lunes, abril 26, 2010

CASTRIZ C.F. 2 - S.D. SOFAN 3

Está a rematar a SD a competición en gran forma, e onte durante 70 minutos foi moi superior ó Castriz no seu temible campo de San Pedro. A pájara final serviu para darlle emoción a un partido que tivo un dominador claro e no que o Sofán se levou unha xusta victoria. Moito publico visitante animando ós seus xogadores en tarde soleada.

CASTRIZ CF - Angel, Ruben (Victor Pazos 74´), Torreira (Martin 57´), Koeman, Alex (Damian 50´), Bruno, Cilindro, Noli, Sebas, Ovidio e Dani.

SD SOFAN - Jose R., Roberto Souto, Oscar Pardo, Miniño, Juanjo, Aleman (Manolo Varela 54´), Pizo, Eloy, Jacobo (Adrian 54´), Berti (Gustavo 70´) e Bertín (Diego 59´).

ARBITRO: Candal Regueira, que amonestou a Torreira por parte local e a Adrian e Roberto Souto por parte visitante.

GOLES:
0-1 31´pase longo de Miniño, Berti rouballe a carteira á defensa e ó porteiro local e marca a porta vacia
0-2 37´Servicio de Berti a Jacobo, este recorta na area e espeta o balón na escadra da meta de Angel
0-3 52´Berti recibe en punta, espera a chegada de Eloy en carreira e este marca con calidade.
1-3 70´Centro de Noli dende a dereita e Sebas aproveita un pequeno barullo na area visitante para marcar.
2-3 77´Novo centro á area, producese un rexeite e de novo Sebas coa caña anota.

Bonito encontro o disputado na tarde de onte, con dous equipos querendo practicar un futbol vistoso e de calidade. A presión da SD na primeira liña local foi determinante nos primeiros 45 minutos. Os constantes roubos e as conseguintes saidas rápidas crearonlle infinidade de problemas os de Huelvis, e a SD anotou dous tantos e marrou 4 claras ocasións de gol. Bertin estivo moi activo nos primeiros minutos por banda esquerda e creou un par de ocasións que non deron definido os atacantes. Berti mostrou todas as suas virtudes, xogando ben de espaldas e coa caña preparada. O atacante marrou unha clara ocasión nunha vaselina a Angel pero de seguido desquitouse anotando o primeiro tanto. O segundo chegou pronto e antes do descanso tivo Eloy a ocasión para sentenciar. Solo Sebas por parte local cun remate ó longueiro de cabeza inquedou a Jose R.

No segundo tempo o tempraneiro tanto de Eloy noutra boa contra auguraba unha tarde tranquila para a Sd, pero cos cambios baixouse na intensidade do xogo, o Castriz pasou a ter un claro dominio do balón arriscando un pouco mais, e se ós rossoneri lles deixas a iniciativa crean perigo con facilidade. Así as ocasións e os goles foron caendo, e incluso lle foi anulado un tanto a Ovidio por claro fora de xogo. A SD defendeuse como gato panza arriba e mantivo o resultado como puido nuns ultimos minutos de agobio inxustificado tal e como se producira o partido ata eses intres.

Mantén a 3ª posición a SD, en visperas do fin de semana mais longo do campeonato, onde polo Carral pasarán o Montelouro a disputar a Copa da Costa, e o Baio en partido de liga.