Partido de pretempada disputado no campo do Carral en tarde n
oite moi soleada ante escaso publico. O equipo de Vicente Garcia logrou marcar os primeiros tantos da tempada e levarse o partido con solvencia no segundo tempo despois dunha primeira parte moi igualada.
S.D. SOFAN - Richard, David Velo, Gustavo, Pensado, Juan Rabuñal, Aleman, Eloy, Suso Docampo, Jacobo, Edu e Mario Casal. Tamen xogaron Roberto Souto, Diego, Ivan Rey, ADrian, Berti, Victor Docampo, Abel e Pizo.
QUEIXAS - Pallas, Chuco, Romero, Compi, Maka, Minguilla, Ruben, Alex, Pichurri, Rubio e Damian. Tamen xogaron Miki, Luis, Alvaro e Alex II.
GOLES.
1-0 55´gran
xogada de Ivan Rey pola banda dereita que acaba en claro penalti. Suso Docampo transforma o maximo castigo
2-0 67´Abel define con facilidade unha das suas habituais escapadas.
3-0 71´Mario Casal tras driblar ó porteiro a porta valeira.
Foi trabado o primeiro tempo, coas defensas impondose ás dianteiras. A Sd tivo as primeiras ocasións claras por medio dos xóvenes Eloy e Edu. Na parte visitante Rubio e Minguilla xeraban perigo diante dun seguro Richard. O primeiro tempo discurriu con moito centrocamp
ismo e sin claridade de ideas.
A entrada dos homes de refresco no segundo tempo doulle unha clara superioridade á sd neste acto. Pizo mandaba no medio do campo. Adrian e Victor facian da banda dereita un pasillo de constante perigo. Abel por banda esquerda era un pesadelo, e Ivan Rey facia diabluras na media punta. Unha xogada do de Guntián foi a orixe do 1º gol da tempada. Mario Casal fallou a porta valeira outra clara ocasión e Victor Docampo mandou un balón á cruceta. Os goles acabaron entrando e a victoria local foi clara.