roberto Souto, Miniño, Juanjo, Pensado, Alemán, Mario Casal, Eloy (Oscar Pardo 89´), Adrian García (Diego 77´), Bertin (Gustavo 83´) e Jacobo (Suso Docampo 72´).
XALLAS C.F. - Cheli, Sergio Pose (Lobo 50´), Ivan Forjan (Ismael 71´), Carteiro, Alvaro (David 89´), Ricar
do (Toni 53´), Pepe, Jaime (J.Angel 60´), Ruben, Jesus e Ventura.

ARBITRO: Hermo Alonso, que amonestou a Mario, Carlos, Dieto e Oscar por parte local, e a Lobo por parte visitante
GOL:
1-0 77´Saque de banda de Diego que peina Roberto Souto e remacha baixo paos Eloy.
Arrancou o Xallas con ímpetu e Jose R. tivo que responder con grandes intervencións a tiros de Ruben e Jesus. Ventura realizou unha gran xogada individual e disparou ó pao e pouco despois lanzou Alvaro unha falta de 30 metros que se foi alta por pouco. A SD despertou con un Jacobo moi activo creando peri

No segundo tempo o Xallas sacou a súa segunda oleada, con Toni, Lobo e Jose Angel á cabeza. Ruben lanzou unha falta ó borde da area á barrera, e na contra Jacobo realizou unha gran xogada pero Cheli detivo o seu disparo. No corner seguinte Roberto Souto rematou alto por pouco. Eran os mellores momentos da SD, corroborados con un tremendo disparo de Eloy que dou no pao longueiro. O Xallas era consciente de que non lle valia o empate, e tivo primeiro Jesus e despois Ventura a ocasión de levarse o partido, pero Juanjo estivo moi fino abortando as duas claras ocasións. A presencia no mediocampo de Toni doulle outro aire os xalleiros e unha gran xogada súa rematouna Jose Angel ás mans de un Jose R. inspiradisimo toda a tarde. Cando parecia que o partido podia caer do lado xalleiro chegou o gol ante o delirio da afección local. A SD aguantou os últimos minutos cunha liña defensiva inexpugnable e levouse uns sabrosos tres puntos.