jueves, junio 09, 2011

DOUS XOGADORES DA S.D. NA SELECCIÓN DA COSTA.

Alberto Felipez REPI, e Manolín veñen de convocar a dous xogadores da S.D. para o encontro triangular que vai a disputar a SELECCIÓN DA COSTA contra un combinado das Mariñas e outro da Coruña en Paiosaco, con motivo dos eventos que forman parte do 50 aniversario da UNION DEPORTIVA PAIOSACO.

Os elixidos son o gardameta ALEX e o extremo LUIS FERNANDEZ, que representaran a entidade sofanista en tal evento. A gran tempada de ambos xogadores non pasou desapercibida para os seleccionadores nin para os olleadores dos equipo de categorias altas, pois xa é sabido que Alex se incorpora a facer a pretempada co Laracha, e a Luis chovenlle as ofertas.

A convocatoria completa é a que segue:

Norberto, Pablo Vazquez, Luisete e Bolon (Ponteceso), Álex e Luisito (S.d. Sofán), Mario (Baio), Piti e Nico (Fisterra), Álex (San Lorenzo), Dani Rama (Esteirana), Cexo (Muros), Pandi (Corme), Alexandre (Bergantiños), Moriño (Camariñas), Mariano (Club do Mar), Aarón e Adrian Mackay (Dumbría), Neucha e David Blanco (Malpica).