domingo, octubre 28, 2007

BAIO 2 SD SOFAN 0

Caeu derrotado a Sd no Platas Reinoso, nun encontro no que o equipo careciu de profundidade, e o Baio cerrou o partido en duas xogadas a balon parado


BAIO - Trucho, Ramon, Santi Bomar, Diego Costa, Cristian, Dario (Diego), Martin (Fermin), Alberto (Adrian), Carliños (Carro), Gaspar (Victor S.) e David Costa




SD SOFAN - Jose Ramon, Victor, Baneira, Juanjo, Gustavo (Pancho m.69), Pizo, Pombo (Marcial m.66), Adrian, Suso, Bertin (Berti m. 75) e Cristian.

ARBITRO: Brea Sanchez, que amonestou a Alberto, Carliños e Adrian polo Baio, e a Baneira, Pombo e Bertin polo Sofan.


GOLES: 1-0 M.21 Corner a favor do Baio, producense unha serie de rexeites e Garpar acerta a meter a punteira para batir a Jose Ramon 2-0 m 39 Indecision da defensa do Sofan da que se aproveita Martin para marcar de volea


Tentou o Sofan levar o peso do partido de inicio mantendo a posesion do balon, pero varios roubos de balon serviron para que o brasileiro Gaspar creara un par de ocasions nos compases iniciales. A SD tocaba con criterio pero no lle creaba perigo a Trucho, e nestas chegou o gol inicial do ariete Gaspar, moi oportuno ó rematar un balon morto na area. O Sofan tivo un par de xogadas a balon parado, pero o porteiro Verdilles do Baio pasou no dia de hoxe unha tarde tranquila. Unhas posibles mans de Santi Bomar na area local provocaron as protestas dos visitantes, e a pouco do descanso Martin sentenciou a contienda.


O segundo tempo foi un tramite, pois nin os visitantes puideron crear ocasions, nin os locais quixeron forzar a maquina. O Sofan arriscou adiantando as suas liñas pero un Baio moi ordenado non pasou problemas defensivos, e lanzou algunha contra meritoria, pero hoxe non foi un dia de bo futbol en Baio, onde o equipo local se fixo cos tres puntos con un futbol moi practico.

domingo, octubre 21, 2007

SD SOFAN 2 MUROS 3

Segunda derrota consecutiva da SD, a primeira en casa no que vai de ano, nunha tarde moi afortunada do conxunto muradan, que sen expoñer practicamente nada levouse os tres puntos.

SD SOFAN - Costa, Victor Docampo (Gende m.88), Gustavo, Juanjo, Varela, Bertin, Suso Docampo, Pizo, Berti (Cristian m.61), Eloy e Adrian (Pombo m.46)
MUROS SD - Naso, Fran (Dani m.74), Gabriel (Abel m.86), Mallu, Maikel, Aaron, Adan (Xurxo m.60), Gelo (Alex m.80), Jarondo(Maxi m.49), Varo, Brais

ARBITRO - Borja Sanchez Garcia, que amonestou a Juanjo por parte local e a Naso, Fran, Gabriel e Aaron por parte do Muros.

GOLES - 1-0 m.21 Adrian recibe un balon en profundidade de Suso e bate a Naso 1-1 m. 30 balon que sale claramente fora do campo, é rebañado por Jarondo e Brais chegando dende atras establece o empate 1-2 m. 38 Falta bombeada á area local que peina Varela e introduce o balon na sua porteria 2-2 m. 60 penalti cometido sobre Eloy que transforma él mesmo 2-3 m. 72 remate frouxo de Gelo que se lle escapa a Costa das mans e introducese mansamente na porteria local.

Tarde moi calurosa no Carral, con numeroso publico nas bancadas. No primeiro tempo o partido foi de claro dominio local, que tras un inicio algo dubitativo tomou as riendas do xogo, entrando moi ben por bandas e disparando numerosas veces sobre a porta de Naso, pero unhas veces a defensa e outras a falta de punteria local impediron o gol. Ainda asi co tanto de Adrian faciase xustiza. Pero un erro de apreciacion do colexiado doulle en bandexa o empate ó Muros, e a pouco do descanso o gol en propia meta puxo ós muradans por diante, resultado que lles dou alas para afrontar o segundo tempo moi encerrados na sua area.

O acoso local foi incesante, con un futbol de calidade que acabou no empate de Eloy. Parecia que os locales se ian a levar o partido pero un novo erro doulle o gol a Gelo. O posterior acoso a base de balons largos foi infructuoso, e a pesar de merodear a area do Muros, o gol do empate non chegou.

domingo, octubre 14, 2007

CASTRIZ CF 3 SD SOFAN 0

Clara derrota da SD no campo de San Pedro ante un Castriz moi forte no seu terreo de xogo que se levou o partido con xustiza. Bastantes seguidores visitantes na bancada. O Sofan vestiu de blanco por coincidencia de colores entre ambas camisetas.

CASTRIZ CF - David, Martin (Javier m.71), Toniño, Alex, Roberto, Jota, Sebas (David Brenlla m.51), Luis, Ancho (Bruno m.68), Cesar (Moro m.65) e Suso (Jesus m. 48)
SD SOFAN - Costa, Baneira, Gustavo, Juanjo, Gende (Pancho m.15), Varela, Adrian (Victor Docampo m.65), Bertin (Marcial m.72), Berti (Cristian m.51), Suso Docampo e Eloy

ARBITRO: Javier Serrano Castro, amonestou a Baneira polo Sofan, co que se perderá o seguinte partido contra o Muros no Carral.

GOLES: 1-0 m. 40 Luis engancha un zurdazo dende fora da area que entra pola escuadra 2-0 m.66 Perdida de balon no medio campo da SD, o balon chega ó segundo pao onde entre David Brenlla e Gustavo introducen o esferico 3-0 m. 76 Toniño á saida dun corner.

Non puido impoñer o seu futbol a SD en ningun momento e viuse superada pola contundencia e a claridade de ideas do equipo local. O primeiro cuarto de hora foi do Sofan, que lanzou un par de faltas ó borde da area, e Adrian tivo unha boa ocasion diante de David, pero non chegou por pouco. Os 15 minutos tivo que ser retirado Gende con un corte na ceja e a partir de ahi o Castriz adueñouse do mediocampo, e comenzaron a servirlle balons a Ancho, moi perigoso toda a tarde. Costa salvou un par de man a man, e un remate do dianteiro saiu lamendo o pao. Jota puido facer o seu futbol, e en defensa os locales mostrabanse inexpugnables. O gol de Luis facia xustiza.
No segundo acto a SD nunca foi capaz de rasear a pelota con criterio. O futbol foi moi directo e nese terreno o Castriz movese como peixe na auga. O segundo gol matou o partido, e a partir de ahi foi un deixar pasar os minutos ata a conclusion do choque. En ningun momento os dianteiros visitantes recibiron balons en condicions e así é moi dificil marcar un gol. O domingo visitaranos o Muros e teremos a oportunidade de resarcirnos.

sábado, octubre 13, 2007

domingo, octubre 07, 2007

SD SOFAN 4 PORTEÑO 2

Esta en racha o Sofan, e na tarde de hoxe desfixose con suficiencia do Porteño e encaramouse nos postos altos da taboa clasificatoria. Dia de calor no Carral con uns 100 espectadores nas gradas.

SD SOFAN: Jose Ramon, Baneira (Pancho m. 71), Gustavo, Juanjo, Gende, Pizo, Suso Docampo, Bertin (Varela m.77), Berti (Cristian m.71), Eloy(Pombo m.73) e Adrian.
PORTEÑO: Diego, Matias, Manolito, Manuel, Roberto, Oscar (Cousillas m.56), Jemisa, Piti (José m.77) , Isma (Pablo m. 70), Juan Bello e Jose Manuel (Iago m. 62).

ARBITRO: Montes Montes, que amonestou a Baneira e Suso por parte local, e a Matias, Roberto, Isma e Iago por parte visitante.

GOLES: 1-0 m.26 Eloy de penalti cometido sobre Berti 2-0 m. 64 xogada personal de Adrian que culmina con un dereitazo que se cola por toda a escuadra 3-0 m.68 Centro de Adrian, que Suso controla e clava nas mallas de espectacular chilena 4-0 m.72 Bertin de falta directa 4-1 m.88 Jemisa tras un rechace 4-2 m.91 Juan Bello de falta directa

Bonito partido o visto hoxe, no que se viu como a SD crece dia a dia en confianza e bo futbol, tras un inicio de liga un tanto dubitativo. Dende o pitido inicial tentou o equipo local de facerse co mando do encontro, e conseguiuno, realizando combinacions de merito no medio campo, ainda que a seguridade defensiva do Porteño non permitiu ocasions claras na sua porteria. Tivo que ser Eloy ó transformar un claro penalti a Berti quen abrira a lata e dera un pouco de tranquilidade nas filas locales. A linea defensiva da SD mostrouse inexpugnable, con un Juanjo impecable xogando de home libre, e os xogadores de calidade do mediocampo tocaban o balon case sempre con criterio. Tivo Berti unha gran ocasion tras unha boa xogada individual, pero Diego sacou unha boa man.

No segundo tempo o partido seguiu polo mesmo camiño, pero non chegaba o gol da tranquilidade. Tivo que ser Adrian, en gran xogada individual quen marcara o segundo tanto. A partir de ahi vironse os 15 mellores minutos de futbol, e caeron outros dous golazos, sobre todo o de Suso Docampo, en increible chilena e que se levou a mellor ovacion da tarde. A relaxacion local propicion que nos ultimos minutos o Porteño reducira distancias pero sen chegar a poñer en perigo o resultado.