lunes, mayo 23, 2011

COPA DA COSTA: S.D. SOFAN 1 - XALLAS C.F. 1

A tarde perfecta para un partido de fútbol foi a de onte no Carral. 18 graos de temperatura, terreo de xogo como unha alfombra, 575 espectadores no repleto graderío, dous equipos que xogaron coma se fora unha final, de ti a ti en todo momento. O triste para a Sd foi o desenlace, unha vez mais un equipazo deixanos fora da Copa, nunha eliminatoria que puido caer para calquera dos dous lados e que se decidiu por pequenos detalles. O gol de J.Angel no min. 90 en Santa Comba, aquel penalti inventado no partido de ida, a calidade de Jesus no gol de onte, a falta de acerto nos metros finais da Sd.

Foi o cierre a outra gran tempada e o último partido no Carral do mister Baña, que se despediu emocionado. Posiblemente foi tamen a retirada como xogador do gran Miniño, que tras unha traxectoria impecable e brilante como futbolista pasará ó duro banco a partir da tempada que ben. Hai que seguir traballando e aprendendo dos erros. Sorte ó Xallas no que resta de copa, pois foi un rival cun comportamento exemplar e sin dubida teñen un autentico equipazo, dos mellores dos ultimos anos na costa.

S.D. SOFAN - Alex, Roberto Souto, Diego, Miniño, Juanjo, Aleman - Edu 85´-, Mario Casal, Pizo - Adrian 65´-, Luisito, Suso Docampo e Bertin.

XALLAS C.F. - Cheli, Ismael, Alvaro, Ivan forjan, Pereiro, Ricardo, Jesus, Toni - J.Angel 39´-, Ruben Forjan, roberto - Brais 89´-, Adrian Prol e Leo.

ARBITRO: Lago Barros. Expulsou a Jesus no min 75.

GOLES:
1-0 5´Gran pase de Pizo polo medio da defensa xalleira a Mario, que se planta ante Cheli e o bate tras regatealo.

1-1 51´Centro á area que prolonga Roberto, e Jesus no segundo pao engancha unha volea que entra no pao longo.

Saiu a Sd envenenada a polo gol que necesitaba para pasar. O Publico apretou dende o principio. Luisito tivo a primeira ocasión e o seu remate saiu alto por pouco. Na seguinte xogada chegou o gol de Mario Casal ante o delirio da entregada afición. Ainda estaba entrando xente no campo que non viu como a Sd poñía a eliminatoria en franquía.

O Xallas pasou a dominar o encontro, pero a Sd estivo a un gran nivel defensivo neste primeiro tempo. Unha entrada de Mario lesionou o fisterran Toni, que tivo que retirarse, entrando o ductil zurdo Jose Angel no seu lugar. A Sd saia ben á contra, comandado por Pizo e Luisito, e Roberto Souto rematou dende o borde da area respondendo Cheli con unha gran parada. O Xallas douse conta de que non podia entrar na tupida defensa sofanista, e comenzou a ensaiar o disparo dende fora da area. Un tremendo lanzamento de Ricardo foi desviado por Alex na parada do partido, respondendo a afección con unha gran ovación. Contestou Diego con outro gran disparo que saiu rozando o largueiro. O partido era intenso e bonito, os dous equipos loitaban por cada metro de terreo.

Antes de chegar o descanso tivo a mellor ocasión o Xallas, pero o lanzamento de Jose Angel rozou o pao da meta de Alex. A Sd foise con ventaxa ó vestiario e a parroquia pasou a refrescarse na cantina. A sensación era que o segundo tempo ia ser moi longo e intenso.

A xogada chave veu a pouco do inicio do segundo acto. Jesus, sen dubida o mellor xogador na eliminatoria, cazou unha volea imparable para Alex. Era a igualada e un mazazo tremendo para a Sd. Houbo uns minutos de desconcerto con outro disparo de Jesus alto, ó que respondeu Luisito con un remate que se foi fora por pouco. A Sd puxo moito corazón pero pouca cabeza, para superar a veterana defensa visitante, que estivo fantastica, comandada polo seu excelente gardameta Cheli, moi seguro en todas as suas accións.

Tivo Leo a sentencia nas suas botas pero Alex respondeu con outra tremenda parada. A expulsion de Jesus expoleou os locais, que encerraron ó Xallas nos ultimos minutos a base de balóns longos, forzando corner tras corner. A balón parado tiveron opcións Mario e Roberto Souto, pero o gol que daría paso á prorroga non entrou e a Sd quedou eliminada.

Tristeza na parroquia local pero ó mesmo tempo unha sensación de orgullo. Esta eliminatoria tardará en ser olvidada pola parroquia sofanista, que xa pensa na proxima tempada.