lunes, mayo 30, 2011

PRESENTACION DO NOVO CORPO TÉCNICO DA S.D.

Na tarde-noite do venres foi presentado en sociedade o equipo técnico que rexirá os destinos da S.D. Sofán durante o curso futbolístico 2010/2011. VICENTE García Mariño, e Jesús MINIÑO Piñeiro asinaron o seu compromiso co clube presidido por Liso Docampo para esta tempada.




Vicente de 37 anos de idade, ven de estar un ano sin adestrar. Anteriormente ocupou o banquillo do Paiosaco 2 anos e medio, en duas etapas diferentes, a primeira delas en 1ª autonómica, e a mais cercana en 2ª autonómica. Como xogador foi unha referencia na defensa do Paiosaco e do Laracha, equipo co que chegou a xogar en 3ª división.




Miniño, lateral esquerdo as dúas últimas tempadas na S.D., pasa a ocupar sitio no duro banquiño. O laraches, de 35 anos, pon así fin a unha dilatada e exitosa traxectoria como futbolista que recorreu equipos como o Laracha, o Montañeros, o At. Arteixo, e o Sp. Zas. O vínculo xerado en Sofán e a sua contrastada capacidade como home de fútbol, así como o respeto ganado entre compañeiros e afeccionados, sinalano como o home ideal para coller o relevo de David Baña.



Sorte a ambos na dura tarefa que lles espera, que desexamos que leve a pasear o nome da S.D. Sofán con orgullo polos campos costeiros.

lunes, mayo 23, 2011

COPA DA COSTA: S.D. SOFAN 1 - XALLAS C.F. 1

A tarde perfecta para un partido de fútbol foi a de onte no Carral. 18 graos de temperatura, terreo de xogo como unha alfombra, 575 espectadores no repleto graderío, dous equipos que xogaron coma se fora unha final, de ti a ti en todo momento. O triste para a Sd foi o desenlace, unha vez mais un equipazo deixanos fora da Copa, nunha eliminatoria que puido caer para calquera dos dous lados e que se decidiu por pequenos detalles. O gol de J.Angel no min. 90 en Santa Comba, aquel penalti inventado no partido de ida, a calidade de Jesus no gol de onte, a falta de acerto nos metros finais da Sd.

Foi o cierre a outra gran tempada e o último partido no Carral do mister Baña, que se despediu emocionado. Posiblemente foi tamen a retirada como xogador do gran Miniño, que tras unha traxectoria impecable e brilante como futbolista pasará ó duro banco a partir da tempada que ben. Hai que seguir traballando e aprendendo dos erros. Sorte ó Xallas no que resta de copa, pois foi un rival cun comportamento exemplar e sin dubida teñen un autentico equipazo, dos mellores dos ultimos anos na costa.

S.D. SOFAN - Alex, Roberto Souto, Diego, Miniño, Juanjo, Aleman - Edu 85´-, Mario Casal, Pizo - Adrian 65´-, Luisito, Suso Docampo e Bertin.

XALLAS C.F. - Cheli, Ismael, Alvaro, Ivan forjan, Pereiro, Ricardo, Jesus, Toni - J.Angel 39´-, Ruben Forjan, roberto - Brais 89´-, Adrian Prol e Leo.

ARBITRO: Lago Barros. Expulsou a Jesus no min 75.

GOLES:
1-0 5´Gran pase de Pizo polo medio da defensa xalleira a Mario, que se planta ante Cheli e o bate tras regatealo.

1-1 51´Centro á area que prolonga Roberto, e Jesus no segundo pao engancha unha volea que entra no pao longo.

Saiu a Sd envenenada a polo gol que necesitaba para pasar. O Publico apretou dende o principio. Luisito tivo a primeira ocasión e o seu remate saiu alto por pouco. Na seguinte xogada chegou o gol de Mario Casal ante o delirio da entregada afición. Ainda estaba entrando xente no campo que non viu como a Sd poñía a eliminatoria en franquía.

O Xallas pasou a dominar o encontro, pero a Sd estivo a un gran nivel defensivo neste primeiro tempo. Unha entrada de Mario lesionou o fisterran Toni, que tivo que retirarse, entrando o ductil zurdo Jose Angel no seu lugar. A Sd saia ben á contra, comandado por Pizo e Luisito, e Roberto Souto rematou dende o borde da area respondendo Cheli con unha gran parada. O Xallas douse conta de que non podia entrar na tupida defensa sofanista, e comenzou a ensaiar o disparo dende fora da area. Un tremendo lanzamento de Ricardo foi desviado por Alex na parada do partido, respondendo a afección con unha gran ovación. Contestou Diego con outro gran disparo que saiu rozando o largueiro. O partido era intenso e bonito, os dous equipos loitaban por cada metro de terreo.

Antes de chegar o descanso tivo a mellor ocasión o Xallas, pero o lanzamento de Jose Angel rozou o pao da meta de Alex. A Sd foise con ventaxa ó vestiario e a parroquia pasou a refrescarse na cantina. A sensación era que o segundo tempo ia ser moi longo e intenso.

A xogada chave veu a pouco do inicio do segundo acto. Jesus, sen dubida o mellor xogador na eliminatoria, cazou unha volea imparable para Alex. Era a igualada e un mazazo tremendo para a Sd. Houbo uns minutos de desconcerto con outro disparo de Jesus alto, ó que respondeu Luisito con un remate que se foi fora por pouco. A Sd puxo moito corazón pero pouca cabeza, para superar a veterana defensa visitante, que estivo fantastica, comandada polo seu excelente gardameta Cheli, moi seguro en todas as suas accións.

Tivo Leo a sentencia nas suas botas pero Alex respondeu con outra tremenda parada. A expulsion de Jesus expoleou os locais, que encerraron ó Xallas nos ultimos minutos a base de balóns longos, forzando corner tras corner. A balón parado tiveron opcións Mario e Roberto Souto, pero o gol que daría paso á prorroga non entrou e a Sd quedou eliminada.

Tristeza na parroquia local pero ó mesmo tempo unha sensación de orgullo. Esta eliminatoria tardará en ser olvidada pola parroquia sofanista, que xa pensa na proxima tempada.

lunes, mayo 16, 2011

COPA DA COSTA: XALLAS C.F. 2 - S.D. SOFAN 1






Partido dos de verdade o de onte pola mañan en Fontenla. Día soleado, campo en perfectas condicións, a afección da Sd, que está volcada co seu equipo, ovacionou ós xogadores a pesar de ser derrotador por todo un campión de 1ª autonómica. Mereceu moito mais o equipo de Baña, que tuteou ó Xallas e por momentos superouno con claridade, a pesar de xogar 40 minutos con 1 home menos. Unha discutible actuación arbitral do sr. Garitanoaindia Diaz, condicionado polo erro do seu xuiz de banda na xogada do penal, privou á Sd dun resultado mellor. Nos prolegomenos do encontro foi entregada a copa de campión de liga ó conxunto local, homenaxeado co preceptivo pasillo pola Sd Sofán.

XALLAS C.F.: David, Ismael, Pereiro, Pika (Leo, min.70), Álvaro, Brais, Rubén Forján, Jesús, Adrián Beiroa (Roberto, min.40), José Ángel, Adrián Prol.

S.D. SOFAN : Alex, Adrián, Diego, Juanjo, Alberto Pensado, Alemán, Suso Docampo (Roberto Souto, min.85), Pizo, Mario Casal (Miniño, min.52), Luis, Bertín (Edu, min.75).

Goles:
1-0, min.32: Centro de Ruben que Juanjo despeja a corner coa cabeza. Cando o Xallas se dispón a lanzar o corner e ante o asombro dos asistentes ó partido, o linea sinala unhas supostas mans do central sofanista. Brais transforma con frialdade o lanzamento da pena máxima
1-1, min.40: Suso Docampo rouballe a carteira a Pereiro e cando vai a fusilar a David é zancadilleado polo lateral do Xallas. Claro penal que non foi sancionado nin con carton amarelo, cando o vermello non sería descabellado. Bertín iguala a contenda
2-1, min.89: Dudosa falta ó borde da area da SD que José Angel transforma coa sua habitual maestría. Un golazo.

Arbitro: Garitaonaindia Diaz, estorbado nas bandas por Fernandez Iglesias e Rodriguez Penas. Amonestou a Alvaro, Jesus e Prol por parte local, e a Adrian e Mario por parte visitante. Expulsou a Pensado por doble cartón (min.47). Reavivou a polemica de todos os anos na copa pola utilización de liñas, gasto añadido ós clubes que non repercute na calidade do arbitraxe, onte mais ben ó contrario. É un bo arbitro o sr. Garataonaindia, xoven e con marxe de mellora, pero os seus liñas fixeronlle tomar decisións que condicionaron a marcha do encontro.

A Sd xogou a un nivel moi alto dende o inicio. Nos compases iniciais o Xallas levou o peso do partido, con Jesus tomando o mando das operacións, e Ruben Forjan entrando ben por banda dereita. A Sd colocou tres centrocampistas que cerraban os espacios a Prol e Jose Angel, e fiaba o seu ataque ós tres homes de vangarda, Luis, Suso e Bertin. A primeira aproximación foi da Sd, gran internada de Adrian por banda dereita e o seu centro mandouno Luisito un pouco alto. Acto seguido respondeu o Xallas, pero Alex abortou un man a man con Jose Angel. Mario estabase descolgando ben hacia o ataque e creando perigo, e nunha destas un balón longo controlao ben o 9 sofanista, dribla ó porteiro coa axuda de Bertín pero o seu remate case a porta valeira saiu fora. A Sd perderalle o medo ó campión de 1ª, e xa estaba poñendo as cartas enriba da mesa.

O plantexamente de Baña foi moi acertado, e as xogadas de estratexia, un dos grandes perigos xalleiros, foron perfectamente controladas pola Sd. E nesto chegou a xogada que marca o partido, o penalti inventado polo liña, que Brais aproveita para adiantar ó Xallas. Na mesma xogada é amonestado Pensado, que posteriormente sufriria a expulsión. Sen dúbida condicionou o partido esta xogada. Pero reacciónou moi ben o Sofán, e unha pillería de Suso permitiu a Bertin anotar o seu gol de todos os días. Igualada e todos contentos ó descanso.

Nada mais sair dos vestiarios, producese a expulsión de Pensado, e a Sd ten que replantexar a estratexia para xogar don 10 mais de 40 minutos. Sae Miniño a poñer calma na liña defensiva, e o certo é que non pasa problemas a Sd para contener ó Xallas. O equipo local non logra establecer un ritmo alto de partido, e a Sd defendese ben, con Alex moi seguro por alto, e facendo unha gran parada nunha boa xogada de Roberto mediado o segundo tempo. Solo Jesus daba algo de criterio no centro do campo xalleiro, e os seus balóns longos á espalda da defensa foron os que crearon algo de incertidume.

A Sd ainda con 10 estirase cara a porta de David, con Luisito, Suso e Bertin inconmensurables. Unha gran xogada de Luis e Suso rematouna Bertin alto na mais clara ocasión do segundo tempo. Luis tivo unha falta directa que desviou moi ben David. Cando o partido esmorecía e todos parecian conformarse co empate chegou o golazo de falta de José Angel, un verdadeiro pesadelo para os sofanistas, pois sempre marca o seu goliño contra os de Baña.

Queda aberta a eliminatoria para o partido de volta, que se presume apaixoante. O Xallas é un gran equipo, pero a Sd demostrou que pode plantarlle cara. A ver si hai mais sorte o domingo que ven no Carral diante da nosa parroquia.

lunes, mayo 09, 2011

BUÑO C.F. 1 - S.D. SOFAN 2

Por segundo ano consecutivo a SD Sofán acadou o terceiro posto no torneo ligueiro. Os numeros dos sofanistas son moi parecidos os do ano pasado:

TEMPADA 2009 - 2010: 64 puntos, 19 victorias, 7 empates, 8 derrotas, 76 goles a favor e 38 goles en contra.
TEMPADA 2010 - 2011: 63 puntos, 18 victorias, 9 empates, 7 derrotas, 68 goles a favor e 43 goles en contra.

Onte cerrou a tempada cunha victoria en Buño ante o conxunto local, nun partido marcado pola deportividade, con numerosa presencia de afeccionados sofanistas, e a busqueda de Bertin do trofeo Gelucho Romar, pero ó final non puido ser.

Buño: Brais (Añón, min.75), Oscar (Jorge, min.60), Pancho, Angel (Jorge, min.70), Daviciño, Juan (Fernando, min.46), Diego, David, Dourado (Rubén, min.55), Emilio, Víctor.

S.D.Sofán: Alex, Adrián, Gende (Diego, min.46), Pensado (Roberto, min.46), Meniño (Gustavo, min.46), Alemán, Mario (David, min.60), Luís, Bertín, Suso, Edu.

Goles: 0-1, min.10: Bertín de penalti;
0-2, min.20: Edu, dentro da área pola escuadra;
1-2, min.30: David nun rebumbio na área.

O partido foi pouco vistoso, ainda que por momentos se viron xogadas de calidade, especialmente o gol de Edu, un precioso tanto. Bertin tivo ocasións abondo para anotar 3 ou 4 goles pero quedouse con un so tanto. Nos prolegómenos do encontro a directiva do Buño homenaxeou de maneira merecia a tres dos seus xogadores, Diego, Victor e Emilio. Foi o último partido ligueiro de David Baña como adestrador da SD, pois tras 3 tempadas no equipo abandonará a institución sofanista ó finalizar a actual edición da copa da costa. A eliminatoria que comenzará o próximo fin de semana contra o Xallas presentase apaixoante.

COPA DA COSTA: SP. ZAS 0 - S.D. SOFAN 2

Non tivo maiores problemas a SD para solventar a eliminatoria no campo de San Andres. O dominio visitante foi total e se non chega a ser pola inoperancia ofensiva dos de Baña e a actuación do gardameta Luis de la Peña, a goleada puido ser mais abultada.


S.D. SOFAN - Meniño (José Ramón, min.75), Roberto, Diego (Gustavo, min.60), Gende, Pensado (Mario, min.70), Alemán, Pipo, David (Edu, min.60), Adrián, Suso Docampo (Bertín, min.46), Luís.
SP. ZAS - Luís De la Peña, Amado, Diego Muíño, José, Kiko, Jorge, Churía (Víctor, min.62), Juan, Pastor (Kevin, min.70), Mancebo, Ramón (Quintáns, min.62).

GOLES:
0-1, min.30: Suso Docampo remata dentro da area unha boa xogada de Adrian;
0-2, min.78: Luís de forte disparo cruzado.


Claro dominio da Sd durante todo o encontro. Antes do gol o propio Suso tivo unha clara ocasión nun remate ó longueiro que botou dentro da porteria, non sendo apreciado polo colexiado o claro tanto. O primeiro gol fixo que o Zas baixase definitivamente os brazos, e a partir de ahi viuse un partido limpo e sen tensión, sucedendose as ocasións diante da meta de Luis, a mais clara un tiro de David Pensado a porta valeira que sacou un defensa baixo paos.

O segundo tempo foi un monologo visitante, con sucesivas ocasións que non entraron por falta de pericia dos visitantes. Luis, un dos mellores do encontro, anotou o definitivo tanto. As notas mais positivas foron as reaparicións de Gustavo e José R., que despois da sua rotura de tibia fai case 7 meses volvia a vestir a camiseta sofanista.

lunes, mayo 02, 2011

S.D. SOFAN 6 - UNION VIMIANZO 0

Tramite no Carral o de onte pola tarde. Un Union xa descendido veu con 11 homes xustos e plantexou un partido típico entre dous equipos que non se xogan nada.

S.D. SOFAN: Alex, Manolo Varela, Gende, Juanjo (Alberto Pensado, min.46), Miniño (Roberto Souto, min.65), Mario (Pizo, min.46), Diego, Adrián, Edu, David Pensado (Suso Docampo, min.46) e Bertin.

UNION VIMIANZO: Damian, Suso, Amarelle, Camilo, Maikol, Iván de Treos, Arán, Iván de Baiñas, Lagoa, Sergio de Dumbría e Vilaseco.

Arbitro: Brea Sanchez.

Goles:
1-0, min.20: Bertin;
2-0, min.55: Suso Docampo;
3-0, min.65: Pizo;
4-0, min.70: Suso Docampo;
5-0, min.79: Suso Docampo;
6-0, min.83: Bertín.

Saiu ben o Union, aproveitando a pasividade sofanista e o baixo ritmo de xogo. Lagoa e Vilaseco combinaban con perigo e acercaronse un par de veces á area de Alex. Por parte da SD, Mario e Bertin, o primeiro coa resaca goleadora copeira, e o segundo na sua loita por alcanzar o pichichi, eran os mais incisivos de cara á meta de Damian. Bertin anotou o primeiro da tarde pero marrou outra ocasión case na liña de gol de maneira incomprensible, e Mario fallou outra infallable. Damian comenzou o seu recital que o levou a ser o xogador mais destacado a pesar da goleada.

O segundo tempo foi un paseo da SD, e a punteria de Suso Docampo fixo o resto. Porque a portentosa actuación de Damian evitou que a goleada fora de escandalo. O gardameta fixo 4 ou 5 intervencions de moito mérito, e Alex no outro lado evitou goles cantados de Lagoa ou Ivan. Nun ambiente de relaxación discurriu todo o encontro, no que os afeccionados disfrutaron de xogadas meritorias dos homes da SD.

COPA DA COSTA: S.D. SOFAN 5 - SP. ZAS 2

Partido de ida de 16º de final da Copa da Costa, disputado na tarde do sábado no campo do Carral diante dus 150 afeccionados, que disfrutaron dun choque tipicamente copeiro, con alternativas, goles e emoción.

S.D. SOFAN: Alex, Roberto Souto, Juanjo, Alberto Pensado, Miniño, Diego (Gende, min.85), Alemán, Pizo (Edu, min.50), Suso Docampo, David Pensado, Mario Casal.

SP. ZAS: Luís De la Peña, Amado (Kevin, min.60), Pepe, Mancebo, Adrián Torres, Jaime (Ramón, min.75), Esteban de Baíñas, Churían, Diego de Muíño, Javi Suárez, Juan Touriñán (Víctor, min.50).

Arbitro: Sanchez Lago, que amonestou a Diego por parte local, e a Amado, Mancebo, Esteban e Pepe por parte visitante.

Goles:
1-0, min.5: Mario de remate cruzado;
2-0, min.15: Diego de penalti cometido sobre David Pensado;
2-1, min.35: Javi Suárez de vaselina ante a saida de Alex;
2-2, min.55: Javi Suárez dispara dende fora da area, o balón bate en Pensado e colaselle a Alex;
3-2, min.65: Mario de falta directa;
4-2, min.70: Mario tras regatear ó gardameta visitante;
5-2, min.87: Edu ante a saida de Luis.

A pesar das múltiples baixas, saiu a SD con un ritmo moi alto de xogo, acosando a portería visitante, e na primeira ocasión Mario, que formou de dianteiro, anotou o primeiro tanto. Pouco despois David Pensado, un pesadelo para a defensa do Zas, mandou o balón ó traveseiro, e na segunda ocasión que tivo forzou un claro penalti que era merecedor de mais que carton amarelo. Diego non fallou e a Sd vencia 2-0 ós 15 minutos.

O Sp.Zas, lonxe de virse abaixo, comenzou a meterse no encontro. A xuventude imperante nas suas filas viuse superada no primeiro cuarto de hora, pero cando perderon o medo comenzaron a xogar de ti a ti á Sd. O dianteiro Javi Suarez, o mellor dos visitantes, creaba perigo en cada acción, e Esteban e Amado probaron sorte en disparos dende fora da area. Nun fallo de concentración da zaga local Javi anotou o 2-1.

A SD a partir deste gol, volveu a ter o dominio, e marrou antes do descanso catro clarisimas ocasións. Xurdiu a figura de Luis de la Peña, que parou de maneira incrible mans a mans a Mario, Diego e Suso Docampo. Parecia mentira que a SD so levara un gol de ventaxa ó descanso.

Sairon os locais algo dormidos no segundo tempo, e Javi Suarez aproveitou para igualar a contenda. Pero despertou á bestia dormida, pois a SD realizou unha operación de acoso e derribo ante a meta de Luis que acabou en tres tantos mais , podendo ter caido ainda un par deles a maiores. Suso Docampo marrou un par de clarisimas ocasións, Mario Casal, a pesar da sua afortunada tarde de cara a gol ainda tivo tempo de botar alto un balón na misma liña de gol. O debutante Edu estivo moi ben, creando perigo en todas as accións e rematando a sua actuación con un bonito gol a pouco do final.

Vaise a Sd a Zas con un resultado moi bo, pero non conven que se fien os homes de Baña, pois os de Alvite demostraron que teñen calidade e desparpaxo para nunha boa tarde complicarlle a vida a calquera.