domingo, marzo 28, 2010

S.D. SOFAN 1 - MUROS 1

Partido intenso e disputado no Carral, ante 110 espectadores, con un terreo de xogo moi irregular que non permitiu ver o despliegue técnico que prometen estos dous equipos. A SD dominou o encontro e tivo ocasións para levarse os tres puntos, pero atopouse con unha actuación tremenda do porteiro visitante Ruben, que demostrou a súa categoría.

S.D. SOFAN - Costa, Roberto Souto, Miniño, Juanjo, Diego, Mario, Pizo, Aleman, Eloy, Bertín (Berti 65´) e Suso Docampo (Adrian 58´).

MUROS - Rubén, Ivan, Paki, Teo, Adan (Gael 46´), Varito, Gelo (Jaro 85´), Edu (Mingos 80´), Pesco (Piti 78´), Kiko e Sexo.

ARBITRO: Souto Budiño, que amonestou a Dieguito por parte local, e a Ruben, Teo e Kiko por parte visitante.

GOLES:
1-0 12´Gran pase de Eloy en profundidade a Suso Docampo, que cruza ante a saida de Rubén.
1-1 31´Saque de banda hacia a area visitante, producese un barullo e Gelo anda listo para meter a perna e igualar o encontro.

Saiu a SD moi metida no partido, con Mario e Suso formando parella de dianteiros. Eloy, que tivo o día clarevidente e xogou un partidazo, enviaba balóns á espalda da defensa visitante, creando perigo constante, e nunha desas xogadas produciuse o gol local. O propio Eloy lanzou de maneira maxistral unha falta respostada por Ruben cunha tremenda parada, e o rexeite rematao Diego en plancha fora por pouco. O Muros buscaba con rapidez a velocidade dos seus homes punta, sobre todo a Sexo, pero Roberto anulouno ben. Outro dos puntos fortes dos muradáns, as xogadas de estratexa, foron as que crearon mais perigo, e asi chegou o empate e outra clara ocasión de Varito tras unha saida dubitativa de Costa. Pola contra foi Mario o que tivo un clarisimo remate de cabeza sacado na misma liña de gol por un defensa, e Miniño lanzou unha falta que respostou o meta visitante con outra gran parada. Para finalizar un intenso primeiro tempo Kiko tivo a súa pero non precisou a vaselina ante Costa.

O segundo tempo foi de dominio claro local, con un Muros aguantando o chaparron e defendendo o marco con solvencia. Eloy seguiu creando perigo coas suas internadas, e o acoso produciu xogadas a balón parado que nunca foron culminadas polo equipo local. Unha falta ó borde da area saiu fora de milagro, golpeada por Eloy, e na seguinte foi Diego o que lanzou forte, e o balon dou entre o pao e Berti e saiu fora. Non era a tarde dos locais ante o marco, que o tentaron ata o final con constancia sabedores da importancia dos puntos. A mellor ocasión visitante foi un gran lanzamento de Mingos que respostou Costa cunha axil intervención.