miércoles, julio 06, 2011

INAUGURACIÓN DO BAR XUVENTUDE, LOCAL TEMÁTICO DA S.D. SOFAN



Este viernes pola noite é a reapertura do BAR XUVENTUDE, local carismático na parroquia de Sofán. O seu dono, Juan, pretende darlle un xiro diferente ó local, e situará unha zona dedicada á S.D. SOFAN, con fotos, recortes de prensa e recordos varios de todas as épocas da historia do clube. Convertirase o local a bo seguro en punto de reunión dos afeccionados e xogadores sofanistas, no que compartir unhas bebidas espirituosas mentras se fala de fútbol e outros temas diversos. Todos os que simpaticen coa SD quedan invitados á inauguración.