lunes, junio 20, 2011

LUIS FERNANDEZ FICHA POLO XALLAS.

O extremo de Verdillo abandona a SD para voar hacia maiores retos, pois recalará no Xallas de Ivan Cancela, que competirá na Rexional Preferente para a tempada que ven. O gran ano de fútbol que deixa Luis en Sofán foi recoñecido por múltiples equipos que se interesaron pola contratación do xogador, decidindose este pola atractiva oferta do clube de Fontenla.

Deixa un gran recordo o zurdo no campo do Carral, no que ofreceu grandes tardes á afección sofanista, que tivo o placer de disfrutar da exquisita técnica e velocidade do rapaz, que dende o primeiro momento se adaptou de maravilla no vestiario da SD. Facémoslle un par de preguntas na hora da súa despedida e desexamoslle sorte na súa nova andaina, recordandolle que sempre terá a súa casa no Carral.


Un ano na sd e volves á preferente ¿foi un bo trampolín para a tua carreira esta tempada no Carral?

Pois asi é, despois dun ano parado a decisión de fichar pola SD Sofan non puido ser mais acertada. Todo este ano foi sumar tanto a nivel persoal como futbolistico.

¿Por que te decidiches polo Xallas?

Porque e un proxecto que me entusiasma, un equipo recen ascendido con xogadores xóvenes con ganas de facer as cousas ben nunga liga moi competitiva como é a preferente.

¿Que deixas atrás ó marchar da sd?

Unha familia empezando pola directiva, entrenador e cada un dos xogadores da plantilla. Solo teño boas palabras para todos porque me acolleron coma un mais desde o primeiro dia.

¿Que foi o mellor deste ano futbolístico?

O volver a sentirme xogador, competir e disfrutar cada semana do fútbol neste pequeno equipo pero a vez tan grande.

¿Que mensaxe lle queres dar á familia sofanista na hora da tua despedida?

Quédame a espiña de non haber podido ascender e chegar mais lexos na copa . Creo que se poideron conseguir os dous obxetivos con un pouco mais de sorte, pero que seguro que o vades a conseguir en anos próximos porque se ta traballando na direción acertada e os resultados xa chegarán solos. Saudos a todos en xeral, directiva, afición e sobretodo os compañeiros de vestuario. Que todo vos siga salindo asi de ben e que nos seguiremos vendo os viernes no churrasco ou senon na Boa coma sempre. GRANDE S.D SOFÁN