
Desplázase o domingo a Sd Sofán a Sanxenxo a disputar un amigable co equipo local, o Dena. A cinco minutos da praia da Lanzada,e a 10 km do casco urbano de Sanxenxo, a tranquila localidade invitou á Sd Sofan ó I Trofeo Campo das Cachizas. O Dena é un dos equipos poderosos da 2ª autonómica da zona, e estivo a un palmo de ascender o ano pasado a 1ª autonómica. Disputa os seus encontros nunha magnífica instalación de herba sintética que probarán os xogadores de Vicente Garcia o domingo pola tarde, a partir das sete horas. Os afeccionados que se queiran desplazar co equipo poden reservar unha das 50 invitacions que o Dena cedeu amablemente á Sd Sofan


.