viernes, julio 22, 2011

BERTIN DESPIDESE DA AFECCIÓN TRAS FIRMAR NO CLUB DO MAR

Bertin Abelenda Cabeza deixou a Sd. Despois de 6 anos dandoo todo polas cores vermellas do clube presidido por Liso Docampo, o xogador sucumbiu a unha poderosa oferta económica presentada polo Club do mar, que apostou moi forte polo xogador, e conqueriu levalo para xogar ó lado de Repi, Vituco e cia este ano.

¿por que decidiches unirte ó proxecto do club do mar?

bueno decidinme a ir porque me presentaron un gran proxecto e ilusionante pa esta tempada,ademais do interes que mostrou repi en que fora unirme ali con eles.

¿que esperas desta tempada nun novo equipo tras 6 anos na sd sofan?

espero conseguir facer unha boa tempada e cumplir os objetivos que marquen desde a directiva,ademais de facer novas amistades que realmente e o bonito que ten o futbol.

¿que deixas atras ó marcharte da sd?

pois deixo moitas amistades,moitos momentos bos.

¿cales foron os mellores recordos destos 6 anos en sofan?

mellores momentos,bueno eu diria que todos os partidos que ganamos porque son realmente dos que te acordas mais

¿como ves a liga da costa este ano, quen son os favoritos para ti?

bueno, pois mais ou menos os equipos do ano pasado,camariñas,sofan,castriz,club do mar,muros.......

¿que lle queres decir a aficion, directiva e xogadores da sd, que van a sentir moito a tua marcha?

darlle as gracias a todos,tanto directiva e aficion por portarse tan ben,e os compañeiros, que son os mellores...