Enlace da entrevista :
http://www.quepasanacosta.com/?p=8648
viernes, agosto 12, 2011
miércoles, agosto 10, 2011
S.D. SOFAN 3 - QUEIXAS 0
Partido de pretempada disputado no campo do Carral en tarde n
oite moi soleada ante escaso publico. O equipo de Vicente Garcia logrou marcar os primeiros tantos da tempada e levarse o partido con solvencia no segundo tempo despois dunha primeira parte moi igualada.
S.D. SOFAN - Richard, David Velo, Gustavo, Pensado, Juan Rabuñal, Aleman, Eloy, Suso Docampo, Jacobo, Edu e Mario Casal. Tamen xogaron Roberto Souto, Diego, Ivan Rey, ADrian, Berti, Victor Docampo, Abel e Pizo.
QUEIXAS - Pallas, Chuco, Romero, Compi, Maka, Minguilla, Ruben, Alex, Pichurri, Rubio e Damian. Tamen xogaron Miki, Luis, Alvaro e Alex II.
GOLES.
1-0 55´gran
xogada de Ivan Rey pola banda dereita que acaba en claro penalti. Suso Docampo transforma o maximo castigo
2-0 67´Abel define con facilidade unha das suas habituais escapadas.
3-0 71´Mario Casal tras driblar ó porteiro a porta valeira.
Foi trabado o primeiro tempo, coas defensas impondose ás dianteiras. A Sd tivo as primeiras ocasións claras por medio dos xóvenes Eloy e Edu. Na parte visitante Rubio e Minguilla xeraban perigo diante dun seguro Richard. O primeiro tempo discurriu con moito centrocamp
ismo e sin claridade de ideas.
A entrada dos homes de refresco no segundo tempo doulle unha clara superioridade á sd neste acto. Pizo mandaba no medio do campo. Adrian e Victor facian da banda dereita un pasillo de constante perigo. Abel por banda esquerda era un pesadelo, e Ivan Rey facia diabluras na media punta. Unha xogada do de Guntián foi a orixe do 1º gol da tempada. Mario Casal fallou a porta valeira outra clara ocasión e Victor Docampo mandou un balón á cruceta. Os goles acabaron entrando e a victoria local foi clara.
martes, agosto 09, 2011
A S.D. A SANXENXO: Sabado 14 ás 19.00 horas, DENA vs S.D. SOFAN
Desplázase o domingo a Sd Sofán a Sanxenxo a disputar un amigable co equipo local, o Dena. A cinco minutos da praia da Lanzada,e a 10 km do casco urbano de Sanxenxo, a tranquila localidade invitou á Sd Sofan ó I Trofeo Campo das Cachizas. O Dena é un dos equipos poderosos da 2ª autonómica da zona, e estivo a un palmo de ascender o ano pasado a 1ª autonómica. Disputa os seus encontros nunha magnífica instalación de herba sintética que probarán os xogadores de Vicente Garcia o domingo pola tarde, a partir das sete horas. Os afeccionados que se queiran desplazar co equipo poden reservar unha das 50 invitacions que o Dena cedeu amablemente á Sd Sofan
.
domingo, agosto 07, 2011
S.D. SOFAN 0 - CLUB DO MAR 2
O Club do Mar levou o Trofeo das festas de Sofán ó derrotar ó equipo local por 2-0. Gran asistencia de publico no Carral, con mais de 300 afeccionados, pois habia levantado unha gran expectacion o encontro entre dous dos mellores equipos
costeiros.
S.D. SOFAN - Richard, David Velo, Diego, Juan Rabuñal, Pensado, Aleman, Eloy Boedo, Suso Docampo, Edu, Victor Docampo e Berti. Tamen xogaron Jose R., Ivan Rey, Juanjo, Roberto Souto, Abel, David Pensado e Jaco
bo.
CLUB DO MAR - Iago, Chori, Fran Borrazas, Ruben Garcia, Chechu, Juan Lareo, Repi, Bertin, Jacobo, SAnti Silva e Vituco. Tamen xogaron Borja, Isaac, Pablo Corral, Luis Lareo, Alberto, Tonecho, Manu e Brais.
GOLES:
0-1 16´escapada de Santi Silva por velocidade e o coruñés define con maestria ante Richard.
Partido mais propio do mes de decembro que de pretempada, con dous equipos que dende o inicio xogaron a un altisimo ritmo e mostraron as suas armas de cara ó inicio ligueiro. O Club do Mar demostrou o porque da sua candidatura o titulo costeiro este ano, con un equipo moi compacto, cargado de individualidades na zona atacante. Os locais , con un Eloy moi activo nos primeiros minutos, presionaron con vehemencia pero costoulles chegar á area con perigo. E como soe pasar nestos encontros tan igualados, un erro defensivo serviu en bandexa o primeiro gol da tarde a Santi Silva. O xoga
dor apenas estivo no campo media hora pero bastoulle para demostrar a sua calidade. Estivo algo despistada a Sd durante este treito de partido, e o Club do Mar adueñouse da pelota. Jacobo Campo tivo outra boa ocasión pero enviou o balón fora cando se atopaba en inmellorable posicion para marcar. Diego tivo a única da Sd nun disparo lonxano que se foi fora por pouco.
Cos cambios non baixou o nivel, ambos equipos estaban moi motivados, e incluso no segundo tempo houbo algun que outro roce impropio de partidos amistosos. A Sd levou o control do balón atacando hacia o muro, pero a defensa visitante estivo moi segura
, e os de Repi lanzaron perigosas contras. Neste acto as ocasións mais claras foron para a Sd, sobre todo unha de David Pensado que tras gran xogada individual non foi quen de superar a Borja na sua saida. Jacobo lanzou unha falta a rentes do pao, e un par de saques de banda sembraron o panico na area do Club do Mar, que aguantou perfectamente o resultado con solvencia propia da veterania dos seu homes e levou o trofeo para Caion.
viernes, agosto 05, 2011
1ª xornada de liga: O PINDO - S.D. SOFAN
Xa se realizou na sede da Federación Galega de Fútbol o sorteo do calendario para a tempada 2011/2012. A sorte deparou u
n O Pindo - S.D.Sofán na xornada inaugurál, do día 04/09/11. O calendario completo queda como segue:
Xornada 1. O Pindo - Sd
Xornada 2. Sd - Baio
Xornada 3. Camariñas - Sd
Xornada 4. Sd - Buño
Xornada 5. Sd - Corme
Xornada 6. Club do Mar - Sd
Xornada 7. Sd - Malpica
Xornada 8. Fisterra - Sd
Xornada 9. Sd - Esteirana
Xornada 10. Dumbria B- Sd
Xornada 11. Sd - Zas
Xornada 12. Muros - Sd
Xornada 13. Sd - San Lorenzo
Xornada 14. Mazaricos - Sd
Xornada 15. Sd - Nanton
Xornada 16. Castriz - Sd
Xornada 17. Sd - Corcubion
Xornada 1. O Pindo - Sd
Xornada 2. Sd - Baio
Xornada 3. Camariñas - Sd
Xornada 4. Sd - Buño
Xornada 5. Sd - Corme
Xornada 6. Club do Mar - Sd
Xornada 7. Sd - Malpica
Xornada 8. Fisterra - Sd
Xornada 9. Sd - Esteirana
Xornada 10. Dumbria B- Sd
Xornada 11. Sd - Zas
Xornada 12. Muros - Sd
Xornada 13. Sd - San Lorenzo
Xornada 14. Mazaricos - Sd
Xornada 15. Sd - Nanton
Xornada 16. Castriz - Sd
Xornada 17. Sd - Corcubion
miércoles, agosto 03, 2011
lunes, agosto 01, 2011
SAN MARTIÑO 0 - S.D. SOFAN 0
Primeiro
partido de pretempada disputado no campo anexo do Roxo de Cerceda, ante o equipo do San Martiño da Silva, dirixido por Pol, e con vellos coñecidos do fútbol carballés nas súas filas, como Toñito, Javi Gonzalez, José Manuel, Vicente ou Gonzalez, así como o ex sofanista Alex. Encontro típico de pretemporada, cos dous equipos mais preocupados de facer probaturas e ver a evolución dos novos xogadores que no resultado do encontro.
A Sd alineou a:
Richard, Juanjo, David Velo, Roberto Souto, Diego, P
ensado, Eloy Boedo, Ivan Rey, Edu, Suso Docampo e Jacobo. No segundo tempo xogaron tamen Juan Rabuñal, Gustavo, Adrian, Victor Docampo, Aleman, David Pensado, Abel e Berti.
O obxectivo do mister de traballar conceptos defensivos, de presión e de circulación de balón quedaron sobradamente cumplidos. Os xovenes xogadores sofanistas traballaron a destajo no primeiro tempo, e accións de calidade de Ivan Rey, Jacobo, Edu, Eloy e Suso levaron o perigo á meta defendida por David Castro, que fixo a parada da tarde a tiro de Jacobo. Eloy rematou de cabeza ó longueiro nunha das mais claras ocasións e Pensado e Suso ensaiaron o disparo sin fortuna neste primeiro acto. A porteria de Richard a penas pasou por apuros.
No segundo tempo cos cambios e a calor o ritmo baixou, e a Sd levou con maior insistencia o dominio do xogo, pero con pouca profundidade. Un par de arrancadas de Abel e un disparo de Eloy foron do mais destacado. A volta o equipo de Victor Docampo dou
as mellores sensacións neste intervalo, así como o rendemento xa coñecido de Alemán ou Juan Rabuñal.
O proximo sabado unha nova proba ante o Club do Mar de Caion no trofeo das festas de Sofán.
lunes, julio 25, 2011
PRESENTACIÓN DA S.D. SOFAN
Presentouse o viernes pasado a Sd Sofan 2011/2012 nun acto no campo do Carral. O plantel, que este ano ten a novedade no banquiño do tandem Vicente Garcia - Jesus Miniño, xa leva un par de sesións de adestramento con vistas a prepararse da mellor maneira posible para a tempada tan intensa que se aveciña.
Para iso confeccionouse un calendario exigente de pretemporada, que é o que segue:
30 de julio: San Martiño - S.d. Sofan
6 de agosto: S.d. Sofán - Club do Mar. TROFEO DAS FESTAS DE SOFÁN
9 de agosto: Laracha - S.d. Sofán partido sen confirmar
14 de agosto: Dena, de Sanxenxo - S.d. Sofán
21 de agosto: Torneo de Ponteceso - Ponteceso, Corme, Laxe e S.d. Sofán.
27 de agosto: Cabana - S.d. Sofán.
DATOS DO CLUBE:
ANO DE FUNDACION - 1979
PRESUPOSTO - 20.500 €
SOCIOS - 517
CAMPO DO CARRAL
O plantel que afrontará a categoría de 2ª autonómica este ano é o composto por:
PORTEIROS:
Jose R. Rodriguez Fariña. 23 anos.5ª tempada no clube.
Richard Cotelo Vilanova. 28 anos. 1º ano no clube. Procede do Paiosaco.
Carlos Tojeiro Doldan. 37 anos. 4 ª tempada no clube.
DEFENSAS:
Ivan Rey Calviño. 20 anos. 1ª tempada no clube. Procede do San Lorenzo.
David Velo Garcia. 30 anos. 1ª tempada no clube. Procede do Ponteceso.
Juan Jose Rabuñal Diaz. 36 anos. 2ª tempada no clube.
Roberto Souto Garcia. 29 anos. 3ª tempada no clube.
Juanjo Rey Arijon. 34 anos. 14ª tempada no clube.
Marcos Gende Periscal. 29 anos. 6ª tempada no clube.
Gustavo Eiris Becerra. 29 anos. 14ª tempada no clube.
Diego Fernandez Santos. 27 anos. 4º ano na sd.
CENTROCAMPISTAS:
Jose Antonio Gesto Regueiro, Aleman. 28 anos. 3º ano na sd.
Jose Alberto Pensado Eiroa. 34 anos. 3º ano na sd.
David Arijón Vigo, Pizo. 27 anos. 6º ano na sd.
Eloy Boedo Novo. 19 anos. 1º ano no clube. Procede do At. Arteixo.
Mario Casal Rellan. 30 anos. 4º ano na sd.
Adrian Garcia Varela. 24 anos. 5º ano na sd.
Victor Docampo Blanco. 30 anos. 11º ano na sd. Volve o clube tras un ano sin xogar.
DIANTEIROS:
Suso Docampo Blanco. 32 anos. 12º ano na sd.
Edu Miranda Torrecilla. 19 anos. 1º ano na sd. Procede do Laracha.
David Pensado. 26 anos. 2º ano na sd.
Jacobo Boedo Novo. 26 anos. 3º ano na sd.
Abel Souto Cores. 22 anos. 3º ano na sd. Volve ó clube porcedente do At. Arteixo.
Albeto Lorenzo Suarez, Berti. 26 anos. 5º ano na sd. Volve ó clube procedente do Buño.

viernes, julio 22, 2011
BERTIN DESPIDESE DA AFECCIÓN TRAS FIRMAR NO CLUB DO MAR
Bertin Abelenda Cabeza deixou a Sd. Despois de 6 anos dan
doo todo polas cores vermellas do clube presidido por Liso Docampo, o xogador sucumbiu a unha poderosa oferta económica presentada polo Club do mar, que apostou moi forte polo xogador, e conqueriu levalo para xogar ó lado de Repi, Vituco e cia este ano.
¿por que decidiches unirte ó proxecto do club do mar?
bueno decidinme a ir porque me presentaron un gran proxecto e ilusionante pa esta tempada,ademais do interes que mostrou repi en que fora unirme ali con eles.
¿que esperas desta tempada nun novo equipo tras 6 anos na sd sofan?
espero conseguir facer unha boa tempada e cumplir os objetivos que marquen desde a directiva,ademais de facer novas amistades que realmente e o bonito que ten o futbol.
¿que deixas atras ó marcharte da sd?
pois deixo moitas amistades,moitos momentos bos.

¿cales foron os mellores recordos destos 6 anos en sofan?
mellores momentos,bueno eu diria que todos os partidos que ganamos porque son realmente dos que te acordas mais
¿como ves a liga da costa este ano, quen son os favoritos para ti?
bueno, pois mais ou menos os equipos do ano pasado,camariñas,sofan,castriz,club do mar,muros.......
¿que lle queres decir a aficion, directiva e xogadores da sd, que van a sentir moito a tua marcha?
darlle as gracias a todos,tanto directiva e aficion por portarse tan ben,e os compañeiros, que son os mellores...
doo todo polas cores vermellas do clube presidido por Liso Docampo, o xogador sucumbiu a unha poderosa oferta económica presentada polo Club do mar, que apostou moi forte polo xogador, e conqueriu levalo para xogar ó lado de Repi, Vituco e cia este ano.¿por que decidiches unirte ó proxecto do club do mar?
bueno decidinme a ir porque me presentaron un gran proxecto e ilusionante pa esta tempada,ademais do interes que mostrou repi en que fora unirme ali con eles.
¿que esperas desta tempada nun novo equipo tras 6 anos na sd sofan?
espero conseguir facer unha boa tempada e cumplir os objetivos que marquen desde a directiva,ademais de facer novas amistades que realmente e o bonito que ten o futbol.
¿que deixas atras ó marcharte da sd?
pois deixo moitas amistades,moitos momentos bos.

¿cales foron os mellores recordos destos 6 anos en sofan?
mellores momentos,bueno eu diria que todos os partidos que ganamos porque son realmente dos que te acordas mais
¿como ves a liga da costa este ano, quen son os favoritos para ti?
bueno, pois mais ou menos os equipos do ano pasado,camariñas,sofan,castriz,club do mar,muros.......
¿que lle queres decir a aficion, directiva e xogadores da sd, que van a sentir moito a tua marcha?
darlle as gracias a todos,tanto directiva e aficion por portarse tan ben,e os compañeiros, que son os mellores...
lunes, julio 18, 2011
Charla ós empresarios da parroquia.
O
pasado viernes reuníronse no Centro Social de Sofán os directivos da Sd cos empresarios da parroquia de Sofán. Unhas 40 persoas asistiron á charla impartida por Marcos Gende e Manuel Varela na que se lles explicou ás empresas que apoian de maneira incondicional ó clube os logros conqueridos estes últimos anos e o camiño que se pretende seguir na tempada que se iniciará en breve. O Concello de Carballo estivo tamen representado polo concelleiro de deportes Marcos Trigo.
O centro e punto mais importante da charla foron os proxectos inmediatos que ten que afrontar a Sd, como son seguir traballando na mellora da instalación deportiva d
o Carral, e a creación de equipos de categorías inferiores. A directiva sofanista solicitou un esforzo ós empresarios nesta época de tan dificiles circunstancias económicas.
O
mesmo tempo informouse coa total aprobación da xente alí presente sobre a continuidade da politica de amateurismo deportivo, pois non se invertirá un euro no pago a xogadores para que se incorporen ó clube, senon que o pouco ou moito que se conquira estará destinado á mellora dos servicios e infraestructura do clube, como se ven facendo os ultimos 14 anos.
lunes, julio 11, 2011
Dous homes para a banda dereita: David Velo e Ivan Rey
Presentáronse o pasado viernes no campo do Carral duas novas incorporacións da Sd para a tempada 2011/2012. Tratase de David Velo e Ivan Rey, dous polivalentes xogadores que veñen a reforzar a banda dereita do equipo de Vicente Garcia.
Ivan Rey, oriundo de Sofán, é unha vella obsesión do equipo presidido por Liso Docampo. De familia moi ligada ó clube, o rapaz de 20 anos chega ó clube da súa parroquia despois de formar toda a súa vida deportiva nas categorias inferiores do Bergantiños, onde se mostrou como un dos xogadores mais prometedores das últimas remesas de futbolistas de Carballo. A última tempada formou cedido no clube veciño o San Lorenzo de Verdillo, mostrando a súa calidade polos campos da costa. Ivan xoga tanto de lateral como de interior dereito, explotando as suas grandes virtudes, a calidade e a velocidade. O corpo técnico ten grandes esperanzas depositadas na súa explosión como xogador verdadeiramente importante na liga.
Cerra así a Sd a buscada renovación en idade do plantel, coa contratación de tres xovenes valores, Edu - que xa disputou os ultimos partidos da campaña pasada- , Eloy Boedo e Ivan Rey. Entre os tres non suman mais que 58 anos de idade e supoñen o futuro do clube, no que esperamos que disputen moitos partidos a partires de agora.
David Velo, de 29 anos, ven a reforzar o posto de lateral dereito, algo coxo de efectivos a tempada pasada. O xogador, con amplia traxectoria na liga da Costa, distinguese polas suas cualidades defensivas e a polivalencia, pois pode actuar incluso no centro da defensa ou no centro do campo. Ven de celebrar o título de campion da Liga da Costa co Ponteceso. O xogador iniciouse naquel gran Cabana de Jose Antonio Cambon, subcampion de liga e copa, para pasar o Cerqueda, despuntou pronto para ir o onteceso e despois disputar unha liga en 1ª autonómica co San Lorenzo. O San Cristobal coruñés foi o seu outro clube antes de recalar no Carral.
miércoles, julio 06, 2011
INAUGURACIÓN DO BAR XUVENTUDE, LOCAL TEMÁTICO DA S.D. SOFAN

Este viernes pola noite é a reapertura do BAR XUVENTUDE, local carismático na parroquia de Sofán. O seu dono, Juan, pretende darlle un xiro diferente ó local, e situará unha zona dedicada á S.D. SOFAN, con fotos, recortes de prensa e recordos varios de todas as épocas da historia do clube. Convertirase o local a bo seguro en punto de reunión dos afeccionados e xogadores sofanistas, no que compartir unhas bebidas espirituosas mentras se fala de fútbol e outros temas diversos. Todos os que simpaticen coa SD quedan invitados á inauguración.
viernes, julio 01, 2011
ELOY BOEDO convirtese na 2ª fichaxe da Sd para a proxima campaña
Ven de firmar o seu compromiso coa Sd Sofán o xogador arteixán Eloy Boedo. O rapaz, nacido o 6/11/91, conta por tanto con 19 anos. Desenrolou toda a súa carreira deportiva no At. Arteixo, clube polo que pasou por todos os equipos de categorías inferiores, ata chegar ó primeiro equipo, no que estivo o ano pasado, ainda que disputou a maioría da tempada no conxunto B arteixán.
Eloy ven a reforzar o centro do campo sofanista. É un xogador poderoso fisicamente, de gran recorrido e cunha nada despreciable calidade técnica. Forma parte a súa adquisición do proceso de renovación no que está inmerso a Sd, tentando de introducir talentosos futbolístas xovenes con amplio marxen de progresión, para complementar ó compacto grupo xa formado de anos atras.
A directiva dalle a benvida ó xogador e desexalle todos os éxitos posibles no seu novo clube.
jueves, junio 30, 2011
ASAMBLEA DE SOCIOS DA SD
O sábado 2 de julio terá lugar no Centro Social de Sofán a anual asamblea de socios da entidade. O orden do día para tal xuntanza será o seguinte:
1. Aprobación das contas da tempada 2010/2011
2. Presentación do presuposto para a tempada 2011/2012
3. Rogos e preguntas.
1. Aprobación das contas da tempada 2010/2011
2. Presentación do presuposto para a tempada 2011/2012
3. Rogos e preguntas.
lunes, junio 27, 2011
Primeiro fichaje da Sd: RICHARD
Presenta a
Sd Sofán ó seu primeiro fichaje para a tempada 2011/2012. Trátase de José Ricardo Cotelo Vilanova, RICHARD, ex-gardameta do Paiosaco, que ven de comprometerse para compartir portería no campo do Carral con Jose R. e Carlos Tojeiro.
O xogador, de 28 anos, disputará a súa primeira tempada no Sofán despois de ter vestido os últimos anos a camiseta do equipo da Porta Santa, o Paiosaco. Richard criouse futbolísticamente nas categorías inferiores do Laracha, co cal chegou a ser subcampión de copa no ano 2002 nunha final disputada no estadio de Riazor contra o Español de Sta. Lucía. Posteriormente xogou unha tempada no Suevos, duas no Larín, equipo co que ascendeu a segunda autonómica, e dende o 2005 defendía as cores verde e brancas do Paiosaco.
O gardameta defínese por un dominio do xogo aereo destacado, un bo xogo cos pes, e axilidade baixo os paos. Debutará na liga da Costa este ano, situación ante a cal o xogador se mostra moi ilusionado.
Sd Sofán ó seu primeiro fichaje para a tempada 2011/2012. Trátase de José Ricardo Cotelo Vilanova, RICHARD, ex-gardameta do Paiosaco, que ven de comprometerse para compartir portería no campo do Carral con Jose R. e Carlos Tojeiro.O xogador, de 28 anos, disputará a súa primeira tempada no Sofán despois de ter vestido os últimos anos a camiseta do equipo da Porta Santa, o Paiosaco. Richard criouse futbolísticamente nas categorías inferiores do Laracha, co cal chegou a ser subcampión de copa no ano 2002 nunha final disputada no estadio de Riazor contra o Español de Sta. Lucía. Posteriormente xogou unha tempada no Suevos, duas no Larín, equipo co que ascendeu a segunda autonómica, e dende o 2005 defendía as cores verde e brancas do Paiosaco.

O gardameta defínese por un dominio do xogo aereo destacado, un bo xogo cos pes, e axilidade baixo os paos. Debutará na liga da Costa este ano, situación ante a cal o xogador se mostra moi ilusionado.
lunes, junio 20, 2011
LUIS FERNANDEZ FICHA POLO XALLAS.
O extremo de Verdillo abandona a SD para voar hacia maiores retos, pois recalará no Xallas de Ivan Cancela, que competirá na Rexional
Preferente para a tempada que ven. O gran ano de fútbol que deixa Luis en Sofán foi recoñecido por múltiples equipos que se interesaron pola contratación do xogador, decidindose este pola atractiva oferta do clube de Fontenla.
Deixa un gran recordo o zurdo no campo do Carral, no que ofreceu grandes tardes á afección sofanista, que tivo o placer de disfrutar da exquisita técnica e velocidade do rapaz, que dende o primeiro momento se adaptou de maravilla no vestiario da SD. Facémoslle un par de preguntas na hora da súa despedida e desexamoslle sorte na súa nova andaina, recordandolle que sempre terá a súa casa no Carral.
Un ano na sd e volves á preferente ¿foi un bo trampolín para a tua carreira esta tempada no Carral?
Pois asi é, despois dun ano parado a decisión de fichar pola SD Sofan non puido ser mais acertada. Todo este ano foi sumar tanto a nivel persoal como futbolistico.
¿Por que te decidiches polo Xallas?
Porque e un proxecto que me entusiasma, un equipo recen ascendido con xogadores xóvenes con ganas de facer as cousas ben nunga liga moi competitiva como é a preferente.
¿Que deixas atrás ó marchar da sd?
Unha familia empezando pola directiva, entrenador e cada un dos xogadores da plantilla. Solo teño boas palabras para todos porque me acolleron coma un mais desde o primeiro dia.
¿Que foi o mellor deste ano futbolístico?
O volver a sentirme xogador, competir e disfrutar cada semana do fútbol neste pequeno equipo pero a vez tan grande.
¿Que mensaxe lle queres dar á familia sofanista na hora da tua despedida?
Quédame a espiña de non haber podido ascender e chegar mais lexos na copa . Creo que se poideron conseguir os dous obxetivos con un pouco mais de sorte, pero que seguro que o vades a conseguir en anos próximos porque se ta traballando na direción acertada e os resultados xa chegarán solos. Saudos a todos en xeral, directiva, afición e sobretodo os compañeiros de vestuario. Que todo vos siga salindo asi de ben e que nos seguiremos vendo os viernes no churrasco ou senon na Boa coma sempre. GRANDE S.D SOFÁN

jueves, junio 09, 2011
DOUS XOGADORES DA S.D. NA SELECCIÓN DA COSTA.
A
lbe
rto Felipez REPI, e Manolín veñen de convocar a dous xogadores da S.D. para o encontro triangular que vai a disputar a SELECCIÓN DA COSTA contra un combinado das Mariñas e outro da Coruña en Paiosaco, con motivo dos eventos que forman parte do 50 aniversario da UNION DEPORTIVA PAIOSACO.
Os elixidos son o gardameta ALEX e o extremo LUIS FERNANDEZ, que representaran a entidade sofanista en tal evento. A gran tempada de ambos xogadores non pasou desapercibida para os seleccionadores nin para os olleadores dos equipo de categorias altas, pois xa é sabido que Alex se incorpora a facer a pretempada co Laracha, e a Luis chovenlle as ofertas.
A convocatoria completa é a que segue:
Norberto, Pablo Vazquez, Luisete e Bolon (Ponteceso), Álex e Luisito (S.d. Sofán), Mario (Baio), Piti e Nico (Fisterra), Álex (San Lorenzo), Dani Rama (Esteirana), Cexo (Muros), Pandi (Corme), Alexandre (Bergantiños), Moriño (Camariñas), Mariano (Club do Mar), Aarón e Adrian Mackay (Dumbría), Neucha e David Blanco (Malpica).
lbe
rto Felipez REPI, e Manolín veñen de convocar a dous xogadores da S.D. para o encontro triangular que vai a disputar a SELECCIÓN DA COSTA contra un combinado das Mariñas e outro da Coruña en Paiosaco, con motivo dos eventos que forman parte do 50 aniversario da UNION DEPORTIVA PAIOSACO.Os elixidos son o gardameta ALEX e o extremo LUIS FERNANDEZ, que representaran a entidade sofanista en tal evento. A gran tempada de ambos xogadores non pasou desapercibida para os seleccionadores nin para os olleadores dos equipo de categorias altas, pois xa é sabido que Alex se incorpora a facer a pretempada co Laracha, e a Luis chovenlle as ofertas.
A convocatoria completa é a que segue:
Norberto, Pablo Vazquez, Luisete e Bolon (Ponteceso), Álex e Luisito (S.d. Sofán), Mario (Baio), Piti e Nico (Fisterra), Álex (San Lorenzo), Dani Rama (Esteirana), Cexo (Muros), Pandi (Corme), Alexandre (Bergantiños), Moriño (Camariñas), Mariano (Club do Mar), Aarón e Adrian Mackay (Dumbría), Neucha e David Blanco (Malpica).
lunes, junio 06, 2011
ALEX MIRANDA DESPIDESE DA AFECCIÓN CON UN Ata pronto
O gardameta da Sd Alex Miranda deixa o equipo para incorporarse á pretempada do novo Laracha de Manuel Mosquera. Finalizada a súa cesión o xogador quere despedirse da afección con unhas palabras. A directiva da Sd tamén quere expresar o seu agradecemento ó xogador, un dez como persoa, que deixa unha profunda pegada na familia do Sofán. Sempre terá un sitio ó noso lado.¿con que sensación te vas da sd?
Voume cunha sensacion moi boa,eu antes de vir tiña boa informacion da xente e non se equivocaron,A sd e unha f
amilia e eu sintome parte dela.¿que esperas do teu futuro?
Do meu futuro de momento a nivel futbolistico e incerto polo tema laboral pero gustariame volver a xogar en preferente no laracha xa que e o que me brindou a oportunidade,quero ver do que son capaz na preferente pero non me fago moitas ilusion por desgracia xa que o traballo manda.
¿que destacarias do teu paso polo Sofan?
Sobre todo o que
se respira no ambiente,un ambiente familiar cercano,eu teño moi en mente cando a miña nai tivo moi enferma como reacionou a xente emocionoume moito.O Sofan é un grande da liga da costa ainda que siga na 2ª pero tou seguro que se as cousas siguen facendose ben chegara o dia de ascender,que non creo que sexa lonxano.¿Que lle dirias á aficion, directiva e compañeiros?
A aficion agradecerlles a paciencia que tiveron conmigo polos recortes que fixen na area, é o mais grande da SD.
Á directiva que sigan traballando asi,que o ascenso chegara algun dia pero que hai que ter paciencia,e que son unha gran familia que temos que eloxiar todos.
Ós compañeiros quedome sen palabras,levareinos sempre no rec
ordo, son GRANDES,son os millores.¿que esperabas encontrarte e que che sorprendeu mais?
Esperaba encontrarme un bo equipo e asi foi,é e será un equipo de currantes,sorprendeume a gran familia e o bo rollo, moi importante nesto do futbol estiven en equipos con bos grupos pero este é incomparable.
DESEXO O MILLOR A TODOS.SODES UNHA GRAN FAMILIA,ISTO E UN HASTA LOGO,XQ SEMPRE ESTAREDES NA MIÑA MENTE.SORTE E GRACIAS...
lunes, mayo 30, 2011
PRESENTACION DO NOVO CORPO TÉCNICO DA S.D.
Vicente de 37 anos de idade, ven de estar un ano sin adestrar. Anteriormente ocupou o banquillo do Paios
aco 2 anos e medio, en duas etapas diferentes, a primeira delas en 1ª autonómica, e a mais cercana en 2ª autonómica. Como xogador foi unha referencia na defensa do Paiosaco e do Laracha, equipo co que chegou a xogar en 3ª división.
Miniño, lateral esquerdo as dúas últimas tempadas na S.D., pasa a ocupar sitio no duro banquiño. O laraches, de 35 anos, pon así fin a unha dilatada e exitosa traxectoria como futbolista que recorreu equipos como o Laracha, o Montañeros, o At. Arteixo, e o Sp. Zas. O vínculo xerado en Sofán e a sua contrastada capacidade como home de fútbol, así como o respeto ganado entre compañeiros e afeccionados, sinalano como o home ideal para coller o relevo de David Baña.
Sorte a ambos na dura tarefa que lles espera, que desexamos que leve a pasear o nome da S.D. Sofán con orgullo polos campos costeiros.
lunes, mayo 23, 2011
COPA DA COSTA: S.D. SOFAN 1 - XALLAS C.F. 1
A tarde perfecta para un partido de fútbol foi a de onte no Carral. 18 grao
s de temperatura, terreo de xogo como unha alfombra, 575 espectadores no repleto graderío, dous equipos que xogaron coma se fora unha final, de ti a ti en todo momento. O triste para a Sd foi o desenlace, unha vez mais un equipazo deixanos fora da Copa, nunha eliminatoria que puido caer para calquera dos dous lados e que se decidiu por pequenos detalles. O gol de J.Angel no min. 90 en Santa Comba, aquel penalti inventado no partido de ida, a calidade de Jesus no gol de onte, a falta de acerto nos metros finais da Sd.
Foi o cierre a outra gran tempada e o último partido no Carral do mister Baña, que se despediu emocionado. Posiblemente foi tamen a retirada como xogador do gran Miniño, que tras unha traxectoria impecable e brilante como futbolista pasará ó duro banco a partir da tempada que ben. Hai que seguir traballando e aprendendo dos erros. Sorte ó Xallas no que resta de copa, pois foi un rival cun comportamento exemplar e sin dubida teñen un autentico equipazo, dos mellores dos ultimos anos na costa.
S.D. SOFAN - Alex, Roberto Souto, Diego, Miniño, Juanjo, Aleman - Edu 85´-, Mario Casal, Pizo - Adrian 65´-, Luisito, Suso Docampo e Bertin.
XALLAS C.F. - Cheli, Ismael, Alvaro, Ivan forjan, Pereiro, Ricardo, Jesus, Toni - J.Angel 39´-, Ruben Forjan, roberto - Brais 89´-, Adrian Prol e Leo.
ARBITRO: Lago Barros. Expulsou a Jesus no min 75.

GOLES:
1-0 5´Gran pase de Pizo polo medio da defensa xalleira a Mario, que se planta ante Cheli e o bate tras regatealo.
1-1 51´Centro á area que prolonga Roberto, e Jesus no segundo pao engancha unha volea que entra no pao longo.
Saiu a Sd envenenada a polo gol que necesitaba para pasar. O Publico apretou dende o principio. Luisito tivo a primeira ocasión e o seu remate saiu alto por pouco. Na seguinte xogada chegou o gol de Mario Casal ante o delirio da entregada afición. Ainda estaba entrando xente no campo que non viu como a Sd poñía a eliminatoria en franquía.
O Xallas pasou a dominar o encontro, pero a Sd estivo a un gran nivel defensivo neste primeiro tempo. Unha entrada de Mario lesionou o fisterran Toni, que tivo que retirarse, entrando o ductil zurdo Jose Angel
no seu lugar. A Sd saia ben á contra, comandado por Pizo e Luisito, e Roberto Souto rematou dende o borde da area respondendo Cheli con unha gran parada. O Xallas douse conta de que non podia entrar na tupida defensa sofanista, e comenzou a ensaiar o disparo dende fora da area. Un tremendo lanzamento de Ricardo foi desviado por Alex na parada do partido, respondendo a afección con unha gran ovación. Contestou Diego con outro gran disparo que saiu rozando o largueiro. O partido era intenso e bonito, os dous equipos loitaban por cada metro de terreo.
Antes de chegar o descanso tivo a mellor ocasión o Xall
as, pero o lanzamento de Jose Angel rozou o pao da meta de Alex. A Sd foise con ventaxa ó vestiario e a parroquia pasou a refrescarse na cantina. A sensación era que o segundo tempo ia ser moi longo e intenso.
A xogada chave veu a pouco do inicio do segundo acto. Jesus, sen dubida o mellor xogador na eliminatoria, cazou unha volea imparable para Alex. Era a igualada e un mazazo tremendo para a Sd. Houbo uns minutos de desconcerto con outro disparo de Jesus alto, ó que respondeu Luisito con un remate que se foi fora por pouco. A Sd puxo moito corazón pero pouca cabeza, para superar a veterana defensa visitante, que estivo fantastica, comandada polo seu excelente gardameta Cheli, moi seguro en todas as suas accións.
Tivo Leo a sentencia nas suas botas pero Alex respondeu
con outra tremenda parada. A expulsion de Jesus expoleou os locais, que encerraron ó Xallas nos ultimos minutos a base de balóns longos, forzando corner tras corner. A balón parado tiveron opcións Mario e Roberto Souto, pero o gol que daría paso á prorroga non entrou e a Sd quedou eliminada.
Tristeza na parroquia local pero ó mesmo tempo unha sensación de orgullo. Esta eliminatoria tardará en ser olvidada pola parroquia sofanista, que xa pensa na proxima tempada.
s de temperatura, terreo de xogo como unha alfombra, 575 espectadores no repleto graderío, dous equipos que xogaron coma se fora unha final, de ti a ti en todo momento. O triste para a Sd foi o desenlace, unha vez mais un equipazo deixanos fora da Copa, nunha eliminatoria que puido caer para calquera dos dous lados e que se decidiu por pequenos detalles. O gol de J.Angel no min. 90 en Santa Comba, aquel penalti inventado no partido de ida, a calidade de Jesus no gol de onte, a falta de acerto nos metros finais da Sd.Foi o cierre a outra gran tempada e o último partido no Carral do mister Baña, que se despediu emocionado. Posiblemente foi tamen a retirada como xogador do gran Miniño, que tras unha traxectoria impecable e brilante como futbolista pasará ó duro banco a partir da tempada que ben. Hai que seguir traballando e aprendendo dos erros. Sorte ó Xallas no que resta de copa, pois foi un rival cun comportamento exemplar e sin dubida teñen un autentico equipazo, dos mellores dos ultimos anos na costa.
S.D. SOFAN - Alex, Roberto Souto, Diego, Miniño, Juanjo, Aleman - Edu 85´-, Mario Casal, Pizo - Adrian 65´-, Luisito, Suso Docampo e Bertin.
XALLAS C.F. - Cheli, Ismael, Alvaro, Ivan forjan, Pereiro, Ricardo, Jesus, Toni - J.Angel 39´-, Ruben Forjan, roberto - Brais 89´-, Adrian Prol e Leo.
ARBITRO: Lago Barros. Expulsou a Jesus no min 75.

GOLES:
1-0 5´Gran pase de Pizo polo medio da defensa xalleira a Mario, que se planta ante Cheli e o bate tras regatealo.
1-1 51´Centro á area que prolonga Roberto, e Jesus no segundo pao engancha unha volea que entra no pao longo.
Saiu a Sd envenenada a polo gol que necesitaba para pasar. O Publico apretou dende o principio. Luisito tivo a primeira ocasión e o seu remate saiu alto por pouco. Na seguinte xogada chegou o gol de Mario Casal ante o delirio da entregada afición. Ainda estaba entrando xente no campo que non viu como a Sd poñía a eliminatoria en franquía.
O Xallas pasou a dominar o encontro, pero a Sd estivo a un gran nivel defensivo neste primeiro tempo. Unha entrada de Mario lesionou o fisterran Toni, que tivo que retirarse, entrando o ductil zurdo Jose Angel
no seu lugar. A Sd saia ben á contra, comandado por Pizo e Luisito, e Roberto Souto rematou dende o borde da area respondendo Cheli con unha gran parada. O Xallas douse conta de que non podia entrar na tupida defensa sofanista, e comenzou a ensaiar o disparo dende fora da area. Un tremendo lanzamento de Ricardo foi desviado por Alex na parada do partido, respondendo a afección con unha gran ovación. Contestou Diego con outro gran disparo que saiu rozando o largueiro. O partido era intenso e bonito, os dous equipos loitaban por cada metro de terreo.Antes de chegar o descanso tivo a mellor ocasión o Xall
as, pero o lanzamento de Jose Angel rozou o pao da meta de Alex. A Sd foise con ventaxa ó vestiario e a parroquia pasou a refrescarse na cantina. A sensación era que o segundo tempo ia ser moi longo e intenso.A xogada chave veu a pouco do inicio do segundo acto. Jesus, sen dubida o mellor xogador na eliminatoria, cazou unha volea imparable para Alex. Era a igualada e un mazazo tremendo para a Sd. Houbo uns minutos de desconcerto con outro disparo de Jesus alto, ó que respondeu Luisito con un remate que se foi fora por pouco. A Sd puxo moito corazón pero pouca cabeza, para superar a veterana defensa visitante, que estivo fantastica, comandada polo seu excelente gardameta Cheli, moi seguro en todas as suas accións.
Tivo Leo a sentencia nas suas botas pero Alex respondeu
con outra tremenda parada. A expulsion de Jesus expoleou os locais, que encerraron ó Xallas nos ultimos minutos a base de balóns longos, forzando corner tras corner. A balón parado tiveron opcións Mario e Roberto Souto, pero o gol que daría paso á prorroga non entrou e a Sd quedou eliminada.Tristeza na parroquia local pero ó mesmo tempo unha sensación de orgullo. Esta eliminatoria tardará en ser olvidada pola parroquia sofanista, que xa pensa na proxima tempada.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)