O pasado viernes reuníronse no Centro Social de Sofán os directivos da Sd cos empresarios da parroquia de Sofán. Unhas 40 persoas asistiron á charla impartida por Marcos Gende e Manuel Varela na que se lles explicou ás empresas que apoian de maneira incondicional ó clube os logros conqueridos estes últimos anos e o camiño que se pretende seguir na tempada que se iniciará en breve. O Concello de Carballo estivo tamen representado polo concelleiro de deportes Marcos Trigo.
O centro e punto mais importante da charla foron os proxectos inmediatos que ten que afrontar a Sd, como son seguir traballando na mellora da instalación deportiva do Carral, e a creación de equipos de categorías inferiores. A directiva sofanista solicitou un esforzo ós empresarios nesta época de tan dificiles circunstancias económicas.
O mesmo tempo informouse coa total aprobación da xente alí presente sobre a continuidade da politica de amateurismo deportivo, pois non se invertirá un euro no pago a xogadores para que se incorporen ó clube, senon que o pouco ou moito que se conquira estará destinado á mellora dos servicios e infraestructura do clube, como se ven facendo os ultimos 14 anos.