lunes, octubre 29, 2012

S.D. SOFAN 3 - OUTES CF 2

Bonito partido o visto onte no Carral. Dous equipos que teñen bo gusto futbolistico ofreceron ós 130 espectadores que se acercaron ó campo sofanista un bo espectaculo. O cadro local xogou francamente ben 70 minutos, e acabou pedindo a hora ante un combativo Outes, que nunca baixou os brazos e foi un rival duro de pelar.

S.D. SOFAN - Bugy, Ivan Rey, Diego, Carlos Lista - Gustavo 88´-, Juanjo, Eloy Boedo, Michel, Eloy Cabeza, Pikas -Santi 71´-, Edy -Ivan Rojo 65´- e Abel - Marcos Pensado 78´-.

OUTES - Peipo, Chua, Saul, Martin - Coke 85´-, Caamaño -Quin 78´-, Damian - Borja 80´-, Potro, Angel, Deivi, Iago Dosil, e Pesco - Eli 58´-

ARBITRO: Meilan Otero, que amonestou a Pikas por bando local, e a Deivi e Eli por parte visitante.

GOLES:
1-0 3´ Gran xogada de Pikas por banda dereita, da o pase da morte, Edy deixa pasar e Eloy Cabeza chegando en carreira bate a Peipo.

2-0 20´ Roubo de balon no centro do campo de Eloy Cabeza, que mete o esferico con precision hacia Abel, e o dianteiro bate ó meta visitante na sua saida.

3-0 72´ Penalti cometido sobre Pikas que transforma Abel.

3-1 85´ Centro de Iago Dosil que remata Eli no segundo pao.

3-2 89´ Falta de entendemento na defensa local que aproveita Quin para acortar distancias.

Unha vez mais como local saiu a Sd moi enchufada no encontro, e xogou unha gran primeira media hora. Nada mais comenzar unha boa xogada de Pikas acabou co gol de Eloy. O extremo de Entrecruces fixo un magnifico primeiro tempo no seu primeiro partido como titular esta campaña. Abel tivo duas boas ocasions antes de anotar o seu gol. Na primeira elevou demasiado ante a saida de Peipo cando se atopaba en inmellorable posicion para marcar, e na segunda lanzou a porta dende 30 metros pero o balón saiu rozando o longueiro. Michel á saida du corner estrelou o balon no pao. A Sd dominaba e tiña claras ocasións. O segundo gol poñia xustiza no marcador.

O equipo de Manu Roque tentaba o seu clasico futbol combinativo, e comenzou a rondar a meta de Bugy pasada a media hora. Un centro envenenado de Pesco sacouno o meta local con dificultades, e viron os de Outes como o colexiado non sinalaba un claro penalti cometido por Ivan Rey. Antes do descanso tivo Dieguito unha boa ocasión no lanzamento dunha falta que saiu fora por moi pouco.

A clasica pajara da Sd á saida do descanso propiciou acercamentos perigosos do Outes neste tramo de partido. Iago Dosil puxo o medo na parroquia local cun lanzamento de falta o que respondeu Bugy moi seguro. A Sd á contra quixo matar o partido, e primeiro Diego nunha clarisima ocasión cando se atopaba so ante Peipo, e logo Eloy Boedo disparando ó longueiro poideron facelo. Tamen Ivan Rojo, ó que Peipo lle sacou de maneira incrible un remate que xa se cantaba gol. O gol de Abel de penalti deixaba o partido visto para sentencia. Ou iso parecia. Porque nun arreon final cheo de orgullo os visitantes reduciron diferencias e meteron o medo no corpo á Sd. Ainda así neste treito final tivo Santi dous man a man con Peipo que non foi quen de resolver.



Bo partido da Sd, na que destacamos o bo facer de Ivan Rey na sua volta ó lateral dereito, e de Diego no lateral esquerdo. Agora a pensar nas duas complicadas saidas que se aveciñan, Carnota e Louro, verdadeiras probas de fogo para a SD.