lunes, junio 06, 2011

ALEX MIRANDA DESPIDESE DA AFECCIÓN CON UN Ata pronto

O gardameta da Sd Alex Miranda deixa o equipo para incorporarse á pretempada do novo Laracha de Manuel Mosquera. Finalizada a súa cesión o xogador quere despedirse da afección con unhas palabras. A directiva da Sd tamén quere expresar o seu agradecemento ó xogador, un dez como persoa, que deixa unha profunda pegada na familia do Sofán. Sempre terá un sitio ó noso lado.

¿con que sensación te vas da sd?

Voume cunha sensacion moi boa,eu antes de vir tiña boa informacion da xente e non se equivocaron,A sd e unha familia e eu sintome parte dela.

¿que esperas do teu futuro?

Do meu futuro de momento a nivel futbolistico e incerto polo tema laboral pero gustariame volver a xogar en preferente no laracha xa que e o que me brindou a oportunidade,quero ver do que son capaz na preferente pero non me fago moitas ilusion por desgracia xa que o traballo manda.


¿que destacarias do teu paso polo Sofan?

Sobre todo o que se respira no ambiente,un ambiente familiar cercano,eu teño moi en mente cando a miña nai tivo moi enferma como reacionou a xente emocionoume moito.O Sofan é un grande da liga da costa ainda que siga na 2ª pero tou seguro que se as cousas siguen facendose ben chegara o dia de ascender,que non creo que sexa lonxano.


¿Que lle dirias á aficion, directiva e compañeiros?

A aficion agradecerlles a paciencia que tiveron conmigo polos recortes que fixen na area, é o mais grande da SD.
Á directiva que sigan traballando asi,que o ascenso chegara algun dia pero que hai que ter paciencia,e que son unha gran familia que temos que eloxiar todos.
Ós compañeiros quedome sen palabras,levareinos sempre no recordo, son GRANDES,son os millores.

¿que esperabas encontrarte e que che sorprendeu mais?


Esperaba encontrarme un bo equipo e asi foi,é e será un equipo de currantes,sorprendeume a gran familia e o bo rollo, moi importante nesto do futbol estiven en equipos con bos grupos pero este é incomparable.

DESEXO O MILLOR A TODOS.SODES UNHA GRAN FAMILIA,ISTO E UN HASTA LOGO,XQ SEMPRE ESTAREDES NA MIÑA MENTE.SORTE E GRACIAS...