lunes, febrero 25, 2013

VOLANTES DE BAÑO 1 - S.D. SOFAN 1

* fotos de Gonzalo Sestayo

Nova frustrante igualada da Sd, que marrou un penalti e viu como lle anulaban outro gol, e van...
Gran ambiente como sempre en Miraflores, partido disputado de poder a poder.

  • VOLANTES: Rubén Santos, Juan do Sivil, Maikel Perrito, Josiño, Fran do Español, Brais (Mingos, min.64), Nimo, Adrián, Chenel, Seluco (Benja, min.80) e Ivi (Pardelo, min.70)

  • S.D. SOFÁN: Dani, Carlos Lista, Juanjo, Alberto Pensado, Marcos Pensado, Míchel, Eloy Boedo (Cantudo, min.66), Iván Rey, Iván Rojo (David Pensado, min.52), Jacobo (Abel, min.55) e Santi.

  • Goles:
  • 1-0, min.30: Seluco;
    1-1, min.70: Cantudo, de gran dispado dende fora da area.

  • Expulsión: o local Juan do Sivil (min.84).


  • Bo partido o visto en Miraflores entre a SD e un Volantes con máis porder na ofensiva dende a chegada do goleador Chenel. Toma e daca constante, con dous equipos moi fortes, pero que saben tocar. Saiu moi forte o equipo local, sempre empurrado pola animosa afección local, a cal animou o seu equipo durante os 90 minutos sen descanso. Os homes de ataque do equipo muradán daban sensación de perigo cando se acercaban, sobretodo o tridente formado por Brais, Seluco e Chenel, ainda así os sofanistas sacaban perigosas contras tendo Santi e Iván Rojo boas ocasións de gol. A Partir da media hora, cando a SD parecía controlar o tempo do partido, chegou o mazazo en feito de gol. Un balón perdido en mediocampo, chega a Seluco o cal conduce con velocidade recorta a Juanjo o borde da área, e ca sua perna mala, a dereita, coloca o balón fora do alcance de Dani, que nada pode facer ante o golazo do muradán.

    A segunda parte foi dos visitantes, tentando en todo momento darlle a volta o marcador e así atacaron sen descanso a meta defendida por Rubén Santos. Froito deste acoso chegou un balón en longo o incorporado Abel, o cal sufre o inocente penalti da defensa local. Unha semana máis os sofanistas seguen co seu mal fario, pois Edu era incapaz de materializar esta pena máxima, mandando o balón fora da portería do equipo de Baño. Posteriormente foi anulado un gol a Pensado por fora de xogo moi dubidoso cando rematou un centro de Míchel dende a dereita. Cos sofanistas volcados e tomando riscos, cabe salientar unha inmellorable ocasión de Seluco que só ante Dani manda a vaselina alta. Xa contra o final un balon rexeitado o borde da áera é engatillado polo "killer" Cantudo, facendo inútil a estirada do gardamallas local. Gran gol do lateral e moi celebrado polos seus compañeioros polo enorme aprecio que desperta entre todos. A partir de ahí a SD seguiuno intentando pero co empate se chegou o final dos 90 minutos

    Segue a SD ofuscada de cara a porta e a facildade goleadora da que dispoñía na primeira volta parece que lle dou a espalda por completo os rapaces de Pablo Mallón

    miércoles, febrero 20, 2013

    S.D. SOFAN 0 - CABANA 1

    Un dia mais a falta de acerto da Sd de cara a gol condenounos a unha derrota no campo das Eiroas, a todas luces inmerecida. Un gol de Ivan de Treos cando o partido esmorecia doulle os puntos a un disciplinado Cabana, que xogou como a ocasión o requería, con intensidade, defendendo a alto nivel e tentando aproveitar as suas contras. A Sd para mais inri marrou unha pena máxima, pero isto xa é historia.

    S.D. SOFÁN: Dani, Cantudo (Jacobo, min.61), Lista, Juanjo, Diego, Edu (Iván Rey, min.56), Míchel, Eloy Boedo, Iván Rojo (David Pensado, min.78), Eloy Cabeza e Santi (Suso Docampo, min.66).

    CABANA: Añón, José, Marcos, Ismael, Eloy (Moreno, min.61), Rubén Rama, Manolo do Cruceiro (Adrián, min.76), Iván de Treos, Dani (Fernando, min.70), Iván e Berti.

    Gol: 0-1, min.89. Corner a favor dos locais, que despexa a defensa do Cabana, saindo nunha contra fugurante que remata con disparo de Fernando, Dani rexeita en primeira instancia, pero non pode evitar que o posterior disparo de Iván de Treos, que chegaba en carreira entre na porteria tras bater no longueiro.

    Expulsión: o visitante Iván no min.85

    Partido intensisimo o vivido en Carballo. A un periodo inicial de dominio visitante e desconcerto local, no que os xogadores de Periscal lanzaron varios corners e acosaron a meta de Dani, pasouse a uns intres de bo xogo da Sd. Cando Eloy e Ivan Rojo, sobre todo este ultimo, atoparon os camiños no centro do campo o futbol aumentou ostensiblemente de calidade. O extremo dereito sofanista Rojo foi un pesadelo para a defensa local. Suas foron as mellores xogadas e creou un par de ocasións para Santi que o dianteiro non foi quen de concretar. O propio Santi plantouse solo diante de Añon, pero o meta, o mellor dos seus, arrebatoulle o balon cando ia ser regateado e o gol xa se cantaba. Chegouse o descanso coa sensacion de que a Sd, unha vez mais estaba negada de cara a gol.


    Cos cambios no segundo tempo aumentou a intensidade do xogo, pero perdeuse en precisión. O Sofan mostrouse como un equipo precipitado e que non atopaba os camiños cara a meta visitante. Ainda así, tivo Eloy unha ocasión clarisima, que un defensa local sacou baixo paos. Pero a mais clara foi un discutido penalti por empurron a Lista que Añon detivo a Michel. A partir de ahi o acoso da Sd foi a desesperada e o Cabana lanzaba perigosas contras. En unha destas, co tempo casi cumprido chegou o gol visitante ante o delirio da sua afección. Segueu remando a Sd, pero non era a sua tarde, sen dúbida.

    miércoles, febrero 13, 2013

    S.D. SOFAN 1 - SAN LORENZO 1

    Unhas 450 persoas presenciaron o derbi carballés suspendido fai 3 semanas no campo das Eiroas. Derbi transcurrido nun ambiente de exquisita deportividade e pugna exclusivamente futbolística, como debe de ser. A igualada é xusta visto o visto no terreo de xogo, e ambos equipos marcharon escasamente contentos co punto no que foi unha nova edición da festa do fútbol modesto carballés.

    SD SOFAN: Bugy, Lista, Gustavo (Cantudo 81´), Juanjo, Diego, Eloy Boedo, Míchel, (Pensado 75´),Eloy Cabeza, Suso Docampo (Santi 71´),Iván Rey, Iván Rojo (Edi 68´).

    SAN LORENZO: Puyol, Quillo, Adrián, David, Casillero, Anxo, Cachizo, Peke, Javi Pensado, Fuetefría, Carliños.

    GOLES:
    0.1 31´ Falta directa que transforma Fuentefría.
     
    1.1 43´ Lista remata de cabeza un saque a balón parado.
     
    Foi moi desputado o derbi carballés no sempre frío municipal de As Eiroas. O partido arrancou cuns quince minutos iniciais nos que o respeto mutuo imperaba e cos equipos todavía asentandose no terreo de xogo. A partires do mínuto 20 o equipo sofanista comezou a levar o peso do partido, tocando con paciencia se ben con pouca profundidade de tres cuartos en adiante. As ocasións máis perigosas para os locais viñan a balón parado que ocasionaron varios rexeites na área visitante pero que non se transformaron en gol. A máis clara foi un balón morto o borde da área pequena que Iván Rey manda alto cando tiña todo a favor para marcar. Cando máis estaba a dominar o equipo local, un balon polo que porfía Carliños o borde da área e cortado en falta pola defensa local, e no lanzamento da mesma Fuentefría consegue inaugurar o marcador do derbi ante o delirio da afección visitante. Os sofanistas acusaron o golpe e os verdilleses comezaron a merodear a meta de Bugy, e nun disparo de lonxe de Cachizo que sae cerca do pao levaron ó panico á grada local. De novo a balón parado, xa o borde do descanso, Lista remataba de cabeza o empate e facía xustiza ao visto ata o momento. Así acudían os dous equipos a vestiarios, tras un bonito primer tempo.

    Na segunda parte o fútbol volveuse máis impreciso, os equipos parecían máis pendentes de non perder que de ir a polo partido, a razón tal vez poida estar no esforzo feito na xornada dominical, da cal non tiñan transcurrido nin 48 horas. A escaseza de ocasións marcou este segundo período, sendo a máis clara un balón o pao dos locais e un remate que saca moi ben Bugy para os visitantes. As defensas impuxéronse os ataques neste segundo acto, e así se chegou o final dos 90 minutos, cun xusto empate que non deixa satisfeito a ningún dos equipos: os locais porque parecen descolgarse da sua loita polos postos de honra, e os vistantes porque ven cortada a sua xeira de 5 victorias consecutivas.
     

    * fotos NORDEPORTES.

    lunes, febrero 11, 2013

    BUÑO C.F. 0 - S.D. SOFAN 0

    Novo empate a 0 da Sd Sofan, esta vez en Xaviña, diante de un equipo local que mostrou as suas armas habituais e tivo as suas opcions para levarse o partido.

  • BUÑO: Toni, Rubén, Diego (Alfredo, min.15 (Dourado, min.80), David Secundino, Ángel, Elías, Jorge Calvete, Emilio (Juan Antelo, min.70), Mauri, Dani Calvete, Víctor.
  • S.D. SOFÁN: Bugy, Lista, Cantudo (Santi, min.78), Gustavo (Alberto Pensado, min.65), Juanjo, Edu (Iván Rojo, min.61), Míchel (Jacobo, min.80), Eloy Boedo, Iván Rey, Eloy Cabeza, Suso Docampo.

  • Tras uns primeiros mínutos de imprecisión os dous equipos tentaban combinar e buscar as suas armas, os locais a velocidade e desmarques a espalda de Victor, e os visitantes tentando entrar por banda. A rapidez do terreo de xogo complicaba as combinacións e facía imposible calquer desprazamento en longo. As ocasións máis claras para os locais viñeron nun bo centro dende banda dereita e posterior remate de cabeza que saca moi ben Bugy. Por parte visitante a ocasión máis clara desta primeira parte foi un roubo a defensa local de Eloy Cabeza que fixo a este e a Edu plantarse sos diante de Toni e o disparo do xogador arteixán saeu pegado o pao. Así remataba un igualado primer tempo, co xusto empate sen goles.

    O segundo tempo transcorreu polos mesmos derroteiros, cunha SD tentando levar o peso do partido e un Buño sacando boas contras aproveitando a velocidade de Elías e Victor e o bo xogo entre liñas de Dani Calvete. Co transcurso do tempo a SD viuse obrigada a arriscar en busca da victoria e a defensa de tres utilizada polos visitantes fixo que os locais crearan varias ocasións, a máis clara un balón de Elías o pao. A pesar de estes riscos o equipo visitante traballou ben a nivel defensivo e consegueu manter a 0 a portería por segunda semana consecutiva. Dende aquí ata o final o equipo tentouno con máis corazón que cabeza, e así se chegou o final do partido cun xusto reparto de puntos.

    lunes, febrero 04, 2013

    S.D. SOFAN 0 - CORCUBION 0

    Segue a mala xeira de resultados da Sd, incapaz de gañar onte o Corcubion, nun disputado encontro no que os homes de Mallon acabaron de maneira incrible con 8 xogadores sobre o terreo de xogo das Eiroas, ante a indignación do respetable.

    S.D. SOFAN - Dani, Lista, Diego, Juanjo - Cantudo 46´-, Gustavo, Boedo, Eloy - Suso Docampo 71´-, Rojo - Edu 65´-, Ivan Rey -Bugy 95´-, Pikas e Santi - Abel 71´-.

    CORCUBION - Iago, Miguel, Julito, Senra, Alan, Lema, Lourido, Pablito, Cristian, Sebas e David

    Foron expulsados por parte local Pikas no min. 68, Diego no 79 e Dani no 92.

    Moito centrocampismo e pelexa e pouco futbol nos intres iniciais, soamente roto por un libre indirecto sinalado polo colexiado por cesion a favor da sd, que incriblemente e a porta valeira os xogadores de Mallon non son capaces de anotar. Antes do descanso animouse algo a cousa, tendo a sd unha boa ocasión nunha contra que Santi non define, e respostando o Corcubion nunha boa accion de Lourido que saca a defensa. A lesion de Juanjo fai que Cantudo teña que sair no descanso.

    O segundo tempo foi de locos. A Sd mellorou moito e saiu atacando con insistencia. Rojo tivo unha boa ocasión nunha xogada persoal pero o meta visitante sacou o seu remate cos pes. Pouco despois un pase da morte de Pikas rematao Santi e un defensor do Corcubion saca o balon baixo paos. Outro gran disparo de Pikas sae lamendo o pao, e o Corcubion respostou con dous disparos ante os que Dani mostrou as suas cualidades. Pablito disparou o pao na mellor ocasion visitante. Chegaron as expulsions e un claro penalti a Edu non sinalado. Os animos quentaronse e o partido podia ser para calquera, pois a sd, ainda con 9 , non deixou de atacar, propiciando ocos na liña defensiva que os visitantes non puideron aproveitar. Na ultima xogada do partido tras un fora de xogo calmoroso, Mario plantase ante Dani, que o derriba fora da area, sendo expulsado pero evitando a derrota da Sd.

    lunes, enero 28, 2013

    U.C. CEE 3 - S.D. SOFAN 0

    Dura derrota a sufrida pola Sd en Cee, ante un dos favoritos ó título ligueiro. Non se soubo adaptar ben o cadro de Mallon ás amplias dimensions do terreo de xogo, e isto unido ó tempraneiro gol de Berto fixo que o Cee xogara moi comodo á contra. A calidade dos seus homes fixo o resto. Ainda asi a Sd intentouno por activa e por pasiva, pero marrou un penalti, e foronlle anulados dous tantos de maneira bastante inverosimil.

    U.C. CEE - Parroto, Nico, Jorge, Rafa, Berto, Leis, Cespon - Fiuza 69´-, Yaya - Piquero 57´-, Penedo, Llanero e Victor - Isma 72´-.

    S.D. SOFAN - Bugy, Lista, Diego, Juanjo, Gustavo - Suso Docampo 46´-, Michel, Eloy Cabeza, Ivan Rey, Ivan Rojo - Eloy Boedo 65´-, Pikas - Edu 65´- e Abel - Santi 65´-

    GOLES:
    1-0 3´Corner que remata Berto a placer na area pequena batendo a Bugy.
    2-0 31´Contra maxistral do Cee que pilla a defensa da Sd adiantada, Penedo encara a Bugy e bateo con facilidade.
    3-0 42´ Falta ó borde da area que Cespon introduce pola escadra da meta sofanista.

    Saiu a Sd pouco metida no partido, e os primeiros intres foron de dominio total do Cee. Nico parecía Dani Alves subindo a banda dereita, e un perigosisimo centro del mesmo foi a orixe do primeiro gol do partido. Xa tiñan os de Floreal o encontro onde o querian. Llanero mostrou as suas credenciais nun gran disparo de falta, pero o balón saiu fora por pouco. Respondeu a Sd cunha cabalgada de Abel, que dou o pase da morte, e Leis no intento de despexe case marca na sua meta. A Sd empezou a ter o balón, mais polo replegue do Cee que por iniciativa propia, pero nunha contra os locais marcaban o segundo. Acto seguido chega unha das xogadas polémicas do encontro, un disparo fortisimo de Diego escapaselle a Parroto, o balón parece que chega a entrar pero o colexiado non da o gol. Pouco despois sinalase penalti a favor da Sd, pero Abel mandao fora. Non era a tarde dos dianteiros sofanistas. Acto seguido, nun novo corner, Lista tenta rematar na area pequena e recibe un sonoro plantillazo, que o colexiado pasa por alto. O que non pasa por alto é un suposto fora de xogo co que anula un gol a Gustavo. Claramente non iamos a ganar o partido. E menos cando Cespon, un dos destacados locais, mete pola mesma escadra unha falta ó borde da area.


    O segundo tempo, a pesar da insistencia da Sd, foi mais do mesmo. Un Cee moi cómodo e replegado que lanzaba perigosas contras sempre con sensación de perigo, e unha Sd que tiña o balón pero costaballe acercarse á meta de Parroto. Ainda asi foille anulado un novo gol a Edu, e o propio Edu tivo unha boisima ocasión diante de Parroto. Disparos de Eloy e Suso Docampo rozaron o gol, pero os de Floreal tiñan ben controlado o encontro.

    lunes, enero 21, 2013

    O partido contra o San Lorenzo, suspendido

    Foi suspendido o derbi que se tiña que xogar onte no campo do Carral entre o San Lorenzo e a Sd. O colexiado Ramos Lopez tomou a decisión tras inspeccionar o estado do terreo de xogo e concluir que estaba perigoso para a práctica de actividade deportiva.

    As intensas choivas producidas nos ultimos 10 dias, unido á cicloxénese GONG que nos asoballos este fin de semana fixeron que o campo se atopara anegado, demasiado blando, e ademais foi a causa da imposibilidade de cortar a herba e marcar o campo como manda o regulamento federativo. O feito de que a instalación das Eiroas estivese cerrada o sábado e o domingo totalmente ocupada non axudou a solucionar o problema.

    En todo momento a Sd se mostrou contraria a disputa do encontro pois despois de experiencias pasadas, non se quería arriscar a ter unha lesión grave por culpa do terreo de xogo. Mellor deixalo para datas onde se poida disfrutar do derbi, sempre unha festa do fútbol carballes, dunha maneira mais axeitada.

    lunes, enero 14, 2013

    DUMBRIA B 1 - S.D. SOFAN 3

    Sufriu a Sd no campo do Conco. Un animoso filial adiantouse no marcador e puxolle as cousas moi complicadas ós homes de Mallon, que foron quen de resolver o partido con dous goles salvadores antes do descanso.

    DUMBRIA B - Fher, Adrian, Kevin , Tati, Jesus - Fernando 60´-, Toja, JAvi - Vicente 70´-, Pereira, Miki - Israel 46´-, Josiño - Maikel 80´- e Alex.

    S.D. SOFAN - Dani, Lista, Juanjo, Gustavo, diego (Cantudo 89´), Eloy Boedo (Michel 65´), Eloy Cabeza, Ivan Rey , Abel (Edu 70´), Ivan Rojo, Suso Docampo (Pikas 80´).

    ARBITRO. Vazquez Lema, que amonestou a Eloy Cabeza, Ivan Rojo e Lista.

    GOLES:
    0-1 11´ Centro dende a banda dereita que empalma Josiño de media chilena marcando un autentico golazo.
    1-1 35´ Penalti que transforma Abel.
    1-2 42´ Milimetrica contra da Sd na que o balón pasa por toda a linea de ataque, chegandolle a Ivan Rojo que mete un gran centro dende a dereita e Abel, de gran remate de cabeza chegando dende atras adianta os visitantes.
    1-3 83´ Gran xogada de Eloy Cabeza e Edu anota a sentencia.

    Era un partido trampa o de Dumbria e a Sd pareceu non enterarse no primeiro cuarto de hora. Os locais, cun equipo moi xoven, sairon a por todas e o debutante Dani tivo que lucirse nun man a man nada mais comenzar o encontro. Ó pouco chegou o golazo de Josiño, que pareceu despertar algo á Sd.  Ainda así tivo o filial outra ocasion clarisima, pero entre Diego e Gustavo conxuraron o perigo. A partir de ahi chegaron as ocasión visitantes. Suso por duas veces, dous disparos de Ivan Rey dende o borde da area e Abel perdonaron diante de Fher. Igualou de penalti a Sd, pero todavia as contras locais facian sufrir moito ó equipo rojillo, e nisto unha gran xogada da Sd serviu para irse en ventaxa ó descanso, algo inxusto ó tenor de como foran as cousas no primeiro acto.

    O partido calmouse tras o descanso, volvendose lento e insulso. Dani estivo moi seguro baixo paos, saindo moi ben e abortando as escasas chegadas locais. O Dumbria pediu un penalti por mans de Lista. A Sd dedicouse a controlar o encontro e nunha gran xogada de Eloy Edu anotou a sentencia. Tivo o propio Edu outra ocasión clarisima antes do final do encontro pero xa estaba a sorte botada.

    As notas positivas do encontro foron a volta de Suso Docampo ós terreos de xogo, inedito o dianteiro esta tempada. Suso mostrouse en moi boa forma, ainda que lle faltou o seu goliño de sempre. O meta Dani, no seu primeiro partido como titular estivo moi ben, e Ivan Rojo, que foi un dos destacados na ofensiva da Sd na sua volta á titularidade.

    miércoles, enero 02, 2013

    S.D. SOFAN - Resumen da primeira volta.

    Ven de rematar a primeira volta do campeonato ligueiro. A Sd chega á metade do torneo nunha meritoria 4ª posición, que podia ser mellor de non ter acusado unha certa irregularidade o equipo de Mallon nos últimos encontros.

    Os datos da Sd nesta primeira volta son os seguintes:

    S.D. Sofán17 partidos xogados, 10 ganados3 empatados4 perdidos38 goles a favor24 en contra33 puntos
    Facemos o noso tradicional resumen de datos estadísticos do plantel sofanista, para os amantes das cifras futboleiras:

    Na foto de Jorge Parri, vemos a dous dos xogadores mais regulares da Sd, Michel e Juanjo.
     
    MINUTOS XOGADOS:

    Juanjo - 1521
    Bugy - 1515
    Ivan Rey - 1451
    Michel - 1420
    Eloy Cabeza - 1327
    Abel - 1241
    Carlos Lista - 1239
    Edu Miranda - 1239
    Eloy Boedo - 1015
    Marcos Pensado - 893
    Alberto Pensado - 835
    Diego - 630
    Gustavo - 552
    Pikas - 451
    Ivan Rojo - 413
    Santi - 385
    Jacobo - 354
    Cantudo - 309
    Dani - 15

    GOLEADORES:

    Abel - 11 goles
    Edu - 8
    Eloy Cabeza - 7
    Lista - 3
    Marcos Pensado - 3
    Boedo - 2
    Santi - 1
    Ivan Rey - 1
    Gustavo - 1

    viernes, diciembre 28, 2012

    Moreira, a fichaxe estelar nas navidades sofanistas.

    Ven de firmar a Sd Sofan ó talentoso centrocampista Moreira para o que queda de tempada na liga da Costa. As hábiles negociacions emprendidas por Pablo Mallon deron o seu froito na tarde de onte. O xogador dou o sí e fotografiouse no campo do Carral, o que será o seu novo terreo de xogo, co uniforme da selección galega que luciu nos últimos compromisos do combinado galaico.

    O xogador, que fichara a principios de tempada no Celta B, sae dunha grave lesion de xeonllo e elixiu rematar a tempada no clube sofanista. O factor clave foi o terreo de xogo do Carral, de herba natural, pois el practicamente ten prohibido por ese problema físico antes mencionado xogar en terreos sinteticos, maioritarios no futbol actual.

    Moreira, que coincidiu con varios xogadores que pasaron pola Sd nas categorias inferiores do Bergantiños, como é o caso de Luisito, Adrian, ou o actual mediapunta sofanista Eloy, tamen xogou no Montañeros e Cerceda. A sua carreira ía vento en popa coa fichaxe no Celta, pero as lesións, sempre as lesións, se volveron a cebar co bravo xogador. Esperemos que este medio ano que vai pasar en Sofan lle sirva para recuperar ese futbol que leva dentro.

    lunes, diciembre 24, 2012

    ESTEIRANA 1 - S.D. SOFAN 1

    Partidazo no Jose Luis Vara de Esteiro. Diante de cerca de 200 afeccionados, a Sd e o cadro local depararon un gran espectaculo que acabou en taboas. Pena que se escapara unha merecida victoria ó cadro de Pablo Mallon, pero a calidade dos homes de ataque do lider non permitiu tal cousa. Ambos equipos empregaronse a fondo, demostraron o porque da sua posicion na taboa, e protagonizaron un choque a cara de can dos que da gusto presenciar.

    ESTEIRANA - Beni, Roi, Simon, Dani Rama, Suizo, Pepiño - Uru 80´-, Pablo Serrano, Adelino - Cajulo 61´-, Alex, Roberto Pladur e Kike.

    S.D. SOFAN - Bugy, Carlos Lista, Diego - Marcos Pensado 77´-, Juanjo, Gustavo, Michel, Eloy Cabeza, Ivan Rey, Pikas - Ivan Rojo 59´-, Abel - Santi 70´- e Edu - Alberto Pensado 70´-

    Foron expulsados Roberto Pladur e Alberto Pensado nunha tangana final producida por unha agresion de Pladur ó meta visitante Bugy. A auga non chegou o rio e ambos equipos retiraronse co recoñecemento mutuo de ter xogado un gran partido.

    GOLES -
    0-1 84´ Corner que remata Pensado á cruceta, o rexeite colleo Lista, e envia o balon o fondo das mallas.

    1-1 91´ Centro o segundo pao que remata Kike libre de marca cruzando o balon de certeiro cabezazo.

    Iniciouse a contenda cun gran respeto mutuo. Ambos equipos sabian do potencial do rival. A Sd tiña moi claro que armas habia que usar para tapar as acometidas locais, e despois de 10 minutos nos que tardou en asentarse no campo, tomou o mando da situación. Antes tivo Alex unha boa ocasion para a Esteirana, á que respondeu Eloy cun lanzamento lonxano alto. Endureceuse algo o partido cun par de friccions entre Simon e Abel, e a Sd tiña o balón no seu poder, pero as contras locais eran moi perigosas. Un remate de Pladur saiu cruzado. No ultimo tramo do primeiro acto tivo a Sd tres claras ocasións: unha falta de Michel lambiu o longueiro, unha cesion de Simon dende o mediocampo a piques estivo de colarse na meta local, e na mellor xogada deste tempo un centro de Pikas rematouno Eloy de gran volea non entrando a gol de milagro. Antes do descanso unha falta lanzada por Kike sembrou o panico pero o balon rexeitouno a defensa visitante.

    O segundo tempo foi trepidante. Os locais sairon moi enchufados e encerraron a Sd durante un cuarto de hora. A defensa visitante aguantou como puido as acometidas de Paluca, Pladur e compañia. Pero os cambios de Mallon surtiron o efecto desexado. Santi en punta foi un quebradero de cabeza, e Pensado e Rojo puxeron temple no mediocampo. Tras un toma e daca moi intenso chegou o apaixoante rush final. O gol visitante foi seguido dunha clara doble ocasión para sentenciar de Ivan Rey e SAnti. A Esteirana atacaba con todo, pero Bugy e a defensa mostrabanse moi seguros, ata a xogada do empate. O delirio na bancada local presaxiaba minutos de sufrimento, pois o desconto foi longo, pero coa tangana final rematou un precioso partido de futbol.



    Fin a primeira volta da competicion, na que a Sd remata 4º, a pesar da sua irregularidade. A segunda volta presaxia emocions fortes.

    lunes, diciembre 17, 2012

    S.D. SOFAN 2 - C.D. BAIO 3

    Partidazo no Carral. Cerca de 200 espectadores presenciaron un gran encontro, a pesar do estado do terreo de xogo, afectado polo temporal de auga destes ultimos dias. Os contendentes entregaronse ó límite e ofreceron un espectaculo cheo de alternancia no marcador, emocion ata o ultimo minuto e deportividade. E foi un rapaz chamado a grandes cousas no futbol costeiro, MC, o que decidiu o partido. O veloz extremo baies dou un recital de futbol e demostrou que haberá que seguilo moi de cerca nos proximos anos.

    S.D. SOFAN - Bugy, Lista, Marcos Pensado - Jacobo 71´-, Juanjo, Gustavo, Eloy Boedo, Michel - Pensado 80´-, Eloy Cabeza, Edu - Santi 71´-, Abel e Ivan Rey - Pikas 88´-.

    C.D. BAIO - Anxo, Chema, Jose Antonio, Mario, Ramon, Iago, Eloy, Martin, Rubio, Pablo e MC.

    GOLES -
    0-1 7´ Granxogada de MC pola liña de fondo, da o pase da morte e Martin chegando dende atras bate a Bugy.
    1-1 43´ Falta botada por Marcos Pensado que bate nun defensa e introducese na porta visitante.
    1-2 58´ Gran xogada individual de MC que tras driblar a un par de defensas engancha un remate imparable.
    2-2 75´ Erro da defensa baiesa, o balon caelle a Abel que engancha unha volea que se introduce mansamente na porta de Anxo.
    2-3 87´ MC vaise por banda, cede o balon atras e un dianteiro baies engancha un trallazo que se cola pola escadra da porteria local.

    Saiu o Baio dende o inicio a polo partido e atopouse cun tempraneiro gol, que fixo cambiar os seus plantexamentos. Buscando a contra, con Martin servindo balons ó pesadelo MC, crearonlle perigo inicialmente a defensa sofanista. Foi collendo o pulso o cadro local o partido, e con Michel e Boedo facendose co centro do campo, e Eloy cabeza ensaiando o disparo dende fora da area. Un deses lanzamendos lambiu a escadra da porta de Anxo. Reclamouse un claro penalti a Edu na area visitante, pero o arbitro pasouno por alto. O partido era moi intenso, e Bugy luciuse a un gran disparo de MC, que seguia facendo das suas. A pouco do descanso, o acoso da Sd ten o seu froito nunha falta lanzada por Marcos. Xusto empate e os equipos os vestiarios a sacarse o barro de enriba.

    O segundo tempo foi unha loteria. Puido caer o partido para calquera lado. Golpeou primeiro o Baio. A Sd veuse arriba pero parecian os homes de Mallon sen forzas polo gran desgaste fisico realizado. A balon parado encerrou a Sd o Baio, que se defendeu ben. O cambio obrigado de Martin baixou potencial os baieses, que por momentos perderon o norte e aproveitouno Abel para empatar. Vislumbrabase unha nova remontada no Carral, pero a realidade é que a gasolina da Sd acabouse, e foi o Baio en varias contras o que rondou a meta dun inspirado Bugy, Primeiro un gran disparo de Eloy que saiu a un centimetro da escadra e logo unha falta de MC que sacou o meta local, foron o preludio do mazazo final e do delirio Baies.

     

     
    Demostraron os dous equipos o por que da sua posicion na taboa. A Sd xa pensa no partido que cerrará a primeira volta, en Esteiro, contra o absoluto lider da competición. Unha nova proba de fogo para os de Pablo Mallon.

    lunes, diciembre 10, 2012

    MUROS SD 0 - S.D. SOFAN 3

  • MUROS: Fabio, Teo, Paky (Pedro de Nieto, min.60), David, Mayuyo, Lisardo (Saúl, min.50), Gelo (Pulpo, min.80), Dani Corniños, Manu Dosil, Jesús (Javi de Vístete, min.70), Sexo.
  • SOFÁN: Bugy, Cantudo (Gus, min.25), Lista, Juanjo, Marcos, Iván, Míchel (Iván Rojo, min.80), Jacobo (Pensado, min.66), Edu (David Pensado, min.76), Eloy Cabeza, Santi.
  • Goles: 0-1, min.55: Edu; 0-2, min.65: Lista; 0-3, min.85: Gustavo.


  • Tres puntos importantes para a SD que cortan a mala xeira de 2 partidos sen acadar a victoria e que permiten os sofanistas non perder comba na persecución do intratable lider, a Esteirana, que unha semana máis non volveu a fallar.

    Comezaba ben a Sd en Miraflores, moi metida no partido dende o comezo, tentando combinar e aproveitando os desmarques e velocidade de Santi arriba. Así chegou a mellor ocasión da primeira metade, un bo pase de Iván Rey ó oco deixaba o dianteiro carballés diente do porteiro muradán o cal saca o disparo en primeiro instancia e cando o balón se colaba nas redes muradáns, acabao sacando un defensa local na mesma liña de gol. As reducidas dimensións do terreo de xogo provocaban accións de perigo nas duas áreas, o Muros tivo as suas pero un gran Bugy abortounas excepcionalmente pese a xogar todo o partido mancado na sua rodilla dereita. Chegouse o descanso co empate sin goles facendo o xusticia o visto en Miraflores, nun partido igualado e con ocasións repartidas para ambos bandos.

    A segunda metade comezaba da mesma maneira con dous equipos tentando xogar o balón, e xa se percibía que o primeiro que marcase levaríase o partido. Así chegou o primeiro gol da tarde, nunha indecisión da defensa e porteiro local que aproveita un atento Edu para empurrar a porta valeira e subir o marcador o 0 -1. A partir de ahi o Muros pareceu notar o golpe e o partido comezou a decantarse para o lado sofanista, os cales comezaron a merodear a área local con continuas aproximacións e provocando varios saques de esquina; nun deles Lista remataba de cabeza no segundo pao e subía o 0-2. Con este segundo gol o partido cerrouse definitivamente e os achegamentos do Muros eran abortados pola defensa visitante, e cando esta era superada de novo aparecía un épico Bugy para evitar calquer tipo de sorpresa e posibilidade de remontada. O 0-3 chegaba de novo nun saque de esquina no que Gustavo empurraba en boca de gol un balón morto na área pequena.
     

    Partido serio da SD no sempre dificil Miraflores no que o equipo volveu a recuperar a senda da victoria e tamén para ver a volta os terreos de xogo de Pensado e Iván Rojo, xogadores recuperados das suas respectivas lesións e que seguro que serán importantes para Pablo Mallón de cara a afrontar os importantes e diciles compromisos que se aveciñan, dous auténticos partidazos, Baio e Esteirana.

    domingo, diciembre 02, 2012

    S.D. SOFAN 0 - MAZARICOS 2

    Mala tarde no desterro nocturno das Eiroas para a Sd. Pagaron caros 15 minutos iniciais de despiste e despois ainda que se intentou de todas as maneiras non houbo forma de bater ó meta mazarican. Frio intenso nas Eiroas e mais de 135 espectadores que sairon decepcionados co resultado.

    S.D. SOFAN - Bugy, Cantudo - Jacobo 72´-, Marcos Pensado, Juanjo, Gustavo - Santi 42´-, Eloy Boedo, Michel, Eloy Cabeza, Ivan Rey, Edu - Pikas 72´- e Abel.

    MAZARICOS - Pejo, Martin, Rodri, Esteban, Tuqui, Cristian, Marcos, Oreiro, Aldo, Jose Angel, Estefano.

    GOLES:
    0.1 5´Aldo rouba a carteira a defensa local e bate a Bugy.

    0.2 11´ Jose Angel realiza unha gran xogada na area e marca cun tiro axustado o pao.

    Saiu durmida a Sd o campo das Eiroas, e pagouno caro. Na primeira xogada de perigo marcou o Mazaricos. Tentou responder a Sd pero Abel non chegou a rematar un centro de Marcos. un novo despiste puxo o 0-2 no marcador. Tocaba remar. Pero o cadro visitante estaba moi metido no partido, defendia ben e sacaba perigosas contras, con Jose Angel como referencia en punta. A Sd combinou con velocidade pero faltou precisión nos metros finais para poder crear verdadeiro perigo.

    O segundo tempo foi de acoso total local, chegando a quedarse con so dous defensas. A expulsion do lateral do mazaricos favoreceu a ofensiva dos de Mallon, que neste tempo foron moi superiores, pero non foron quen de atopar o camiño do marco visitante. O pao repeliu un corner directo de Marcos Pensado, o meta visitante desviou disparos de Eloy, Abel e Jacobo de maneira incrible. O Mazaricos lanzou perigosas contras, pola sua parte. Foi insuficiente o que puxo a SD sobre o tapete sintetico carballes, para levar os tres puntos, que caeron do lado visitante con xustiza.

    lunes, noviembre 26, 2012

    SPORTING ZAS 0 - S.D. SOFAN 0

    Arañou un punto a Sd no dificil campo de San Andres. Non foi o mellor partido dos de Mallon, que ainda así dispuxeron dun par de claras ocasións para marcar, e resistiron o asedio dos locais durante o segundo tempo.

    Sp. Zas - Elias, Cesar, Victor Vecino, Oliver, Pereiro, Jaime - Amado 60´-, Peque, Lagoa - diego 70´- Rubio, Pablo e Pichin.

    S.d. Sofan - Bugy, Lista, Marcos Pensado, Juanjo, Gustavo, Eloy Boedo, Michel, Eloy Cabeza - Pikas 81´-, Diego - Edu 66´-, Ivan Rey e Abel - Santi 75´-

    ARBITRO - Reborido Rodriguez, que amonestou a Victor Vecino por parte local e a Carlos Lista por parte visitante.

    Partido igualadisimo o visto onte en San Andres entre dous conxuntos que se respetaron en demasía. Saiu a Sd algo mais enchufada e tivo Abel duas boas ocasións para marcar, sobre todo unha delas nas que rematou solo na area grande e Elias respondeu enviando o balon a corner. Desperezouse o Zas en varias accions de Rubio e Pichin e un centro do extremo esquerdo rematouno Jaime fora ante a desesperación da parroquia local. Saiu ben Bugy arriscando o fisico ante Rubio para evitar a mais clara ocasión local. Acusouse o excesivo centrocampismo neste primeiro acto e a imprecision de ambos conxuntos á hora de xogar o balón.

    Foi mais equipo o Zas no segundo tempo. Rondou a meta de Bugy con insistencia, pero o gran partido dos centrais sofanistas e a ceguera rematadora dos dianteiros locais permitiu que Bugy non encaixara goles. Disparos varios de Pichin e Jaime non atoparon porta. Foi Jaime un dos mellores dos locais, e a sua lesión deixou algo coxo ó equipo por banda dereita. A Sd tentouno a balon parado, con un remate de cabeza de Boedo que saiu fora por pouco. Santi revolucionou o ataque coa sua saida e un gran disparo seu sacouno Elias da mesma escadra.


    Igualdade total e curioso empate a cero entre dous dos equipos mais goleadores da categoría.

    domingo, noviembre 18, 2012

    S.D. SOFAN 3 - CORME C.F. 2

    Respondeu ás espectativas o partidazo da xornada no Carral. Corme e Sofán ofreceron un gran espectaculo, cheo de goles, alternativas e por momentos fútbol do bo. Un tremendo golazo de Eloy Boedo decidiu o encontro a pouco do final e permite ós sofanistas continuar na persecución do lider.

    S.D. SOFAN - Bugy, Lista, Diego, Juanjo, Gustavo - Santi 71´-, Michel, Ivan Rey, Eloy Cabeza, Pikas - Eloy Boedo 65´-, Abel - Cantudo 86´- e Edu - Marcos Pensado 88´-.

    CORME C.F. - Suso, Martinciño, Adolfo, Jesus, Alejandro - Chino 75´-, Brais, Lucas - Manu 25´-, Diego, Adrian Doldán, Juan Chans e Juanma.


    ARBITRO: Casanova Otero, que amonestou a Juanjo, Michel, Pikas, Santi, Eloy Boedo e Ivan Rey por parte local, e a Manu e Diego por parte visitante.

    GOLES:
    1-0 21´ Lanzamento de falta durisimo de Eloy Cabeza ante o que Suso non pode facer nada.
    1-1 48´ Corner sacado o primeiro pao que Edu marca en propia porta.
    1-2 50´ Centro ó segundo pao e Doldan ante a pasividade total da defensa local marca o segundo tanto.
    2-2 77´ Balón morto no borde da area que recolle Eloy Cabeza e saca un gran disparo que se introduce na porteria visitante.
    3-2 83´ Saida de puños de Suso despexando o balón hacia o mediocampo, e Eloy Boedo sin deixar caer o esferico e de preciosa volea marca un autentico golazo ante o delirio da parroquia local.

    Dous estilos contrapostos enfrontaronse no Carral na tarde de hoxe. Ante o toque e o detallismo tecnico dos homes de Lentejo, opuxo a Sd garra, pegada e contundencia. Tres trallazos dende fora da area deronlle a victoria os de Mallon. De inicio a presencia de Alejandro, Lucas e Brais no centro do campo cormelán fixo que estes levaran o dominio do xogo. A velocidade de Chans creou moitos quebradeiros de cabeza á zaga sofanista, que se empleou a fondo e ben para conter o habil dianteiro. A pesar de ter o control do balón as ocasións eran locais, e así chegou o primeiro tanto. A partir do 1 a 0 a Sd replegouse e buscou a contra, tendo duas claras ocasións en botas de Abel, e Michel, repelendo o pao un bo disparo do centrocampista larachés. O Corme cercaba a area local pero Bugy apenas tiña que intervir.

    No segundo tempo e ante o estupor da afección local en 3 minutos e en dous erros da defensa roja o Corme remontaba o encontro. Enton volveuse tolo o partido. Foron os minutos de maior intensidade, pois a Sd pasou a xogar con 3 defensas e arriscou na busca da victoria. A saida de Boedo e Santi doulle outro aire o equipo, e a base de forza e garra comenzaron a rondar a meta de Suso. Un disparo de Ivan Rey dende o borde da area, e outro de Eloy a escasos metros da liña de gol, facia sospeitar que o empate estaba cerca. Os cormeláns saian en rapidas contras pero Juanjo foi un valladar na zaga, como sempre. En dous arreons a Sd logrou levantar o partido. Dous golazos, especialmente o de Boedo, un dos mellores vistos este ano no Carral. Ata o final, ataque infructuoso do Corme, e seguridade defensiva da Sd para facer que os puntos se quedaran na casa.

    lunes, noviembre 12, 2012

    U.D. MONTELOURO 1 - S.D. SOFAN 5

    Moi bo partido da Sd no sempre dificil campo da Agra da Filgueira. A pesar de que o equipo local se adiantou no marcador, a Sd non se veu abaixo, e acabou mostrandose moi superior os de Louro. Destacaron nos visitantes dous homes que xogaban o seu primeiro partido como titulares nesta campaña: Gustavo, impecable na posición de central, e Santi, que anotou un precioso e importante gol antes do descanso.

    U.D. MONTELOURO - Isma, Pedro, Alvaro, Cesar, Pablo, Nando, Chema - Adrian 60´-, Raul, Geiko - Edu 71´-, Pepiño - Mingos 46´- e Denis.

    S.D. SOFAN - Bugy - Dani 85´-, Lista - Cantudo 77´-, Marcos Pensado, Juanjo, Gustavo, Michel, Eloy Cabeza, Ivan Rey, Pikas - Ivan Rojo 73´-, Edy - Diego 77´- e Santi - Abel 70´-.

    ARBITRO: Sanchez Rojo, que amonestou a Chema por parte local, e a Juanjo, Michel, Edu e Pikas por parte visitante.


    GOLES:
    1-0 27´ Pase en profundidade ó extremo dereito Geiko que ante a saida de Bugy eleva o balón, e Juanjo non pode evitar baixo paos que se transforme no primeiro tanto da tarde.
    1-1 35´ Santi recibe no borde da area, xírase e engancha un zurdazo ante o que non pode facer nada Isma.
    1-2 41´ Penalti sobre Ivan Rey que transforma Edu.
    1-3 55´ Falta lonxana que colga Marcos Pensado e o balón sin que ninguén o toque colase mansamente na porteria local.
    1-4 67´ Novo penalti por mans dun xogador local que transforma Edu novamente.
    1-5 80´ Contra da Sd, Eloy plantase ante o porteiro dos de Louro e cede o balón a Abel para que marque o seu 10º gol a porta valeira.

    Costoulle á Sd adaptarse ó terreo de xogo de area. Tentaban os de Mallon ter o control da pelota, pero faciano sen apenas profundidade. Os locais, con Fernando levando o mando das operacións, xogaban de maneira mais practica, buscando ós seus veloces homes de banda. Nunha destas xogadas chegou o primeiro tanto, e con el un periodo de desconcerto da Sd, que non era capaz de sair da sua area ante o bo xogo local. Pero o tanto do empate foi un mazazo para os de Louro, e a partir de ahi a Sd foi moi superior. Ivan Rey e Eloy combinaban con calidade no medio do campo, e unha xogada de Rey acabou en penalti claro que daba ventaxa a Sd o descanso.

    O segundo tempo foi de claro dominio visitante. O terceiro gol matou o partido e a partir de ahi os rojillos poideron combinar con tranquilidade, e as ocasións e os goles foron caendo polo seu propio pero. Apenas se pasou apuros en defensa, pois os catro homes desta liña mostraronse moi seguros en todo momento. Edu anotou dous tantos que o colocan con 7 na taboa de goleadores, e Abel, a pesar de estar no banco por primeira vez este ano, non deixou de marcar o seu goliño.

    Trascendental partido o do domingo que ven no Carral, visitanos o Corme, un dos equipos chamados a estar na parte alta da taboa.

    FOTOS CEDIDAS POR JORGE PARRI*

    lunes, noviembre 05, 2012

    CARNOTA 3 - S.D. SOFAN 0

    Deixouse o liderato a Sd no campo de Lombans, recinto maldito para os sofanistas, nun partido no que ainda que se estivese xogando un par de horas mais, non seriamos quen de bater a meta local. Duas xogadas resumen o encontro, unha no segundo tempo na que ata 6 remates dentro da area pequena carnotana non atopou porta, e outra o surrealista gol en propia meta de Carlos Lista. Os de Cambeiro, moi serios e sabendo ben ó que xogan, aproveitaronse perfectamente da mala tarde da Sd para levarse os tres puntos.

    CARNOTA - Luis de la Peña, Lolo, David Brea, Manolo Chouza, Pedro, Beiro, Nakata, Jose Manuel, Jacobo, Rodri e Bernardo.

    S.D. SOFAN - Bugy, Ivan Rey, Diego - Marcos Pensado 77´-, Lista, Juanjo - Gustavo 81´-, Eloy Boedo - Jacobo 65´-, Michel, Eloy Cabeza, Edy - Santi 68´-, Pikas e Abel.

    ARBITRO: Cives Enjo, que amonestou a Brea, Beiro e Nakata por parte local, e a Lista e Juanjo por parte visitante. Expulsou a Jacobo con vermella directa no minuto 76.

    GOLES:
    1-0 35´ Centro dende o mediocampo sen aparente perigo, Juanjo e Bugy non se entenden e o central marca en propia meta.
    2-0 75´ Xogada por banda esquerda carnotana, que remata nun centro ó borde da area e Rodri chegando en carreira engancha un trallazo que se cola pola escadra da meta de Bugy. Un golazo.
    3-0 89´ Un dianteiro local cruza ante a saida de Bugy, e cando o balón ia sair pola linea de fondo mansamente, rebota de maneira fortuita en Lista e colase na porteria visitante.

    Uns primeiros 25 minutos malisimos da Sd, totalmente fora do partido, facian presaxiar o que podia suceder. Nin se combinaba con precision, nin se exercia a presion habitual cando os xogadores de Cambeiro tiñan a pelota. Os locais, moi serios apretaban e mostrabanse agresivos, tentando facer chegar balóns a Jacobo, unha vez mais de dianteiro centro. Beiro e Rodri intentarono con disparos lonxanos, pero foi nunha xogada sen perigo ningun onde se adiantou o cadro local. Panorama perfecto para os carnotáns, que se replegaron e defenderon o resultado ata o descanso. Ainda así no ultimo cuarto de hora a Sd xogou o seu mellor futbol, creando tres claras ocasions de gol: na primeira unha pared entre Eloy e Edy deixou solo ó mediapunta ante Luis, pero o seu disparo foise alto. Mais tarde un precioso centro de Edy rematouno Abel a bocajarro pero entre Luis e un defensa alonxaron o perigo. O borde do descanso foi Lista o que rematou unha falta botada por Michel a 2 metros escasos da porteria, pero detivo unha vez mais Luis, moi seguro toda a tarde.


    O segundo tempo comenzou con un acoso intenso dos visitantes, e reclamaronse dous penaltis na area local, un por mans de DAvid Brea, e outro, mais claro este, por derribo de Pikas cando ia anotar o tanto do empate. A ocasión mais clara tiverona entre Edy e Abel, pero os seus sucesivos remates foron rexeitados entre a defensa e o porteiro local. Nunha contra sentenciou o Carnota, cun golazo de Rodri. A partir de ahi e coa expulsion de Jacobo foi un querer e non poder dos visitantes. que non tiveron certamente o seu dia de cara a gol, a pesar de anotar dous tantos en propia porta.

    * FOTOS DE JORGE PARRI

    miércoles, octubre 31, 2012

    lunes, octubre 29, 2012

    S.D. SOFAN 3 - OUTES CF 2

    Bonito partido o visto onte no Carral. Dous equipos que teñen bo gusto futbolistico ofreceron ós 130 espectadores que se acercaron ó campo sofanista un bo espectaculo. O cadro local xogou francamente ben 70 minutos, e acabou pedindo a hora ante un combativo Outes, que nunca baixou os brazos e foi un rival duro de pelar.

    S.D. SOFAN - Bugy, Ivan Rey, Diego, Carlos Lista - Gustavo 88´-, Juanjo, Eloy Boedo, Michel, Eloy Cabeza, Pikas -Santi 71´-, Edy -Ivan Rojo 65´- e Abel - Marcos Pensado 78´-.

    OUTES - Peipo, Chua, Saul, Martin - Coke 85´-, Caamaño -Quin 78´-, Damian - Borja 80´-, Potro, Angel, Deivi, Iago Dosil, e Pesco - Eli 58´-

    ARBITRO: Meilan Otero, que amonestou a Pikas por bando local, e a Deivi e Eli por parte visitante.

    GOLES:
    1-0 3´ Gran xogada de Pikas por banda dereita, da o pase da morte, Edy deixa pasar e Eloy Cabeza chegando en carreira bate a Peipo.

    2-0 20´ Roubo de balon no centro do campo de Eloy Cabeza, que mete o esferico con precision hacia Abel, e o dianteiro bate ó meta visitante na sua saida.

    3-0 72´ Penalti cometido sobre Pikas que transforma Abel.

    3-1 85´ Centro de Iago Dosil que remata Eli no segundo pao.

    3-2 89´ Falta de entendemento na defensa local que aproveita Quin para acortar distancias.

    Unha vez mais como local saiu a Sd moi enchufada no encontro, e xogou unha gran primeira media hora. Nada mais comenzar unha boa xogada de Pikas acabou co gol de Eloy. O extremo de Entrecruces fixo un magnifico primeiro tempo no seu primeiro partido como titular esta campaña. Abel tivo duas boas ocasions antes de anotar o seu gol. Na primeira elevou demasiado ante a saida de Peipo cando se atopaba en inmellorable posicion para marcar, e na segunda lanzou a porta dende 30 metros pero o balón saiu rozando o longueiro. Michel á saida du corner estrelou o balon no pao. A Sd dominaba e tiña claras ocasións. O segundo gol poñia xustiza no marcador.

    O equipo de Manu Roque tentaba o seu clasico futbol combinativo, e comenzou a rondar a meta de Bugy pasada a media hora. Un centro envenenado de Pesco sacouno o meta local con dificultades, e viron os de Outes como o colexiado non sinalaba un claro penalti cometido por Ivan Rey. Antes do descanso tivo Dieguito unha boa ocasión no lanzamento dunha falta que saiu fora por moi pouco.

    A clasica pajara da Sd á saida do descanso propiciou acercamentos perigosos do Outes neste tramo de partido. Iago Dosil puxo o medo na parroquia local cun lanzamento de falta o que respondeu Bugy moi seguro. A Sd á contra quixo matar o partido, e primeiro Diego nunha clarisima ocasión cando se atopaba so ante Peipo, e logo Eloy Boedo disparando ó longueiro poideron facelo. Tamen Ivan Rojo, ó que Peipo lle sacou de maneira incrible un remate que xa se cantaba gol. O gol de Abel de penalti deixaba o partido visto para sentencia. Ou iso parecia. Porque nun arreon final cheo de orgullo os visitantes reduciron diferencias e meteron o medo no corpo á Sd. Ainda así neste treito final tivo Santi dous man a man con Peipo que non foi quen de resolver.



    Bo partido da Sd, na que destacamos o bo facer de Ivan Rey na sua volta ó lateral dereito, e de Diego no lateral esquerdo. Agora a pensar nas duas complicadas saidas que se aveciñan, Carnota e Louro, verdadeiras probas de fogo para a SD.