domingo, marzo 30, 2008

MONTELOURO U.D. 0 S.D. SOFAN 3

Gran victoria da SD no campo da Gandara, nun dia que habia que dar a cara, e todos os homes de Chema, sen excepcion, se partiron o peito e levaron unha merecida victoria que os situa a un paso da salvacion.

MONTELOURO UD - Juan Carlos (Ismael m.87), Cesar, Juan C.(Pedro m.45), Gael, Tono, Pulpo, Eloy (Alex m.67), Edu, Piti (Raul m.65), Cexo, Riki.
SD SOFAN - Jose Ramon, Victor, Gustavo (Oscar m.89), Juanjo, Gende, Pizo, Baneira, Bertin (Jose m.87), Cristian (Adrian m.60), Suso Docampo e Eloy (Berti m.65)

ARBITRO: Borja Sanchez Lago, que amonestou a Pulpo por parte local.

GOLES: 0-1 m.41 Combinacion matematica entre Cristian, Eloy e Suso que termina cun pase de Eloy a Cristian que marca a porteria vacia. 0-2 m.82 Balon en profundidade a Suso que resolve cunha practica vaselina 0-3 m. 87 Falta que bota Pizo en largo hacia Adrian, este faille un traxe ó defensa e define de punteira ante a saida de Juan Carlos.

Partido de nervios e tension o de hoxe pola tarde no bando visitante, que se resolveu positivamente debido a actitude demostrada polo equipo, que xogou un encontro moi intelixente consciente da importancia dos puntos en xogo. Saiu a SD presionando ó seu rival, e no min.3 non se dou validez a un gol de Cristian por sacar unha falta moi rapido. Estaban moi concentrados os visitantes e no minuto 10 un agarron a Baneira nunha xogada a balon parado é sinalada como penalti, pero Juan Carlos, o mellor do seu equipo, detivo a pena maxima. Desperezouse un pouco o Louro e primeiro Riki lanzou alto dende fora da area, e logo un libre indirecto sinalado na area da SD foi lanzado por Piti parando Jose Ramon. A SD retomou o mando e un centro pasado de Gustavo foi rematado por un defensa do Louro cara a sua porteria, facendo Juan Carlos unha gran parada, e na seguinte xogada Suso mandou fora un man a man co porteiro. O gol parecia que ia chegar en calquera momento na porteria local, pero antes tivo o Louro as mellores ocasions do partido: na primeira unha internada de Cexo acabou con un remate alto de Eloy a porteria vacia, e na seguinte Pulpo enviou ó longueiro un remate o saque dun corner. Nesto anotou Cristian, e ainda Suso puido marcar noutra clara ocasion que salvou maxistralmente Juan Carlos.

O segundo tempo foi de menos oportunidades, pois o Sofan administrou ben a renta, ainda que o Louro levou o peso do partido. Rematou Piti sen angulo a pouco de comenzar pero detivo Jose R.sen problemas. Nestes minutos Cexo mostrouse moi activo pero a defensa visitante amarrou ben ó capitan. Posto o candado na porta propia, e con un mediocampo moi traballador, era cuestion de minutos que o segundo gol chegara, pois as contras da SD eran moi claras. Nunha delas chegou a sentencia por parte de Suso. Pouco despois lesionase Cristian, un pesadelo para a defensa local, pero o seu recambio, Adrian, anota o terceiro gol. Ainda tivo Suso outra clara ocasion pero o marcador xa era suficiente.

Con este resultado e o do Esteirana - Porteño, a SD elude a terceira plaza de descenso, e solo resta sacar un puntiño contra o Corme no ultimo partido para decir adios de maneira matematica ó fantasma da Terceira Rexional.

domingo, marzo 16, 2008

S.D. SOFAN 1 ESTEIRANA 3


Decepción na parroquia sofanista, que viu como o seu equipo non foi capaz de puntuar ante a Esteirana e se complica a permanencia, algo que parecía impensable fai unhas xornadas. En tarde gris alinearon os equipos a:

SD SOFAN - Jose Ramon, Victor Docampo, Gustavo (José m.77), Juanjo, Baneira, Pizo, Adrian, Bertin, Cristian, Suso Docampo e Berti (Eloy m.69)

ESTEIRANA CF - Luqui, Chispi, Mingos, Pablo, Adelino, Martin (Pepe m.65), Jano (Damian m.83), Manolo, Alberto, Iago (Alejandro m.61) e Kike.

ARBITRO: Garcia Bestilleiro. Amonestou a Pizo por parte local e a Pepe, Iago, Adelino e Pablo por parte visitante.

GOLES: 0-1 m.39 boa combinación da dianteira do Esteirana pola banda dereita que culmina Manolo cun gran remate cruzado 1-1 m. 49 Adrian pugna coa defensa visitante por un balon que acaba nunha extrana vaselina que se cola na meta de Luqui. 1-2 m.72 Balon á espalda da defensa local, Kike rompe o fora de xogo e cede o balon a Alberto para que marque a placer. 1-3 m.80 Trallazo de Manolo que se cola irremisiblemente na porta de Jose Ramon.

O partido de hoxe é un claro exemplo de que o equipo que ten o balon a maior parte do tempo non sempre gana o partido. Iso lle ocorreu á SD, que levou a iniciativa en todo momento pero os seus homes non viron porta como en outras tardes. Sen embargo, os visitantes, ben armados atras, montaron unhas letales contras que trouxeron en xaque á defensa local. A rapidez dos seus homes punta, Kike e Alberto, foi determinante. Kike sen dubida dou mostras da sua calidade en todo momento, e incluso lle foi anulado un gol cando o partido xa esmorecia.

O primeiro periodo foi de dominio local, cargando moito o futbol pola banda dereita, onde Adrian se mostrou moi incisivo, pero as ocasións non foron moi claras. Sen embargo, a Esteirana en un par de rapidas xogadas meteu o medo no corpo da SD. O gol a pouco do descanso foi un xerro de auga fria ás aspiracions do Sofan de ter unha tarde tranquila de futbol.

O empate a pouco da volta dos vestiarios pareceu que calmou os animos sofanistas, que xogaron en ese momento os seus mellores minutos, entrando con fluidez por bandas, e dominando o balon no medio do campo, pero o segundo gol non entrou. A poblada defensa visitante rexeitaba unha e outra vez os centros e disparos dos locais, e asi, tanto Suso como Adrian ou Bertin non poideron materializar sendas ocasion de gol. O mazazo chegou nunha nova contra: Kike xa avisara un pouco antes nunha xogada que rexeitou Jose Ramon con apuros, e desta vez puxolle o gol en bandexa a Alberto. Para desesperacion local chegou pouco despois o terceiro, que sentenciou o partido.

Quedan dous partidos para acabar a liga, e a SD está obligada a vencer para amarrar a permanencia. Louro e Corme son os obxectivos.

domingo, marzo 09, 2008

CAMARIÑAS 0 SD SOFAN 0

Moi peleado o punto que colleitou a Sd na tarde de onte no campo municipal de Vimianzo, contra un Camariñas correoso que non dou o seu brazo a torcer. Tras un primeiro periodo aburrido e de pouco futbol, as ocasions e a polemica chegaron despois do descanso.

CAMARIÑAS:Marcos, Javier, Pablo, Valeiro, Nando, Moriño, Dario, Robertito, Pedro, Alex Camean (Brais T. m.63), Brais Casal (Tedin m.89).
SD SOFAN:Jose Ramon, Victor, Oscar, Juanjo, Baneira, Pizo, Adrian, Bertin, Cristian, Suso Docampo e Berti

ARBITRO: Ferreño Presedo, que amonestou a Nando, Dario, Pedro, Alex e Brais Casal por parte local, e a DAvid Baneira por parte visitante.

No primeiro acto viuse o peor futbol da tarde, con dous equipos que pelexaban cada balon coma se lles fose a vida, e coas defensas impoñendose ós ataques. O xogo desenrolouse principalmente no medio do campo onde a loita se centrou nas parexas Moriño-Robertito e Pizo-Bertin. No m.37 un remate de Valeiro foi rexeitado por Jose Ramon nunha gran parada, e pouco despois unha contra levada por Bertin acabou nun tiro deste que non foi gol de milagro.

Ó inicio do segundo tempo chegou a ocasion mais clara para o Camariñas: tras unha xogada de Dario este cedelle o balon a Pedro que case sen oposicion envia o balon ós pinos. No min. 54 un bo tiro de Pizo toca nun defensa e sae fora por pouco, e dous minutos despois Adrian marra un man a man diante do porteiro. Cristian repite esta accion no 67, nunha das mais claras ocasions do partido. No treito final apareciu de novo a figura de Jose Ramon para sacar unha gran man a tiro de Dario e pouco despois realizar outro paradon a tiro de Pedro. No min. 76 reclamouse un penalti na area visitante por falta de Baneira, e na contra anulouse un gol a Cristian por fora de xogo dubidoso. Resultado xusto e a ver se este punto da tranquilidade na SD para afrontar o definitivo partido coa Esteirana do domingo que ven.

domingo, marzo 02, 2008

S.D. SOFAN 2 FISTERRA SD 4

Duro correctivo o que recibiu na tarde de hoxe a Sd no campo do Carral. Foi derrotada por un gran Fisterra, que se mostrou como un equipo serio e con calidade na parte ofensiva. Dia soleado en Sofan, co cesped en magnifico estado e aproximadamente 100 espectadores nas gradas.

SD SOFAN - Jose Ramon, Victor, Gustavo (Oscar m.73), Juanjo, Gende (Varela m.66), Pizo, Adrian, Marcial (Cristian m.66), Eloy, Bertin e Suso Docampo (Berti m.73).
FISTERRA SD - Rafa, Roco, Borja, Jesus (Santos m.63), Chula, Xusto (Eduardo m.67), Rodri (Jose Manuel m.74), Roa, Isma (Tolo m.77), Manuel e Rivas

ARBITRO: Sanchez Garcia, que amonestou a Victor, Gustavo, Adrian e Eloy por parte local e a Borja, Jesus, e Ismael por parte visitante. Expulsou a Chula no minuto 80 por doble amonestación.

GOLES: 1-0 m.10 Suso recibe de espaldas e deixa para Adrian que de gran dereitazo bate a Rafa 1-1 m.21 Contra do Fisterra pola banda dereita, centro de Roa e Rivas dende o punto de penal empalma un zurdazo ante o que nada pode facer Jose Ramon 1-2 m.33 Internada de Roa pola banda dereita e cruza ante a saida de Jose Ramon 1-3 m.57 Balon en profundidade a Roa que eleva ante a saida de Jose Ramon. 1-4 m.65 Roa firma o seu terceiro gol nunha nova contra 2-4 m. 84 Berti saca un gran dereitazo dende o borde da area que entra axustado ó pao dereito da meta fisterrá.

Vaia debacle da SD no momento clave da tempada, cando podia deixar sentenciada a permanencia nun partido no que pronto se puxo por diante pero foi incapaz de administrar esa tempraneira renta. Os primeiros 20 minutos foron da SD, con un xogo moi vertical que propiciou o primeiro gol, e pouco despois outra gran ocasion en combinacion de Suso e Eloy que detivo Rafa en primeira instancia e o rexeite posterior nin Suso nin Bertin foron capaces de transformar en gol. Replicou o Fisterra cunha gran xogada de Isma que centrou para Manuel Cartamil, e este rematou en plancha de maneira espectacular. Tras o empate Victor Docampo cometeu penalti sobre Isma, que Roa transformou, pero o colexiado mandou repetir e no segundo intento o mesmo xogador mandou o balon alto. Casi era mellor que o metese, pois debeuse cabrear e converteuse no xogador clave do partido anotando tres tantos. Co 1-2 foise ó descanso.

No segundo tempo a SD saiu con un pouco mais de impetu que no primeiro, pero non xeneraba suficiente futbol para facerlle dano á segura zaga fisterrá, comandada por un Chula moi sobrio toda a tarde. O terceiro e cuarto gol sentenciaron o partido, e a partir de ahi o Sofan xogou mais tranquilo, conscientes de que o partido estaba perdido, e foron estes os momentos de mellor futbol dos locales, que xogaron casi con 5 dianteiros, anotaron o segundo gol, e un terceiro de Cristian de chilena que o colexiado anulou,
ademais de xerar numerosas ocasions de gol ante un Fisterra algo relaxado que via a victoria no peto. Concluiremos que a victoria dos visitantes foi xusta, merced ó seu bo xogo de contragolpe, e que a SD terá que dar o callo o sabado contra o Camariñas se non se quere ver inmerso en marexadas de ultima hora.