lunes, mayo 30, 2011

PRESENTACION DO NOVO CORPO TÉCNICO DA S.D.

Na tarde-noite do venres foi presentado en sociedade o equipo técnico que rexirá os destinos da S.D. Sofán durante o curso futbolístico 2010/2011. VICENTE García Mariño, e Jesús MINIÑO Piñeiro asinaron o seu compromiso co clube presidido por Liso Docampo para esta tempada.




Vicente de 37 anos de idade, ven de estar un ano sin adestrar. Anteriormente ocupou o banquillo do Paiosaco 2 anos e medio, en duas etapas diferentes, a primeira delas en 1ª autonómica, e a mais cercana en 2ª autonómica. Como xogador foi unha referencia na defensa do Paiosaco e do Laracha, equipo co que chegou a xogar en 3ª división.




Miniño, lateral esquerdo as dúas últimas tempadas na S.D., pasa a ocupar sitio no duro banquiño. O laraches, de 35 anos, pon así fin a unha dilatada e exitosa traxectoria como futbolista que recorreu equipos como o Laracha, o Montañeros, o At. Arteixo, e o Sp. Zas. O vínculo xerado en Sofán e a sua contrastada capacidade como home de fútbol, así como o respeto ganado entre compañeiros e afeccionados, sinalano como o home ideal para coller o relevo de David Baña.



Sorte a ambos na dura tarefa que lles espera, que desexamos que leve a pasear o nome da S.D. Sofán con orgullo polos campos costeiros.