Tras uns primeiros mínutos de imprecisión os dous equipos tentaban combinar e buscar as suas armas, os locais a velocidade e desmarques a espalda de Victor, e os visitantes tentando entrar por banda. A rapidez do terreo de xogo complicaba as combinacións e facía imposible calquer desprazamento en longo. As ocasións máis claras para os locais viñeron nun bo centro dende banda dereita e posterior remate de cabeza que saca moi ben Bugy. Por parte visitante a ocasión máis clara desta primeira parte foi un roubo a defensa local de Eloy Cabeza que fixo a este e a Edu plantarse sos diante de Toni e o disparo do xogador arteixán saeu pegado o pao. Así remataba un igualado primer tempo, co xusto empate sen goles.
O segundo tempo transcorreu polos mesmos derroteiros, cunha SD tentando levar o peso do partido e un Buño sacando boas contras aproveitando a velocidade de Elías e Victor e o bo xogo entre liñas de Dani Calvete. Co transcurso do tempo a SD viuse obrigada a arriscar en busca da victoria e a defensa de tres utilizada polos visitantes fixo que os locais crearan varias ocasións, a máis clara un balón de Elías o pao. A pesar de estes riscos o equipo visitante traballou ben a nivel defensivo e consegueu manter a 0 a portería por segunda semana consecutiva. Dende aquí ata o final o equipo tentouno con máis corazón que cabeza, e así se chegou o final do partido cun xusto reparto de puntos.